miércoles, 24 de diciembre de 2008

Proceso selectivo LIMPO E TRANSPARENTE


Dende a Executiva Municipal Socialista de Burela, queremos mostrar o noso máis unánime e firme apoio ao noso compañeiro e Alcalde, Alfredo Llano, e á nosa Concelleira Remedios López, ante o burdo intento do GMPP de confundir e manipular á opinión pública, e aos cidadáns de Burela en particular, a partir do acceso da nosa compañeira a unha das cinco prazas da UPD resultante do Pacto Comarcal polo Emprego na Mariña. O proceso, feito con total transparencia e rigor, é un modelo de igualdade en canto ao dereito de optar a calquer posto de traballo respectando sempre os méritos de cada persoa e as circunstancias do traballo ofertado, e compre subliñar que o tribunal, representado por distintas forzas sindicais maioritarias imprantadas na Mariña, actuou acatando os principios de acceso a un posto de traballo na función pública: igualdade, mérito e capacidade. É totalmente certo que o tribunal examinou aos aspirantes polos seus propios méritos, sin ter en conta raza, sexo, relixión ou opción política, e como todo proceso transparente, acadaron as prazas os que máis puntuación mereceron, corroborable por calquer persoa que, libremente, aspirou ao seu acceso.

Xa nos ten acostumados o GMPP na súa liña de difama, que algo queda; na súa liña de manipulación informativa, xeito, por certo, ben aprendido de anteriores etapas vividas neste país antes da implantación da democracia; na súa liña dun nulo respecto polos procesos democráticos e na súa liña de acosar diariamente ao noso grupo municipal. Practican unha irrespetuosa oposición na que confunde o persoal co político, o familiar co político, e en si mesmo, a liberdade do individuo, coa labor política. Como animais desbocados que corren a nengunha parte, acusan aos nosos compañeiros de caciquismo e pago de favores. Convén recordarlles que esa etapa no Concello de Burela, rematou no ano 2007 despois de que os cidadáns desterraran deste Concello a quen durante doce anos practicou unha política servil, incompetente e chea de irregularidades. Toda a batería de insultos e mentiras coas que diariamente nos obsequia, non é máis que un aliciente máis para seguir traballando pola igualdade, respecto e libertade neste Concello; non son máis que un vano intento de tapar o fracaso do portavoz do GMPP de intentar acadar a alcaldía do Concello mediante un proceso democrático e non dixital, como anteriormente non o consigueu no Concello de Cervo; non é máis que unha falsa xustificación diante do seu sufrido electorado ante movementos internos do seu partido na que distintas correntes que loitan pola igualdade intentan desbancar ás tres B (Barcia, Barreiro e Balseiro); non é máis que non aceptar a súa cobardía política por non apoiar medidas que dinamizan a vida do noso pobo, e en definitiva, non é máis que non saber asumir o seu espacio e fracaso político.


EXECUTIVA MUNICIPAL SOCIALISTA DE BURELA.

Charlas de prevención para a saúde en Burela


A Delegación de Sanidade do Concello de Burela organiza un ciclo de once charlas de prevención de saúde que darán comezo o 16 de xaneiro de 2009. Ese día os expertos falarán de nutrición e saúde e dos trastornos alimenticios. O lugar de celebración será o Salón de Conferencias (antiga biblioteca) a partires das oito da tarde.

Neste ciclo abordaranse tamén cuestións coma a diabete e a hipertensión; o alzheimer; a depresión, a ansiedade e o estrees; a prevención da violencia de xénero; os primeiros auxilios; a automedicación responsable; a menopausa; a prevención de sida e drogas de abuso; o asma e a bronquite crónica e a osteoporose e reuma.

A edil de Sanidade, Sonia Fraga, asegura que se perfilou este programa “atendendo un pouco ó interese que ten a xente por todos estes temas. Son unhas conferencias moi interesantes que serán impartidas por persoal facultativo. Queremos que a xente participe e que poida preguntar e expoñer as dúbidas que teña sobre todas estas doenzas”. A concelleira socialista anima aos veciños de Burela a achegarse ó Salón de Conferencias para asistir a este ciclo de once conferencias que comezan o 16 de xaneiro.

domingo, 21 de diciembre de 2008

BURELA TEN NAVE DE REDES


A conselleira de pesca , Carmen Gallego , inaugurou o sábado dia 20 a nave de redes no peirao de Burela.

A nave ocupa unha superficie de 3.000 metros cadrados , e está situada na esplanada norte do porto de Burela , dispón de accesos rodados en todas as fachadas con un trazado rectangular , complementase con zona de control e servizos , vestiarios , aseos , no exterior conta con unha zona de aparcamento é carga e descarga.

Na inauguración , a conselleira salientou que era "un compromiso cumprido co pobo de Burela" ésta posta en marcha da nave , para que os que se adican o texido de redes gañen en calidade de vida xa que traballarán en mellores condicións.

