jueves, 29 de enero de 2009

ENTREGA DE TITULOS DE PRIMEIROS AUXILIOS E SOCORRISMO ACUATICO


A concelleira de Mar, Remedios López , entregou os títulos de primeiros auxilios e socorrismo acuático correspondentes ós cursos que se fixeron no Concello de Burela. Éstes foron impartidos por persoal da Cruz Vermella e o título obtido é federativo, imprescindible para traballar de socorrista.

Remedios López salienta que “debido á boa acollida que tivo este curso no que tivemos unha lista de espera de 14 alumnos que non poideron entrar xa que estaba limitado a 20, ábrese agora a segunda convocatoria para todos aqueles que estean interesados en realizalo. Teño que lembrarlles que é imprescindible pasar o curso de primeiros auxilios para poder obtar ó de socorrismo acuático”.

O custe do curso será de 50 euros para os que estean empadroados no Concello de Burela e de 250 euros para o resto. No momento de apuntarse deberán presentar a fotocopia do DNI, un número de teléfono e o resguardo de ter pagado as taxas.

viernes, 23 de enero de 2009

BURELA APOSTA POLO RECICLAXE


O Concello de Burela reparte 4.000 trípticos pa fomentar o reciclaxe de envases e de papel cartón. A concelleira de Medio Ambiente, Lucía Bouza dixo que non están facendo ben o reciclaxe de envases de plástico, latas, bricks e papel cartón; posto que a taxa de recollida en Burela está por debaixo da media autonómica e estatal.
As Delegacións de Medio Ambiente e Obras e Servizos de Burela inician unha campaña para fomentar a reciclaxe de envases de plástico e do papel cartón entre os cidadáns, co reparto de máis de 4.000 trípticos polos domicilios. A edil de Medio Ambiente, Lucía Bouza, sinala que “en Burela non é que esteamos a facer moi ben a reciclaxe de envases de plástico, latas e bricks e do papel cartón, posto que a taxa de recollida no noso caso está por debaixo da media autonómica e estatal”. Burela recolle 8 kilos de envases por habitante e ano, mentras que a media de Galicia é de 22 kilos e a de España está nos 19 kilos, e no caso do papel en Burela recóllense 9 kilos por habitante e ano, mentras que en Galicia son 15 os kilos reciclados e 22 en España.
A concelleira socialista di que “nos chama a atención que no caso do vidro en Burela si que sexamos un concello destacado no que é o conxunto de Galicia. Dos municipios de 10.000 habitantes somos o que temos a maior taxa de reciclaxe de vidro de Galicia”. Esta taxa está en Burela nos 30,18 kilos por habitante e ano, en Galicia a cifra sitúase nos 14,76 e en España está nos 14,21 kilos.
Coa campaña que comenzou esta semana o Concello de Burela tamén fai fincapé na recollida de aceite usado de cociña. Bouza lembra que “cando comenzou esta recollida no mes de marzo do ano pasado e ata finais do verán tiñamos unha taxa moi alta, pero agora parece que fomos baixando a guardia e recollemos moitos menos kilos. Facemos polo tanto unha chamada para que os nosos veciños se conciencien da importancia que ten cuidar o noso medio ambiente”. En agosto o Concello de Burela recolleu 1.000 kilos de aceite usado e en decembro só se chegou ós 400 kilos.

martes, 20 de enero de 2009

BURELA CREA EMPREGO


O Alcalde de Burela, Alfredo Llano, confirma que con cargo a os fondos estatais de inversión, que destinan a este concello 1.600.000 euros, “crearánse 84 postos de traballo, o que sae a una media de 6 ó 7 empregos por cada un dos 15 proxectos que presentamos e que dimos a coñecer fai uns días”.Por outra banda Alfredo Llano asegura que “estes días está a rematar a instalación dos semáforos con tecnoloxía LED cos que contará Burela. A rede semafórica veráse moito mellor, haberá que destiñar menos cartos para o seu mantemento para as luces porque estes son máis duradeiros e sofren menos averías e ademáis conseguiremos un aforro enerxético importante”.

OBRAS EN BURELA


O Concello de Burela presentou o dia 16 toda a documentación dos 15 proxectos que subvencionará con cargo ós fondos estatais de inversión e que suporán un investimento de preto de 1.600.000 euros. Segundo o concelleiro de Obras, Pascual Doménech, “o que se pretende coa execución deste fondo foi repartir de xeito equitativo os investimentos para chegar a facer obras en todos os barrios de Burela, e así poder gozar todos das melloras tanto de ditos proxectos como das actuacións en edificios públicos e zonas deportivas”.

Burela destinará 110.000 euros á pavimentación de rúas e marcas viais en Marqués de Sargadelos, Mondoñedo, Bouzas, Ramón Basanta Ben, José Mariño Ben, José M.González Río, Laxelas, San Xoan Bautista, Luis Seoane e un tramo de Celso Emilio Ferreiro. Deses fondos estatais o Concello de Burela prevé realizar a reposición e execución de beirarrúas, asfaltado, alumeado e marcas viais nas rúas Rafael Vior e Zeppelin que contarán cun orzamento de 121.000 euros.

Para o asfaltado de camiños e formación de cunetas na zona da Marosa destiñan 119.000 euros. Este proxecto contempla actuacións nos camiños da Marosa a Ril, Foxo, Carreiro ou Mulariño, Camiñeiro e o enlace de Mulariño coa Marosa. No caso do asfaltado de camiños e formación de cunetas nas zonas de Vilar e Cancelo a inversión ascende a 84.000 euros e prevé obras nos camiños do Carballo, das Laxas, de Pardiñas e Camiño a Vilar.

Entre os proxectos elaborados polo equipo de goberno de Burela figura a construcción dunha depuradora na área deportiva da Marosa que suporá un desembolso de 46.900 euros. Así mesmo se presenta un proxecto para a renovación de marcas viais e sinalización vertical de pasos de cebra nas Avenidas Arcadio Pardinas e do Perdouro, nas rúas: Mestre D.Camilo, Torques, Uxío Novoneyra, Institutos, Álvaro Cunqueiro, Luis Pimentel, Río Sil, Suafonte, Eijo Garay, Pascual Veiga, estrada Vilaestrofe, rúa do Río, Nosa Señora do Carme, Rosalía de Castro, Emilia Pardo Bazán, Curros Enríquez, Lamestra, Beiramar, Concepción Arenal, Castelao, Pedra, Covamoura, rúa dos Castros, Avenida da Mariña, río Xunco, Pomeda, Vilar e A Casilla. O total do investimento neste caso ascenderá a 150.000 euros.

Para a canalización soterrada de alumeado público en Vilar e a renovación do alumeado na zona deportiva da Marosa van 118.000 euros e 30.000 máis para a renovación e ampliación de alumeado público nas zonas dos Castros e A Casilla. Para a reposición de alumeado público en Vila do Medio e Pascual Veiga destínanse 43.829 euros e para a reposición de farolas e colocación de mobiliario urbano na Avenida de Arcadio Pardiñas (desde a rúas das Flores ata a rúa Laxeiras) van 175.000 euros.

Cos fondos estatais de inversión o Concello de Burela tamén quere acometer a canalización soterrada de alumeado público e reposición de luminarias na Avenida da Mariña e Calles Novas para o que a partida ascende en total a 233.000 euros. Para a tamén canalización soterrada do alumeado público e reposición de farolas na rúas do Cantiño, Áncora, Bitácora e Stella Maris destínanse 146.000 euros e para a rehabilitación do edificio multiusos preto de 64.000 euros. O último dos proxectos presentado polo Concello burelés é a adecuación e eliminación de barreiras arquitectónicas na Casa da Cultura que suporá unha inversión de 126.000 euros.

domingo, 18 de enero de 2009

PREMIOS DO CERTAME DE NADAL


No salón de plenos do Concello de Burela entregáronse os premios ós gañadores do Certame de Nadal Propostas para mellorar o Medio Ambiente que convocou a Delegación de Medio Ambiente que dirixe a socialista, Lucía Bouza. Na modalidade de fotografía corresponderon a Gabriel Bermúdez Álvarez e Alba Carreiras Cabarcos; en relato curto a Macareno Ledo Vázquez e Aida Maside Gil e en debuxo a David Otero Cuadrado e Alexandre Bermúdez Álvarez.
Lucía Bouza valorou de xeito moi positivo a participación nesta convocatoria e sobre todo no apartado de fotografía “que foi ó que máis rapaces se presentaron”.

