viernes, 22 de octubre de 2010

SEMANA NEGRA PARA RAJOY E A SÚA INANICIÓN

Como comentaba noutro artigo despois do debate sobre o Estado da Nación no pasado mes de xullo, o PP e Rajoy, estaban de noraboa, posto que sen facer ningún mérito, só adicándose a esperar, os ventos corrían ao seu favor. O actual goberno desgastase, e o PP sen dicir que medidas e de que tipo deberían tomarse, vía aumentar as súas expectativas electorais e situándose en claros gañadores dunhas posibles xerais. Os asesores do Sr. Rajoy chegaron a dicirlle que non tomara ningunha decisión e que non dixera nada novo, só aquelo de que “o goberno está esgotado e queremos eleccións xerais xa”. Xa tiñan a Moncloa ao alcance da man, só esperar, canto menos tempo mellor. Sería bo pensar que as lexislaturas duran ou deben durar catro anos que é o tempo que os electores lle dan a un goberno.

Neste senso, na actual semana, están ocorrendo cousas que empezan a preocupar a Rajoy, que deberá mudar a estratexia. En primeiro lugar o goberno chegou a un acordo cos grupos do PNV e de CC (Coalición Canaria), para aprobar os orzamentos e polo tanto poder chegar ata o 2012. Terán que estar outro ano e medio coa mesma cantinela, parece que é demasiado tempo sen dicir nada, ata o momento xa perderon 4 conselleiros e o vicepresidente da comunidade de Canarias, rompendo o goberno desa comunidade en desacordo polo apoio de C.C. aos presupostos do Estado.

Segundo golpe na mesma semana, Zapatero fai unha profunda renovación do goberno, dándolle un perfil máis político, e pensado que o novo goberno vai facer máis pedagoxía e transmitir mellor aos cidadáns o traballo. Formando un goberno cunha ideoloxía máis próxima aos sindicatos e máis de esquerdas. Esta segunda medida volve a deixar a Rajoy en fóra de xogo. A súa reaccións foi, máis do mesmo: pedir outra vez eleccións xerais; parece que non teñen nada máis que dicir.

A estas horas o equipo de Rajoy, aquel que lle propoñía que se adicara a deixar pasar o tempo, terá que estar esmagándose os miolos para mudar a estratexia, porque evidentemente outro ano dicindo o mesmo pódese facer moi repetitivo e podería conducilo a perder as terceiras eleccións xerais seguidas. Esto sería un grave traspés para a dereita. Os coríferos da dereita mediática non poderían soportar unha nova derrota electoral. Cando en algunha das próximas enquisas electorais comproben que a distancia volve a recortarse, poranse moi nerviosos e pedirán a cabeza de Rajoy e das medianias que o acompañan na dirección de PP. “Ano e medio en política” como dixo Zapatero é moito tempo, máxime cando a oposición non ten nada que dicir. Volve a haber partido e nos próximos dezasete meses, ata marzo do 2012, viviremos os españois unha etapa diferente.

Pedro Chao Polo

AS MENTIRAS DO PP CON BURELA

O alcalde referíuse aos orzamentos da Xunta para 2011 e á incidencia que terán en Burela. Alfredo Llano considera que amosan o pouco interés que o goberno galego ten polo municipio. O rexedor manifestou que “vistos en principio, pero sen analizalos en profundidade, non son moi alentadores. En tempos de crise hai que procurar establecer preferencias e ter en conta os servizos que se prestan e a utilidade dos mesmos. Para o noso Concello hai unha cuestión moi importante que é o acceso ao porto, porque unha vez rematado suporía interesantes beneficios para as empresas pesqueiras, para o transporte, etc. E nestes presupostos non se contempla absolutamente nada, había 200.000 euros previstos para este 2010 e non se fixo nada e agora voltan a colocarse de adorno para o 2011, o que significa que eso non se rematará. Só o cambio de vía tería un gasto moi superior a ese previsto pola Xunta”. Llano advirte que “hai un problema engadido que foron as riadas que sofrimos o pasado mes de xuño, alí houbo desprendementos de terra e tal e como está a obra senon se mellora a cousa pode ocasionar problemas no futuro que habería que evitar. Hai que apurar a obra o máximo posible, si somos rigurosos xa tería que estar lista este ano ou incluso o ano pasado”.

