viernes, 25 de febrero de 2011

RESPOSTA A UN "POLITICO"

O alcalde de Burela, Alfredo Llano, tilda de irresponsabilidade as últimas acusacións realizadas polo portavoz do PP sobre a ponte do Perdouro e sobre o corredor Barreiros-San Cibrao. Llano acusa a González Barcia de practicar unha política rastreira e pouco seria e engade que nunca fixo nin vai facer política folcklórica. O alcalde subliña que está a traballar por Burela e polos seus veciños.

O rexedor pensa que “últimamente o señor Barcia está algo desbocado nas manifestacións que ven realizando. Xa lle advertín o primeiro día que estiven no Concello que eu non fago política folcklórica. O único que están a conseguir é facer pouca seria a política, unha actividade que pode ser moi boa, pero as cualidades pódense mermar si se empezan a empregar certos términos ou a mentir con tal de minar ao que temos enfrente. É unha política rastreira, pouco eficaz e pouco seria”.

Llano referíuse ás declaracións realizadas días atrás polo portavoz do PP sobre a ponte do Perdouro, “comentou unhas cousas coma si fose un técnico, dicindo que non foran as augas as que romperan dita infraestructura, senón que foi debido á súa calidade estructural. Ese día houbo un desbordamento absoluto do río dos Matos, que produciu unha serie de danos impresionantes e a auga chegou a unha altura nada normal nesa ponte, de tal forma que a foi deteriorando, perdéuse a canalización e ocasionou que houbese perigo de derrubamento. Todo foi provocado pola riada, non se pode dicir o que comentou o señor Barcia, ao igual que foi provocada pola riada a preocupación enorme que tiveron en Feve, dado que se estaban a inundar as vías, a piques estivo de producirse un dano espectacular ou incluso o descarrilamento do propio tren”.

O alcalde de Burela considera que “o único que queren é desvirtuar e sacar calquera cousa con tal de fastidiar ao que temos enfrente. Dicir que o ocorrido na ponte do Perdouro non foi ocasionado pola riada é unha opinión tremendamente irresponsable. Hai que lembrar que desde a Xunta se ofreceron naquel momento a arreglar a ponte e a limpar o caudal do río dos Matos, aínda que despois non o fixeron, pero o primeiro compromiso de arreglar a ponte foi da Xunta porque os seus técnicos viron claramente que foi a auga a que provocou esa desfeita”.

Alfredo Llano tamén considera unha irresponsabilidade as declaracións efectuadas polo portavoz do PP sobre o corredor Barreiros-San Cibrao, “dicindo que nós nos incorporamos no Plan Xeral de Ordenación Municipal o trazado de Fomento. Nós temos solicitado un trazado do corredor Barreiros-San Cibrao, que consensuamos cos grupos políticos, cos veciños, cos técnicos de tal xeito que queremos que pase o máis alonxado posible para que non nos dañe máis do estamos. Todos sabemos que estamos afectados por Feve, polo mar, pola variante e sería moi malo para nós estar tamén afectados por este corredor”.

O alcalde de Burela dixo que o informe desfavorable emitido por Estradas “veu así porque Fomento aínda non ten claro por onde vai pasar o corredor. Que non houbo transparencia nesa información é mentira porque ese trazado marcado por nós desde A Puída a Burela foi consensuado por todos os grupos políticos xunto cos veciños e cos técnicos de Otea e do Concello. Esa solución foi así consensuada coa única intención de que se vise que queremos desarrollar a zona da Puída. Nós non quixemos marcar unha solución de acordo con Fomento, eso non é certo. Estamos agardando a que Fomento resolva as nosas alegacións e que diga claramente por onde vai pasar ese corredor e nós, unha vez consensuado marcarémolo no plano, pero o que non pode ser é que diga que houbo ocultación”.

Llano advirte que “a partires de agora hai que ter cuidado coas manifestacións que fai este señor porque o único que pretende é minar a calquera prezo todo o que estamos a facer con toda responsabilidade desde o Concello. A miña intención é única e clara, traballar o máximo posible por Burela e polos veciños de Burela, fareino ben ou fareino mal, pero non vou estar sacando cuestións que non son verdade con tal de minar ao que temos enfrente. Eso paréceme unha irresponsabilidade absoluta”.

