viernes, 24 de abril de 2009

XORNADAS GASTRONOMICAS DA MERLUZA DO PINCHO


O Concello de Burela convoca ós hostaleiros a unha xuntanza que se celebrará o vindeiro luns 27 de abril ás 18:30 no salón de plenos para preparar as xornadas gastronómicas da merluza do pincho.

sábado, 18 de abril de 2009

PLANIFICACION DAS OBRAS


O alcalde de Burela, Alfredo Llano, e o concelleiro de Obras, Pascual Doménech, mantiveron un encontro esta mañá no Concello cos titulares das empresas que realizarán as obras con cargo ó fondo estatal de inversión. Son un total de 15 proxectos que suporán un investimento de 1.600.000 euros. O rexedor explicou que “fixemos esta xuntanza coas empresas ás que se lles adxudicaron de xeito definitivo esas obras e a vindeira semana asinaremos os contratos correspondentes. Tamén quixemos coordinar un pouco os lugares polos que darán comezo para molestar o menos posible ós veciños”.
Llano sinalou que “iniciaránse todas aquelas que poidan estar listas antes da celebración das festas patronais, tales como o pintado e a colocación das sinais horizontais e verticais, a colocación de alumeado novo en moitos puntos da vila e tamén as obras de asfaltado de Vilar, O Cantiño e A Marosa. Todas estas empezarán xa en maio e despois quedarán aló para o mes de xullo as que non teñen tanta urxencia e que ademáis se poden prolongar un pouco máis no tempo”.

miércoles, 15 de abril de 2009

LICITADAS 15 OBRAS


O Concello de Burela xa licitou definitivamente as 15 obras que se realizarán nos vindeiros meses con cargo ao fondo estatal de inversión e que suporán un investimento de case 1.600.000 euros. O alcalde, Alfredo Llano, anunciou que “o vindeiro venres manteremos un encontro no Concello coas empresas que farán eses traballos para decidir cales serán os primeiros proxectos en executarse. Hai moitas desas obras que queremos ter listas antes de que empecen as festas de Burela. Trátase do pintado de rúas e da colocación de mobiliario urbano, ademais dalgunhas melloras que se acometerán no alumeado público. Comezaremos por aí e despois xa seguiremos co resto dos proxectos”.

Alfredo Llano espera que “nun prazo duns tres meses todas estas obras estean rematadas”.

lunes, 13 de abril de 2009

CAMPAÑA "AFORRA AUGA"


As familias que se inscriban para participar nesta campaña Ti podes dar vida, aforra auga recibirán un kit con perlizadores e outro material para instalar nas súas casas e axudarlles a reducir o consumo de auga. Os interesados deberán anotarse na Oficina de Medio Ambiente de Burela que está ubicada na rúa Arcadio Pardiñas, 137. Os gañadores serán obsequiados cunha viaxe de fin de semana aos Picos de Europa xentileza de Viaxes Terramar da que disfrutarán todos os membros da unidade familiar.
Desde o 13 de abril e ata o 30 deste mes estará aberto no Concello e Burela o prazo de inscrición para participar na terceira edición da campaña Ti podes dar vida, aforra auga que se desenvolverá a partires de maio. A edil de Medio Ambiente, Lucía Bouza, lembra que “é o terceiro ano que facemos este programa e estamos moi satisfeitos coa acollida que está a ter entre as familias de Burela, de feito na pasada convocatoria a participación multiplicouse por oito. Animamos á xente a que se inscriba e aos que xa o fixeron a que sigan nesta liña”.

ÉXITO DO CURSO DE PATRÓN


Éxito de participación no curso de patrón de embarcacións desenrolado en Burela durante a Semana Santa. En total participaron 24 persoas, catro máis das ofertadas para este curso pola delegación de mar no Concello burelés.

