domingo, 30 de mayo de 2010

O MINISTRO DE FOMENTO EN BURELA

BURELA .- O ministro de Fomento, José Blanco, na visita que realizou a Burela anunciou que o a obra do novo edificio da Capitanía Marítima de Burela iniciarase en breve e conta con que se inaugure o ano próximo, tendo en conta que o prazo de execución é de 12 meses. O responsable de Fomento reafirmou o seu “compromiso” coas infraestructuras que afectan a provincia de Lugo e indicou que alguns tramos da autopista A-8 entrarán en servicio este ano e o resto no 2011. Blanco calificou a Burela de “motor da pesca galega” e causante, en boa parte, da dinamización da provincia.

REFERENCIA
Blanco dice que Feijóo “no le planteó” ayer “ningún tema” sobre el AVE, “lo que demuestra que confía”
.
El ministro de Fomento, José Blanco, aseguró hoy que el titular de la Xunta, Alberto Núñez Feijóo, no le planteó ayer “ningún tema en relación con el AVE gallego”, durante el acto al que asistieron juntos en Lugo. “Lo cual demuestra que confía en el ministro y en el Gobierno de España”, dedujo.

Preguntado por el estado en el que se encuentran las negociaciones de ambos ejecutivos –central y autonómico– respecto al cumplimiento del Pacto do Obradoiro, que fija 2015 como horizonte de llegada de la Alta Velocidad a Galicia, Blanco agradeció “la actitud” del presidente gallego.

“Quiero agradecer la actitud del señor Feijóo en el día de ayer”, destacó, al señalar que estuvieron “dos horas” sentados juntos sin referencias a la cuestión del AVE.

Con todo, el también vicesecretario general del PSOE aludió al “ajuste” que el Gobierno que dirige José Luis Rodríguez Zapatero “tiene que hacer” en el actual contexto económico, en el que “todos los países europeos” se marcaron objetivos “a cumplir” con respecto al nivel del déficit público de los Estados.

Lo hizo al reafirmar su “compromiso” con infraestructuras que afectan a la provincia de Lugo –de la que es natural–, entre las que destacó el “grado de avance” de las obras de la Autopista A-8, que pondrá en servicio algunos tramos durante este año y el resto en 2011.

Por su papel “vertebrador” y para aportar “más eficiencia y competitividad”, vio esta obra “prioritaria” y comprometió que “seguirá siéndolo” pese al ajuste.

CAPITANÍA MARÍTIMA

Asimismo, en declaraciones a los medios tras firmar el libro de honor del Ayuntamiento de Burela junto a su alcalde, expresó su “satisfacción” por encontrarse en esta localidad, “motor de la pesca gallega” y causante, en buena parte, de la dinamización de la provincia.

Ante la presencia del regidor socialista, Blanco indicó que la construcción de la Capitanía Marítima de Burela “va a empezar muy pronto”, con el propósito de inaugurarla el año próximo, pues su plazo de ejecución es de 12 meses.

CURSO DE SOCORRISMO ACUÁTICO

O alcalde de Burela, Alfredo Llano, entregou nos últimos días os títulos de socorrismo acuático aos alumnos participantes no curso organizado polas Delegacións de Mar e Formación coa colaboración da Cruz Vermella. Segundo explica Remedios López Villar “son 7 alumnos formados que se unen á lista de profesionais de anos anteriores, e que ademais terán a oportunidade de traballar na época estival sacando unha remuneración económica e logo continuar no inverno cos seus estudios”. A edil socialista sinala que “un ano máis o Concello de Burela da a oportunidade de formar á poboación en materia de mar e socorrismo. É moi importante estar na praia protexido por socorristas profesionais aínda que non estean de garda, iso potencia a seguridade do concello e dos nosos areais”.

Este curso comezaba co módulo de primeiros auxilios de 20 horas o pasado 12 de abril e foi superado polos 16 alumnos participantes. O módulo de socorrismo acuático de 80 horas lectivas só foi aprobado por 7 rapaces e rapazas. Dentro do curso de socorrismo acuático organizado pola Concellería de Mar levouse a cabo un terceiro módulo como novidade neste ano que consistía no aprendizaxe e manexo dun desfibrilador (curso DESA), formación que tiña como duración total 8 horas. Este curso de formación DESA, foi subvencionado na súa totalidade pola Concellería de Formación e Emprego, que dirixe Sonia Fraga. A edil socialista dixo que “decidiuse dende o Concello dar esta posibilidade de participar e ter a maiores esta formación, xa que consideramos que é un dos requisitos indispensables dentro da formación laboral dun socorrista”. Así é, que cada alumno/a acadou a acreditación necesaria para o manexo dun desfibrilador semiautomático, xa que dos 20 alumnos/as presentados neste curso, todos/as pasaron dita proba. O curso de formación DESA foi impartido por un monitor da área sanitaria de Cruz Vermella Española, especializado na área de socorrismo e primeiros auxilios, onde contan tamén cunha ampla experiencia laboral e docente. Sonia Fraga agradeceu a todos os participantes o esforzo, traballo e interese que depositaron.