O "APOIO" DA XUNTA A BURELA

O alcalde de Burela, Alfredo Llano, convoca a unha xuntanza aos rexedores doutros nove concellos da Mariña para falar da unidade asistencial de drogodependencias. O encontro será o 10 de marzo.

Llano contou que “convoco aos alcaldes de Mondoñedo, Lourenzá, Valadouro, Alfoz, Foz, Cervo, Xove, Viveiro e O Vicedo para falar da unidade de drogodependencias que presta os seus servizos en Burela. Aínda non recibimos da Xunta a subvención do ano pasado e como Concello adiantamos tanto os cartos para pagarlle ao persoal que traballa nesa unidade e para a compra de material co fin de que esas instalacións funcionasen durante todo este tempo ao 100%”.

O rexedor asegurou que “ésta é unha situación insostible para o noso Concello, dado que levamos adiantados os cartos de todo un ano de traballo. Para este 2011 se prevé que se cobre o 80% desta subvención o antes posible, pero aínda a día de hoxe non recibimos”.

Alfredo Llano explicou que “a miña chamada a estes alcaldes prodúcese porque os seus concellos disfrutan deste servizo ao igual que nós aquí en Burela. Imos falar un pouco para que as subvencións se paguen o antes posible e tamén de que Burela non asuma toda a responsabilidade deste servizo, que é compartido. Eles teñen que aportar unha determinada cantidade e ese cantidade tampouco se está a facer efectivo, co que aínda se agrava máis a situación do noso Concello”.

A reunión será o 10 de marzo ás seis da tarde, “hoxe tivemos un encontro en Mondoñedo sobre a Fundación Comarcal da Mariña Central, alí había varios alcaldes e xa lles falei das miñas intencións neste sentido”.

XERACION DE INGRESOS PARA O CONCELLO

O Concello de Burela estudia vender a enerxía excedente que xeneran os paneis fotovoltaicos instalados no campo de fútbol e no polideportivo municipal para obter rendimento económico. O alcalde, Alfredo Llano, explicou que “estamos analizando esta posibilidade, despois de ver que esas placas xeneran un excedente de enerxía que poderíamos facer chegar á liña xeral da empresa distribuidora”.

O rexedor sinalou que “gracias a eses 20 paneis estamos conseguindo un aforro importante de enerxía eléctrica e do gasto que eso lles supoñía ao Concello nesas dúas instalaciones. As placas fotovoltaicas colocáronse con cargo ao Fondo Estatal para el Empleo y la Sostenibilidad Local do goberno estatal. E como dicía, estamos vendo que se produce un excedente, que queremos canalizar para obter un rendimento económico para as arcas municipais que podería situarse entre os 18 e os 20.000 euros”. O alcalde dixo que “falaremos coas comercializadoras que operan pola zona, pero iniciaremos eses contactos con E-ON, que é a empresa co que estamos a traballar aquí” e engadiu que “hai un decreto onde está estipulado e regulado todo isto e onde se marcan os prezos, entre outas cousas. Agora mesmo temos unha potencia de 10 kilowatios/hora”.

jueves, 24 de febrero de 2011

EDUCANDO EN SAÚDE

O departamento municipal que leva Sonia Fraga como edila do Concello de Burela puxo en marcha outro curso escolar unha iniciativa que trata de incidir na promoción de hábitos saudables entre as novas xeracións, educando en definitiva en saúde e dende idades tempranas. De novo, reparte iogures líquidos entre os escolares do municipio e obtén unha resposta moi positiva tanto por parte dos nenos como do resto da comunidade educativa, pais e profesores incluidos.
-Non é o primeiro ano que se fai este reparto de iogures...
-Nooo... xa levamos tres campañas. O que pretendíamos dende o primeiro ano era potenciar un consumo de alimentación o máis adecuada posible para a xente nova, e transmitilo a papás, potenciar o consumo de froitas, lácteos... O primeiro ano tamén traballamos o tema dos desaiunos e a media mañá repartiamos tamén bocadillos e zumes, pero iso veuse mermado por razóns económicas e o centramos nos lácteos bebibles primeiro e este ano nos de culler. Cada quince días se reparten a cada neno dos centros escolares dende infantil ata último curso, sobre as once da mañá, para potenciar o consumo e que saiban a importancia que ten, e transmitilo a papás. A campaña vai dende xaneiro ata que remata o curso. O ideal sería facela todas as semanas, non cada quince días, pero economicamente non se pode.

