miércoles, 19 de mayo de 2010

NOVO APARCAMENTO EN BURELA


Dende principios desta semana estáse procedendo á reparación dun tramo de beirarrúa na rúa Nosa Sra. do Carme en Burela, segundo informa o delegado de Obras e Servizos Pascual Domenech.

Pascual Doménech explica que “dito tramo atopábase totalmente deteriorado, coas baldosas rotas e o pavimento afundido, debido á utilización do solar colindante como acopio de material e maquinaria por parte de empresas que fixeron varias obras no pobo, como un establecemento hosteleiro cercano ou a reforma dunha fase da rúa Eijo Garay. Como a degradación era constante, o Concello entablou conversas con dúas constructoras que utilizaron ese espazo e obrigoulles a que procederan ao seu arranxo, sen coste ningún para as arcas municipais. Cando a obra se remate, o solar anexo será utilizado como aparcadoiro público, logo da mediación do Concello co seu propietario”.

Tamén e en vista da finalización dunha promoción de vivendas cercana á Praza do Mariñeiro, a Concellería de Obras levou a cabo diversas actuacións “como a sinalización na rúa do estacionamento para taxistas e dotación a dito emprazamento de iluminación ornamental para poñer en valor toda esa zona que é lugar de encontro e de ocio para moitos viandantes”.

No hay comentarios: