miércoles, 29 de septiembre de 2010

PLENO DO XOVES 30 DE SETEMBRO




No pleno ordinario que se celebrará mañá xoves no Concello aprobaránse as alegacións ao POL. O alcalde, Alfredo Llano, asegura que “o noso plan xeral é o que mellor explica as nosas propostas para Burela e queremos que o Plan de Ordenación do Litoral se adecúe ao PXOM”.
O rexedor explica que “un dos asuntos máis importantes que levamos ao pleno de mañá é a aprobación das alegacións presentadas polo Concello de Burela ao Plan de Ordenación do Litoral. Xa desde que comezamos co PXOM temos unha idea do que ten que ser o noso concello e ese POL condiciona un pouco as nosas propostas. Consideramos que ese plan non é beneficioso ao 100% para o noso concello e entón a nosa proposta é basearnos únicamente no PXOM”.

Llano subliña que “nas alegacións presentadas queremos que se inclúa no POL o solo urbano existente na súa totalidade en Burela, refírese sobre todo á zona do Perdouro onde queremos consolidada como comercial e industrial; tamén queremos unha modificación da área de protección ambiental costeira na Marosa porque abarca un terreo excesivo, algo que lle resta planificación urbanística ao concello de Burela; outra cousa que imos plantexar é modificar a área de protección do corredor na zona da Marosa, consideramos que é de interese para facer unha zona pública, recreativa, natural como un parque e que se extenda por todo o noso litoral e tamén presentamos outra alegación sobre a área de mellora ambiental e paisaxística de crecemento dos solos urbanizables porque esta zona invade un pouco o propósito de Burela de xerar máis solo urbano dentro da franxa dos 200 metros e consideramos que deben existir uns tramos que deben ser respectados como zona urbanizables”. O rexedor insiste en que “o noso plan xeral é o que mellor explica as nosas propostas para Burela e queremos que o POL se adecúe ao PXOM”.

Consello Escolar

Na sesión do xoves aprobarase o nomeamento dos membros especialistas en temas educativos do Consello Escolar Municipal de Burela. Alfredo Llano di que “nós consideramos que os mellores para ostentar esta representación son os orientadores tanto dos colexios de primaria como de secundaria. Nós imos propoñer que os catro que temos aquí formen parte deste consello, pero en sistema rotativo. Tamén levamos ao pleno de mañá a aprobación inicial da modificación do regulamento de utilización de instalacións deportivas municipais, o Concello non se fará responsable das lesións que poidan sofrir os usuarios salvo que éstas se deriven dun mal estado das instalacións, hai que poñer as cousas claras por si se producise algún incidente deste tipo”.

O pleno abordará a aprobación da proposta de declaración da zona xeolóxica do Perdouro como espazo natural de especial interese local. O rexedor sinala que “isto é algo recabado e subliñado polos profesores dos institutos e por certos especialistas. En Burela contamos cunha zona xeolóxica de interse extraordinario e como no Perdouro se aprecian perfectamente os pliegues da nosa costa queremos establecer unha protección para ese lugar. Imos dirixirnos ao Ministerio de Medio Ambiente para que sexa, si fose preciso, o que dea os primeiros pasos para establecer esta cualificación”. E outro punto que se analizará na sesión do vindeiro 30 de setembro será o nomeamento da praza do Mariñeiro, Alfredo Llano, manifesta que “como aí se fixeron edificios últimamente hai que darlle un nome para que despois poidan proceder á súa numeración. Xa se lle chamaba así a esa praza, pero hai que facelo de xeito oficial”.



Preto de 100 persoas se inscribiron no Concello de Burela para participar no proxecto Pacto Provincial polo Emprego da Deputación Provincial de Lugo. Desde a Concellería de Emprego e Formación queremos lembran que están abertas as inscricións ata o día 30 de setembro.

Sonia Fraga e o alcalde de Burela, Alfredo Llano, explican que “dito pacto está enmarcado e financiado nun 80% polas axudas do F.S.E. e foi promovido pola Deputación de Lugo e o Instituto Lucense de Desenvolvemento Económico e Social- INLUDES, para que todos os Concellos da provincia poidan beneficiarse destas axudas, agás Lugo cidade, por ser beneficiario directo. As finalidades deste proxecto son, entre outras, favorecer a creación de emprego estable de calidade, promover a inclusión social de colectivos desfavorecidos e promover tamén a igualdade de xénero e de oportunidades”.

O requisito indispensable para anotarse no proxecto é estar inscritos como demandantes de emprego no servizo público de emprego e empadroados nalgún Concello do ámbito de actuación. Tódolos desempregados que participen no proxecto recibirán unha axuda por nunha contía mensual non superior ó 75% do IPREM.