-¿Como respostan os nenos a esta iniciativa?
-Moi ben. Este ano dámoslles iogures de cuchariña, os de toda a vida. Pensei que iban a ter problemas pero non, a campaña é exitosa. Será porque ven os uns aos outros. Unha vez teñen iogures naturais e outros de sabores, para variar. Contamos co apoio dos centros educativos e dos papás. Penso que a maneira máis fácil de chegar a eles é unha información do concello utilizando a canle dos centros escolares.
-¿Cantos iogures teñen previsto repartir?
-Cerca de sete mil unidades en todo o curso. O primeiro día, 215 no Vista Alegre e 355 no Virxe do Carme. O primeiro ano fora unha gozada, cos bocadillos de xamón e cos zumes, era tamén cando tiñamos a subvención dos concellos saudables. Os papás dábanche ideas e os pequenos están involucrados, se fora continuo si que conseguiríamos reducir o indice de obesidade infantil.

lunes, 21 de febrero de 2011

COMEZO DE OBRAS NO PERDOURO


A Deputación de Lugo inicia o arranxo da ponte do Perdouro en Burela, segundo anunciou o alcalde, Alfredo Llano. A infraestructura resultou danada ao desbordarse o río dos Matos en xaneiro do pasado ano.

O rexedor comunicou “con certa ledicia que hoxe dan comezo as obras de recuperación da ponte do Perdouro, que resultou danada hai máis dun ano polo desbordamento do río dos Matos. Trátase dunha infraestructura básica de entrada e saída a Burela, que quedou moi afectada por aquela riada que tamén causou danos importantes nas zonas adxacentes como por exemplo a vía de Feve”. Alfredo Llano subliñou que “os traballos serán realizados pola Deputación de Lugo, previamente a Xunta quedara en facelo, pero ao alongarse no tempo a institución provincial tomou a iniciativa de levalos adiante. Son 74.000 euros de investimento e o prazo de execución é de dous meses, calculamos que a 20 de abril estará rematada”.

O alcalde burelés pide “paciencia aos veciños e veciñas de Burela que empregan a antiga estrada N-642 polas molestias que se lles poidan ocasionar en momentos puntuais. Os traballos, que afectan á marxe esquerda da calzada, incluén o corte do pavimento, a desmontaxe da barreira de seguridade, formigonado de soleira de 15 centímetros de espesor, colocación dunha tubaxe de formigón e dun muro de escolleira superior a 500 kilogramos en protección de taúdes, aglomerado en quente e sinalización vertical e horizontal”.

Llano dixo que “por fin temos esta obra en marcha, porque era algo que estábamos desexando ver xa feito” e agarda que “a Xunta tome exemplo e dea comezo a outras obras que tamén quedaron pendentes das riadas de xuño pasado e que afectaron a moitas zonas do noso concello. A máis grave é a localizada nunha estrada que hai entre o cuartel e a Vila do Medio, alí temos que colocar unha escollera o antes posible. A ver si Medio Rural se da presa para que por fin todo quede rematado e normalizado no noso concello”.

jueves, 17 de febrero de 2011

COMEZO DE RADIO BURELA 107.7

Mañá venres ás nove da noite no salón de plenos do Concello terá lugar o acto de inauguración da radio municipal de Burela

Este proxecto, que naceu hai tempo, botou a andar oficialmente en abril do ano pasado cando aprobamos en pleno a creación desta radio e o seu regulamento de funcionamento. Despois creóuse o consello asesor da radio, que é órgano que propón o avance da programación que se vai emitir, aínda que o control da emisora e a aprobación definitiva corre por cargo do pleno da Corporación Municipal.

