miércoles, 15 de abril de 2009

LICITADAS 15 OBRAS


O Concello de Burela xa licitou definitivamente as 15 obras que se realizarán nos vindeiros meses con cargo ao fondo estatal de inversión e que suporán un investimento de case 1.600.000 euros. O alcalde, Alfredo Llano, anunciou que “o vindeiro venres manteremos un encontro no Concello coas empresas que farán eses traballos para decidir cales serán os primeiros proxectos en executarse. Hai moitas desas obras que queremos ter listas antes de que empecen as festas de Burela. Trátase do pintado de rúas e da colocación de mobiliario urbano, ademais dalgunhas melloras que se acometerán no alumeado público. Comezaremos por aí e despois xa seguiremos co resto dos proxectos”.

Alfredo Llano espera que “nun prazo duns tres meses todas estas obras estean rematadas”.

No hay comentarios: