martes, 12 de julio de 2011

E AGORA, A CULTURA. QUE XENTE!!

Asistimos estupefactos estes días á primeira medida “estrela” que toma o novo goberno municipal de Burela: a anulación do IV Seminario de Jazz e Música Moderna de Burela. E todo isto, sen dar explicación algunha e sen dar a cara, posto que non se atreven a comunicalo publicamente nin a explicarlle aos pais e nais do alumnado si se lles vai devolver, e cando, o diñeiro que pagaron en concepto de matrícula. Por certo, que os prezos de matrícula estaban aprobados en Xunta de Goberno. Tampouco se atreveron a comunicar nada disto ao profesorado do Seminario nin aos proveedores do mesmo, posto que, como é lóxico tendo en conta que se ía celebrar a mediados deste mes de xullo, todo estaba andando xa dende hai meses.

Por outra banda, tampouco explican a onde van ir os cartos que estaban aprobados no orzamento para este fin e só sabemos que, ao parecer, o encargado de xestionar ese diñeiro vai ser o Director da Escola de Música de Burela, é dicir, que vai ser un empregado do Concello o que decidirá a onde van ir os nosos impostos, xa que o goberno non se atreve a cumprir con unha das súas obrigas (xestionar os cartos que son de todos). Está claro que a este goberno, e en particular ao Sr. Alcalde e á Concelleira Mónica Pedre, fáltalles valentía. Cabe supoñer que os cartos se destinarán ao fin para o que se empregaban nos anteriores gobernos do PP, é dicir, a formar músicos para nutrir a Orquestra de Xove. E nós dicimos isto con valentía e sen tapuxos, posto que foi coñecido por todos este feito. E do mesmo xeito, pensamos que, tanto o Concello como a Dirección da Escola estan a esquecerse dunha sensibilidade importante que hai dentro da Escola. Falamos do gusto que hai nunha grande parte do alumnado polo estudo do jazz e da música moderna, xa que hai que recordar que o Seminario de Jazz tivo na última edición que se celebrou unha matrícula de 60 alumnos, dos que, como mínimo 40 estaban matriculados na Escola de Música. Nós cremos que, tendo en conta que a Escola conta con 100 matriculados, ninguén debería esquecerse desa sensibilidade que o anterior goberno si tivo en conta e si se encargou de potenciar, sabendo ademáis compaxinalo co estudo da música clásica, posto que nunca se deixaron de celebrar cursos de verán adicados a este tipo de música. Así, sempre fomos capaces de ter en conta ás distintas correntes que había dentro da Escola e que, o único que facían era que tiveramos unha Escola moito máis rica, culturalmente falando.

Hai outra cousa da que tamén se esquece a Sra Pedre, tamén concelleira de Cultura, e é do feito de que o Seminario de Jazz, era moito máis que un seminario e case podíamos consideralo un Festival, posto que había toda unha semana plagada de actividades paralelas, destacando especialmente os concertos nocturnos que enchían o pobo de xente interesada neste estilo musical. Veremos agora que oferta cultural nos propón a Sra. Pedre co mesmo diñeiro que gastábamos nós nun seminario que, ademáis de formación para 60 persoas, ofrecía concertos toda unha semana. Tampouco debemos esquecer que, grazas ao Seminario, Burela xa se convertira nun referente do jazz a nivel galego. Isto supoñemos que o conseguirá agora o novo goberno co estilo clásico….

En fin, por desgraza para todos nós, estamos a perder algo verdadeiramente importante, mais, especialmente por desgraza para os rapaces e rapazas que son os que realmente perden. De todos os xeitos, seguiremos a falar deste tema, porque nós, o grupo municipal do PSdeG-PSOE, non nos imos esquecer dunha das grandes medidas que tomamos na anterior lexislatura, e que, de seguro, voltaremos a tomar dentro de catro anos.

MELLOR, IMPOSIBLE. COARENTA E SETE MIL EUROS NON SON DEMASIADOS?

Cando se elaboran os presupostos, todo depende, e todo está en función, da partida de ingresos. Éstos poden proceder basicamente de: impostos directos, impostos indirectos, taxas e outros ingresos, transferencias correntes ( da Xunta e do Estado) e ingresos patrimoniais.

Unha vez valorado a proposta de ingresos aplícanse o capítulo de gastos que basicamente comprenden a: gastos de persoal, gastos en bens correntes e servizos, gastos financeiros, transferencias e investimentos.

Para o ano 2011 o presuposto do Concello de Burela concretouse en 6.3 millóns de euros, e fíxose aplicando a responsabilidade como método. A actual situación económica reduce drasticamente os ingresos ós concellos, sobre todo os que se aportaban por licencias de todo tipo, as máis importantes as licencias de construción.

Ós gastos hai que darlles preferencia. O máis importante é garantir os soldos do persoal e gastos en servizos. As partidas destinadas a gastos das diferentes áreas ou concellerías dependen do resultante de ter garantido o comentado anteriormente. E dentro destas dáselle máis importancia as áreas que inclúen políticas sociais.

Nos últimos catro anos obtivemos resultados satisfactorios no balance final mantendo un remanente de tesorería sempre positivo. A nosa intención foi a de non comprometer nunca o futuro do noso concello e aplicamos sempre o principio da contención económica. Neste sentido fixéronse moitas actuacións para acadar aforro enerxético destacando as instalacións de paneis fotovoltaicos (térmicos e solares) nas diferentes centros deportivos, o cambio de iluminación pública e semafórica á tecnoloxía led, e rentabilizando ó máximo os gastos correntes.

O pago a provedores e empresas de servizos fíxose coa eficacia e prontitude máxima dentro das nosas posibilidades, é dicir, cando dispoñiamos de solvencia en efectivo, que normalmente coincidía nas etapas de recadación por IBI, vados e vehículos, e, sobre todo, cando a Xunta reintegraba as subvencións pendentes de cobro para persoal ou de obras rematadas no que o Concello tiña que adiantar ben o soldo, ou ben o pago da súa execución para proceder á súa xustificación e cobrar a porcentaxe da subvención concedida, que no mes de xuño rondaba o millón de euros pendentes. Temos que dicir que o concello de Burela ten pagado todas as débedas a provedores correspondentes o ano 2010 e parte do 2011 ( cuestión pouco común na maioría de concellos) e que se poden adiantar moitos pagos de servizos ca recadación do IBI deste ano. Polo tanto, a situación económica do concello non é mala nin pinta mal. Outra cousa é dispoñer de fondos para aplicar libremente ás políticas das diferentes áreas ou concellerías, dependendo do comentado anteriormente.

Cando chegamos ó concello no ano 2007, o presuposto superaba ó deste ano en case tres millóns de euros, e a nosa sorpresa foi comprobar que a maioría das partidas estaban en negativo xa no mes de xuño, e que había gastos efectuados sen consignación no presuposto . E isto ocorría cando estaba de alcalde o mesmo señor que está actualmente: o Sr. Barcia. Naquel entón a nosa responsabilidade foi buscar unha solución e traballamos para acadala, e non convén olvidar o pufo da subvención perdida na primeira fase das obras na rúa Eijo Garay. Contrariamente ó que están a facer o actual equipo de goberno, que se instala na queixa para disimular unha clara falta de xestión.

A herdanza que lles deixamos é unha xestión responsable, e un millón de euros para realizar dezaoito proxectos moi importantes para o noso concello, que están comezando ou a piques de comezar.

Que cumpran o que prometeron, sabendo que moitas propostas eran inalcanzables, e agora se escudan nunha falsa disposición de liquidez para non acometelas. Que non veñan propoñendo unha baixada na aplicación de servizos. Que non propoñan unha contención do gastos sen antes demostrar unha eficacia no seo traballo. O de apagar luces públicas para aforrar pode estar ben, pero seria máis convincente, e demostraría mellor intención, si o Sr. Alcalde se reduce o soldo (47000 euros anuais). A todas luces, moi desproporcionado para os tempos que corren.

A PRIMEIRA INCOHERENCIA

Dende o grupo municipal socialista de Burela queremos expoñer a incoherencia do equipo de goberno sobre o izado das bandeiras azuis 2011. O pasado sábado día 2 de Xullo, o alcalde e parte do grupo de goberno do PP procedeu ao izado das bandeiras azuis na praia do Portelo e da Marosa, sen invitar a veciños nin a representantes políticos de toda a corporación, como viña sendo de costume nos últimos catro anos.

Unha das condicións de ter bandeira azuis nas praias é de garantir a calidade das augas de baño, a seguridade, a xestión ambiental e a información e educación para a sostibilidade. Todo isto non sería posible sen a responsabilidade compartida de todos os veciños de Burela. Por tanto consideramos que o izado das bandeiras debería ser un acto participativo onde tivesen representados todos os sectores sociais do noso concello. É triste que na primeira ocasión que tiveron de facer un acto no que todos os bureleses puideran amosar o seu orgullo das nosas fermosas praias, soamente se amosaron eles como protagonistas de todo, caendo en contradición co exposto no comité de xestión de praias, e na Axenda 21, nos que expoñían que era a súa intención de facer unha política de participación, véndose claramente que esa non é xa a súa intención. Tamén estamos preocupados polo que ocorre co selo ISO 14001 que garante a calidade e respeto medioambientais dos nosos areais a nivel europeo e que é unha forte motivación turística para o noso concello. Non entendemos como non están izadas as bandeiras que simbolizan dito distintivo como cumprimento do esixente programa que obriga a manter uns niveis de calidade de auga e servizos excepcionais. Este selo, aínda que foi financiado pola Deputación de Lugo no ano 2010, esixeu un traballo arduo por parte do anterior equipo de goberno, e no 2011 estábanse poñendo as bases para seguir mantendo este distintivo tan importante para Burela.

¡¡Mal empezamos!! e ¿¿Mal seguiremos??.

DE VOLTA

Estamos aquí de novo. Despois dun tempo prudencial no que o silencio valeu máis que mil palabras, e no que o noso grupo municipal fora desaloxado do poder municipal por moitas e variadas circunstancias nas que pouco tivo que ver a gran labor desenrrolada durante o período 2007-2011 en prol do progreso e modernización de Burela, estimamos convinte volver a encher esta páxina non só de críticas ao goberno do PP, que nolo poñen na man, senón de aportacións que nos fai chegar a xente progresista que nota xa, e só levamos un mes de desgoberno popular, a deriva sen fin que está tomando a política desenvolvida por Barcia e compañía. Un saúdo socialista.

jueves, 19 de mayo de 2011

MITIN CENTRAL 2011


O anterior presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, estivo onte no mitin central do PSOE de Burela para arropar ao seu candidato as eleccions do domingo e actual alcalde, Alfredo Llano, nunha das escasas aparicions públicas do socialista dende que abandonou a política. Durante a sua intervención no auditorio da casa da cultura e ante catrocentos asistentes, puxo a Burela «como exemplo do que é a política municipal socialista, xa que favorece a convivencia, a integración social, a equidade e a igualdade para todos os veciños». «É un exemplo do que debera aprender o Partido Popular, que por España adiante vai espallando o medo ó inmigrante e favorecendo a discriminación contra esta pobación», indicou.