Este consello asesor constituíse en novembro do ano pasado despois de reunirnos coas asociacións e cos colectivos de Burela e decidíronse a participar neste proxecto ilusionante a asociación de veciños das Casas Baratas, o clube deportivo Burela FS, o clube Baloncesto Burela, o colectivo cultural Burela, a asociación Pasada das Cabras e a asociación Tabanka. De todos modos moitos outros colectivos e asociacións brindáronse para colaborar nas actividades da radio municipal. Xa constituido aprobou por unanimidade un avance de programación, que despois foi aprobada definitivamente polo pleno da Corporación e que consistirá nun adianto informativo con previsión da axenda diaria de 8:50 a 9:00 horas, un magazine de actualidade local e comarcal e un espazo informativo de 11 da mañá a 14 horas e unha programación variada e aberta á cultura, ás asociacións e colectivos, á xuventude, á música e ao debate, unha programación aberta á xente que se desenvolverá de 16 a 18 horas. O resto das horas do día será unha emisión en rede coa programación das emisoras municipais galegas, que estamos todas conectadas. E todo isto no punto da frecuencia 107,7 que xa está a emitir en probas.

Toda esta actividade da radio municipal desenvolveráse unhas instalacións acondicionadas na Casa da Xuventude. E este venres faremos o acto de inauguración oficial, convidamos a todos os veciños e veciñas de Burela para que acudan a esta cita.

PREPARATIVOS PARA EXPOMAR

O alcalde de Burela e presidente da Fundación Expomar, Alfredo Llano, agarda que a feira monográfica náutico pesqueira a celebrar do 19 ao 22 de maio conte cuns 70 expositores. Ata o momento xa están confirmados 51.

Llano sinalou que “onte tivemos unha xuntanza na Fundación Expomar para ir analizando a feira que se celebrará do 19 ao 22 de maio. Xa temos 51 expositores garantizados, o noso propósito é alcanzar como mínimo 70 polo que aínda hai tempo para ir conseguíndoos. Virá xente doutros países para que a feira sexa o máis variada e completa posible e sirva para o propósito que ten encomendado”.

O rexedor e presidente de Expomar relatou que “tamén falamos das xornadas técnicas e do encontro empresarial. As xornadas serán os días 19 e 20 e abordarán os temas que estean de actualidade no momento da súa celebración, barallamos varios e algún dos que se analizará o regulamento central e normas de desenvolvemento, e artes e aparellos. Queremos convidar a algún departamento científico para que expliquen certas cuestións que preocupan ao sector. Noutras sucesivas xuntanzas seguiremos analizando o programa e consolidando o que queremos facer”.

Alfredo Llano considera que “si acadamos os 70 expositores, a pesares da crise que tamén vive o sector, a XIV Feria Expomar será un éxito absoluto. Agardamos que a metade do vindeiro mes de marzo estea xa o programa listo”.

miércoles, 16 de febrero de 2011

REPARTO DE IOGURES


A Delegación de Sanidade de Burela tilda de éxito a campaña de reparto de iogures líquidos nos colexios da vila, que daba comezo na xornada de onte. En total foron entregados 570 iogures, 215 no Vista Alegre e 355 no Virxe do Carme.

Sonia Fraga agradece “aos colexios e aos pais e ás nais dos nenos de Burela a súa colaboración para poder levar adiante dita campaña, coa que queremos concienciar aos rapaces/as e titores legais, da importancia da inxesta do leite ou iogur para a formación dos osos nos rapaces/as de idade temperá, e para a prevención de enfermidades”.

O reparto dos iogures líquidos nos colexios seguirá os días 1, 15 e 29 de marzo; 5 e 26 de abril; 3, 18 e 31 de maio e 14 de xuño.

martes, 15 de febrero de 2011

DOUS PUNTOS LIMPOS

O Concello de Burela pide unha subvención de preto de 7.000 euros á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras para a implantación de dous mini puntos limpos na vía pública.

Segundo explica o concelleiro de Obras e Servizos, Pascual Doménech, “trátase dun sistema de reciclaxe complementario ao punto limpo municipal, mediante a compra e instalación na vía pública de dous mini puntos limpos, dous colectores de residuos sólidos urbáns de pequeno formato, que dispoñen de sete espazos diferenciados e independientes de introducción e almacenaxe de residuos. Este sistema permitirá a súa recollida, ademáis de constar de dous paneis informativos. A información irá enfocada á mellora sobre coñecemento e concienciación dos problemas ambientais, á existencia de punto limpo gratuito no Concello, así como á educación cidadá sobre a necesidade de facer unha correcta reciclaxe dos residuos”.