O rexedor referíuse tamén ao Hospital da Costa “é triste ver que segue sen aplicarse o plan director para amplialo e contar con máis servizos para atender perfectamente ao vecindario de toda a comarca, xa somos 80.000 habitantes e habería que tentar convertelo nun hospital xeral. É unha das miñas preferencias e preocupacións, non hai que desmantélalo senón que sería importante darlle categoría de hospital xeral e non comarcal. É un servizo básico da sociedade, que históricamente levou moito tempo conseguilo e hai que procurar melloralo, algo que non se fará con 600.000 euros”. Llano subliñou que no prazo de 10 ou 15 días poráse en marcha o abastecemento de auga a Cervo e Burela, “xa está rematado prácticamente e non preciso de investimentos a maiores, polo tanto o que é implicarse con Burela nos presupostos deixa bastante que desexar e é preocupante a falla de interés polo noso concello, estaremos atentos para reclamar aquelo que consideremos en xustiza e procuraremos non perder os servizos sociais e as oportunidades que poida ter o pobo de desenvolvemento social e económico”.

PLENO DO XOVES VINTEOITO DE OUTUBRO

O pleno ordinario que se celebrará o vindeiro xoves 28 de outubro no Concello de Burela aprobará a actualización das taxas para o 2011. O imposto de vehículos de tracción mecánica incrementarase nun 3% e o recibo da auga preto do 1’8%. Os bureleses pagarán o mesmo prácticamente polo IBI que neste 2010, segundo anunciaba hoxe o alcalde.

Alfredo Llano sinalou que nesa sesión “se desestimarán as alegacións presentadas polas empresas de telefonía móvil contra a ordenanza fiscal polo aproveitamento do dominio público local. Nós queremos cobrarlles un canon e moi hábilmente plantexaron unha serie de alegacións que non nos benefician en nada, de aí que vaiamos rexeitalas”. O rexedor manifestou que no pleno tamén “se aprobará inicialmente as modificacións das ordenanzas fiscais do IBI, do imposto sobre vehículos de tracción mecánica e da distribución da auga e sumidoiros. No caso do IBI, os veciños de Burela pagarán no 2011 prácticamente o mesmo que neste ano a pesares das actualizacións do valor catastral que comenzaron a efectuarse no ano 2006. O tipo de gravame aplicado ese ano foi do 0’55, no 2010 foi do 0’45 e para o 2011 será do 0’42”.

O imposto sobre vehículos de tracción mecánica subirá un 3% o vindeiro ano “porque a nosa taxa de aplicación é unha das máis baixas da Mariña, incluso despois deste incremento seguiremos co imposto máis reducido nos concellos de máis de 5.000 habitantes. Temos unha taxa baixísima, por iso a subiremos nesta pequena porcentaxe que prácticamente non significará nada para os cidadáns”.

Alfredo Llano tamén explicou que o recibo da auga subirá o 1’8% “por lei esta taxa tería que incrementarse na mesma porcentaxe que o IPC interanual que foi do 2’1% de setembro a setembro e nós só aplicamos o 1’8%. O resto das taxas e impostos municipais seguirán tal e como estaban”.

XUNTANZA COA CONSELLEIRA E PEONALIZACION DE RUAS

O alcalde, Alfredo Llano, viaxará o vindeiro 3 de novembro a Santiago para manter unha entrevista con responsables da Consellería de Sanidade. Será ás 11:30 da mañá.

Llano quere “intercambiar documentación e impresións sobre a unidade asistencial de drogodependencias, a miña intención é garantir a continuidade deste servizo aquí en Burela, pero coas subvencións ao día sen meter en complicacións económicas ao Concello. Tamén lles vou suxerir que sexa absorbido o antes posible todo o persoal adscrito a esta unidade, pensamos que a mellor fórmula para garantir este servizo no futuro é que pasen a depender do Sergas”.