Asimismo, felicitou ao alcalde polo crecemento económico e poboacional que sufreu o municipio nos últimos anos, gracias dixo «a un urbanismo sensato e baseándose nos seus recursos propios para crear unha dinámica de crecemento económico».

En contraposición situou as políticas do PP na Xunta, que segun dixo, tamén ten o perfecto exemplo en Burela onde paralizaron numerosos proxectos como o vial de acceso ao puerto ou a ampliación do hospital e do peirao. «Esa é a súa política de austeridade, romper as súas promesas electorais paralizando os proxectos públicos e recortando os dereitos sociais», asegurou.

Llano

Pola sua parte, o alcaldable Alfredo Llano fixo un repaso polos avances conseguidos durante o seu mandato e amosou algunhas das propostas do seu programa electoral que pretende abordar durante os próximos catro anos. Destacou os 22 millons que se invertiron en Burela, entre todas as Administraciones, nos últimos catro anos. Falou da consolidación do concello a través do aumento de poboación e da promoción dos productos do mar, clave no desenrrolo turístico, que se está levando a cabo. Ademáis, recordou o crecemento do porto, onde agora poden atracar barcos de 8.000 toneladas ou o novo abastecemento de auga.

Para o futuro, Llano explicou que se vai a aprobar o plan xeral nun ano e medio máximo. Ademais, comentou que para él é fundamental que se realice o acceso ao porto e a creación dunha área comercial industrial que favorecería o comercio e a economía. Neste aspecto, Llano dixo que Burela debe ser un referente no crecemento económico comarcal e provincial.

Tamén tivo palabras para a oposición da que dixo «sólo criticou sen aportar nada».

INAUGURACION DE EXPOMAR

O alcalde de Burela e presidente da Fundación Expomar, Alfredo Llano, e a conselleira do Mar, Rosa Quintana, inauguraron este mediodía a XIV Feira Monográfica Náutico Pesqueira Expomar 2011. Cen expositores e 400 firmas asistentes ocupan os 3.000 metros cadrados da nave de redes.

Llano sinalou que “Expomar é un acontecimento moi importante para Burela. Nós sempre apostamos polo sector náutico-pesqueiro, hai que darse conta que aquí na nosa vila e no resto da Mariña esta actividade é fundamental para o desenvolvemento económico e social”. E subliñou que “a pesares da crise logramos ocupar os 3.000 metros cadrados da nave de redes, contamos 100 expositores que representan a unhas 400 marcas e iso significa que os que veñen a esta cita están apoiando ao sector, investigando e aportando cuestións que sempre poden ser de interese para os propietarios dos barcos no ámbito da electrónica ou das artes de pesca”. O alcalde e presidente de Expomar agradecéulles a todos a súa presencia en Burela.

Alfredo Llano engadiu que “por diante están catro días para facer unha visita a Burela, a xente que se sinta atraída por este tipo de asuntos virá a Expomar ao igual que aqueles profesionais que queiran coñecer as novidades do sector. Aquí está Burela para recibir cos brazos abertos a toda a xente que queira acudir a esta cita ou aos que veñan dar unha volta polo noso pobo para coñecelo”. O rexedor recalcou que “Expomar é unha das feiras máis importantes que se poden ver en todo o litoral cantábrico”.

Pola tarde dentro das XIV Xornadas Técnicas abordaránse aspectos coma a comercialización no sector pesqueiro. E mañá terá lugar o encontro empresarial de organizacións profesionais de armadores no que participarán unha veintena de asociacións procedentes de moitos puntos de Galicia, de Asturias e de Andalucía, entre outros. Expomar 2011 será clausurada o vindeiro domingo ás 12 da mañá polo presidente da Deputación Provincial de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro.

SEMANA DA RECICLAXE

Os alumnos de infantil e de 1º de primaria dos dous centros de ensino, Ceip Virxe do Carmen e Ceip Vista Alegre, participan nas actividades organizadas pola Delegacion de Medio Ambiente do Concello que dirixe Lucia Bouza para conmemorar a Semana da Reciclaxe. A edil socialista subliña que “éste e o segundo ano que a actividade se leva a cabo e quero aproveitar para destacar o grande interese suscitado e tamén o agradecemento ao personal docente”.

As monitoras do Centro de Educación Medioambiental Gaia son as encargadas de realizar os talleres con materiais de refugallo (cartóns, botellas, etc… que os nenos traen das súas casas) intentando descubrir as utilidades dos materiais de refugallo antes de seren considerados como residuos. Os nenos participan na actividade en horario escolar desde as 9:00 da mañá ata as 14:00 horas.

A Semana da Reciclaxe tamén inclúe unha charla sobre Residuos Sólidos Urbanos. Será impartida no Salón de Actos do Concello de Burela hoxe día 19 ás 19:30 e está destinada ao público en xeral. A onde van os residuos e qué se fai con eles, qué é a recollida selectiva son algunhas das preguntas que se abordarán nesta charla impartida polas monitoras do Centro Gaia.

INVESTIMENTO DA DEPUTACION

A Xunta de Goberno da Deputación aprobou este xoves 32 actuacións nas que están representadas todas as zonas da provincia, e que suman preto de 5 millón de euros e benefician a máis de 200.000 veciños de 17 municipios. Antonio Gato subliñou que é unha das máis cuantiosas de todas as celebradas dende que o actual equipo de goberno chegou á Deputación en 2007, o que demostra o alto grao de xestión alcanzado nos primeiros catro anos. Neste senso, o voceiro provincial socialista destacou que moitos dos asuntos aprobados corresponden a obras que se executarán en distintos municipios, polo que o organismo provincial seguirá sendo a única administración que mantén a obra pública e crea emprego na provincia. Só coas obras que aprobadas hoxe polas distintas áreas da Deputación a institución que preside dará traballo a máis de 100 persoas.

Polo que respecta á Montaña, ademais da asistencia técnica para a redacción do proxecto da residencia da terceira idade e centro de día de Becerreá por valor de 102.660 euros, neste mesmo municipio tamén se adxudicou o acondicionamento de varias vías municipais dentro do convenio de 1 millón de euros do Plan Extraordinario de Obra Pública. En total, investiranse 671.787 euros na mellora con aglomerado en quente, porque dura máis tempo, dos accesos a 18 núcleos rurais: Fontes, Tucende, Valiña, Cabanas, A Pedrelada, Curro, Caldoval, Foncoba, Fontarón, Sarceada, Vilar de Frades, Venta, Cruzul, Bullán, Murias, Donín, Saa e Cadoalla. En Fonsagrada, aprobouse o convenio con este Concello para o financiamento dos gastos derivados da adquisición dun camión para rego das estradas. Neste caso, a subvención que se destina é de 18.220 euros.

Na Mariña, tamén se adxudicaron tres novas obras do convenio do Plan Extraordinario de Obra Pública de Viveiro por valor de 277.301 euros. Trátase dos saneamentos e abastecementos nas localidades de Caseira, Pallaregas, Granxa e Trasposta, así como da urbanización do barrio do Paraíso.

En Burela, a mellora do alumeado público da Avenida Arcadio Pardiñas por importe de 206.139 euros e, en Foz, aprobouse o convenio con este Concello, a través do cal a Deputación achega 20.000 euros para levar a cabo iniciativas para a potenciación do municipio.

lunes, 16 de mayo de 2011

IV XORNADAS DA MERLUZA


O alcalde de Burela, Alfredo Llano, o presidente de Absa, Abelardo Basanta, e a concelleira do Mar, Remedios López, presentaron hoxe a cuarta edición das xornadas gastronómicas da merluza do pincho que se desenvolverán do 27 ao 29 de maio.

López Villar explicou que “o que intentamos é facer, como en anos anteriores, unha ruta de tapeo polo pobo, facéndoa coincidir co primeiro fin de semana das festas patronais de Burela. Deste xeito os días 27, 28 e 29 de maio váise promocionar Burela, non só o fermoso pobo pesqueiro que temos senón tamén a súa pesca, inculcando, unha vez mais, os hábitos tan saudables do consumo do peixe na cidadanía”. A edil socialista lembra que “dentro da campaña de promoción desta especie o Concello participou na última edición do encontro de palilleiras axudando economicamente a promocionar a empanada de merluza do pincho de Burela e agasallando a mais de 400 palilleiras de Galicia e Asturias cun exemplar do libro gastronómico referido a esta especie”.

Nesta ocasión participan 18 hoteleiros : Parrillada de Jandro, Mesón do Poeta, La Bodeguilla, Os Remos, Miranda, Palacio de Cristal, Hamilton, A Marquesa, O Raio, Lucer, Hotel Galatea, Hotel Nordés, restaurante O Portelo, bar da Costa, A Lonxa, Mesón da Pedra, La sartén de Carmen e cervexería Kiko. O prezo da ración, acordado cos hosteleiros nunha xuntanza celebrada hai día, será de 6 euros, “o mesmo que en anos anteriores”.

Remedios López dixo que “na primeira edición destas xornadas, en maio do 2008, eran 12 os restaurantes participantes. Intentamos abrir así un abanico de posibilidades para captar novos empresarios e que todos os sectores implicados nesta festa aporten o seu grao de area, contribuíndo a mellorar e potenciar este evento”. Dende Absa, Abelardo Basanta, ve moi positiva esta iniciativa de promocionar os seus produtos e vai agasallar como fixo en anos anteriores, cunha merluza do pincho a cada restaurante que participe nesta festa gastronómica. O Concello pola súa parte faráse cargo, como organizador das xornadas, da publicidade en prensa e radio e tamén da cartelería sen coste algún para o sector hostaleiro. A concelleira do Mar asegurou que “o que pretendemos é que Burela sexa un sitio atractivo e pintoresco para vivir e coñecido pola súa pesca de grande calidade onde o turista poderá disfrutar da gastronomía saudable e apoiar ao noso tecido produtivo”.