O concelleiro socialista sinala que “o obxectivo prioritario que se persegue é mellorar substancialmente a xestión de residuos altamente contaminantes xerados por particulares, de difícil recollida e xestión e espertar a concienciación dos burelaos para a separación en orixe de residuos de índole perigosa, mediante o uso deste servizo que ofrecerá o Concello. A través da nova páxina web que se está a preparar, faranse enquisas periódicas sobre o uso destes colectores, así como unha consulta sobre a evolución e volume das cantidades recollidas, obtendo como resultado a implicación de todos nós na política medio ambiental”.

Cada minipunto disporá de sete bocas diferenciadas, comunicando cada unha delas cun colector interior que asegura que se manteña a separación de cada fracción de residuo. Para minimizar a posibilidade de erro, cada boca conterá a seguinte información: pictograma que simboliza o residuo, utilización de cores diferentes para cada un deles e dimensión da boca adaptada ao volume do residuo. Disporán de depósitos para: bombillas de baixo consumo, bombillas halóxenas, cd/dvd, pilas de todo tipo, cartuchos de impresora, baterías de móviles e teléfonos móviles. Pascual Doménech engade que “cada clase de residuo que se recolla, e mediante vaciado periódico, irá a un xestor autorizado, ou colaborador, como por exemplo a Cruz Vermella no caso dos móviles”.

O Concello de Burela solicita o 100% do financiamento sobre o custo total do proxecto, que sen ive e servizo integral de mantemento, que correrá a cargo das arcas municipais, é dun orzamento de 6.740,00 €.

lunes, 7 de febrero de 2011

PRESENTACION DE ALFREDO LLANO

O Ministro de Fomento, José Blanco, o Secretario Xeral do PSdeG-PSOE, Pachi Vázquez,o Secretario Provincial, Ricardo Varela, diputados no Congreso en Madrid, senadores, diputados no Parlamento en Santiago e membros das agrupacions de A Mariña, asistiron este venres 4 de febreiro á presentación de Alfredo Llano como candidato do PSdeG-PSOE á alcaldía de Burela, no salón de actos de ABSA ante preto de douscentos asistentes.

Un ministro non apoia a diario a un candidato a alcalde. José Blanco o fixo o venres en Burela con Alfredo Llano, que aspira a seguir gobernando Burela. Este sabe que é necesario ganarse a confianza dos ciudadanos y así o recoñeceu ante o público que se concentrou no salón de actos de Absa e lle aplaudeu cando afirmou que o maior error que cometeu a Xunta foi paralizar a construcción do acceso ao puerto.

Llano non avanzou quenes serán os seus compañeiros de candidatura, aunque rodearase -dixo- de xente «comprometida, honrada, responsable e preparada». Confesou aprender moito dos veciños e está disposto a que o seu despacho continúe parecendo a consultoría dun médico do seguro. Dende o escenario repasou as mellras que o seu equipo executou co apoio dos gobernos central e provincial, y anunciou que traballará para ser cabecera de comarca «porque Burela xa ten case 11.200 habitantes».

O titular de Fomento presentouno como «el hombre tranquilo que ha recuperado la ilusión en Burela». Agradeceulle que lle organizara a axenda da tarde, con reunions con representantes do sector pesqueiro que lle valeron -indicou- para plantexar a necesidade de facer cambios no asunto das titulacions pesqueiras. O ministro, que recibeu felicitacions polo seu cumpleanos, lamentou que Rajoy crea que «cuanto peor vaya España, mejor le va a ir a él», e avanzouque inaugurará este ano outros tres tramos d A-8 e defendeu a necesidade de reformar as pensiones cun exemplo; o seu avó tivo oito fillos que cotizaron e él cobrou a pensión seis anos, mentras que o seu pai tivo un fllo e leva 21 jxbilado. Moraleja; somos menos a cotizar e a esperanza de vida aumenta. O secretario xeral do PSdeG-PSOE, Pachi Vázquez, criticou a política da Xunta e alertou sobre o desmantelamento do hospital. E, aunque a homenaxe llo dedicou a Zapatero, loou a Llano: «Eres e seguirás sendo un bo alcalde».

sábado, 5 de febrero de 2011

COMEZO DAS OBRAS DE CAPITANIA MARITIMA

O alcalde, Alfredo Llano, asegura que hoxe é un día importante para Burela xa que dan comezo as obras de construcción da nova capitanía marítima. O ministro de Fomento, José Blanco, será o encargado de colocar a primeira pedra.