O rexedor tamén analizará cos responsables de Sanidade “a situación do Hospital da Costa e o servizo de asistencia sanitaria aquí en Burela”.

Peatonalización de Pardo Bazán

Alfredo Llano convocará a veciños e comerciantes a unha xuntanza que se celebrará a mediados do vindeiro mes de novembro para falar do proxecto de peatonalización da rúa Pardo Bazán. O alcalde explicou que “continuando coas melloras que consideramos boas para Burela, para que sexa un concello con todas as garantías de habitabilidade perfectas e que todo o mundo se sinta integrado e contento aquí, vou citar a veciños e comerciantes para falar do noso proxecto para peatonalizar a rúa Pardo Bazán”.

Llano engadiu que “en principio se faría en dúas fases, unha delas a que está fronte ao parque, é moi demandada polos pais dos nenos que acuden alí por seguridade, e a segunda fase cara a Casa da Cultura e sería posterior. Nós queremos facerlles chegar as nosas intencións, queremos saber si están de acordo con esta iniciativa para facer peatonal o centro de Burela, penso que á larga favorecerá tanto aos peatóns coma os comerciantes da zona. Estamos preparando esa xuntanza para mediados de mes en Burela”.

CANÍS PARA ACOLLER CANS

O Concello construirá uns canís para acoller temporalmente ás dúas cadelas que foron abandoadas hai días no cemiterio municipal, segundo ven de anunciar a concelleira de Medio Ambiente.

Lucía Bouza di que “a presenza dos animais nesa zona está a causar preocupación a algúns veciños e veciñas de Burela e nós estamos a facer xestións para sacalas dese lugar o antes posible. O que pretendemos é construir uns canís para que nos poidamos ocupar da súa atención ata o momento no que consigamos atopar persoas dispostas a adoptalas. Estes canís estarán feitos a finais desta semana polo que, segundo as nosas previsións, o sábado recolleremolas do cemiterio”.

A edil socialista referíuse ao estado das cadelas que “é bastante bó grazas á colaboración dalgunhas persoas que, de xeito desinteresado, ocupáronse de facilitarlles alimento e tamén de desparasitalas. Aproveito a ocasión para agradecer a estas persoas a súa axuda. E pido tamén un pouco de paciencia ás persoas que estes días acuden ao cemiterio, xa que o asunto quedará solucionado, como máximo esta fin de semana e ademáis as cadelas non representan, a día de hoxe, perigo algún para a poboación, posto que, ademáis de ser moi mansiñas, están desparasitadas”.

PASOS DE PEONS ELEVADOS

O alcalde, Alfredo Llano, anunciou a colocación de tres pasos elevados nas rúas Rosalía de Castro e Pardo Bazán e nas inmediacións da praia de O Portelo. As obras faránse antes de que conclúa este 2010.

O rexedor contou que “estamos continuando coas obras de eliminación de barreiras arquitectónicas e de mellora da seguridade viaria. É a nosa intención ir eliminando pouco a pouco as bandas rugosas que están colocadas nas rúas e que lle dan unha sacudida importante aos coches ademáis de ocasionar queixas veciñais polos ruidos que provocan e pola cantidade de restos de residuos que caen desde os camións que circulan por elas. En moitas rúas xa se están eliminar, porque pensamos que nos podemos obrigar a moita xente a padecer estas bandas rugosas polas irresponsabilidades que outros acometen ao volante do seu coche”.

Llano considera que “temos que procurar que a xente circule con orde, con profesionalidade e con respecto hacia as persoas. Hai que ir hacia outros métodos que permitan eliminar estas bandas rugosas e colocaremos pasos elevados para reducir a velocidade dos vehículos e para que os peatóns se vexan mellor e a máis distancia. Así melloramos a seguridade de todos. Incrementaremos o presuposto destinado á eliminación de barreiras arquitectónicas e de mellora da seguridade viaria en 50.000 euros”.