ENTREGA DE AGASALLO


O alcalde de Burela, Alfredo Llano, fixo entrega esta mañá á asociación Camiña do premio que a él lle tocou na comida da peña A Pataca Laranxa, celebrada o pasado sábado. O rexedor, dentro do sorteo celebrado nese xantar, gañou unha camiseta que lle ven de regalar ao presidente da asociación Camiña, "unha entidade que apoia de xeito incondicional ao deporte e ao Burela FS". Llano adiantou que "este xesto é só un detalle, porque o Concello vaille facer entrega dun lote de camisetas a este colectivo dentro duns días

VISITA DO MINSITRO DE FOMENTO


O vicesecretario xeneral do PSOE e Ministro de Fomento, José Blanco visitou Burela a fin de semna. Segundo ven de explicar o alcalde e candidato á reelección, Alfredo Llano, Blanco quixo supervisar a marcha das obras da Capitanía Marítima. Llano agarda que “estean rematadas a finais de ano. Estamos moi satisfeitos porque os prazos estánse a cumprir perfectamente e así o puido comprobar José Blanco nas últimas horas na visita que realizou a Burela”.

jueves, 12 de mayo de 2011

ENTREGA DO LIBRO "MEMORIAS DO OFICIO DO MAR" A CENTROS DE ENSINO


O alcalde de Burela, Alfredo Llano, acudía esta mañá aos centros de ensino para facer entrega de varios exemplares do libro e do dvd Memorias do oficio do mar. O rexedor achegóuse aos CEIP Vista Alegre e Virxe do Carme, aos IES Monte Castelo e Perdouro e tamén á gardería.

Segundo explica a concelleira do Mar, Remedios López Villar, “nestes exemplares vese recollido un traballo de investigación dos últimos 100 anos da historia recente de Burela, contada polos seus propios protagonistas a xente vinculada ao mar. Ao largo da semana iremos deixando mais exemplares nas entidades oficiais, públicas e privadas relacionadas co mundo do mar: Capitanía Marítima, ABSA, cofradía de pescadores, A Moncloa…. para que nas súas bibliotecas quede constancia deste proxecto”.

A edil socialista contou que “a idea deste proxecto xurdiu nas primeiras xornadas gastronómicas dedicadas á merluza do pincho, nas que se presentaba unha exposición de retratos do arquivo fotográfico da Concellería do Mar, ampliadas e colocadas na praza e dunha pequena charla dos xubilados da Moncloa. Eles contáronnos, nesa ocasión, as súas vivencias con testemuñas directas do inicio, desenrolo e crecemento da economía marítima”.

López Villar engadiu que “dende a Concellaría do Mar non podíamos deixar pasar esta oportunidade, quedando todo gravado solo nunhas cintas de casset, xa que a experiencia gustou a todo o publico en xeral, abrindo un abanico a novos recordos. Foi cando nos puxemos a traballar en conseguir unha subvención na que puidéramos plasmar en material impreso e audiovisual, recordos que están aletargados na memoria colectiva, e que vinculan ao Concello de Burela co mar”. A concelleira do Mar seguiu a relatar que “buscamos documentación en arquivos, museos, bibliotecas… e sobre todo, o mais importante, en entrevistas con mariñeiros, armadores, empresas relacionadas co mundo do mar…. Datos históricos de cousas que non aparecen mais ca na memoria dos propios protagonistas: recuperando e recopilando as vivencias da xente que dedicou toda a súa vida a pesca. Agora esa exposición fotográfica, actualmente ubicada no peirao, xa ten texto. E as novas xeracións poderan coñecer de primeira man, a historia do seu pobo e de cómo se foron creando empresas e oficios grazas ao motor económico de Burela, que é o mar”.

Alfredo Llano agradece “a todos os colaboradores que participaron no proxecto e recorda que aínda que o acto de presentación contou con 400 persoas, moitos destes colaboradores non puideron asistir. A eles, e a todas as persoas relacionadas co mundo do mar gárdaselles un exemplar que poden pasar a buscar polo Concello”.

PRESENTACIÓN DE EXPOMAR NO CONCELLO

O alcalde e presidente da Fundación Expomar, Alfredo Llano, sinalou que “despois de presentar a en Santiago hai uns días, agora daremos a coñecer en Burela o programa de todas as actividades que se desenvolverán do 19 ao 22 de maio. Será mañá venres ás 12:15 horas no salón de plenos do Concello”.

Llano considera que “esta feira será unha oportunidade para visitar o noso concello e para promocionar o sector pesqueiro e do mar. O que queremos é que a xente que estea interesada se achegue aquí a Burela eses días. Agora temos completamente cubertos os 3.000 metros cadrados da nave de redes, hai 100 expositores e aínda quedaron algúns fora por falla de espacio. É moi importante que, a pesares da crise, a xente vinculada ao mar siga a acudir a esta feira que é un referente claro en todo o litoral”.

O rexedor engadiu que “mañá presentaremos tamén aos ponentes que participarán tanto nos encontros empresariais coma nas xornadas técnicas que se desenvolverán os días 19 e 20 paralelamente a Expomar. Os que o desexen poden acudir mañá venres no salón de plenos do Concello a esta presentación da XIV feira monográfica náutico pesqueira Expomar 2011”.

A feira Expomar terá lugar do 19 ao 22 de maio na nave de redes en Burela. Será inaugurada o vindeiro xoves ás 12 da mañá pola conselleira do Mar, Rosa Quintana, e a clausura está prevista para o 22 de maio, tamén ás doce, e correrá a cargo do presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro.

Prazas de aparcamento

Por outra banda, o alcalde de Burela, Alfredo Llano contou que “estábamos traballando duramente en dous solares para crear prazas de aparcamento nas inmediacións do Hospital da Costa, a máquina estropeóuse, pero desde onte estamos alí de novo. O solar que está enfrente dos colexios e da gardería estáse a rematar, nel poderánse aparcar arredor de 150 coches ou máis e por enriba do hospital tamén habilitaremos unha zona para que poidan estacionar uns 50 ou 60 coches, o que quere decir que entre os dous terrenos crearemos unhas 200 prazas de aparcamento”. O rexedor dixo que “agora haberá que cubrilos con pedra, grava ou asfalto, cando estean listos esa zona gañará moito e evitará este problema tan importante que se sofre cada vez que un vai facer unha consulta ao hospital. Alí tamén están os institutos e os colexios, algo que condiciona os aparcamentos, pero así pensamos que será moito máis fluido e teremos menos problemas”.

miércoles, 11 de mayo de 2011

A SAÚDE: DEFENSA DO HOSPITAL DA COSTA

Vinte e cinco anos de saúde: unha historia, unha realidade e un obxectivo

Unha historia: Algúns nenos e nenas da Mariña luguesa non viñeron de París, naceron no paso a nivel de Rábade ou en calquera outro lugar da estrada que conducía ao Hospital de Lugo. Outros deixáronnos na Xesta ou na Gañidoira.

Unha realidade: Hai xa vinte e cinco anos que se decidiu que un Estado de Benestar digno do seu nome non podía soportar semellante iniquidade. O triste e cruelmente desaparecido Ernest Lluch, primeiro ministro de Saúde socialista da democracia española, impulsou a posta en servizo do Hospital da Costa.

O centro hospitalario nacía como parte do programa de dotacións de hospitais comarcais, co obxectivo de achegar aos cidadáns a atención especializada da sanidade pública, e como consecuencia tamén da xusta demanda do conxunto do entramado social e institucional da Mariña Luguesa para a garantía do disposto no artigo 43 da Constitución española: “Recoñecese o dereito á protección da saúde”.

Desde a súa posta en servizo o seu primeiro e salientable director advertiu que o Hospital da Costa non podía ser considerado como un hospital comarcal ao uso, a teor do ámbito poboacional que se lle adscribía, e así mesmo a distancia doutros centros de referencia. Por iso, estimábase que debería de contar cunha carteira de servizos e especialidades máis propias dun hospital xeral que dun comarcal. A dita cuestión foi asumida desde o primeiro momento, tanto polo seu cadro de persoal como polo conxunto de axentes sociais e institucionais da zona, e por outro lado, foi tamén razoablemente atendida por parte dos distintos gobernos nas etapas que lles correspondeu á xestión da sanidade pública en Galicia.

O resultado foi que, hoxe en día, o hospital conta cunha carteira de servizos e especialidades superior á da maioría dos centros comarcais, en aumento ao longo dos anos. Conta cun excelente cadro de profesionais, comprometidos na súa inmensa maioría coa súa potenciación e mellora continua da atención prestada aos cidadáns, que son os verdadeiros accionistas do sistema de saúde, en tanto donos dos recursos que o alimentan. Conta, así mesmo, cuns índices de valoración dos ditos cidadáns-accionistas moi positivos en todos os estudos que se efectuaron, e tamén cunha historia de xestores públicos sanitarios realmente meritoria. Desde o primeiro, Ernesto Cebrián, ao que lle correspondeu a súa posta en funcionamento, e que na práctica vivía nel e case para el durante a primeira etapa, ata os posteriores que foron sedimentando un relato de compromiso co centro e coa zona na que está radicado, que os ten convertido en testemuñas de excepción das singularidades e necesidades na atención das demandas sanitarias da cidadanía da Mariña e os seus arredores.




Chegados ata aquí, e especialmente tendo en conta o momento de dificultades serias que está a atravesar, é o tempo de aproveitar esta -malia que sexa simbólica- conmemoración dos 25 anos de existencia do Hospital da Costa, para apostar con firmeza polo inconformismo que non nos permita dar pasos atrás na conquista de dereitos esenciais acadados como resposta ás reivindicacións de xustiza cidadana. Non podemos permitir que os mariñáns do futuro volvan a nacer nas estradas, o regreso ás estradas dos nosos pacientes, os desprazamentos a centros a máis de cen quilómetros de distancia, non podemos permitir nin conformarnos con soportar as listas de espera máis longas do sistema sanitario público de Galicia.

Para iso, é indispensable reivindicar a utilización das potencialidades do centro, de todos os seus recursos materiais e humanos para acadar listas de espera á altura dos tempos e, por outra banda, a posta en marcha do Plan director para a ampliación do centro, en liña cos estudos xa realizados e nos que se recolle o estado de necesidades do centro para atender as demandas da cidadanía.

Un obxectivo: Podemos ter un Hospital da Costa de referencia en Galicia. O esforzo da cidadanía que trouxo como resposta a súa creación, permitirá acadar que non se permita a descapitalización do servizo básico máis importante co que contamos os cidadáns da Mariña. O esforzo cidadá e o dos profesionais do centro seguro que estará nesta teima. Agardemos que os directivos do Sergas e os equipos de dirección, as forzas políticas e as institucións públicas, locais e supralocais, e a sociedade civil organizada, estean á altura do reto. Estamos nun momento difícil para o hospital, mais é mellor empezar en momentos de turbulencia que non empezar.