As accións formativas que se ofrecen divídense en dous bloques, diferenciando formación específica e complementaria:

ESPECIFICA:

* Atención socionanitaria a persoas no domicilio (640 horas)
* Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais (490h)
* Servicio de restaurante (620h)
* Operacións básicas de pisos e aloxamentos (420h)
* Promoción turística local e información ó visitante (730h)
* Aproveitamentos forestais (640h)
* Operacións auxiliares de fabricación (380h)

FORMACIÓN COMPLEMENTARIA:

* Coidador de discapacitados físicos e psíquicos (200 horas)
* Atención especializada de enfermos de Alzheimer (250h)
* Técnicos de transporte sanitario (385h)
* Auxiliar de enfermería xeriátrica (300h)
* Monitor sociocultural (300h)
* Monitos de actividades de tempo libre infantil e xuvenil (275h)

Desde o Concello de Burela subliñan que “as persoas interesadas en realizar a matrícula empadroadas en Burela deberán dirixirse ás instalacións do departamento de Emprego do Concello (Avenida Arcadio Pardiñas, 137, entrechán. Tlf: 982 581 630) ata o próximo xoves 30 de setembro en horario de 09.00 a 14.00h. Para anotarse, deberán aportar o DNI, tarxeta de desemprego, certificado de empadronamento e acreditación dos estudios oficiais rematados (este requisito non é necesario nin para inmigrantes nin para menores de 30 anos). En caso de familia numerosa, o libro de familia; no caso de precaridade económica, deberase acreditar tal situación e o certificado de minusvalía, no seu caso”.

Sonia Fraga contou que “dende o 7 de setembro ata a actualidade, no Concello de Burela recolléronse un total de 97 inscricións, dato que se prevé será maior ata o remate da data de inscrición prevista para pasado mañá 30 de setembro”.

MEMORIAS DO OFICIO DO MAR



A historiadora Olga Suárez Mesías, encargada de facer un traballo de investigación da memoria recente de Burela, rematou a primeira parte do proxecto recopilatorio e presentóullo ao alcalde Alfredo Llano e á concelleira do Mar, Remedios López. Agora chegarán as entrevistas ás xentes do mar e despois realizarase un documental e tamén se procederá a editar un libro das Memorias do oficio do mar de Burela.

Segundo explica a edil socialista “este traballo foi realizado con consultas a diversas publicacións, tanto escritas como en formato DVD que fan referencia a Burela e ao sector pesqueiro, entre elas a mais importante foi o arquivo histórico da cofraría de pescadores San Juan Bautista de Burela e doutras publicacións escritas nas que podemos destacar Burela na memoria do colectivo cultural Buril, Pesquería tradicional y conflictos ecológicos do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, A actividade pesqueira en Burela de Carmen Pérez Fraga ou Los balleneros en Galicia de Felipe Valdés Hansen. De todos eses estudios Olga Suárez fará unha introdución do que foi Burela dende o ano 1900 e a partires de aí todo xirará sempre arredor da cofraría, xa que temos actas dende 1923 que nos contarán o periplo que sofreu Burela en mans dos 17 presidentes e patróns maiores do pósito”.

Remedios López engade que “agora dende a Concellería do Mar estamos a facer reunións para definir o formato da edición e elixir dos distintos presupostos solicitados polo pobo un para poder comezar a segunda parte, un documental audiovisual, coas entrevistas das persoas relevantes do mundo do mar e tamén aos mariñeiros, redeiras, armadores, etc…”. A concelleira do Mar subliña que “esta segunda parte comezará con documentación histórica dos oficios do mar na idade contemporánea de Burela, datos históricos de cousas das que non aparece nada escrito como o forno para tinxir redes, a recollida da alga, a primeira estación costeira radiotelefónica, o conflito das volantas,o proxecto de 90 vivendas para pescadores de Burela, a fábrica de xéo… que quedarán gravados nun audio en un DVD. E máis adiante, unha vez feito o guión final deixaremos plasmado todo o traballo coa edición do libro Memorias do oficio do mar de Burela”.

lunes, 27 de septiembre de 2010

APORTACION ECONOMICA PARA O CAMPO DE A MAROSA

O Concello abona estes días os 99.000 euros aportados para as obras do campo de fútbol de herba artificial de A Marosa. O alcalde, Alfredo Llano, pídelle á Xunta que entregue canto antes esas instalacións para comezar a utilizalas.

O rexedor explicou este mediodía que “xa demos orde de pagar a parte que nos corresponde tras as obras do campo de fútbol de herba artificial, tiñamos un compromiso de cotizar 99.000 euros, nove mil no primeiro ano e o resto no segundo e faránse efectivos hoxe ou mañá para que desde a Xunta se preocupen de realizar os trámites necesarios para que o campo se poida utilizar, como é a nosa pretensión, o antes posible”.
Llano considera que “debe poñerse en funcionamento dada a demanda existente para empregar estas instalacións, os rapaces de categorías menores están entrenando no outro campo que está moi saturado. Todos estamos xa desexando utilizar o campo de herba artificial”. E lembra que “o Concello, ademáis de aportar eses 99.000 euros, tamén fixo obras complementarias como a colocación de corriente trifásica para mover a bomba de vintecinco cabalos, dotamos de canalización e auga o depósito de 20.000 litros que ten ese campo e arranxamos a rampa de baixada para que non se estropee o firme das instalacións”.
O alcalde de Burela asegurou que “o campo gusta, vai ser ben aproveitado e dalle unha categoría deportiva ao noso concello. Queremos que se poida utilizar o antes posible, con estas aportacións que facemos consideramos que a entrega das instalacións debe ser inmediata”.
As obras do campo de fútbol de herba artificial foron costeadas pola Xunta de Galicia e polo Concello de Burela.