O alcalde subliñou que “Burela está a ser un exemplo do que se debe facer e queremos beneficiar ao máximo á poboación. Colocaremos tres pasos elevados en Rosalía de Castro e Pardo Bazán, por seren dúas zonas que están moi preto do parque e temos que darlles preferencia pola cantidade de nenos que xogan neses lugares, e despois tamén fronte á praia de O Portelo poñeremos outro paso deste tipo”.

sábado, 16 de octubre de 2010

ACTO DA ALCALDIA


O alcalde, Alfredo Llano, asistiu esta mañá á sinatura dun convenio de colaboración entre a Fundación La Caixa e as Hijas do Divino Celo, no centro San Aníbal.

O programa de vivendas de emerxencia social de dito centro recibe unha axuda de máis de 15.000 euros de La Caixa que “destinaremos a las obras de mejora y adaptación a la nueva normativa para centros de inclusión social básica. Tenemos que adaptar un baño para personas con movilidad reducida, ampliar un dormitorio ya existente, aprovecharemos además para mejorar la eficiencia energética con la instalación de persianas solares en las ventanas y también dotaremos de equipos informáticos nuevos a las 2 viviendas y compraremos nuevo mobiliario de bebés para una de las viviendas”, segundo explicou a Hna. Martina Sendino, directora do centro San Aníbal. Ademáis destacou “la colaboración de la Fundación La Caixa que ha destinado casi 60.000 euros para la construcción, equipamiento y mejoras de este proyecto a lo largo de estos dos años”.

O centro San Aníbal de Burela conta con dúas vivendas de emerxencia social, destiñadas preferentemente para mulleres inmigrantes con fillos ao seu cargo. Esta posibilidade abríuse en outubro de 2008 e desde entón acolleron a 6 familias cunha estancia mínima de 5 meses. En total residiron en ditas instalacións 13 persoas procedentes de Arxentina, Portugal, Brasil, República Dominicana, Venezuela e Rumanía. Todos os servizos que presta o centro son gratuitos e realizan un programa de intervención individualizado, segundo a necesidade de cada familia.

Ademáis do rexedor de Burela e da directora do centro San Aníbal asistiron á sinatura pola Caixa Maite Fra e Covadonga Sánchez.

O QUE DA FOMENTO, E O QUE NON DA A XUNTA

En novembro coñecerase o nome da empresa que executará as obras da nova capitanía marítima de Burela, segundo os prazos que manexa o alcalde.

Alfredo Llano sinalou que “desde Fomento comentáronme que todo marcha ben, hai unhas 40 empresas que presentaron ofertas para realizar este proxecto e xa se empezaron a abrir as plicas co que nun prazo duns 15 ou 20 días se coñecerá o nome da firma que se encargará das obras”. O rexedor engadiu que “o prazo de execución será dun ano ou ano e pico. Estamos diante dunha boa noticia porque consideramos que van comezar antes de que remate o ano, só hai que agardar a que os prazos se cumpran. Sería bó tamén que fose unha empresa galega a que realizase esta obra que para nós é moi importante”.

Unidade de drogodependencias

O alcalde confirmou que “o Concello voltou a enviar ao Sergas os gastos da Unidade Asistencial de Drogodependencias desde xaneiro ata o de agora e que ascenden a 160.000 euros. Unha cifra que estamos afrontando nós, algo que empeza a ser preocupante”. Alfredo Llano subliña que “éste é un servizo supramunicipal que se presta a toda a comarca da Mariña, pero os gastos estaos pagando o Concello de Burela. A Xunta aporta unha subvención duns 227.000 euros, pero de momento non recibimos nada”.

O rexedor burelés asegurou que “esta situación nunca ocurriu e esa cifra vai subir porque cando remate outubro será aínda máis alta e complicará máis as contas do noso Concello”. Alfredo Llano aboga porque “o Sergas asuma o persoal e esta unidade xa que dese xeito estas situacións non se producirán e darán máis seguridade tanto aos profesionais que alí traballan como aos usuarios. Hai dous anos esta posibilidade ía por moi bó camiño, pero o tema agora está parada. Estou pendente de manter un encontro coa conselleira de Sanidade para abordar estas dúas cuestións e en canto me convoque acudirei a onde me diga para tentar buscar unha solución a un problema que é preocupante”.