ISMAEL REGO GONZÁLEZ
DEPUTADO AUTONÓMICO DO PSdeG-PSOE

REPLICA A OUTRAS MENTIRAS DO PP

En primeiro lugar, seguimos a traballar na mellora da calidade das nosas praias, e iso foi recoñecido posto que conseguimos unha bandeira azul a maiores das que xa tíñamos, que foi a da praia de Ril. Ademáis, conseguimos a ISO 14001 para a xestión das praias de Marosa, Ril e Portelo.

O PP fala de cando os representantes municipais participaban nos foros medioambientais e debemos lembrarlle que iso nunca deixou de facerse, posto que acudimos a CONAMA, ao Congreso de Bandeiras Azuis e á Asemblea da Rede Española de Cidades polo Clima, entre outros foros e congresos.

Tamén fala o PP de falta de participación cidadá porque temos abandonada a Axenda 21. A esto temos que dicirlles que a temos máis ou menos igual de abandonada que a tiñan eles, coa diferenza de que temos creado outras canles de participación cidadá como é o xa consolidado e exitoso Certame de Propostas para Mellorar o Medio Ambiente, no que os nenos e nenas do noso Concello nos aportan ideas para mellorar o noso entorno. Tamén utilizamos a Semana Europea da Mobilidade para recoller suxerencias nas enquisas que facemos. Con respecto á celebración desta semana, que para o PP se reduce á celebración do día sen coches, dicirlle que é moito máis que iso: trátase de toda unha semana plagada de actividades dirixidas a adultos e a nenos e nenas na que intentamos inculcar algunhas boas costumbres para o medio ambiente e para a nosa saúde. Así, todos os anos facemos actividades como “Andando ao Colexio”, que tén tanto éxito que os colexios a teñen solicitado para outras ocasións, ou como obradoiros varios de educación ambiental realizados polas monitoras de Gaia. Pero tamén é interesante sinalar que a celebración desta semana deixa boas prácticas para todo o ano, xa que grazas a iso, a Concellaría de Obras acomete cambios importantísimos no noso pobo como son a creación de beirarrúas táctiles e o rebaixe das mesmas, as novas regulacións para a distribución da carga e un longo etc.. Fala o PP de que non fixemos nin un só metro de carril bici. Pensamos que teñen máis delito eles, que tiveron unha ocasión de ouro para facer un bo carril bici na rúa Eijo Garay e optaron por non facelo, así que poucas leccións nos poden dar.

Tamén nos gustaría lembrar moi por encima outras cousas que se fixeron, como foron o reparto de bolsas separativas do lixo, para axudar coa reciclaxe, tamén unha colaboración entre as Concellarías de Obras e de Medio Ambiente, o establecemento da gratuidade do Punto Limpo e a recollida “porta a porta” de voluminosos. Da recollida do aceite xa non falaremos, posto que mesmo eles recoñecen que foi algo ben feito. E rematamos falando de Gaia, que por fin adquiriu entidade baixo o noso goberno: traballan todo o curso escolar nos centros de Educación Primaria, celebran moitos días do calendario ambiental, dan charlas nos Institutos, e un longo etc.. Lembrámoslle ao PP que para porporcionarlles ese Centro de Interpretación do que falan, primeiro terán que dicirlle aos seus compañeiros da Xunta de Galicia que deben rematar o acceso ao porto.

Rematamos xa dicindo que todo isto do que aquí falamos se viu recoñecido cando obtivemos para o noso Concello a Bandeira Verde coas cinco modalidades posibles, sendo o único Concello galego recoñecido con ese galardón, que só obtiveron 17 concellos españois.



CREACION DE EMPREGO

O Concello contratará ao longo das vindeiras semanas a 31 persoas, segundo daba a coñecer hoxe o alcalde, Alfredo Llano.

O rexedor subliñou que “unha das preocupacións que temos no Concello de Burela é a de consolidar emprego e crear o máximo que poidamos, para eso por un lado facemos unha oferta por parte do propio Concello e por outro contamos con postos subvencionados pola Deputación e pola Xunta”. Llano lembrou que “coa institución provincial están a traballar a través do programa Lugo Emprega 22 persoas en Burela” e engadiu que “queremos completar a oferta con cuestións tan importantes coma o Grupo Municipal de Intervención Rápida, esta semana sacaremos xa as bases para contratar a 3 capataces e 9 peóns. En total son 12 prazas, unha boa cifra para Burela e un bó número para atender as necesidades que se deriven deste servizo”.

O alcalde de Burela contou que “tamén ofertaremos 12 prazas de socorristas, que traballarán do 15 de xuño ao 15 de setembro, e 3 prazas para a limpeza das praias, durante o mesmo período de tempo. Imos contratar durante 9 meses a unha persoa para o banco municipal do tempo, trátase dun administrativo; durante catro meses no verán traballará un guía no barco museo, que estará axudándolle ao titular que temos alí; tamén conseguimos unha praza de peón para a Casa da Cultura durante 6 meses e outra de monitor sociocultural por un prazo de 12 meses”.

Alfredo Llano recalcou que “entre unhas cousas e outras sumamos un total de 31 prazas que xunto as 22 do Lugo Emprega son 53 os postos de traballo creados, con todo aínda intentaremos ir mellorando, por exemplo en xardinería cando corresponda con fondos propios iremos completando a plantilla”.

O DETERIORO DO HOSPITAL DA COSTA

O deputado do Grupo Parlamentario do PSdeG-PSOE Ismael Rego afirmou hoxe en rolda de prensa, celebrada nas instalacións da agrupación socialistas de Burela, que o Hospital da Costa sufriu o maior deterioro da súa historia.

O deputado realizou hoxe unha valoración das cifras de espera do Centro Hospitalario, e asegurou que os cidades da Mariña sofren as listas de espera mais altas de todo o sistema sanitario de Galicia. Coas cifras na man denunciou que nos últimos 2 anos a lista de espera estructural quirurxica incrementou en 38 días. E sobre a lista de espera non estructural dixo “conten unha lista desorbitada, donde o PP agocha a miles de pacientes que están esperando consulta ou unha intervención”, e advirte que “non están contabilizados nas listas de espera que publica o Sergas”, espetou.

O deputado do PSdeG-PSOE subliñou que “hoxe os cidadáns da Mariña camiñan 30 anos para atrás en materia de asistencia sanitaria”, e replica que “volven a anos dos desprazamentos de pacientes con traslados a outros centros de referencia a mais de 100 qm de distancia”, e proseguiu “e volven as insoportables listas de espera, tanto para consulta como para intervención quirurxica”.

Farjas e Feijoo responsable da situación

Con este cadro de situación sanidade publica da Comarca -proclamou Rego- derivada do deterioro do Hospital da Costa, quen o esta dirixindo ten moitos motivos para presentar a súa dimisión”, sentenciou. O deputado socialista puntualiza que non reclama o cese do Director do Hospital, “porque os que terían que cesalo, a Conselleira de Sanidade Pilar Farjas e o Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, son os máximos responsables da situación de deterioro dos sistema sanitario”.

A maiores Rego lembrou a rebaixa orzamentaria que sufriu o Hospital da Costa, dende a chegada de Núñez Feijoo á Presidencia da Xunta de Galicia, ademais de paralizar o “imprescindible proxecto de ampliación do Centro”.

Sinala tamén que esta situación supón un risco serio de desmotivación para os profesionais que levan anos traballando a reo e comprometéndose coa mellora asistencial do mesmo. E insistiu “con esta situación poden abrirse posibilidades para que algúns profesionais sanitarios teñan a tentación de abandonalo, diante da estratexia dos actuais xestores do Sergas de provocar cada día mais a súa descapatilización”, resumiu.

E concluíu “o Hospital da Costa celebra o seu 25º aniversario nunha delicada situación que supón un gravísimo deterioro producido nos últimos 2 anos”.

REUNIONS DO CANDIDATO COS VECIÑOS

PROGRAMA DE CHARLAS DO CANDIDATO COS VECIÑOS DE BURELA

ZONA LUGAR DIA HORA
CAMPON O POETA Luns 9/05/2011 21
O RIO OS REMOS Martes 10/05/2011 21
VILA DO MEDIO CASA CORREA Mércores 11/05/2011 21
ZONA NORTE M.DA PEDRA Xoves 12/05/2011 21
OS CASTROS BITÁCORA Sabado 14/05/2011 21

martes, 3 de mayo de 2011

PRESENTACION DO LIBRO MEMORIAS DO OFICIO DO MAR


O alcalde de Burela , Alfredo Llano , a concelleira do Mar, Remedios López e a historiadora Olga Suárez presentarán o vindeiro xoves 5 de Maio as 21:00 no salón de actos da Casa da cultura o libro e o dvd Memorias do oficio do mar. En total editáronse 1.000 exemplares de cada formato, que serán repartidos nese acto.

Remedios López destacou que “este traballo de investigación é un obradoiro da memoria de Burela, con testemuñas directas do inicio, desenrolo e crecemento da economía marítima. A intención foi plasmar en material impreso e audiovisual, recordos que están aletargados na memoria colectivo e que vinculan o concello de Burela co mar, a través de entrevistas a persoeiros relevantes da vida municipal. Dáse a coñecer tamén a súa visión da historia recente de Burela e recopiláronse vivencias marítimas cos xubilados do mar e as súas familias”.

A edil socialista engadiu que “trátanse temas coma a evolución dos distintos tipos de pesca, o crecemento do peirao, o asentamento das empresas a carón do noso porto, actividades todas que axudaron a fortalecer a nosa economía. A Feira do Bonito, a Galerna, Expomar, o conflito das volantas …ou simplemente a evolución e as melloras que se fixeron nos barcos, amosando o seu periplo polo tempo, pasando de chalanas, barcos a vapor ata os actuais buques de ferro coas últimas tecnoloxías electrónicas. Un estudio dende a Burela de 1900 ata os días de hoxe, cos cambios que sofreu en mans de 17 presidentes do pósito e patróns maiores da cofraría. Datos históricos de cousas que non aparecen mais que na memoria dos propios protagonistas como o forno de tinxir as redes, recollida da alga, a 1º estación costeira radiotelefónica, proxecto de 90 vivendas para pescadores de Burela, fábrica do xeo…”.