XORNADAS GASTRONOMICAS DO POLBO

Burela acollerá do 8 ao 10 de outubro as xornadas gastronómicas do polbo. Así o acordaron nun encontro celebrado o pasado venres a concelleira do Mar, o alcalde de Burela e os hostaleiros da vila.

A edil socialista Remedios López explicou que “se fan coincidir coa ponte do Pilar, nesa festividade incitarase á poboación a saír da casa e espérase que Burela acolla a mais turistas do habitual, aos que se lles dará a coñecer a nosa gastronomía”. O prezo da ración para o polbo á feira será de 8 euros e “logo haberá mais degustacións de distintas variedades como polbo con almeixas, polbo a brasa ou ao allo, salpicón de polbo, etc, nas que cada restaurante variará o prezo segundo sexa o tempo de elaboración da tapa”.
O Concello farase cargo da publicidade en prensa e na radio ademáis da cartelería sen costo algún para o hostaleiro, e nesta ocasión farase un exemplar da colección Os sabores do noso mar. Será o quinto libro xa que os anteriores a ese foron o da merluza do pincho, o bonito de Burela, o ourizo de mar e o do peixe espada que “agardamos distribuír nas vindeiras semanas. Toda a colección faise coa única idea de promocionar a nosa terra, os nosos produtos e darlle publicidade á hostalaría mais representativa de Burela”, segundo Remedios López Villar.
A concelleira do Mar asegura que “os libros que se fagan volveranse regalar polos bares que participen nestas xornadas para que os hostaleiros agasallen aos seus clientes e se animen a consumir e a preparar receitas con produtos do noso peirao, e tamén se levarán e distribuirán nas feiras turísticas nas que participe o concello”.

Na xuntanza celebrada o pasado venres no Concello tamén se acordou que as xornadas gastronómicas do peixe espada serán o 12, 13 e 14 de novembro. Nun novo encontro acordaráse o prezo, os pratos a degustar e o sorteo de obsequios.

VIII REUNIÓN FORMATIVA DE SOGAMI

. O Hospital da Costa acollerá os días 1 e 2 de outubro a VIII Reunión Formativa da Sociedade Galega de Medicina Interna. Unha cita declarada de interese sanitario pola Xunta e que reunirá en Burela a medio cento de facultativos. A xuntanza foi presentada este mediodía no Concello polo xefe do xervizo de medicina interna do Hospital da Costa e presidente do comité organizador, Pedro Gordo, e polo alcalde, Alfredo Llano.

Gordo Fraile subliñou que “ésta es la segunda ocasión que el Hospital da Costa, por encargo de la SOGAMI, ostenta la responsabilidad de organizar este tipo de reuniones anuales. Son dos temas clásicamente, repartidos en dos días consecutivos, impartidos por expertos de reconocido prestigio nacional e internacional, con un sentido eminentemente interactivo y formativo, con una determinante repercusión asistencial sobre la población. Suelen tener una enorme aceptación y a ellas asisten habitualmente especialistas internistas y del resto de especialidades, no solamente de Galicia sino del resto de España. Se espera que en esta ocasión se den cita mas de 50 facultativos”.

Os temas elexidos para este encontro son as demencias e a vasculitis. Pedro Gordo explicou que “las demencias las juzgamos de extraordinaria pertinencia, dada la importancia de su prevalencia, con enorme repercusión individual, familiar, sociosanitaria y económica, tanto a nivel comunitario como nacional, origen de extraordinario y creciente consumo de recursos económicos que es motivo de permanente preocupación en las jerarquías sanitarias y de la Administración. El ponente responsable de este taller es el Dr. Alfredo Robles Bayón, que dirige el Servicio de Neurología Cognitiva del Hospital Policlínico de La Rosaleda, de Santiago de Compostela, experto nacional e internacional del máximo prestigio. Y la vasculitis, de menor prevalencia, hacen referencia a la inflamación del sistema vascular, con lógica repercusión sobre el aparato circulatorio y afección sistémica generalizada del organismo, provocando infartos, hemorragias y de severa repercusión en términos de morbilidad, mortalidad y graves secuelas si no se diagnostican y tratan a tiempo. Este tema es fuente de extraordinaria actividad investigadora y concita el interés conjunto de los Internistas, Reumatólogos, Nefrólogos y de otras Especialidades. La ponente es la Dra. Roser Solans Laqué, Geriatra e Internista, que desempeña su actividad como internista y en el Servicio de Enfermedades Sistémicas y Autoinmunes del Servicio de Medicina Interna del Hospital de Vall d´Hebron de Barcelona. Es una de las mayores expertas nacionales en este tema”.