Esta nave tivo un custe de 1,6 millons de euros , aportados na sua totalidade pola conselleria que Carmen Gallego dirixe e que forma parte dos 10,3 millons de euros que esta conselleria invirteo en Burela nestes case catro anos de goberno socialista na Xunta.

No discurso de inauguración , o alcalde Alfredo Llano , fixo fincapé na necesidade desta infraestructura asi como da súa polivalencia xa que se poderá diversificar o seo uso para sacarlle o máximo rendemento.

A conselleira , estivo acompañada polo director de estructuras e mercados , José Manuel López , o delagado de pesca , José Ramón Val , o diputado autonómico mariñan , Ismael Rego asi como representantes do sector pesqueiro burelés.

sábado, 20 de diciembre de 2008

ACTIVIDADES DA CONCELLERIA DE MAR



A CONCELLEIRA DE MAR , REMEDIOS LOPEZ , PROMOVE UN AMPLO PROGRAMA DE ACTIVIDADES E PROMOCION.

Burela é un exenplo claro de que se poden combinar con éxito a tradición, a cultura , o turismo e en definitiva , a economia , vinculados a actividade central do Municipio , neste caso o mar , proxectando a imaxe da localidade a o exterior e incentivando a actividade de cada un dos seos sectores.
O programa desenrolado por Remedios López , é moi amplo tendo sempre o mar e a pesca como o eixo sobre o que xira a actividade do Municipio.
O longo de todo o ano , fixeronse charlas , exposicións , activadades de promoción dos productos que captura a flota do porto de Burela incluindo degustacións gastronómicas , deportes náuticos e de fomento entre a poboación infantil cun acercamento a o mundo do mar .
Apoiouse un evento tan propio de Burela como é a Feira do Bonito é que este ano se fixo coincidir coa regata MART RACE e a institución do premio Principe Azul e o campionato galego de moto acuática .
As xornadas gastronómicas adicadas a merluza do pincho e o polvo , a edicción de recetarios con pratos elaborados por hostaleiros de Burela coa denominación "Os Sabores do Noso Mar" .
A recuperación de imaxes antigas de Burela expostas en grandes paneles na praza do Concello foi a gran atracción das festas e o longo de todo o verán.

jueves, 18 de diciembre de 2008

ACTIVIDADES DE NADAL


Actividades de Nadal para nenos e maiores en Burela17-12-08

BURELA .- As delegacións de Educación e Medio Ambiente de Burela programaron diversas actividades para os nenos durante o Nadal.Os rapaces de Burela de educación infantil e primaria son os destinatarios do 2º Certame de Nadal Propostas para mellorar o medio ambiente en tres modalidades: fotografía, relato curto e debuxo. Segundo a edil responsable destas delegacións, Lucía Bouza “o que teñen que facer os nenos e as nenas é retratar, describir ou debuxar o trato que os adultos lle damos ao medio ambiente. Este certame tivo o ano pasado unha alta participación e tamén quedamos moi sorprendidos da boa calidade dos traballos presentados”. Os interesados en participar neste certame deben inscribirse na biblioteca de Burela ata o 24 de decembro “despois durante estas festas terán que facer e presentar os seus traballos e o 17 de xaneiro farase un acto para proceder á entrega dos premios”, segue a relatar a concelleira socialista. Os rapaces que se inscriban para participar na modalidade de fotografía recibirán unha cámara dun só uso e o Concello farase cargo do custe do seu revelado. O xurado estará formado por responsables dos CEIP Vista Alegre e Virxe do Carme e por representantes da delegación de Educación de Burela e de Gaia. Os gañadores nas modalidades de fotografía e relato curto recibirán cámaras de fotografía dixitais e os de debuxo un lote de materiais para pintar e debuxar.
Intensa actividade da Banda de Música
A música tamén estará moi presente neste Nadal en Burela. As actividades musicais comezarán mañá xoves 18 de decembro ás 20:00 horas co Concerto de Familia que terá lugar na Casa da Cultura “e no que tocan as agrupacións que hai dentro da Escola de Música. Este ano cambiamos a localización debido á grande afluencia de público coa que conta esta primeira cita musical do Nadal”, explica Lucía Bouza. O día 26 de decembro o grupo de Coros actuará na gardería de Burela e o día 30 a banda infantil e o grupo de vento ofrecerán un concerto na residencia da 3ª idade.
Xa o 3 de xaneiro a Banda de Música ofrecerá o seu tradicional concerto de aninovo a partires das 20:00 horas no Auditorio da Casa da Cultura. Lucía Bouza convida “a todos os que o desexen a acudir a esta cita, na que se estrearán 15 novos membros da banda que teñen idades que oscilan entre os 11 e os 13 anos. Tanto desde o Concello coma desde a propia Banda estamos moi satisfeitos coa súa participación. Vanse estrear aquí, vanse presentar no seu pobo e son o futuro da nosa Banda e queremos desexarlles moita sorte”.

miércoles, 17 de diciembre de 2008

XORNADAS DE HABITOS SAUDABLES


A concelleira do PSOE , Sonia Fraga , dende a delegación de sanidade , en colaboración co CC. Burela e o instituto Monte Castelo , organiza a 1ª xornada polos hábitos saudables na alimentación e no deporte .