viernes, 16 de enero de 2009

EXPOSICIÓN SOBRE A BOLBORETA "MONARCA"


A Casa da Cultura de Burela acolle a exposición Operación Monarca. Está formada por cinco paneis de 200 centímentros por 100 centímetros impresos a toda cor en lona reforzada nos que se pode ver a chegada a Galicia da bolboreta de nome Monarca “é unha visitante do alén do Atlántico que voa miles de quilómetros coas súas fráxiles ás, cruza o mar e visita Galicia cada outono cun sixilo que non fai honra a semellante fazaña”, explican os organizadores do CEIDA. A exposición está patrocinada pola Deputación de A Coruña e o proxecto ten coma obxectivo “que cada vez máis persoas coñezan esta bolboreta e poidan informar das súas observacións, co fin de ter un coñecemento máis profundo da súa presenza en Galicia”.

Operación Monarca pode visitarse na Casa da Cultura de Burela ata o 29 de febreiro en horario de mañá. A exposición chegou a esta vila de man da Delegación de Mar que dirixe Remedios López Villar.

jueves, 15 de enero de 2009

DINAMIZACIÓN DA MARIÑA


O Parlamentario mariñán e portavoz do grupo socialista no Parlamento galego Ismael Rego , afrma que aunque estamos nunha situacion de crisis , o paro na Mariña , en Lugo e en Galicia é inferior a cando o PP deixou o goberno , si hoxe hai algunha comunidade autónoma xeradora de paro , esas son as gobernadas polo PP xa que no último ano a evolucion do paro rexistrado nas tres comarcas da Mariña foi en termos comparativos dos mellores de Galicia e moitísimo mellor que en España.
En comunidades como Murcia e Valencia gobernadas polo PP o paro crecia no último ano un 70% mentres que na Mariña de Lugo non chega ao 2.5% .
O récord do paro en Galicia teno o PP xa que a comenzos do ano 2004 superou as 193.000 persoas.
O noso Parlamentario salienta a aposta pola dinamización da Mariña a través da dotación de infraestructuras e equipamentos de todo tipo entre as que se atopa o inicio das obras do corredor San Cibrao e Ferrol donde o treito San Cibrao - Celeiro de nove kilómeros de lonxitude e 50 millóns de euros de custe será adxudicado nos próximos meses.

martes, 13 de enero de 2009

PLAN E


O Presidente do Goberno , José Luis Rodriguez Zapatero , presenta o Plan E , o Plan Español para o Estimulo da Economia e o Emprego.

Esta iniciativa engloba todalas medidas de política económica previstas polo Goberno de España para paliar os efectos da crisis nas familias e nas empresas e recuperala senda do crecemento e da creación de emprego na economía española.

Visita esta web e terás toda a información sobre como se distribuyen os fondos dispostos polo Goberno.

http://www.plane.gob.es/

PROPOSTA DE CANDIDATOS


Na Asemblea celebrada o luns dia 12 de xaneiro , a Executiva Municipal pesentou unha lista de candidatos ao Parlamento de Galicia para as próximas Eleccions Autonómicas do dia 1 de marzo , dita lista é a seguinte :

1- Ricardo Varela Sánchez.

2- Ismael Rego González.

3- Sonia Verdes Gil.

4- José Tomé Roca.

5- Marta Amenedo Castiñeiras (XXSS.).

6- Magdalena Domenech Gruñeiro.

Non se presentou ningunha outra proposta pasandose a votación da lista presentada pola Executiva sendo aprobada por unanimidade.

jueves, 8 de enero de 2009

ASEMBLEA EXTRAORDINARIA

O luns dia 12 do presente mes de xaneiro , celebraremos os socialistas de Burela unha Asemblea Extraordinaria no local que ten o Partido en Arcadio Pardiñas 131 Etlo.as 20:30 horas , con motivo de elexir os candidatos que representen o PSdeG-PSOE pola provincia de Lugo nas vindeiras Eleccions o Parlamento Galego.

O Orde do dia será:

1º-Constituión da asemblea e elección da mesa.

2º- Presentación de candidatos.

3º- Aprobación da candidatura.

Como ben sabedes , e moi importante que o PSdeG-PSOE acade uns bos resultados na provincia de Lugo , para eso todos debemos traballar intensamente e na mesma dirección , a mellor maneira de comenzar ese traballo e acudir a Asemblea o vindeiro luns.