O xefe de medicina interna do Hospital da Costa cre que “ésta es una magnífica oportunidad para consolidar el bien ganado prestigio del Hospital da Costa, para aportar nuestra colaboración para difundir la imagen pujante y vitalista de la realidad sanitaria, social, económica, industrial, cultural y turística de Burela, como sede de la reunión y de A Mariña en su conjunto”.

Pola súa banda, o alcalde de Burela, Alfredo Llano, tildou de iniciativa extraordinaria a celebración desta xuntanza na vila, “algo que lle da unha importancia total ao Hospital da Costa, un centro que funciona perfectamente e que conta con profesionais de primeira. Agardamos que se manteñan todos os servizos cos que conta e que se incrementen”.
Pedro Gordo, o presidente do comité organizador, agredeceu a colaboración no evento da Deputación de Lugo, do Concello de Burela, da dirección do Hospital da Costa, das entidades privadas e da industria farmacéutica

OBRAS DE ABASTECEMENTO

O Concello realizou obras de mellora na rede de abastecemento á zona norte de Burela para aumentar a presión da auga. O alcalde, Alfredo Llano, agarda contentar aos veciños con ditos traballos.

O rexedor explicou que “como era unha obra necesaria e urxente o Concello o que fixo a través da empresa Espina y Delfín foi acometer unha serie de melloras na rede de abastecemento á zona norte do municipio, engadíuse unha canalización para dar máis presión á zona alta de Burela como pode ser O Campón, o hospital, a gardería… xa hai moita xente vivindo neses lugares e era importante que contasen cun bó servizo, xa que o que había estaba a ser deficitario. É unha boa noticia que agardo que contente aos veciños de toda esa zona”.

Por outra banda, Alfredo Llano anunciou que “debido ás riadas de xuño había unha serie de obras que quedaron pendentes de realizar, unha delas que é moi importante resolver canto antes é a do camiño da Figueiroa, alí hai que facer unha escolleira nesa pista que comunica o cuartel da Garda Civil coa Vila do Medio. Xa falei con Medio Rural para que se axilice a obra e dixéronme que se ían poñer con ela antes de que outras chuvias poidan provocar máis danos dos que hai. Queremos calmar un pouco aos veciños que viven nesa zona”. O alcalde engadiu que “tamén no mesmo plano imos acometer outras obras pendentes en diferentes camiños na zona do Monte Castelo e adxacentes, queremos limpar as pistas e deixalas ben ao igual que nas Pasadiñas no punto limpo tentaremos mellorar esa zona, no Camiño Real e no cemiterio. Serán un total de 7 actuacións, pensamos que se teñen que realizar o antes posible todas estas obras, hai que apostar pola prevención e iso é o que estamos a facer desde o Concello, desde a Deputación de Lugo ou desde a Xunta. Todas estas actuación suporán un investimento de 48.000 euros”.

jueves, 23 de septiembre de 2010

PROXECTO DE RUAS PEONIS

O alcalde de Burela, Alfredo Llano, realizou un balance moi positivo da Semana Europea da Mobilidade que remata hoxe. O rexedor pensa que chegou o momento de analizar a posibilidade de peatonalizar dúas ou tres rúas no centro da vila.

Llano destacou o “éxito extraordinario da Semana Europea da Mobilidade que remata hoxe cun circuito de educación vial para adultos que tivo lugar pola mañá e haberá outro con bicicletas na praza do Concello de cinco a sete da tarde. O que máis me chamou a atención, xa non como alcalde senón como cidadá, foi ver a cantidade de xente que participou o domingo nas actividades realizadas nas rúas pechadas ao tráfico, houbo exhibicións de deportes, bicicletas, houbo participación de agrupacións culturais e recreativas de Burela dándolle un abanico de color á vila e dándolle tamén unha lección de cidadanía a todos os nosos veciños”.
O rexedor subliñou que “isto anímanos a seguir organizando cuestións deste tipo e a ir pensando e analizando a posibilidade de peatonalizar dúas ou tres rúas aquí en Burela, sería moi ventaxoso facelo para toda a vila e para todos os veciños”.
Alfredo Llano lembrou que “a semana comezou o xoves pasado e remata hoxe. Houbo moitas actividades, tivemos a visita dos rapaces do Vista Alegre e do Virxe do Carme, que recibiron explicacións por parte da Policía Local sobre a educación vial. Foi unha semana óptima na que todo o mundo puido participar. Darlle ás gracias aos veciños de Burela que acudiron ás actividades programadas, ás entidades deportivas e culturais, o que quere dicir que existe unha compenetración total entre estas asociacións e o Concello, e tamén agradecer ao persoal do Concello como as monitoras de Gaia que realizaron e coordinaron perfectamente todo este traballo ao igual que á técnica de medio ambiente”.