OBRAS NA PRAIA DE A MAROSA

Esta semana deron comezo varias obras na praia de A Marosa, segundo ven de anunciar o alcalde, Alfredo Llano. Trátase da construcción dunha rampa de acceso para minusválidos, “que tamén facilitará o paso da maquinaria que teña que entrar no areal”, ademáis de melloras no espigón que se atopa danado polos moitos temporais rexistrados no mar nos últimos anos e “estáse procedendo a soterrar a tubería de pluviais que quedou completamente danada polas chuvias e as inundacións rexistradas o pasado mes de xuño”.

Os primeiros traballos que está a realizar Costas son os da rampa e o soterramento da canalización e “máis adiante será o momento de arranxar o espigón da Marosa”, puntualiza o rexedor.

jueves, 7 de octubre de 2010

XORNADAS GASTRONÓMICAS DO POLBO


Un total de 18 establecementos hostaleiros participarán desde mañá nas xornadas gastronómicas do polbo que organiza a Concellaría do Mar.

A edil Remedios López asegura que “nestes tres anos desde o meu departamento adquirimos o compromiso de promover os produtos que se venden no noso peirao e por iso ao longo do ano facemos diversas xornadas coma as da pescada, o bonito, o ourizo do mar, o peixe espada e nesta ocasión as do polbo de roca”.

O prezo da ración será de 8 euros para o polbo á feira e despois haberao preparado de diversas formas como á brasa, ao allo, en guiso e salpicón ou con ameixas. Nestes casos cada restaurante porá o prezo “segundo o tempo de elaboración”. Os establecementos participantes son: bar Raio, restaurante Lucer, Palacio de Cristal, mesón Carlos, mesón Hamilton, restaurante Os Remos, A Marquesa, mesón Don Jamón, restaurante Sargo, bar Trisquel, cervexería A Bodeguilla, bar Pena Orxal, Parrillada de Jandro, bar Facenda, cervexería Kiko, Casa Miranda, hotel Galatea e bar da Costa.

Remedios López sinala que “a data elexida para as xornadas que serán do 8 ao 10 de outubro pensóuse para facelas coincidir coa ponte do Pilar, son días nos que a xente sae máis da casa e nos que agardamos que a Burela veñan máis turistas do habitual. Será unha boa ocasión para disfrutar e coñecer a nosa gastronomía”.

O Concello sorteará unha cea para dúas persoas nun dos restaurantes participantes entre todos os que acudan ás xornadas e depositen as súas papeletas nas urnas que atoparán nos establecementos hostaleiros. O sorteo faráse o mércores 13 de outubro.

A concelleira do Mar engade que “ademáis cada restaurante levará unha degustación de polbo, que non poderá coincidir coa de ningún outro hostaleiro, o domingo 10 de outubro ao Concello entre ás 10 da mañá e as dúas da tarde, e tamén terán que levar a receita escrita. O que imos facer no salón fotográfico habilitado é retratar as receitas e elaborar un novo libro de Os sabores do noso mar adicado nesta ocasión ao polbo de roca e despois imos distribuilo de xeito gratuito entre os hosteleiros participantes”.

Remedios López agradece “a inestimable colaboración dos hostaleiros, que xa toman coma súa esta iniciativa, a de difundir os nosos peixes e a nosa gastronomía. Quero mencionar tamén a algún armador, que compartindo connosco o seu saber sobre a pesca desta especie, nos permite das pinceladas curiosas do cefalópodo agasallado nesta ocasión. Desexo tamén que as receitas preparadas sexan do agrado de todos”.

martes, 5 de octubre de 2010

PETICIONS DA ALCALDIA Á XUNTA DE GALICIA

O alcalde, Alfredo Llano, ven de enviarlles sendas cartas aos conselleiros de Medio Ambiente e Sanidade da Xunta. A Agustín Hernández pídelle que o seu departamento proceda a limpar o encoro de Rúa e a Pilar Farjas solicítalle unha entrevista para falar da unidade asistencial de drogodependencias.