López Villar recoñeceu que “este traballo de investigación non sería posible sen a colaboración de 67 persoas as cales mostramos o moso mais grato agradecemento: Abel López García, Abelardo Basanta Fra, Alberto Infante Gómez, Alexia Luiña López, Alfonso García Ben, Andrés Díaz Ferro, Antonina Semedo López de Barros, Antonio Abad López, Antonio López García, Arturo Pernas Gómez, Aurea Ruiz González, Balbino Trelles Pernas, Concepción Blanco Fanego, Dionisio Rubiños Cayón, Divina Díaz González, Dolores Quelle Abad, Emilio Fernández López, Federíco Ruiz Cayón, Francisco Fernandez Rivas, Francisco Fra Rico, Gloria González Niñe, Gustavo Iglesias Pereiro, Jacinto Yáñez, José Basilio Otero Rodríguez, José Ben Valle, José Fernández González, José Pernas Villarejo, José Rey Pernas, José Roca Dopico, José Valle Vázquez, Josefa Pastor Dean, Juan Ramón Pernas Balseiro, Manuel Díaz García, Manuel Fernández González, Manuel Rodríguez Díaz, Marcelino Bermúdez Fra, Marcos Salgueiro Ramos, Nicasio Leal Pena, Pedro Taboada Maseda, Plácido Fra Mon, Rafael Casanueva Alonso, Ramón Barcia Abad, Román Ventoso Pasantes, Antonia Gay Piñeiro, Rubén Blanco Fernández, Rufino Quiroga González, María Jesus Alonso López, María Jesus Fernández Baamonde, María del Carmen Estremeiro Vilar, Magdalena Fernández Lestao, María del Mar Febrero Fernandez, Josefa Otero Gueimunde, Carmen Cayón Fernández, Divina Pérez Saa, María Gloria Canoura López, Divina González Salgueiro, María Luisa Domínguez Rapa, Alicia López Abad, Isabel Álvarez López, Hermitas Ben González, Angelita Balseiro Gómez, María Río Cruz, Elma Pardo Carvajales, Regina Santos Fernández, María Galdo Fernández, Guadalupe Neira Luaces e Antonia Rubiños Díaz”.

A concelleira do Mar lembrou que “todo este proxecto lévase a diante grazas a subvención concedida ao 50% a través dos GAC eixo 1 da Mariña-Ortegal cos Fondos Europeos da Pesca, o Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño e a Xunta de Galicia. O resto do orzamento asúmeu o Concello de Burela con fondos propios. Os importes necesarios para levar a diante esta actividade foron de 40.120,38€, dos cales 24.402,78€ se destinaron para crear emprego”.

Deste proxecto editáronse 1000 exemplares que serán repartidos no acto do xoves, “que está aberto ao público en xeral, agasallando cun exemplar do libro e do DVD a todos os asistentes e posteriormente invitarase a unha degustación dun viño español”, concluiu Remedios López Villar.

CONTRATACIÓN PARA GRUMIR

O alcalde de Burela, Alfredo LLano, subliñou que na primeira semana do mes de maio poderían estar listas as bases de contratación para o Grumir. Llano sinalou que “Burela contará con 12 persoas neste grupo máis tres estables que xa están agora traballando. Nos últimos anos nos vimos contratando a esta xente a partires do mes de xuño, porque antes daban unha subvención para nove meses e agora ven sendo para seis meses e medio. E para aproveitar ao máximo posible o seu traballo no verán contratámolos en xuño, así contamos con eles para as festas, para as incidencias que puideran xurdir nas praias, nos incendios, nos accidentes de tráfico… hai moito máis traballo no verán e por iso empezan a súa labor en xuño e rematan o 31 de decembro, aproximadamente”.

O rexedor puntualizou que “ésta é unha estratexia de contratación que temos porque consideramos que deben estar concentrados nesa franxa do ano xa que é cando máis traballo teñen. É certo que os poderíamos ter contrato antes, pero no noso caso non ten sentido porque este ano xa temos contratados desde o 1 de marzo 8 persoas que están adscritas a Protección Civil, ese servizo agora está perfectamente atendido e non considerábamos que fose necesario adiantar a contratación das persoas que formarán parte do Grumir. Existen por aí unhas críticas que non están moi fundamentadas e o único que debemos é prestar un servizo que sexa efectivo”.

UN CENTO DE EXPOSITORES EN EXPOMAR

Un cento de expositores participarán na XIV edición de Expomar en Burela, que se celebrará do 19 ao 22 de maio, segundo deu a coñecer hoxe o alcalde e presidente da Fundación Expomar, Alfredo Llano.

A inauguración está prevista para o 19 de maio e contará coa presencia da conselleira do Mar, Rosa Quintana. Llano contou que “a parte da exposición de maquinaria e todo o que ten que ver co mundo da pesca teremos tamén as xornadas técnicas e os encontros empresariais”. Nas xornadas técnicas do 19 de maio abordaránse cuestións como A comercialización no sector pesqueiro, experiencias prácticas, que contará coa participación de Emilio Martínez, director xeral de Espadeiros do Atlántico, Antonio Rodríguez, subdirector xeral da Competitividade e Omar Collado, xefe de servizo da Subdirección Xeral de Economía Pesqueira de Segemar. E o día 20 analizarase A implicación e influencia da normativa comunitaria internacional na actividade pesqueira. Contará ese día coa participación de Javier Garat, secretario xeral de Pesca, Carlos Sebastián Villasante, da Universidade de Santiago de Compostela e Héctor Villa, xefe de servizo de Actividade Pesqueira de Augas Comunitarias. As xornadas técnicas desenvolveránse no salón de actos da cofraría de pescadores.

Xa no encontro empresarial previsto para o 20 de maio trataránse asuntos como O posicionamento do sector pesqueiro ante as cotas, O regulamento do control das normas de salvamento e riscos laborais e A comercialización no sector pesqueiro. O presidente de Expomar subliñou que “xa hai confirmada a asistencia de 30 entidades participantes”. O encontro empresarial será nas instalacións de Absa (Armadores de Burela).

Llano dixo que “a clausura de Expomar, ao coincidir co día das eleccións municipais, terá lugar o 22 de maio ás 12 do mediodía”. E engadiu que “tamén queremos atraer a máis xente a esta nova edición da feira e para iso contaremos con algunha embarcación que estará atracada no porto como pode ser da Armada Española ou do servizo marítimo da Garda Civil e tamén imos promocionar o noso barco museo. Estamos agardando a confirmación dun navío que é moi espectacular do ISM, o Juan de la Cosa”. O rexedor manifestou que “xa temos confirmada a asistencia de cen expositores, que representan a unhas 350 firmas. Iso significa que, a pesares dos tempos que estamos a vivir, completaremos o recinto feiral da nave de redes. Pensamos que os 3.000 metros cadrados estarán ocupados”.

O presidente de Expomar destacou que “melloramos as cifras de participación da última edición da feira” e convidou “a todo o mundo a que veña a Burela, tanto a profesionais como ao resto dos veciños da comarca que teñan curiosidade por ver o que aquí se expón. Esta cita será un atractivo importante tanto para o litoral Cantábrico como para o norte de Portugal e agardamos colleitar os mesmos éxitos que nos últimos anos”.

ADOPCION DE CANS ABANDOADOS

A concelleira de Medio Ambiente, Lucía Bouza, contou hoxe que hai tres cans que se atopan baixo a protección do Concello e animou aos veciños da vila a proceder á súa adopción. Bouza lembrou que é unha obriga legal que os cans leven microchip, algo que ademáis posibilita que a mascota que se perde poida ser recuperada rápidamente.

A edil socialista explicou que “un deles é un pointer que semella non ser moi novo e que, máis que abandonado, parece estar perdido. É de pequeno tamaño, branco e con manchas marróns e ten colar. Outra é unha cadela, máis grande e esta sí que parece que foi abandonada, posto que está moi delgada. É un cruce dunha raza de caza e parece nova. Estes dous cans son moi mansos e teñen moitas ganas de brincar”. Lucía Bouza engadiu que “ademáis deles, aínda temos unha das famosas cadelas que foran atopadas no cemiterio parroquial no mes de novembro. Trátase da cadeliña que tivo cachorriños. Estes xa foron adoptados todos por varias familias e tamén a outra cadela aparecida no cemiterio foi adoptada. Só queda ésta que é bastante nova e é moi mansa e moi boa, motivo polo cal é unha cadela ideal para estar con nenos”.

A concelleira de Medio Ambiente pídelle á xente que “reflexione sobre a importancia que tén o feito de que os nosos cans teñan microchip porque, ademáis de ser unha obriga legal, facilita que cando un can se perde, atope aos seus donos rápidamente. Tamén quero pedir a todos que, cando coñezan a alguén que maltrate ou abandone a algún can, o denuncien, pois temos que acabar co feito de que España sexa o país da U.E. en maior número de abandonos”.

Bouza prega que “si alguén está interesado en adoptar algún destes cans ou coñece aos seus donos se poña en contacto con nós no teléfono do Concello de Burela, que é o 982 58 60 00”.

sábado, 23 de abril de 2011

CANDIDATURA SOCIALISTA DE BURELA


O PSOE de Burela presentou públicamente aos seus candidatos no auditorio municipal. Tal e como xa se avanzara, o actual alcalde, Alfredo Llano García, lidera a lista socialista. O número dous lo ocupa o actual concelleiro delegado de Obras e Servizos, Pascual Doménech Gruñeiro.

Os postos tres e catro tamén están ocupados por outras duas concelleiras en activo: a edila de Educación e Medio Ambiente, Lucía Bouza Orosa, e a delegada municipal de Economía, Facenda, Persoal e Mar, Remedios López Villar.

Lle siguen na lista Ángela García Salgado, Ramiro Fernández Rey, Pedro López Beade, Marta Amenedo Castiñeira, David Rodríguez Rodríguez, Rita Lamparte Alonso, Ramón Vázquez Andrade y Angélica Gómez Sánchez. José Manuel Casdelo Filgueiras pecha a candidatura. Os suplentes son Carmen Edith Ángeles Chumacero, Lucas Moreno Torres e Ramón Ramos Sánchez. O alcaldable socialista Alfredo Llano destacou que casi o 50% dos membros da lista son novas incorporacions. Ademáis, destacou que nos últimos catro anos crearonse servicios básicos, enumerou as actuacions no porto, as obras do Plan E e falou do PXOM como proxecto de futuro, entre outros asuntos.

ENTREGA DE PREMIOS


O alcalde de Burela, Alfredo Llano, o concelleiro de Obras e Servizos, Pascual Domenech e a concelleira de Mar, Remedios López, entregaron os premios aos gañadores do III Certame do relato curto de mar. As gañadoras LARA DE LA HUERGA DIAZ e IRENE RICO GÓMEZ foron agasalladas cun traxe de neopreno. Todos os participantes no certame, mais de 40, levaron un lote de libros e entraron no sorteo dunha PLAYSTATION3. Nesta ocasión a gañadora do sorteo foi AROA ALVAREZ LOPEZ de 13 anos de idade do IES Monte Castelo.