Concarneau

O alcalde de Burela convocou unha xuntanza para o vindeiro 30 de setembro co fin de analizar un posible irmanamento coa localidade francesa de Concarneau. Llano manifestou que “o día 30 ás oito da tarde imos ter unha xuntanza con todas as entidades de Burela, deportivas, culturais, veciñais… para analizar a petición que nos fixeron no seu día desde o Concello de Concarneau na Bretaña francesa para facer un irmanamento con eles. Como se require que exista un intercambio de ideas culturais, deportivas, laborais, entre outras, e nós temos en común con esa localidade a pesca do bonito entón eu quero plantexarlles si ven convinte facer este irmanamento”.
O rexedor burelés engadiu que “do que se trata é de ver a posibilidade de establecer unhas relacións duradeiras e permanentes. Non sei si chegaremos a realizar un irmanamento como tal ou a establecer algunha outra relación que leve outro tipo de nomenclatura, relacións culturais, deportivas ou de amistade, porque un irmanamento conleva uns compromisos e unha responsabilidade que igual non se poden manter no tempo. Eu só quero informar ás asociacións de todo isto, é unha iniciativa de Concarneau, eles están moi interesados en establecer esta relación e eu quero que o decidamos entre todos. Si se decide facer o irmanamento, non haberá inconvinte en realizalo ou establecer outra relación para beneficiar aos dous concellos. Fago, polo tanto, unha invitación a que todas as persoas interesadas acudan a este encontro”.

XORNADAS DO POLVO E DO PEIXE ESPADA

A concelleira do Mar, Remedios López, convoca aos hostaleiros de Burela a unha xuntanza para preparar as xornadas gastronómicas do polbo e do peixe espada. O encontro será o vindeiro venres 24 de setembro ás 20 horas no salón de plenos do Concello.

A edil socialista dixo que “estamos interesados en volver repetir as xornadas do polbo en outubro e as do peixe espada en novembro, poñendo un tapeo polo pobo igual que nos anos anteriores. Elíxense estes dous produtos porque dende a Concellería do Mar presentouse un proxecto aos Grupos de Acción Pesqueira para promocionar os nosos produtos e conseguiuse financiamento cos fondos europeos da pesca que nos subvenciona o 65% dos orzamentos en materia de publicidade e edicións de exemplares gastronómicos”.
Remedios López explicou que “para organizar ese tapeo, o prezo e pratos a degustar, faremos unha reunión o alcalde, Alfredo Llano e a concelleira do Mar con todos os restaurantes e bares do concello que queiran participar, o vindeiro venres 24 de setembro do 2010 as 20 horas no salón de plenos do Concello de Burela. Solicitamos a colaboración e invitamos así a esta reunión a toda a hostalería para que forme parte do evento”.

BALANCE POSITIVO NOS AREAIS DE BURELA

O alcalde, Alfredo Llano, fai un balance moi positivo da tempada de verán nos areais de Burela. Hoxe rematan o seu traballo os 12 socorristas que estiveron a velar pola seguridade dos bañistas estes meses e a finais de mes comezarán algunhas obras na praia de A Marosa.

O rexedor suliñou que “a partires de hoxe xa non contaremos con socorristas nas praias de Burela debido a que rematan a tempada de verán. Este ano tivemos 12, 10 contratados a través dos plans de cooperación e 2 polo Concello. Con eles tentamos dar cumprimento ás esixencias das bandeiras azuis nas praias de A Marosa, O Portelo e Ril e dos galardóns de medio ambiente como a ISO 14.001. Houbo unha cantidade enorme de xente este ano, recibimos moitos visitantes, penso que foi o ano que máis xente tivemos nas nosas praias, no mes de agosto sobre todo porque o tempo acompañou”. Llano contou que “todos estes meses non houbo grandes incidencias, algunha chamada de atención aos bañistas e o máis destacado foi o desvanecemento dunha persoa maior na area, inmediatamente foron os socorristas a atendelo e non foi a maiores. A actuación dos socorristas e do persoal médico foi fundamental”.
Alfredo Llano pensa que “cara o futuro esta tendencia de haber maiores cantidades de bañistas irá en aumento, Burela será un atractivo turístico no futuro. Recibimos a moita xente do sur do país que escapa das altas temperaturas que sofren nesas zonas. Esto gusta moito noutros lugares. As nosas praias, tal e como están concebidas e con todos os recoñecementos que reciben, ademáis da cantidade de hoteis que se están a preparar en Burela, farán que sexamos un atractivo fundamental no verán nos vindeiros anos”.
O alcalde engadiu que “hai que aproveitar o remate da campaña de verán para facer obras na Marosa, onde imos soterrar unha tubería de pluviais para reducir o impacto que pode ocasionar na zona. Os traballos iniciaranse en breve”.