O rexidor explicou que “en Rúa temos un encoro no que almacenamos auga para abastecer ao concello de Burela, aínda que no futuro será compartido por Cervo. Por iso fixen unha petición de limpeza dos lodos dese encoro no que temos almacenados uns 21.000 metros cúbicos para que estea ao 100% da súa capacidade e se garanta o abastecemento de auga. Como vexo que en concellos coma o de Lourenzá se están empezando a limpar estes lodos, algo que me parece moi ben, fago esta petición urxente para que se acometan os mesmos traballos no encoro de Rúa”. Llano lembrou que “no abastecemento de auga a Burela e Cervo xa estaba contemplada esta limpeza, pero debido aos prezos que acadan estes traballos no mercado suprimíuse de dito proxecto inicial. Agora fáise necesario insistir de novo nesta ocasión”.
O alcalde burelés solicita manter unha entrevista coa conselleira de Sanidade, Pilar Farjas, para falar da unidade de drogodependencias, “que leva prevención e que conta coa unidade asistencial. O servizo que presta é máis comarcal que municipal, hai moitos Concellos adscritos a dita unidade. Xa desde hai tempo se viña falando da necesidade de que o persoal que alí traballa fose absorbido polo Sergas e de momento non se deron os pasos suficientes para facer isto. Agora hai que retomar esta cuestión debido á preocupación que temos pola subvención anual que recibimos da Xunta para esta unidade e que neste 2010 aínda non nos chegou. En total son 217.000 euros para facer fronte tanto aos salarios coma ao material, etc… e de momento non cobramos nada e vémonos na obriga desde o Concello de Burela de ir adiantando eses cartos, pero a situación váisenos facer insostible se non chega esa subvención”. Alfredo Llano pensa que “a mellor forma de darlle unha solución definitiva a esta situación sería que a unidade e o seu persoal fosen absorbidos polo Sergas sen depender para nada o seu funcionamento dos Concellos porque tal e como están as cousas á larga pode ser un problema”.

O alcalde de Burela, Alfredo Llano, critica a eliminación das consultas de psiquiatría nos xeriátricos da Mariña, un traballo que realizaba polas tardes a unidade de saúde mental. Esta medida obriga ao desprazamento dos anciáns enfermos ata o Hospital da Costa. O rexedor aboga polo mantemento e a mellora dun servizo que se viña prestando desde hai uns dez anos.
Llano sinalaba esta mañá que “é moi negativo que se decidise non seguir atendendo aos enfermos de alzheimer ou de demencias nos xeriátricos e nas residencias da terceira idade de A Mariña. Era un servizo moi necesario e moi demandando que se viña prestando desde hai uns dez anos”. O alcalde de Burela pensa que “no fondo todo isto tradúcese nunha falla de atención, de interés e de consideración hacia eses maiores enfermos. Reclamo que se siga a manter ese servizo e que se reforce e se mellore, hai que procurar non desmantelar senón crear e poñer en marcha máis cousas. Estas patoloxías no futuro non se van reducir senón que todo apunta a que se incrementarán. Debemos evitar que estes enfermos se teñan que desprazar ao hospital, deben ser atendidos nos centros nos que residen, como se viña facendo ata o de agora”.O rexedor burelés fai estas reflexións nunha semana “na que estamos a celebrar en Burela unhas xornadas sobre a saúde mental, organizadas pola Asociación de Axuda ao Enfermo Mental A Mariña. A xente que traballa alí está a facer unha labor extraordinaria e importantísima, tamén onte inauguramos no centro comercial de Burela unha exposición permanente e é de xustiza ir apreciar o traballo realizado. Quero aproveitar para felicitar a esta asociación pola labor que están a facer. As xornadas celébranse para conmemorar o día mundial da saúde mental que terá lugar o vindeiro 10 de outubro”.