Esta xornada celébrase o venres 19 as 9:30 no instituto Monte Castelo e consiste en dúas conferencias as que asistiran os alumnos de 1º e 2º da ESO .

A primeira conferencia será a cargo dunha nutricionista que falará sobre a importancia dunha alimentación equilibrada e o negativo que pode ser facer unha inxestión importante de "comida rápida".

A segunda charla será a cargo de Alejandro Paleo , ciclista profesional do equipo XACOBEO GALICIA , e explicará os beneficios que ten facer deporte é a súa experiencia o longo da súa carreira deportiva.

O remate das dúas conferencias , entregaráselles os nenos unha bolsa cun bocadillo de xamón , unha froita e unha auga xunto cun diptico e unha pirámide sobre unha alimentación equilibrada.

martes, 16 de diciembre de 2008

EXECUTIVA MUNICIPAL



A Sede local do PSdeG – PSOE , foi en días pasados escenario da presentación da nova Executiva Municipal Local . Nun clima de diálogo e consenso , presentouse unha única candidatura encabezada polo Alcalde , Alfredo Llano Garcia , sendo aprobada por unanimidade polos afiliados asistentes á Asamblea .

Na intervención posterior , o novo Secretario Xeral , afirmou que é un punto de saída para facer un Partido ainda máis participativo e aberto á sociedade , é que a nova Executiva , representa un amplo texido social con homes e mulleres que nos últimos tempos participaron de forma activa na vida diaria do Partido .

Para tal obxetivo , estanse creando grupos de traballo tendentes a realizar un seguimento e apoio as políticas de interés que preocupan á sociedade , como son a vivenda , a saúde , os nosos maiores , o deporte , etc.. Engadeu tamén o novo Secretario Xeral que o PSOE debe estar aberto ao entramado social local , e ser a casa das distintas sensibilidades da esquerda burelesa , propiciando un intenso traballo interno cheo de propostas , que una vez debatidas e consensuadas , teñan un único mensaxe : o benestar de todos .

Unha das novidades do renovado PSOE local , é que en todos os grupos de traballo , poderán participar persoas alleas á formación , non sendo necesario ser militante . Por último , animou ao grupo de Goberno do Concello a continuar a liña de traballo actual : a cada insulto , un proxecto ; e a cada descalificación , una idea .

A nova Executiva está composta polos seguintes compañeiros :

Presidente : Ramón Vazquez Andrade.
Secretario Xeral : Alfredo Llano Garcia .
Vicesecretario Xeral , Obras , Participación Cidadá : Pascual Domenech Gruñeiro.
Secretario de Organización , Administración é Acción Electoral : Manuel Yáñez Hermida
Secretaria de Politica Municipal : Sonia Fraga Seara .
Secretaria de Cultura , Educación e Medioambiente : Lucia Bouza Orosa.
Secretaria de Eventos e Turismo : Remedios Lopez Villar.
Secretario de Movementos Sociais e Sindicais : Ramiro Fernandez Rey.
Secretaria de Sanidade e Drogodependencias : Margarita Alonso Garcia .
Secretaria de Politica Social , Inmigración e Xuventude : Marta Amenedo Castiñeira.

sábado, 13 de diciembre de 2008

CEA DE NADAL







A Agrupación local do PSdeG-PSOE de Burela , celebrou unha cea de confreternidade o pasado venres dia 12 no restaurante “Os Remos” de Burela.

Nesta cea participaron 63 afiliados e simpatizantes entre os que se encontraba o Parlamentario mariñan e portavoz do Grupo Parlamentario socialista Ismael Rego asi como o Alcalde e Secretario Xeral da Agrupación Alfredo Llano e os Concelleiros socialistas do Goberno Municipal do Concello de Burela.

O remate da cea , o Secretario Xeral e Alcalde , dirixeo unhas palabras salientando a unión da Agrupación en torno a nova Executiva Municipal e fixo un repaso das moitas iniciativas que está tomando o Goberno Municipal para unha boa xestión en beneficio de todolos cidadans deste Concello , seguidamente tomou a palabra Ismael Rego para felicitar a Agrupación polo traballo que está facendo en apoio o Grupo Municipal , repasou as moitas e importantes medidas que está tomando o Goberno da Xunta de Galicia presidido por Emilio Perez Touriño para paliar a crisis que está afectando a todalas comunidades autónomas e que gracias a esas medidas , en Galicia dita afectación é menor e animou a todolos militantes e simpatizantes a seguir traballando para conquerir uns bos resultados nas elecions autonómicas do 2009.

Dende a Agrupación Socialista de Burela , queremos felicitar as festas de Nadal a todolos cidadans de Burela e desexar un ano 2009 cheo de ledicia.


AGRUPACION LOCAL DO PSdeG – PSOE Burela