ÉXITO DO CURSO DE TITULO DE PATRON

A concelleira do Mar, Remedios López Villar, amósase moi satisfeita pola alta participación no curso para obter o título de patrón de embarcacións deportivas a motor celebrado esta fin de semana en Burela.
A edil socialista lembra que “o titulín é o mais básico que ai na actualidade, necesario para saír ao mar cunha pequena embarcación ou moto de auga. En Burela este curso é moi demandado pola gran afección que existe á pesca de luras nesta época. Este ano como nos dous anteriores cubríronse todas as prazas, o curso estaba limitado a 20 alumnos e quedaron aínda mais participantes en lista de espera para o ano que ven. Neste curso aprendeuse a nomeclatura náutica, recibiron coñecementos básicos na poboación para comezar a navegar con seguridade respectando as sinais náuticas e cunha pequena formación lexislativa proporcionada por monitores federados, pero o que mais gustou foi a clase práctica, os dez minutos que tivo cada alumno para formarse patroneando de forma individualizada un iate”. Remedios López dixo que “dende que nós entramos no goberno o noso interese é formar en materia de mar á poboación, tanto en cursos de patrón como de socorrismo e primeiros auxilios. Bonificando o seu custo aos empadroados no noso concello para permitir unha maior accesibilidade para eles”.
Porto deportivo
A concelleira do Mar recalca que “o mar é unha fonte de ingresos para Burela dende hai moito tempo, pero debe abrirse a mente da poboación e velo non só como traballo senón tamén como algo turístico e deportivo que está aínda sen explotar. Dende a miña delegación estamos a traballar creando as bases para atraer un turismo de calidade, loitando para que se faga realidade a construción e ampliación dun porto deportivo, necesario para Burela, porto deportivo que se está a quedar escaso e non deixa desenvolver o pobo, porto deportivo que deixou definido no plan director o anterior goberno do PSOE na Xunta de Galicia e do que non se sabe nada na actualidade”.

VI BONITADA SOCIALISTA DE BURELA

Os socialistas mariñanos mantiveron unha comida na localidade lucense de Burela , no Monte Castelo, un encontro que xa celebra a súa 6ª edición. Ao xantar asistiron representantes de tódalas agrupacións socialistas da Mariña lucense, ademais de cargos orgánicos do Partido como o deputado e secretario provincial Ricardo Varela, a deputada no Congreso Margarita Pérez Herraiz, o senador Luis Angel Lago Lage, ademais do deputado da comarca Ismael Rego e o alcalde de Burela, Alfredo Llano.
O Secretario provincial do PSOE lucense Ricardo Varela asegurou neste encontro que o PSOE é un partido que se preocupa polos problemas dos cidadáns “como a educación, o emprego, o rural a sanidade”. Subliñou tamén que xestiona mellor que ninguén os intereses dos concellos, e denunciou que o Partido Popular esquece as necesidades de todos para beneficiar os intereses duns poucos, eso si con carne de militante do PP.

Varela fixo alusión aos recortes en inversións previstos polo Goberno de Feijoo nos vindeiros orzamentos. Replicou que o único Goberno comprometido coa provincia de Lugo e con Galicia en xeral “é o goberno de Zapatero”. E advirte “si hoxe hai algo parado en Galicia son as inversións da Xunta”, como hoxe reflicten os medios de comunicación “e seguiremos parados cos vindeiros orzamentos”.O dirixente socialista lembrou as inversións do Goberno de Zapatero na nosa Comunidade, e sinalou as infraestructuras como a ponte de Lugo, a autovía do Cantábrico, a autovía de Santiago, a autopista do Mar de Vigo, a ampliación de Rande como exemplos de proxectos con futuro para Galicia. Ricardo Varela contrapuxo estes compromisos coa deixadez do Goberno de Feijoo como “as paralizacións da VAC Ferrol-San Cibrao, as listas de espera do Hospital da Costa as mais altas da Comunidade e as residencias da 3ª idade que seguen pechadas como a de Monforte e de Viveiro”.Por último dixo que a mentira e a patraña son as especialidades do PP “ o único que queren é confundir a poboación para non dar conta da súa ineficacia”. E envíolles unha mensaxe “a mentir a Roma”, ironizou o deputado.

O deputado Ismael Rego tamén tivo palabras moi duras para os populares. Argumentou que A Mariña de Lugo é unha das zonas mais castigadas polas nefastas consecuencias da política de Feijoo. Denunciou que a maior inversión do Goberno de Feijoo na Mariña en educación “é a demolición do centro educativo Rivera Casas”, xa que asegura que o único fin deste derribo “son os fins especulativos”. Explicou que cos cartos que inviste a Xunta neste derribo poderíanse pagar os libros de texto a tódolos escolares da Mariña e poñer comedores gratuítos. Tamén puxo en valor a xestión de Zapatero, e cualificou ao Presidente “como o mellor alcalde de España, xa que permitiu triplicar o financiamento de tódolos concellos”.
Por ultimo o alcalde da localidade Alfredo LLano amosouse disposto a seguir traballando por Burela para que siga sendo socialista e solidaria, pero sobre todo para seguir “vixiante dos dereitos dos veciños e das veciñas de Burela coma acadar unha sanidade e unha educación publica de calidade”, resumiu.

jueves, 16 de septiembre de 2010

SEMANA EUROPEA DA MOVILIDADE


A concelleira de Educación de Burela, Lucía Bouza, acudiu aos colexios a entregar os dípticos coa programación da Semana Europea da Mobilidade que dará comezo mañá na vila.