Llano sinalou que “hoxe recibiremos oficialmente a José Blanco para inaugurar dous tramos da autovía do Cantábrico e para colocar, que é o que anó nos importa, a primeira pedra do novo edificio da Capitanía Marítima, que se vai realizar durante un ano. Trátase dunha obra singular e moi importante para o noso concello e moi representativa e dalle importancia ao noso pobo. Despois da colocación desa primeira pedra farase un acto no salón de plenos do Concello de Burela, onde se explicarán as características da obra. Cando remate este acto, dependendo un pouco do tempo que teñamos, a miña intención é visitar varios puntos en Burela, como as instalacións portuarias, a cofraría, ABSA… todo antes do acto político de presentación do candidato do PSOE ás vindeiras eleccións municipais, que son eu”. O rexedor dixo que “hoxe é un día importante para Burela, xa que ademáis do ministro tamén estará o presidente da Deputación e Manuel “Pachi” Vázquez.

Por outra banda, o alcalde de Burela contou que “temos aquí na praza do Concello o barco Muralla de Lugo da Deputación, un aula turístico ambiental que explica os recursos cos que conta a nosa provincia. Penso que é moi interesante para todas aquelas persoas que se queiran achegar ata aquí para facerlle unha visita. Estará hoxe, mañá e domingo e convido a todos os veciños a que pasen por aquí porque sempre se pode sacar algo en positivo”.

NOTA DE PRENSA DA EXECUTIVA

Ante o espectáculo mediático desenvolvido polo portavoz do PP de Burela diante feitos acaecidos no noso pobo durante os últimos días, convén facer as puntualizacións seguintes:

Non imos ser nós quenes valoremos unha sentencia xudicial, e emitamos xuizos paralelos, resultado da deixadez de funcións na súa etapa de alcalde de Burela. O estado de dereito e a súa división de poderes garante mecanismos suficientes, sempre sometidos á lei, no que o individuo ou individuos xulgados teñen dereito a obter a modificación, revocación ou invalidación dunha resolución xudicial. Tampouco imos ser nós os que alimentemos un circo mediático sobre unhas octavillas aparecidas no noso pobo que denotan unha falta de madurez democrática nun persoaxe que se deixa levar por chismes e prexuizos, antes que por reflexións serias tras unha documentación exhaustiva do asunto obxeto de opinión. Todo envolto nun esceario no que este voceiro repite sempre a mesma cantinela, pero que non hai nada novo no seu cántico, que en certa maneira, ata ten o seu punto de hilaridade.

O que ven sucedendo é que leva catro anos facendo o ridículo acusando ao noso alcalde e aos seus concelleiros de ineptos e irresponsables, ou dito doutro modo, de culpables de todos os males que nos aflixen. Críticas recubertas dunha dosis de demagoxia inaceptable, e cabalgando como xinete apocalíptico marcando o compás da distancia, acompañado dunha retórica tóxica e dun desparpajo típico de energúmenos, populistas, e nada máis.

Non queremos ser irrespetuosos, porque todo o mundo ten dereito a ter unha opinión. Pero non é menos certo que para expresala fai falla un mínimo de información, e cando ésta chega sesgada e manipulada, é imposible ver os suficientes árbores no camiño para decir que é e que non é un bosque. Os modos políticos deste señor están sendo claramente provocadores, por non usar outra palabra malsoante, e exprésase deste xeito: cinismo como método de acción, populismo, e descrédito do equipo de goberno.

En política existen distintas visións dunha situación. Esto é bó, porque reflexa a pluralidade da sociedade e poder expresar discrepancias á a base da democracia. Pero a sinrazón deste voceiro está en vender mentiras como si fosen verdades, xa que manifesta a ansia por conseguir o poder a calquer precio. Esta actitude pervirte a ética e menosprecia aos cidadáns. Tal vez por eso, este tipo de declaracións se reflicten nos sondeos de opinión no que o cidadán se alonxa da política. Pero non por culpa da democracia, senón dos que non creen nin creeron nunca nela, e que se aproveitan da mesma para os seus propios intereses.