EDICION DO LIBRO ADICADO AO PEIXE ESPADA


O alcalde, Alfredo Llano, e a concelleira do Mar, Remedios López, veñen de presentar o cuarto libro de gastronomía Os sabores do noso mar adicado ao peixe espada.

A edil socialista sinala que “nesta ocasión trátase dun receitario de 15 pratos con fotos en cor preparadas polos restauradores mais importantes de Burela. Nos exemplares podemos encontrar pratos elaborados por unha hostalaría moderna como peixe espada albardado sobre panadeira azul e culi de pemento, milfollas de peixe espada con crema de queixo de cabra, ensalada de peixe espada aliñada con escabeche e peixe espada ao saimoriglio. Tamén outros mais tradicionais como peixe espada con crema de langostinos, peixe espada á prancha con tomate, peixe espada ao estilo Miranda, á sidra, con dúas salsas, con gambas, en salsa verde, con salsa especial Pizzbur e con salsa á viscaína”.

Remedios López, asegura que “fixéronse 1000 exemplares cos que tentamos publicitar e dar a coñecer os produtos de gran calidade que se comercializan no noso peirao. Ao igual que se fixo co receitario da pescada do pincho, o bonito do Burela ou o ourizo do mar, estes receitarios tamén se repartiran de forma gratuíta entre a hostalería e levarase por España ás distintas feiras nas que participe o Concello de Burela. Cada restaurante terá 30 exemplares que poderá dar de forma gratuíta á súa clientela sempre e cando consuman algún produto que se comercialice no peirao de Burela. Con esta iniciativa invitamos aos comensais a vir a Burela a comer peixe ou marisco, ou facer as comidas de empresa e veranse agasallados cun exemplar desta edición”.
A concelleira do Mar tamén confirma que “esta edición fíxose grazas á colaboración da cofraría de pescadores San Juan Bautista, o Fondo Europeo da Pesca, o Ministerio de Medio ambiente, Medio Rural y Marino, Xunta de Galicia e Grupo de Acción Costeira A Mariña-Ortegal co único fin de que Europa invista na pesca sustentable”.

O BANCO DO TEMPO, NA REDE SOCIAL FACEBOOK

O banco de tempo do Concello conta xa con 19 socios, 11 mulleres e oito homes, e atópase na rede social facebook, segundo anunciou hoxe a concelleira de Emprego e Formación, Sonia Fraga.

A edil socialista explicou que “no mes de setembro iniciamos unha nova tempada do banco de tempo con 15 socios e hoxe xa podemos dicir moi orgullosos que contamos con 19 en total, xa que estes días se produciron catro novas altas de persoas que están interesadas en participar en dito servizo prestando unha labor humana e gratuita tan necesaria nestes tempos. Un dos obxectivos do banco de tempo é dar unha proximidade de contacto da xente do concello e favorecer así as relacións sociais entre os veciños”.
Sonia Fraga amósase moi satisfeita “do traballo que se está a realizar dentro deste departamento e seguimos mellorando para que continúe este servizo. As actividades que se ofrecen entre os membros do banco do tempo son variadas, necesarias e algunhas delas chamativas coma por exemplo o coidado de animais candos os donos/as se van de viaxe. As persoas que intercambian o seu tempo e o seu traballo ofrecen clases de informática, fotografía, coidado de nenos, coidado de prantas, ensino de linguaxe musical, etc…”.

Na rede social facebook “ven de crearse un grupo de amigos con toda a información do banco de tempo. Para acceder a ese enlace hai que buscar Bdt Concello de Burela. Ademáis estamos a traballar nuns dípticos con toda a información sobre este servizo que en breve estará nos comercios e establecementos de Burela para así seguir a difundir toda a información e avanzar no número de socios que forman parte do banco de tempo”, engadiu a concelleira de Emprego e Formación. No Concello de Burela estudian a posibilidade de realizar un encontro con outros bancos de tempo que operan na zona para facer un intercambio de experiencias.