Ás 9 da mañá os alumnos de cuarto de primaria do CEIP Vista Alegre participarán nun paseo desde o centro ata o Concello onde membros da Policía Local impartirán unha charla de Educación Vial e ensinaránlles as súas dependencias. Ademáis de 9 a 11 haberá ximnasia de mantemento para adultos na praza do Concello. Xa pola tarde a partires das 17 horas, os nenos poderán participar na actividade organizada por Gaia e denominada Debuxa, cota e pega o logo da Semana Europea da Mobilidade.

Mañá xoves ás 12 da mañá no Concello, o alcalde, Alfredo Llano, e a concelleira de Educación, Lucía Bouza, presentarán todas as actividades da Semana Europea da Mobilidade que se desenvolverán desde mañá e ata o 22 de setembro.

lunes, 13 de septiembre de 2010

SEMANA EUROPEA DA MOVILIDDADE


Do 16 ao 22 de setembro terán lugar en Burela diversas actividades dentro da Semana Europea da Mobilidade. Están destinadas sobre todo aos nenos por seren máis receptivos diante do coidado e do respecto co medio ambiente, segundo explicou a edil Lucía Bouza.
A concelleira socialista sinalou que “como xa ven sendo habitual desde os derradeiros tres anos a Delegación de Medio Ambiente participa na Semana Europea da Mobilidade. Nesta ocasión celébrase baixo o lema Móvete con intelixencia, vive mellor. As actividades comezarán o vindeiro xoves 16 de setembro e rematarán o 22, xornada na que se celebra o Día Europeo da Mobilidade”.
A responsable de Medio Ambiente dixo que “este ano, aínda que hai actividades para adultos, estamos máis centrados nas adicadas ao público infantil xa que sempre se mostran moi receptivos a calquera tipo de actividade que estea relacionada co coidado e co respecto ao medio ambiente. A ampla lista de actividades está impresa nun díptico que repartiremos polos dous colexios de Burela para informar ben aos nenos e nenas de todo o que poden facer durante a semana. Haberá xogos o domingo, que será o día no que pechemos varias rúas ao tráfico e aproveitaremos para xogar ao futbolín, ao pimpón, ao baloncesto, ás carreiras de sacos… tamén haberá paseos pola vila e outras actividades que iremos detallando ao longo dos vindeiros días”.
Lucía Bouza engadiu que “todas as actividades están organizadas polas monitoras de Gaia, pola técnico de medio ambiente e tamén participan nalgunhas os monitores deportivos do Concello. Están abertas a todos os que queiran participar”.

viernes, 10 de septiembre de 2010

ENERXIA LIMPA


En Burela remataron as obras de instalación fotovoltaica na cuberta do pavillón Vista Alegre e de captación solar para quentar auga no mesmo pavillón e tamén no campo de fútbol de A Marosa, segundo ven de informar o concelleiro Pascual Doménech.

O responsable de Obras e Servizos no Concello sinala que “as obras de instalación fotovoltaica de produción de enerxía eléctrica no pavillón Vista Alegre chegaron ao seu fin, tendo en conta tanto os regulamentos de ámbito nacional, como autonómico ou municipal e obtendo como resultado unhas características óptimas para o seu aproveitamento. A actividade de dita instalación consiste na produción de enerxía eléctrica a partir da solar, mediante a transformación directa da luz solar no panel fotovoltáico en enerxía eléctrica, as instalacións conectadas á rede van consumindo a medida que se produce, e vendendo a enerxía sobrante á rede de distribución pública”.

Doménech Gruñeiro engade que “a instalación consta de 10.000 w de potencia, está ubicada sobre a cuberta do pavillón e conta con cincoenta e catro módulos fotovoltaicos e os preceptivos elementos de conexión, protección e control. O funcionamento básico consiste en inxectar á rede eléctrica toda a enerxía xerada polo campo fotovoltaico, transformando a corrente continua en corrente alterna, proporcional á irradiación solar que incide sobre os paneis. Esta enerxía xerada mídese polo contador de saída, que se venderá a unha empresa subministradora, descontando os consumos que leve a cabo o lugar onde está ubicada. Toda esta actuación contou cun presuposto de 70.541,89 euros procedentes do FEESL 2010”.