Pola súa banda, Remedios López lembra que “estamos á espera nos Concellos da aprobación dos plans de cooperación que concede anualmente a Xunta para a contratación dos socorristas, Burela ten solicitado 12 postos. Os interesados que desexen traballar de socorristas polos plans de cooperación é necesario que sexan desempregados e non teñan mais de nove meses traballados acollidos a esta subvención, iso crea estar renovando continuamente o persoal e fomentando o emprego”.
- O alcalde de Burela valorou de xeito positivo o encontro que mantivo en Santiago coa conselleira de Mar, Rosa Quintana. Alfredo Llano acudiu acompañado do presidente de Absa e do patrón maior da confraría de pescadores.

Llano comentou con Quintana todos os temas que lle preocupan ao sector e ao Concello e explicou que “un dos asuntos abordados foi o convenio de colaboración con Expomar, algo que queremos renovar sobre todo o ano que ven porque temos feira monográfica. Quedamos en asinar un convenio, enviaremos o borrador que tiñamos de anos anteriores e agardo que non teñamos ningún problema neste sentido”.O alcalde de Burela preguntou “por algo que preocupa moito que é o acceso ao porto, parece ser que está agora na Consellería de Medio Ambiente a proposta de continuar con esta obra que leva xa bastante retraso. O cambio de proxecto, que conleva a separación da vía do tren nuns 6 ou 7 metros para arriba durante uns 400 metros, xa está rematado e agora o que hai que facer é poñerse mans á obra. Esperemos que en pouco tempo estean traballando e que o novo acceso sexa unha realidade en breve”.
Alfredo Llano manifestou que “falamos tamén da mellora da avenida do Berbés, hai tres curvas que hai que ir recortando para que cando se acabe a obra de acceso ao porto se circule mellor. Por esta vía van pasar moitos camións para chegar á lonxa e á zona antiga. Falamos da flota e da pesca, dos últimos acordos que se están levando adiante, consideramos que hai defender totalmente ós pescadores galegos e sobre todo os intereses concretos de Burela. Queremos que o noso porto sexa cada vez máis importante no Cantábrico e estamos de acordo para preparalo e que así sexa”.
O rexedor burelés asegurou que “analizamos a promoción dos produtos que pescan os nosos mariñeiros, tanto da baixura como da altura. Xa se sabe que desde o Concello estamos desenvolvendo varias campañas, agora esta fin de semana toca a da pescada do pincho, pero hai outras que están por vir como a do pulpo, a do bonito… propuxemos a visita da xente do interior da provincia de Lugo, que veñan a Burela, que coñezan a lonxa e queremos que se conciencien da importancia que ten comer peixe do noso mar. Puxen ao tanto á conselleira de que queremos ofrecer un obradoiro de redeiras e que nos tivera en conta neste sentido”.
Alfredo Llano cualificou de “positiva e correcta” a xuntanza deste mediodía e dixo que “todos estamos de acordo en procurar unha mellora substancial para o noso porto e para a xente que traballa no mar”.

viernes, 21 de mayo de 2010

III XORNADAS DA PESCADA DO PINCHO


Do 28 ao 30 de maio terán lugar en Burela as terceiras xornadas gastronómicas da pescada do pincho. O prezo da ración será de 6 euros ao igual que en anos anteriores. A cita gastronómica foi presentada hoxe polo alcalde, Alfredo Llano, pola concelleira de Mar, Remedios López e polo presidente de Absa, Abelardo Basanta.

A edil socialista sinala que “estas xornadas coincidirán co inicio das festas patronais e coas xornadas técnicas de Expomar onde se reunirá moita xente de fora. O concello de Burela intenta fomentar e promocionar a innovación e a calidade dun dos sectores mais populares da nosa vila como é a nosa gastronomía, publicitando un dos produtos estrela do noso peirao”.