A concelleira delegada, Remedios López, dixo que se trata de un curso que ten demanda e interés,por eso o fan de forma gratuita para os empadroados no Concello. Neste curso repasaron conceptos como as partes dun barco, señalización, abordaxe, bengalas,.. e sobre todo unha clase práctica que tuvo lugar no porto de Burela.Remedios López anuncióu para próximas datas un curso máis completo e específico sobre o PER; tamén quere recordar que se encontra aberta a inscripción para participar en outro curso de formación sobre socorrismo acuático que escomenzará una vez se consiga cubrir un mínimo de 15 alumnos.

miércoles, 8 de abril de 2009

DIA MUNDIAL DA SAÚDE


A Delegación de Sanidade do Concello de Burela, informa que onte, día 7 de Abril celebrouse na plaza do Concello do municipio unha clase de missed class para conmemorar o Día Mundial da Saúde. A concelleira, Sonia Fraga, sinala que “esta actividade, pioneira na comarca, tivo gran afluencia entre todas as idades, con máis de 50 participantes. A actividade foi impartida por Belinda Canoura, monitora de actividades físicas, na que se mesturou música con exercicio físico durante dúas horas. Ao finalizar a actividade convidóuse a tódolos asistentes a unha merenda saudable con zumos e pinchos variados. Esta é unha actividade máis que realiza o Departamento de Sanidade do Concello de Burela”. Dende a Delegación de Sanidade, agradéceselle a Belinda Canoura (monitora da actividade) a colaboración realizada para o desenvolvemento da mesma, así como a todos os asistentes, ademáis de animalos a participar en actividades que se poidan desenrolar nun futuro.
Ademáis próximamente iniciaránse talleres de nutrición e saúde dirixidos aos nenos e ás nenas dos centros primarios do municipio, e seguirase coas charlas de prevención da saúde, xa iniciadas no mes de xaneiro.

AFORRA AUGA


Do 13 ao 30 de abril estará aberto no Concello e Burela o prazo de inscripción para participar na terceira edición da campaña Ti podes dar vida, aforra auga que se desenvolverá a partires de maio. A edil de Medio Ambiente, Lucía Bouza, lembrou na presentación que “é o terceiro ano que facemos este programa e estamos moi satisfeitos coa acollida que está a ter entre as familias de Burela, de feito na pasada convocatoria a participación multiplicóuse por oito. Animamos á xente a que se inscriba e aos que xa o fixeron a que sigan nesta liña”.
A concelleira socialista suliña que “o obxectivo da campaña pasa por promover unha cultura do uso racional da auga. A familia gañadora da segunda edición logrou reducir o seu consumo de auga nun 32% e conseguiu satisfacer as súas necesidades con moita menos auga da que empregaban de xeito habitual. A reducción media no resto dos participantes estivo no 20%, o que significa un aforro importante para o conxunto de Burela”. Lucía Bouza engade que “deste xeito logramos reducir o consumo de auga e tamén o que pagamos nas facturas que tamén é importante ter en conta”.
As familias que se inscriban para participar nesta campaña Ti podes dar vida, aforra auga recibirán un kit con perlizadores e outro material para instalar nas súas casas e axudarlles a reducir o consumo de auga. Os interesados deberán anotarse na Oficina de Medio Ambiente de Burela que está ubicada na rúa Arcadio Pardiñas, 137. Os gañadores serán obsequiados cunha viaxe de fin de semana aos Picos de Europa xentileza de Viaxes Terramar da que disfrutarán todos os membros da unidade familiar.
Lucía Bouza insiste en que “cada familia compite consigo mesma e aquela que logra aforrar máis auga, facendo a comparativa cos seus recibos do ano anterior e cos deste, é a que resulta gañadora”.

PRESENTACIÓN DO LIBRO "OS SABORES DO NOSO MAR"


A Delegación de Mar de Burela ven de presentar a segunda edición do libro "Os sabores do noso mar" adicado esta vez o bonito de Burela. A Concelleira, Remedios López Villar, señala que “este libro pretende ensalzar la fiesta propiamente dicha que se celebra el primer fin de semana de agosto". No libro aparecen fotos e recetas dos pratos preparados polos restaurantes da localidade como rollo de bonito, pastel de bonito, etc..

A Concelleira Remedios López engade que “estes libros foron repartidos entre a hostelería que colabora de xeito habitual nas xornadas gastronómicas do Concello. Cada un conta con 20 exemplares que repartirán de xeito gratuito entre a súa clientela unha vez que esta consuma un producto mercado no noso peirao. Tamén se repartirán outros 100 exemplares para os socios de Ledicia pola súa especial colaboración no desenvolvemento da feira do bonito de Burela. O resto dos 1.000 exemplares editados repartiránse de forma gratuita na festa do bonito de agosto”.A concelleira de Mar engade que “con esta iniciativa invitamos á xente a vir a Burela a comer peixe ou marisco nesta Semana Santa”. O departamento que dirixe Remedios López xa está a traballar na terceira edición desta colección de libros de receitas que estará adicada ao ourizo.