APROBADAS AS ALEGACIONS AO POL

O pleno do Concello aprobou por unanimidade as alegacións presentadas ao Plan de Ordenación do Litoral, o nomeamento dos membros especialistas en temas educativos no Consello Escolar Municipal, a proposta de declaración de zona xeolóxica do Perdouro como espazo natural de especial interese local e o nomeamento da praza do Mariñeiro.

O alcalde, Alfredo Llano, sinalou que “no asunto das alegacións presentadas ao POL, quero lembrar que foron consensuadas polos partidos políticos e asociacións veciñais de Burela e agardamos agora que sexan tidas en conta na Xunta. Pero aínda que foron aprobadas por unanimidade o señor Barcia insinuou no pleno de hoxe que desde o PP presentaron as súas propias alegacións, algo que non nos parece de recibo porque non se está a respectar a relación institucional entre o Concello e a Xunta, como xa fixeron noutras ocasións”. O equipo de goberno votou a favor e os populares abstivéronse na modificación do regulamento de utilización das instalacións deportivas municipais.

O bipartito, segundo explicou o rexedor, “rexeitou dúas mocións presentadas polo PP relativas a dúas obras a realizar na ponte do Perdouro e na zona de A Casilla e A Marosa, porque xa hai compromisos en firme por parte da Deputación para levar adiante estes traballos sen necesidade de que se marquen prazos de execución. E decidimos apoiar a moción plantexada polo PP sobre as tarifas eléctricas, estamos de acordo con esa petición, pero tamén avogamos por concienciar á poboación da necesidade de empregar o material axeitado, como por exemplo luminarias con tecnoloxía LED, para abaratar moito máis o gasto de electricidade nos fogares dos nosos veciños”.

MALTRATO DA CRTVG COA MARIÑA

O deputado do Grupo Parlamentario do PSdeG-PSOE Ismael Rego interveu hoxe na Comisión da CRTVG para reclamar explicacións pola censura da CRTVG da manifestación celebrada o pasado día 26 de xuño, en Burela, en defensa da sanidade publica. Rego cualificou esta actuación coma sorprendente.

O deputado do PSdeG-PSOE explicou na súa intervención que o pasado día 26 de xuño manifestáronse en Burela miles de persoas de toda a Mariña luguesa para protestar contra o grave deterioro e incerteza que está a sufrir a sanidade pública nesta zona. Asegura que os motivos desta protesta foron a descapitalización que está a sufrir o Hospital da Costa, o incremento insoportable das listas de espera e os desprazamentos de pacientes a outros centros de referencia. Rego tamén sinalou a posible creación dunha única área sanitaria na provincia, e denuncia que esta cuestión “téñena denunciado os propios profesionais, xa que implicaría unha grave perda de autonomía sobre a xestión e organización dos recursos, en función das necesidades da zona para unha atención máis áxil e máis humanizada na atención aos doentes”.
Con estes argumentos Rego advirte que a esta reivindicación parece que lles pasou desapercibida aos actuais rexedores da RTVG, xa que “consideraron que non merecía a pena dala a coñecer a todas as galegas e a todos os galegos, censurándoa tanto no TX das 14.30 h. como no das 20.30 h., seguro que por consideralo un exceso de pluralidade informativa no medio público”, aseverou . E proseguiu coas súas criticas “un medio que pagan os cidadáns cos seus impostos”.

Neste punto advertiu que os galegos contribúen a pagar cos seus impostos este ente publico con perto de 120 millóns de euros, por iso pregúntalle ao Director Xeral da Compañía cal foi a razón pola cal non se recolleu esta información?.

Xa no turno de replica Rego aseverou que o propio Director Xeral recoñeceu na Comisión que o tratamento informático a esta manifestación no foi o mais axeitado.

Por iso preguntoulle quen dirixe a CRTVG, Alfonso Cabaleiro ou Presidente Feijoo ou vostede señor Sánchez Izquierdo?, espetoulle.