Tamén rematou estes días a instalación de captación solar para auga quente no mesmo pavillón e no campo de fútbol de A Marosa. Segundo explica Pascual Doménech “a idea do Concello foi deseñar unha instalación que aproveitara unha enerxía gratuíta como é a solar co claro obxectivo de reducir o consumo de gas e eléctrico respectivamente. Despois de analizar as necesidades destas dúas instalacións, e tendo en conta as condicións do entorno, optouse pola implementación dun sistema solar para a produción de auga quente, dunha maneira limpa e eficiente. Este paneis de alta fiabilidade utilizan un novo recubrimento de titanio altamente selectivo e están instalados de tal forma que aproveitan ao máximo a radiación dispoñible. Constan tamén dun sistema de seguridade co cal en caso de produción solar excesiva e falta de demanda de auga quente, activase o disipador estático e como apoio, o aerorefrixerador. Estas actuacións contaron cun presuposto de 39.969,40 euros, grazas tamén ao reparto do FEESL para o Concello de Burela”.

jueves, 9 de septiembre de 2010

MEMORIAS DO OFICIO DO MAR


A Delegación de Mar comeza a preparar o seu proxecto Memorias do oficio do mar coa contratación dunha licenciada en historia ata o vindeiro 31 de marzo. Esta persoa encargarase de reunir toda a información relativa ao desenrolo e crecemento do sector pesqueiro, a través do arquivo histórico da cofraría e de entrevistas cos xubilados do mar e coas súas familias.

A concelleira Remedios López explica que “Olga Suárez Mesías será a encargada de levar adiante o proxecto con testemuñas directas do inicio, do desenrolo e do crecemento da economía marítima. E plasmará en material impreso e audiovisual a vinculación do concello de Burela co mar, a través de entrevistas a persoeiros relevantes da vida municipal que ofrecerán a súa visión da historia recente de Burela. Ademáis recollerá as vivencias marítimas cos xubilados do mar e as súas familias”.

A edil socialista sinala que “Olga Suárez dedicará os primeiros meses da súa contratación a recopilar información do arquivo histórico da cofraría de pescadores San Juan Bautista de Burela, xa que a vila tivo porto baleeiro no século XVI, aínda que o primeiro peirao fíxose no ano 193. Faremos tamén un recordatorio das empresas que se foron xuntando ao carón do peirao e que crearon postos de traballo como: dúas fábricas de salazón, a de José Correa e a de Timote; Conservas Bravo de 1955; os asteleiros da época; a cofraría de pescadores; as naves da trocha…”.

López Villar engade que “unha vez rematada a recopilación de datos iremos enlazándoos mais a diante coas entrevistas a persoaxes relevantes en Burela no mundo do mar que nos contarán en primeira persoa como recordan a construción do organismo que lideran e que supuxo o despegue do porto: a construción do faro, a creación de ABSA, a Capitanía Marítima, a Casa do Mar, o Intituto Social da Marina, o edificio de Portos… E tamén nos achegaremos aos xubilados do mar e ás súas familias, testemuñas directas do desenrolo e do crecemento para que nos conten as súas vivencias na galerna, na guerra do bonito ou simplemente da evolución e melloras que fixeron os barcos. O seu periplo polo tempo, pasando de chalanas a barcos a vapor ata os actuais buques de ferro coas últimas tecnoloxías electrónicas. Recordos aletargados que quedarán plasmados para sempre nun exemplar escrito e en audio do proxecto “Memorias do oficio do mar de burela”.

A concelleira do Mar lembra que “todo este proxecto levarase a diante grazas á subvención concedida ao 50%, a través do GAC da Mariña-Ortegal cos Fondos Europeos da pesca, o resto do orzamento será a cargo do concello. Os importe necesarios para levar a diante esta actividade serán 40.120,38€ dos que 16.268,52 € irán destinados para a contratación da licenciada en historia”.

martes, 7 de septiembre de 2010

CURSO DE PATRÓN DE EMBARCACIÓNS DEPORTIVAS

Burela acollerá a vindeira semana os días 17 e 18 de setembro o terceiro curso para a obtención do título de patrón de embarcacións deportivas a motor, máis coñecido coma o titulín. Está organizado pola Concellaría do Mar.

A edil Remedios López Villar lembra que este “curso é necesario para patronear lanchas ou motos de auga de ata 6 metros de eslora e 40 Kw de potencia. Poderán participar todos aqueles interesados maiores de 18 anos ou maiores de 16 anos con permiso paterno. A formación teórica realizarase nas aulas de Expomar e a formación práctica nunha lancha no peirao de Burela se o tempo o permite. O curso está limitado a 20 prazas é o custe será de 200 euros, sen embargo os que estean empadroados no concello de Burela só deberan abonar o 50%, é dicir 100 euros”.

A concelleira socialista subliña que “este curso xa se ven realizando dende hai anos e cúbrense todas as prazas, co cal esperamos que este ano siga tendo a mesma aceptación entre a poboación. Será imprescindible para tramitar o título a fotocopia do DNI, un certificado médico de non ter enfermidade que impida esta actividade e 4 fotos de tamaño carné. Toda a documentación deberá presentarse xunto co documento de ter pagado as taxas para poder inscribirse no curso”.
López Villar engade que “con estes cursos dende a Concellaría do Mar de Burela pretendense inculcar coñecementos náuticos básicos na poboación para comezar a navegar con seguridade, respectando as sinais náuticas e cunha pequena formación lexislativa proporcionada por monitores federados, xa que para Burela o mar é un grande referente que temos que coñecer e respectar”.