SINALIZACIONS DE FOMENTO

O Ministerio de Fomento ven de colocar carteis informativos hacia Burela e hacia o Hospital da Costa nas rotondas da N-642 entre A Espiñeira e Burela. Unha nova que foi valorada de xeito moi positivo polo alcalde, Alfredo Llano.
Llano sinalou que “co fin de garantizar unha boa información a todas aquelas persoas de fora que queiran empregar os servizos de Burela, sobre todo o Hospital da Costa, como era unha cuestión demandada e así o fixemos saber, colocáronse na estrada N-642 entre A Espiñeira e Burela, en todas as rotondas carteis de sinalización hacia o hospital e a nosa vila”. O rexedor pensa que “con esta nova sinalización queda perfectamente indicada Burela e onde está o hospital, hai así suficiente información para todo aquel que queira apreciala”. Os carteis informativos foron colocados polo Ministerio de Fomento.

Aparcamentos no hospital
O alcalde tamén se referiu de novo á necesidade de crear prazas de aparcamento nas inmediacións do Hospital da Costa, “agora mesmo estamos a traballar duro nesa zona, tanto nas proximidades como nun dos solares que compartimos cun particular fronte á gardería, para solucionar inmediatamente a falta de prazas de aparcamento”. Alfredo Llano subliñou que “con estas medidas crearemos 50 prazas alí ao lado do hospital, ben aproveitadas en batería e logo poderemos contar con outras 200 fronte á gardería, nun dos solares que quedará en perfectas condicións para aparcar alí. Calculamos que ao longo desta semana rematen os traballos e que a vindeira semana entren en servizo, así facilitamos aparcamentos para os usuarios do hospital e dos institutos. É algo no que levamos traballando un tempo e que en cuestión de días será unha realidade”.

INTERCAMBIOS ESTUDANTÍS ENTRE BURELA E ALEMANIA

Concello e Fundación BBZ de Alemania están dispostos a seguir colaborando para realizar intercambios estudiantís ao longo dos vindeiros meses. O alcalde anunciou que unha ducia de rapaces alemán chegarán en agosto a Burela para traballar en empresas relacionadas co medio ambiente e subliñou que os alumnos dos ciclos superiores de FP da vila poderán realizar as súas prácticas en Alemania.

Alfredo Llano contou que “recibín como moito agrado a unhas persoas procedentes de Hamburgo en Alemania para seguir cun proxecto iniciado o ano pasado, que ten moito que ver con intercambios de rapaces no ámbito laboral e da formación. Son representantes da Fundación BBZ, que traballa directamente con todos os estamentos oficiais, tanto coa Unión Europea como goberno alemán”.

O rexedor explicou que “o que lle interesa a esta fundación é levar a rapaces de Alemania a outros países como España para que coñezan outras realidades e para que traballen de xeito directo no país de acollida. Esas experiencias sempre son moi válidas para unha integración posterior”. Alfredo Llano anunciou que “a parte desta formación tamén queren levar para adiante e niso estamos a traballar desde o Concello e desde os institutos, sobre todo co Perdouro, para que os nosos rapaces que realizan agora a FP nos ciclos superiores poidan ir realizar as súas prácticas a Alemania, co fin de que incluso se puideran quedar a traballar alí si así o desexan”.

O alcalde de Burela considera que “Alemania está forte en cuestións de traballo, queren favorecer estes intercambios e tamén procuran levar xente a ese país”. Llano lembrou que “xa tivemos unha experiencia nos meses de novembro e decembro do ano pasado e agora en agosto voltarán aquí 10 ou 12 rapaces alemán para traballar en cuestións relacionadas co medio ambiente. Nós procuraremos insertalos en empresas do sector ou poderíamos acollelos no Concello para realizar estas prácticas. Terían unha duración de catro a oito semanas, aínda está por especificar. En breve algún directivo da Fundación BBZ voltará a Burela para pechar esta colaboración e segundo me comentaron porque estarían interesados en establecerse en Burela ou abrir unha sede aquí para favorecer estes intercambios estudiantes”.

O rexedor engadiu que “se trata dunha cuestión moi positiva tanto para os rapaces de Burela coma para os que virán desde Alemania, polo tanto estamos encantados de realizar estes intercambios. Burela xa é unha referencia clara en Hamburgo dado que os rapaces que estiveron aquí o ano pasado quedaron encantados e iso motivou que esta fundación queira seguir con nós mantendo esta relación e incluso superala”.

martes, 5 de abril de 2011

ACTIVIDADES DA SEMANA DA SAÚDE


A edil Sonia Fraga sinalou que “en anos anteriores sempre centrábamos os actos no día mundial da saúde e neste 2011 quixemos avanzar un pouco máis e ampliamos o abanico de actividades que se desenvolverán ao longo de toda esta semana”.

Mañá dan comezo xa eses actos da semana da saúde que organizou o Concello. De 17 a 18 horas terá lugar na praza de abastos un obradoiro de ioga da risa, que será impartido por Patricia Fernández. A participación é aberta a todo o público “e trátase de tentar liberar un pouco o estrés que temos acumulado cun obradoiro relaxante e que ao mesmo tempo motiva a risa”.

A concelleira de Sanidade manifestou que “o xoves é o día mundial da saúde e centramos as actividades nese día. Pola mañá haberá unha mesa informativa de 10 a 14 horas na Casa da Cultura na que participarán representantes de todas as asociacións que traballan no ámbito da saúde en Burela: Asociación de Axuda ao Enfermo Mental da Mariña, Asociación Camiña, Fundación Eu Son, Asociación de Diabéticos, Cogami e Asociación Esperanza de afectados polo cancro. Queremos que dean a coñecer as súas actividades. Na mesa informativa colaboran os dous institutos de Burela e serán moitos os alumnos que acudan a esta cita. Todos participarán nun almorzo saudable a base de bocadillos, froitas, zumos e auga”. E xa pola tarde, tamén o xoves, terá lugar unha nova edición da mixed class que impartirá un ano máis Belinda Canoura, “esta cita está aberta desde os máis cativos aos máis maiores, vai ser unha actividade moi dinámica e participativa, e tamén poderán disfrutar os participantes dunha merenda”. A mixed class será de 17 a 19 horas na praza do Concello, si o tempo o permite senón trasladaríase á praza de abastos.

Os actos da semana da saúde rematarán o 8 de abril con outra mesa informativa que moderará o doutor Pedro Gordo do hospital da Costa e na que participarán os neurólogos dese centro Luis López e Agustín Martínez, que falarán de demencias, alzheimer e parkinson. Esta mesa será de 10 a 14 horas na Casa da Cultura e inclúe a participación de Noelia Legaspi, psicopedagoga e educadora familiar do Concello de Burela que dará a coñecer varias estratexias para levar adiante unha vida emocionalmente sana.

Sonia Fraga anima “a toda a xente de Burela e dos arredores a que se acheguen a participar na semana da saúde, queremos que se conciencien xa que son actividades de prevención e a nosa intención é seguir traballando nesta liña”.

CERTAME DE MEDIO AMBIENTE

A Delegación de Educación, Normalización Lingüística e Medio Ambiente convoca para as datas da Semana Santa 2011 a cuarta edición do Certame Propostas para mellorar o Medio Ambiente: Enerxía Sostible, que ten tres variantes:

Concurso de fotografía
Concurso de relato curto
Concurso de debuxo (para os/as nenos/as de Educación Infantil)

O prazo para inscribirse da comezo hoxe e remata o 20 de abril e a presentación dos traballos que concurran a este certame poderá facerse ata o 29 de abril. Segundo explica a concelleira Lucía Bouza, “as tres especialidades teñen un mesmo tema como obxectivo: trátase de retratar (mediante un escrito, un debuxo, ou fotografías) as actuacións que se producen no noso entorno no eido da enerxía sostible. Os participantes deben recoller nas súas fotografías, nos seus relatos, ou nos seus debuxos aqueles aspectos que ven positivos ou negativos (é dicir, que deben ser cambiados) para conseguir unha enerxía sostible máis respectuosa co Medio Ambiente”.

1.- PARTICIPANTES

-Certame de Fotografía e Relato Curto

Nenos e nenas, veciños/as de Burela, en idade de cursar os estudos de Educación Primaria (dende os 6 até os 12 anos). Permítese a paticipación dun mesmo concursante en ambos os dous certames, fotografía e relato curto.

-Certame de Debuxo

Nenos e nenas, veciños/as de Burela, en idade de cursar os estudos de Educación Infantil (3 a 5 anos).

2.- INSCRICIÓNS

As inscricións pódense materializar ata o 20 de abril nas dependencias da Biblioteca Pública Municipal.

Aqueles que se inscriban no certame fotográfico, recibirán nese intre unha ficha coa que poderán recoller a súa cámara de único uso e realizar o revelado da mesma gratuitamente en Fotografía Marco Abad, sita en Rosalía de Castro, 45.

3.- OBRAS

-Certame de Fotografía

Os/as nenos/as inscritos no concurso de fotografía poden recibir a axuda dos seus pais e nais.

-Certame de Relato Curto

Os que desexen participar na variante de relato curto deberán facer o seu documento en galego (aínda que o xurado terá moi en conta as circunstancias especiais dos/as nenos/as de fóra de Galicia ou de España). As obras presentaranse en formato DIN-A4, con unha extensión mínima de 1 folla e máximo de 3.

-Certame de Debuxo

As obras presentaranse en formato DIN-A4, empregando ceras, ou outro tipo de pinturas, para a realización do debuxo.

4.- LUGAR E PRAZO DE ADMISIÓN

O certame desenvolverase ao longo das vacacións de Semana Santa, sendo a data límite para a aceptación dos traballos (na Biblioteca Pública) o 29 de abril de 2011.

A cada participante admitiránselle un máximo de 2 obras.

As obras presentaranse baixo seudónimo, xunto con elas adxuntarase un sobre pechado en cuxo exterior figure o seudónimo, a idade actual, a procedencia do/a neno/a, título da obra e certame ao que se presenta; e no interior do mesmo o nome, idade, domicilio e teléfono de contacto do autor.

5.- XURADO. Estará composto por: 1 representante do CEIP “Vista Alegre”; 1 representante do CEIP “Virxe do Carme”; 1 traballador/a da Biblioteca Municipal; a Concelleira de Educación e Medio Ambiente e a técnico de Medio Ambiente do Concello de Burela.

O fallo do xurado farase público nun acto programado para o día 7 de maio no que se agasallará a todos/as os/as participantes.