Tenta aproveitarse da vulnerabilidade de certo sector da sociedade para embaucala con obsequios, propostas e compromisos absolutamente irrealizables. Practica o PPP (populismo previo pago), pero creemos que a xente é bastante máis reflexiva do que él pensa, porque os votos non se mercan nin con cartos, nin con obsequios, nin terxiversando as noticias, e todos sabemos que non todo vale, e a xente o sabe. Todo o seu afán foi e é emprender unha persecución para abatir ao adversario político con malas artes, tirando coa peor bala: a da falta de rigor e a da especulación, mesturando o terreo político co respetuoso e irrenunciable terreo persoal, co único fin de causar dano moral, non buscando nunca o compromiso cos cidadáns, senón o poder que lle poidan dar éstos. Que naide se engane. Envalentonado e con peito de lata henchido, destila cada día unhas gotas de maneiras e formas que se alonxan da moderación e da convivencia, e ten emprendido un linchamento e unha cacería, porque as acusacións que verte son meras especulacións lanzadas coa única intención de sembrar dúbidas onde non as hai. Sabe que con este bochornoso espectáculo de “mil mentiras convertense nunha verdade” busca o deterioro político, moral e persoal das persoas con quen se ceba.

Como cidadáns libres, sempre nos pertecerá a esperanza, e nestos momentos difíciles, Burela necesita gobernantes cuia pedra angular sexa a dedicación, o esforzo, a perseverancia e o traballo compartido, sustentado todo pola honradez, a honestidade, a sinceridade, e sobre todo, a verdade.

O que si lle recoñecemos, é a súa gran labor feita en defensa do pobo de Burela, no que se convirte en garante da actuación feita con criterio da Xunta de Galicia no caso do acceso ao porto: si para a redacción/modificación do proxecto investiron vinte meses, mellor será axitar a variña máxica de todos os aprendices de magos de colexio para que a vexamos algún día rematada.

ALEGACIONS AO INFORME SOBRE O PXOM

O Concello presentará alegacións ao informe previo á aprobación inicial do PXOM emitido nas últimas horas pola Xunta, segundo anunciou hoxe o alcalde, Alfredo Llano. O equipo de goberno non está de acordo coas consideracións efectuadas sobre o crecemento de Burela e sobre a ETAP.

O rexedor confirmou que “acabamos de recibir o informe previo á aprobación inicial do PXOM do noso concello. É un informe que ven facer un resume e unhas propostas do noso documento, que presentamos en setembro xa na Xunta de xeito definitivo para ser informado”. E recoñeceu que “a Xunta fixo a valoración con prontitude”.

Llano explicou que “hai unha serie de consideracións coas que nós non podemos estar de acordo porque veñen a correxir ou a insinuar que non se vai medrar tanto como nós propoñemos no noso concello. Existe unha cuestión na ETAP, xa que non se contempla que melloramos e que imos dar abastecemento á poboación que nós consideramos que pode haber dentro de bastantes anos. Non recollen que agora mesmo pode poñerse a funcionar a ETAP da Senra que compartiremos Cervo e Burela e aí existe unha garantía e un caudal maior do que se está a recibir agora”. O alcalde de Burela seguiu a relatar que “dan por suposto que tampouco existen instalacións que fan do lugar como consolidado, dado que temos os servizos tanto de depuración, como de residuais, como do abastecemento de auga… hai unha serie de cuestións que temos que aclarar con eles, paréceme que non existe unha coordinación completa ou que hai unha valoración que non se corresponde coa a realidade que nós quixemos plasmar no plan xeral de ordenación municipal”.

O equipo de goberno enviará “o máis rápido posible aquelas alegacións que presentaremos para que o PXOM sexa informado definitivamente e poidamos poñelo xa a exposición pública. Esperemos que no prazo de dous ou tres meses estivese xa en marcha”. Alfredo Llano avogou por achegar posturas “e hai que analizar a información que enviamos no seu día, hai que volver a discutilo. Tamén solicita a aplicación de diversas normativas, que ao mellor cando se desenvolveu o PXOM non existían e sí que hai que desenvolvelas”.