Nesta ocasión participan nas xornadas gastronómicas da merluza do pincho 14 hoteleiros: Parrillada de Jandro, Mesón do Poeta, La Bodeguilla, Os Remos, O Sargo, Don Jamón, Miranda, Palacio de Cristal, Hamiltón, Mesón de Carlos, a Marquesa, A Facenda, PizzBur e Cervecería Kiko. Remedios López engade que “dende Absa ven moi positiva esta iniciativa de promocionar os seus produtos, e van agasallar como fixeron en anos anteriores cunha merluza do pincho a cada restaurante que participe nesta festa gastronómica. O Concello pola súa parte faráse cargo, como organizador das xornadas, da publicidade en prensa e radio e tamén da cartelería sen coste algún para o hostaleiro. O que pretendemos é que Burela sexa un sitio atractivo e pintoresco para vivir e coñecido pola súa pesca de gran calidade onde o turista poderá disfrutar da gastronomía saudable e apoiar ao noso tecido produtivo”.

A concelleira de Mar anunciou que “xunto coas xornadas gastronómicas e con motivo das festas patronais organizamos unha exposición fotográfica de retratos antigos para homenaxear ás nosas xentes dándolle continuidade a un evento fotográfico anterior e plasmando o transcurso de cen anos de recordos da nosa forma de vivir. Esta exposición faise grazas á colaboración do pobo que está a doar continuamente fotos e en especial da familia de Arcadio Pardiñas e tamén da asociación das Casas Baratas de Burela tendo no arquivo fotográfico da Concellería do Mar preto de 2.000 exemplares. Arquivo que sempre me gusta recordar está vivo e aberto para todos aqueles que as queiran doar e algún día ver expostas na praza os seus retratos”.

Remedios López segue a relatar que “esta exposición consta de 90 fotos antigas

XORNADAS DE ENFERMARIA NEFROLÓXICA


Cen profesionais participarán o vindeiro 28 de maio en Burela nas VII Xornadas Galegas de Enfermaría Nefrolóxica que hoxe foron presentadas no Concello.

Maite Fernández Tojal, supervisora de diálise no Hospital da Costa e presidenta do comité organizador, subliñou que “ata o de agora estas xornadas sempre se fixeron en hospitais grandes, pero empezou a tocarlle a quenda aos pequenos e comezaron por nós”.

As xornadas tituladas Avanzando no coñecemento da enfermidade renal darán comezo ás 10 da mañá no auditorio da Casa da Cultura cunha mesa redonda na que se falará da prediálise e diálise peritoneal, da mellora da eficacia da hemodiálise e de bioética e a partires das 12:15 horas terán lugar as comunicacións libres “nas que falaremos da calidade de vida dos pacientes, da información que se lles da, de como mellorar o seu estado, de como facilitar o seu coidado e tamén da prevención. Catro relatorios son realizados por catro profesionais do Hospital da Costa”.

Dos 100 profesionais que asistirán ás xornadas “o 30% é do noso hospital e o resto chegados dos outros hospitais de Galicia e un 2% de Asturias”, segundo explicou Maite Fernández Tojal. A presidenta do comité organizador agradeceu “o apoio prestado polo Concello de Burela e pola Dirección de Enfermería, entre outros. As xornadas rematarán cunha comida de traballo”.

Pola súa banda, o alcalde de Burela, Alfredo Llano, dixo que “estamos diante dunhas xornadas moi importantes para previr este tipo de enfermidades que lle afectan ao ril e nós o que queremos e facilitar que estes encontros se desenvolvan no noso concello”.

miércoles, 19 de mayo de 2010

NOVO APARCAMENTO EN BURELA


Dende principios desta semana estáse procedendo á reparación dun tramo de beirarrúa na rúa Nosa Sra. do Carme en Burela, segundo informa o delegado de Obras e Servizos Pascual Domenech.

Pascual Doménech explica que “dito tramo atopábase totalmente deteriorado, coas baldosas rotas e o pavimento afundido, debido á utilización do solar colindante como acopio de material e maquinaria por parte de empresas que fixeron varias obras no pobo, como un establecemento hosteleiro cercano ou a reforma dunha fase da rúa Eijo Garay. Como a degradación era constante, o Concello entablou conversas con dúas constructoras que utilizaron ese espazo e obrigoulles a que procederan ao seu arranxo, sen coste ningún para as arcas municipais. Cando a obra se remate, o solar anexo será utilizado como aparcadoiro público, logo da mediación do Concello co seu propietario”.

Tamén e en vista da finalización dunha promoción de vivendas cercana á Praza do Mariñeiro, a Concellería de Obras levou a cabo diversas actuacións “como a sinalización na rúa do estacionamento para taxistas e dotación a dito emprazamento de iluminación ornamental para poñer en valor toda esa zona que é lugar de encontro e de ocio para moitos viandantes”.

CARTÉIS INDICADORES DE BURELA


Un técnico de Fomento viaxará a Burela para supervisar as posibles colocacións dos indicadores á vila desde a autovía e desde outras estradas da comarca. Así o anunciou o rexedor despois de manter un encontro en Lugo esta mañá con responsables dese departamento.

Alfredo Llano, que viaxou acompañado dunha representación da asociación de veciños O Vencello, indicou que “Burela ten que estar presente nesa cartelería como vila importante que é e tamén queremos que estea perfectamente sinalizado o hospital. Despois para a cartelería turística hai tres posibilidades, podemos colocar indicadores culturais, paisaxísticos ou que sinalicen onde están as nosas praias. Segundo nos contaron esta cartelería está xestionada pola Xunta, polo que a administración autonómica tería que chegar a un acordo con Fomento”. O alcalde engadiu que “si estivésemos no catálogo de pobos nos que se poden instalar ese tipo de indicadores todo sería máis fácil. Entón decidiremos cal é a cartelería que máis nos pode interesar”.

Llano explicou que “o que está claro é que na A-8 haberá indicadores hacia Burela, na saída de Barreiros na Espiñeira tanto en sentido Asturias (cando sexa posible), como en sentido Lugo na actualidade. Ademáis haberá que ver co técnico de Fomento os outros indicadores que colocaremos noutras rotondas da comarca”.

jueves, 6 de mayo de 2010

NOVO EDIFICIO DE CAPITANIA


O alcalde de Burela, Alfredo Llano, agarda que as obras de construcción do novo edificio da Capitanía Marítima se inicien no último trimestre do ano.

O rexedor asegurou que “acabamos de recibir a comunicación da Marina Mercante na que nos informan do inicio do proceso de contratación deses traballos. É unha boa noticia, será un edificio moi importante no noso concello, aportará un bó servizo á xente do mar e contribuirá a que Burela siga a contar con inmobles atractivos e funcionais”.

Llano lembra que “o orzamento total ascende a preto de 3 millóns de euros e o prazo de execución é de 12 meses. Agora mesmo publicóuse no BOE e hai 26 días de prazo para presentar as ofertas que a continuación se coñecerán e se elexirá a que se encargará desta importante construcción. Si todo vai ben e non hai dificultades raras en outubro ou novembro poderían dar comezo as obras e en 12 meses estarían rematadas. Xa tivemos oportunidade de coñecer como quedará o edificio que garda moita relación co mundo do mar”.

martes, 4 de mayo de 2010

CREACIÓN DUNHA AULA DE INFOEMPREGO


.-O mércores, 5 de maio, comeza a funcionar en Burela a aula infoemprego, que pon en marcha o Concello para achegar internet a aquelas persoas que están anotadas na bolsa de emprego e que non contan con conexión á rede nin con ordenadores nas súas casas.

A concelleira de Emprego, Sonia Fraga, explica que “poñemos en marcha este novo servizo co obxectivo de acelerar a incorporación ao mercado laboral destas persoas rexistradas na bolsa de emprego municipal. Todos os que buscan un posto de traballo poden acceder a esta aula infoemprego e incluso a xente que está en activo e que queira mellorar as súas expectativas ou que precise calquera tipo de documentación ou imprimir o seu propio currículum poden acceder tamén a esa aula”. No mesmo sentido se expresa o alcalde, Alfredo Llano, que sinala que “o Concello de Burela na súa responsabilidade de favorecer ao máximo posible ás persoas desempregadas pon en marcha esta aula”.

A aula infoemprego, que está ubicada nas instalacións do departamento de emprego en Arcadio Pardiñas, 137 - entrechán, está formada por dous ordenadores e será atendida polos técnicos de emprego que lles botarán unha man aos usuarios en calquera dúbida que poidan ter. A edil socialista suliña que “alí poden consultar todas as páxinas web que ofertan emprego e completámolas instalacións cunha fotocopiadora e cun fax para que así os usuarios poidan imprimir e facer en condicións os seus currículos e as súas cartas de presentación”. Llano engade que “se trata dun servizo importante que complementa a oferta do Concello de Burela hacia as persoas que están a buscar un posto de traballo”.

O horario será de 10 a 14 horas de luns a venres “e haberá un pequeno control onde anotarán o DNI e cada usuario disporá dunha hora para facer as súas xestións”. Na actualidade, e segundo os datos que manexa o Concello, son 670 as persoas que están anotadas na bolsa de emprego municipal, a maioría son de Burela, pero hai unha porcentaxe importante de xente doutras localidades da Mariña.