6.- ENTREGA DE PREMIOS

Terá lugar o venres, 7 de maio, ás 19:00 horas no Salón de Plenos do Concello de Burela, establecéndose cinco primeiros premios. Constará cada un deles dun cheque por valor de 150 € para gastar en calquera comercio de Burela (o cheque entregarase co nome da nai ou do pai ou do titor legal).

-Certame de Fotografía (dous primeiros premios: un para nenos/as de entre 6 e 8 anos e outro para nenos/as de entre 9 e 12 anos).

-Certame de Relato Curto (dous primeiros premios: un para nenos/as de entre 6 e 8 anos e outro para nenos/as de entre 9 e 12 anos).

-Certame de Debuxo. (Un primeiro premio).

Todos/as os/as inscritos/as recibirán un agasallo e participarán no sorteo dunha consola.

Lucía Bouza engadiu que “os traballos gañadores serán publicados nun folleto de man que se distribuirá de xeito gratuito entre os/as alumnos/as dos centros escolares do noso Concello. Unha vez rematado o proceso do certame, serán devoltos aos seus artífices; agás as obras premiadas que quedarán en propiedade da Delegación de Medio Ambiente, que se reserva o dereito de editalas e empregalas sen ánimo de lucro e facendo sempre mención do autor das mesmas”. A concelleira socialista sinalou que “as obras non premiadas que non sexan recollidas, entre o 9 de maio e o 10 de xuño na Biblioteca Municipal entenderanse cedidas á Delegación de Educación e Medio Ambiente. Este departamento terá o máximo coidado no tratamento do material recibido, se ben non se fai responsable en caso de extravío ou deterioro involuntario, motivado pola manipulación das mesmas. A inscrición neste certame supón a total aceptación das bases e a aceptación do fallo inapelable do xurado”.

ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA

O Concello impartirá cursiños para achegar a administración electrónica aos cidadáns. O alcalde, Alfredo Llano, subliñou que na páxina web do Concello haberá tamén un enlace para que as asociacións do municipio coñezan as subvencións ou axudas que convocan as diferentes administracións.

O rexedor asegurou que “estamos rematando o novo portal web do noso Concello, estamos traballando a diario para que se concrete o antes posible. A administración electrónica implantada en Burela permitirá aos veciños a través de internet facer moitos trámites desde as súas casas favorecendo a xestión fácil de moitos procesos. Será unha cuestión mi valorada e moi boa”.

Llano sinalou que “vamos facer dous cousas, por un lado e en canto teñamos moi próxima a apertura deste servizo faremos uns cursiños durante dous ou tres días, posiblemente habilitemos unha aula que pode ser no centro de formación do Concello, para que todos os veciños que teñan interés en saber cómo funciona a administración electrónica poidan facelo. Queremos que se acheguen a estes novos medios que poñemos ao seu alcance desde o noso Concello”. E engadiu que “por outro lado, atendendo ás demandas das asociacións de Burela, vamos abrir un enlace onde poidan coñecer os tipos de subvencións ou de axudas que van xurdindo desde as diferentes administracións. Cando apareza algo da Xunta, da Deputación ou do propio Concello poderán acceder e así baixar e descargar os documentos para solicitar esas axudas. Ás veces poden pasar prazos ou desapercibidas algún tipo de axudas, a través deste servizo que vai poñer en funcionamento o Concello de Burela agardo que sexa de moita utilidade e sirva para aproveitar todo aquelo que lles interese ás asociacións e agrupacións de Burela”.

Acceso ao porto

O alcalde de Burela confirmou que o vindeiro 13 de abril ás 20 horas terá lugar a xuntanza cos veciños afectados polo cambio de trazado das obras de acceso ao porto. Alfredo Llano lembrou que “segue a exposición pública unha copia dese proxecto, xa estiveron pasando por aquí todos aqueles veciños que teñen interés en saber cómo quedará ese trazado e cómo lles afectará ás súas fincas”. O rexedor convidou “á xente que non sabe aínda que está aquí ese documento a que veña e o consulte e o mércores da vindeira semana faremos unha xuntanza no salón de plenos para todos os veciños que queiran acudir e saber un pouco como queda ese trazado”. Llano está en contacto coa Xunta para que sexan técnicos de Medio Ambiente e Infraestructuras os que xunto aos técnicos municipais resposten ás preguntas que lles poidan formular os veciños de Burela.

APARCAMENTOS NA ZONA DO HOSPITAL

O Concello creará unhas 150 prazas de aparcamento nas inmediacións do hospital da Costa. O alcalde, Alfredo Llano, asegurou que o equipo de goberno habilitará un solar da súa propiedade e que están en negociacións cos donos doutros terreos para levar adiante esta iniciativa.

O rexedor sinalou que “debido á grande necesidade que hai na zona do hospital e feito un estudio do que poderíamos incrementar as prazas de aparcamento decidimos aproveitar un dos solares que é propiedade do Concello, está mesmo fronte ao colexio Vista Alegre e preto da gardería. É un terreo bastante grande e ao lado hai outro dunha persoa coa que estamos en negociacións para que nos deixe de xeito provesional acondicionalo para a creación de prazas de aparcamento”. Alfredo Llano subliñou que “segundo os primeiros cálculos realizados alí poden coller uns 100 coches, co que estamos diante dunha cifra importante”.

O alcalde de Burela engadiu que “tamén miramos unha zona moi próxima ao hospital na parte de arriba onde hai unha rúa que comunica co cuartel, alí hai un lugar que tamén habería que acondicionar, está cheo de arbustos, de maleza… hai que limpalo e botar algún material que permita acceder e aparcar con comodidade. Neste caso estimamos que poderían coller outros 35 coches e na rúa do Instituto queremos aproveitar dous solares máis, de tal xeito que en total poderíamos estar falando de 150 ou 160 vehículos”. Llano considera que “todo isto é sempre unha preocupación do noso equipo de goberno, procurar facer as cousas o mellor posible para os veciños. Hai que darse conta que na zona do hospital da Costa esta necesidade de creación de aparcamentos é urxente, imos procurar facer todas as xestións rápidamente para que esas prazas sexan unha realidade”.

jueves, 31 de marzo de 2011

PROGRAMA "INNOVA-TE"


Os veciños de 12 municipios de Lugo teñen a posibilidade de realizar trámites administrativos a través de Internet co programa Innova-TE, impulsado pola Deputación e cofinanciado pola Unión Europea para implantar a Administración Electrónica na provincia. Os procedementos que están de momento dispoñibles son 57 -dos 79 que serán posibles ó finalizar o proxecto no mes de xullo-, entre eles, solicitudes de alta no subministro de auga potable e rede de sumidoiros, dun posto no mercado, certificado de empadroamento, subvencións para asociacións e colectivos, licenza de vao e de ocupación de vía pública, inscrición en bolsas de traballo, en escolas deportivas, talleres e cursos, garderías ou reserva de voda civil.

Os Concellos que xa arrancaron este novo servizo á cidadanía son: Burela, Foz, Mondoñedo, Portomarín, Sarria, Palas de Rei, Chantada, Taboada, a Pobra do Brollón, Sober, Carballedo e Guitiriz. Nos próximos días farao A Pastoriza.

O programa Innova-TE é totalmente gratuíto para os 50 concellos adheridos, e a través del tamén reciben equipamento tecnolóxico para consolidar o despregue da e-Administración. A distribución comezou a semana pasada en Portomarín e Viveiro e a día de hoxe son 19 os concellos que teñen xa o material. O reparto continúa este xoves en Cervo e Burela, concellos nos que fixo entrega do material a Vicepresidenta Segunda da Deputación, Lara Mández, e no Incio, Samos e A Fonsagrada. Quedará completado o próximo día 11 de abril.

Coa financiación dun 70% aportada pola UE, a Deputación mercou exactamente aqueles equipos que, segundo unha auditoría previa, eran estritamente necesarios nos Concellos para garantir a implantación total e eficaz da tramitación on line. O material é o seguinte: 136 ordenadores, 102 portátiles, 42 impresoras, 33 servidores e 50 pantallas multimedia de información. A súa compra, distribución e instalación ten un presuposto de 1,4 millóns de euros.

Portais renovados

As entidades locais sumadas ó Innova-TE tamén poden renovar a súa páxina web, con máis accesibilidade e mellor navegación. Nun primeiro momento solicitaron esta opción 32 concellos, pero, tras arrancar os 7 primeiros e ver os bos resultados, outros 6 (Carballedo, O Incio, Pol, Foz, Muras e Triacastela) decidiron beneficiarse desta posibilidade. Deste xeito, a día de hoxe, son 38 os que queren renovar o portal. Deles, 12 xa teñen os traballos concluídos e unha páxina web municipal modernizada.

A diferenza doutros proxectos de Administración Electrónica emprendidos por entidades como a Mancomunidade de Municipios da Mariña ou o Concello de Xove, o programa Innova-TE ofrece ós 50 concellos adheridos, sen que teñan que facer ningún tipo de achega económica, a implantación de 79 trámites on line, pero tamén inclúe un plan de formación dos traballadores municipais, de xeito personalizado e in situ, para adaptarse á e-Administración, e a posta en marcha dunha Intranet corporativa, con diversas ferramentas, así como a dotación de equipamento tecnolóxico e de Internet de banda longa ós consistorios e telecentros co fin de garantir o despregue eficaz e de calidade do servizo.

II CERTAME DE RELATO CURTO DO MAR


O alcalde de Burela, Alfredo Llano, e a concelleira do Mar, Remedios López, facían entregas esta mañá aos alumnos dos colexios da vila dos traballos gañadores do II Certame de Relato Curto do Mar. Os rapaces puideron ver impresos os seus traballos da última edición.

Ademais Alfredo Llano entregóulles as bases para o III Certame de Relato Curto do Mar, no que poderán participar nenos/as de Burela que estudian primaria e secundaria. Segundo explicaron LLano e López Villar “trátase de relatar mediante un escrito vivencias ou historias relacionadas co mundo do Mar, o tema para esta terceira edición será As vacacións, coa idea de que se abra un abano de suxerencias que o Concello estudará para publicitar no verán”.

Remedios López subliñou que “haberá tres premios, un para o 3º ciclo de Educación Primaria e dous para a ESO, este ano o agasallo para os gañadores serán traxes de neopreno para facer deportes acuáticos. Todos os participantes terán un agasallo, só por participar. E entre todos os inscritos e participantes no acto de entrega sortearase unha Playstation3”.

A concelleira do Mar dixo que “o ano pasado este certame tivo moito éxito xa que se implicaron todos os colexios de Burela, os cales mandarán un representante para o xurado. Espérase igualar a participación ou incluso superala xa que todos os bureleses son coñecedores de historias mariñeiras”.