martes, 7 de abril de 2009


O alcalde de Burela, Alfredo Llano, anima ós turistas a disfrutar das procesións de semana santa, das praias e da gastronomía nestas datas. Llano destaca que “contamos cunha semana santa singular e que pouco a pouco se vai facendo cada vez máis importante, debido a que se están a organizar unhas procesións moi bonitas, moi atractivas e de moita participación e penso que merece a pena contemplalas, por exemplo as do xoves e o venres santo ou a do Encontro do domingo. Por eso animo á xente que queira disfrutar da semana santa a que se achegue a Burela porque aquí lles ofrecemos o mellor de nós”.O rexedor sinala que “en Burela tamén estivemos a limpar estes días as nosas praias, tanto a da Marosa coma a do Portelo ou a de Ril. Por certo que debido á cantidade de oleaxe que houbo neste inverno acumulóuse unha grande cantidade de lixo que houbo que retirar en catro cargas de camión para sacar todo o que alí había, pero agora mesmo toda a xente que queira disfrutar dos nosos areais pode facelo porque xa están listos. Tamén estivemos limpando o Monte Castelo, un atractivo grandísimo desde o que se poden contemplar unhas moi boas vistas de Burela e de todo o litoral como Foz ou Ribadeo… Eu dígolles ós turistas que estes días están pola Mariña luguesa que se acheguen e suban ó Monte Castelo para apreciar dun só vistazo todo o que hai no noso litoral”.
Alfredo Llano comenta que “os nosos restaurantes están preparados para satisfacer as esixencias dos seus clientes que queiran probar os nosos pratos de peixe fresco que son exquisitos. Por tanto misturando os actos relixiosos da semana santa, as praias e a gastronomía fortalecemos a nosa oferta turística, por eso convido a todos os cidadáns a que veñan e coñezan Burela”.

lunes, 6 de abril de 2009


A Concellaría de Mar que dirixe Remedios López Villar realizará en Semana Santa un curso de formación para os interesados en ter o título de patrón de embarcacións deportivas a motor. Segundo explica a edil socialista “este curso, necesario para patronear lanchas de ata 6 metros de eslora e 40 Kw de potencia, realizarase os días 10 e 11 de Abril nas aulas de Expomar a parte teórica; e nunha lancha, se o tempo o permite, no porto de Burela terá lugar a formación práctica”.
Remedios López lembra que “poderán participar todos aqueles interesados maiores de 18 anos ou maiores de 16 con permiso paterno. O curso está limitado a 20 persoas e o custe será de 200€ , ainda que será gratis para todos aqueles que estean empadroados no Concello de Burela”.
A concelleira de Mar sinala que “este curso xa se realizou o ano pasado e cubríronse todas as prazas, co cal este ano esperamos que teña a mesma aceptación. Recordamos, tamén, que temos aberta unha lista para os interesados en facer o curso de Socorrista Acuático, e que se iniciará unha vez que se xunte un mínimo de 15 persoas. Con estes cursos dende a concellería do mar, pretendemos inculcar coñecementos náuticos básicos na poboación para comezar a navegar con seguridade, adquirir coñecementos de sinais e unha pequena formación lexislativa xa que para Burela o mar é un gran referente”

miércoles, 1 de abril de 2009

DIA DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL

O Concello de Burela súmase á celebración, o vindeiro xoves 2 de abril, do Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil. A edil de Educación, Lucía Bouza, sinala que “nesta data conmemórase o aniversario do nacemento do célebre escritor Hans Christian Andersen e decidimos este ano celebrar tamén este día”.
A Delegación de Cultura, a través da Biblioteca Pública Municipal e a Delegación de Educación e Medio Ambiente, a través do Centro de Educación Ambiental Gaia, organizan esta actividade na que poderán participar todos aqueles nenos e nenas que o desexen e que teñan de 3 e 9 anos. Bouza manifesta que “a actividade, que estará dinamizada con contacontos, xogos de animación á lectura e fichas didácticas, desenvolverase entre as 18:00 e as 19:00 horas, na biblioteca pública municipal. Alí poden xa anotarse todos os nenos que queran participar con nós nesa xornada. Ademais, todos os que acudan recibirán un agasallo relacionado co mundo do libro”.
A concelleira de Educación anima “a todos os pais a que traian aos seus fillos a participar nesta actividade porque é moi importante fomentar un hábito tan bo e tan saudable como é o da lectura”.