O prazo para entregar os traballos na biblioteca municipal estará aberto desde o 1 ata 16 abril. A entrega de premios farase no salón de plenos do Concello o 20 de Abril ás 12 horas. Alcalde e concelleira do Mar convidaron a todos os alumnos entre 10 e 16 anos a participar nesta nova edición.

viernes, 25 de marzo de 2011

OBRAS NO PERDOURO E NO CAMPON

A vindeira semana rematarán as obras de construcción do novo vial que unirá a rúa dos institutos co parque do Campón, segundo ven de anunciar o alcalde de Burela, Alfredo Llano.

O rexedor dixo que “para a vindeira semana será unha realidade o novo vial que unirá a rúa dos institutos co parque do Campón. É algo demandado polos veciños e do que se trata é de facer unha mellora substancial para favorecer o tránsito do peóns, aínda que tamén haberá paso para os garaxes e para o aparcadoiro dos coches dos profesores ou dos alumnos do instituto”.

Llano asegurou que “a obra estará rematada para a vindeira semana, martes ou mércores. É unha obra rápida, quedará moi ben e penso que vai contentar aos veciños daquela zona. Complementaráse coa mellora das canalizacións de pluviais daquelas casas adxacentes a esa rúa e colocaráse algún punto de luz para que todo no seu conxunto quede integrado nesa área e darlle servizo a todos os veciños, tal e como viñan demandando desde hai tempo

Quedou aberta ao tráfico a antiga estrada N-642 á altura da ponte do Perdouro. O alcalde, Alfredo Llano, subliñou que “a maior parte dos traballos xa remataron e os semáforos que regulaban alí a circulación xa foron retirados, polo que xa se pode transitar con normalidad”. Só queda pendente o asfaltado da zona, que se realizarán nos vindeiros días.

O rexedor manifestou que “as obras fixéronse moi rápido, xa que comezaron hai máis ou menos un mes e o que tentamos foi molestar o menos posible”. Os traballos de arranxo da ponte do Perdouro foron realizados pola Deputación Provincial de Lugo e supuxeron un investimento de 74.000 euros.

O CAMIÑO DA FOLGUEIROSA

O concelleiro de Obras e Servizos, Pascual Doménech critica o retraso co que se iniciou a construcción da escolleira de contención no camiño da Folgueirosa, uns traballos polos que en Burela levan agardando preto dun ano. O edil socialista lembra que a Xunta cualificou a obra de emerxencia no seu momento, cando se produciron as intensas choivas e riadas de xuño do ano pasado.

Pascual Doménech sinala que “por fin deron comenzo as obras da construcción da escolleira de contención no camiño da Folgueirosa. O retraso foi repetidamente denunciado polo Concello nos últimos meses, xa que este continuo aprazamento supuxo un perxuizo e un trato discriminatorio para Burela. A lentitude con que a Administración Autonómica acomete esta construción obrigou a manter a estrada pechada durante nove meses, debido a que non se atopaba nas debidas condicións de soportar o tráfico rodado”. O edil socialista engade que “o retraso veu motivado polos recortes presupostarios que se produciron na Consellería de Medio Rural, e acometer a obra por medio da SPI, co cal teñen máis fácil establecer prioridades solo nos concellos nos que goberna o PP, sen importarlle para nada os cidadáns gobernados por outra opción política que non é a súa”.

O concelleiro de Obras lembra que “esta obra, cualificada polo goberno galego como obra de emerxencia, motivo polo que supoñemos só tardan case un ano en acometela, foi asumida pola Xunta, xunto con outras actuacións en seis camiños de Burela, debido ás intensas choivas e riadas acaecidas no mes de xuño de 2010. Este compromiso de reparación existe dende o mes de agosto do ano pasado, leva un gran retraso na súa execución, que motivou as críticas de moitos concellos pola súa lentitude en asumir as responsabilidades que lle competen á Xunta, xestión, por certo, tan desastrosa e exenta de axilidade, que tivo que ser a Deputación de Lugo quen asumira os custes da reparación da ponte do Perdouro

SORTEO DAS XORNADAS DO OURIZO


Xavier Anidos de Ferrol, que pasou a ponte de San Xosé en Burela desfrutando das terceiras xornadas gastronómicas do ourizo, organizadas pola Concellaría do Mar, gañou unha fin de semana nun spa para dúas persoas. O afortunado degustou o ourizo na Parrillada de Jandro.

CELEBRACION DO DIA DA ARBORE


A Delegación de Medio Ambiente celebrou o dia da árbore. Segundo explican desde este departamento do Concello “éste e o segundo ano consecutivo que se organiza un xogo de pistas denominado ¿Qúe árbore é?. As monitoras do Centro de educación Medioambiental Gaia presentaron o xogo nos dous centros de ensino de Burela, clase por clase, explicando aos alumnos as bases para concursar. Neste xogo de pistas participaron os alumnos de 2º ata 6º. As monitoras colocaron uns taboleiros á entrada de cada centro onde cada día durante 6 xornadas colocaron unha pista con algunha característica da árbore para que os rapaces e rapazas adivinasen de que árbore se trataba. Cada clase emitiu un só voto, que se meteu nunha urna. (no Ceip Virxe do Carme era unha camelia e no Ceip Vista Alegre era un abeto).

No Ceip Virxe do Carme empataron dúas clases e no Ceip Vista Alegre gañou 6º. Esta mañá acompañados da edil de Medio Ambiente, Lucia Bouza, do alcalde, Alfredo Llano, e das monitoras do Centro de Educacion Medioambiental Gaia prantaron unha árbore, un loureiro no Ceip Virxe do Carme e un almendro no Ceip Vist Alegre. Os actos tiveron lugar nos seus propios centros hoxe as 11:30 e 12:00 horas respectivamente. As monitoras de Gaia, a través desta actividade, sensibilizan aos alumnos “da importancia e conservación dos nosos bosques, non só unha vez o ano, senón todos e cada un dos días deberíamos respectala natureza que nos rodea”.

Día da auga

O día 22 de marzo, as monitoras celebraron o Dia Mundial da Auga. Os alumnos de 5º e 6º dos dous centros de ensino de Burela viron un video para conciencialos sobre a necesidade de aforrar auga. Gaia repartirá entre o alumnado perlizadores e reductores de caudal para as cisternas do baño e explicarálles medidas de aforro de agua.

REMATAN AS OBRAS NO ACCESO AO CANTIÑO

O alcalde de Burela, Alfredo Llano, confirmou que xa remataron as obras de arranxo do paseo do Cantiño, que resultou danado polos temporais do ano pasado. O rexedor quere que os paseos e as praias estean listos para uso e disfrute de veciños e visitantes na vindeira semana santa.

Llano dixo que “é unha constante preocupación no Concello de Burela ter todo preparado para a vindeira semana santa, queremos ter todo listo por si ven bó tempo para favorecer que a xente se achegue aos nosos areais e poida disfrutar deles. Desde o Concello traballamos conxuntamente con Costas para rematar o antes posible todo o que quedou afectado polas riadas do ano pasado, e incluso por esa oleaxe impresionante que houbo en novembro e que levou por diante bastantes tramos do paseo marítimo desde Burela ata A Marosa e tamén na zona do Cantiño”.

Sobre O Cantiño, o alcalde de Burela explicou que “na baixada de acceso á praia producíuse un derrube total do muro, que facilitaba a chegada das persoas a ese areal. Agora xa está completamente arranxado, construíuse un novo muro con barandillas para permitir que a xente que baixe a esa praia o faga con total seguridade”.

Alfredo Llano engadiu que “no resto do paseo entre Burela e A Marosa hai algunhas pedras que desapareceron, pero xa foron encargadas e vánse colocar o antes posible para devolver este paseo ao seu estado inicial. Na Marosa están culminando as obras de acceso, para que en semana santa poida estar tamén lista esa praia”.

miércoles, 16 de marzo de 2011

CONVENIO COA ASOCIACIÓN DIGNIDAD DE LUGO


O alcalde de Burela, Alfredo Llano, e o responsable da asociación Dignidad de Lugo, Fernando Pérez Lozano, asinaron esta mañá un convenio para establecer un marco de colaboración e actuación co fin de favorecer, entre outras cousas, a integración de persoas con problemas de drogadicción. Llano explicou que “este colectivo traballa con persoas que sofren pobreza, marxinación, enfermidades ou discapacidades e con aqueles que teñen problemas coas drogas. O obxectivo do convenio é establecer un marco de colaboración entre o Concello e Dignidad para o desenvolvemento de actuacións que fomenten a integración dos menores, adolescentes con risco de conflicto social e que favorezcan a promoción da saúde e de hábitos saudables”.

O rexedor sinalou que “na Unidade de Drogodependencias estamos a ver que está a aumentar o consumo de drogas, sobre todo en menores a partires de 17 anos. É unha problemática que preocupa non só ao Concello e á UAD senón que hai máis asociacións que tamén están con nós nesto. Todo o que sexa reforzarse e axudarse mutuamente será importante e terá repercusións positivas na nosa sociedade”. Llano engadiu que “este convenio está asinado con xente que está moi metida nesta problemática e en todo o que se deriva dela, queremos traballar con rapaces e con programas en materia de prevención” e anunciou que “queremos que Dignidad forme parte dunha comisión que se creará en Burela con todos os alcaldes da Mariña para abordar esta cuestión que tanto preocupa á sociedade. Queremos que nos asesoren e así entre todos buscar solucións que merezcan a pena e poder atallar o aumento detectado no consumo de drogas”.

INVESTIMENTO DE 180.000 € NA PRAIA DE A MAROSA

O alcalde, Alfredo Llano, agarda que as obras de arranxo do espigón da Marosa estean listas no mes de maio. Os traballos que comezaron esta semana suporán un investimento de 180.000 euros.

O rexedor dixo que “é o momento de pensar en ir arranxando ben as praias para telas en debidas condicións de cara á semana santa. Estamos preocupados polo areal da Marosa, hai que lembrar que o espigón resultou danado polos últimos temporais que sofrimos ao longo do ano pasado. Ese espigón perdeu moítimas pedras das que formaban esa parede e hai que voltar a colocalas”. Llano confirmou que “o luns comezaron as obras de arranxo do espigón e si o tempo acompaña en mes e medio ou dous meses estarán listas, eso quere decir que para o verán a praia estará en perfecto estado”.

Alfredo Llano subliña que “a obra do espigón é moi necesaria porque protexe o areal e garantiza que non cheguen olas que poidan danar aos bañistas. Tamén servirá para evitar que se poida perder unha cantidade considerable de area. Suporá unha mellora da praia no seu conxunto. As obras teñen un presuposto de 180.000 euros e vai levantarse dous metros máis da altura que tiña a día de hoxe. O proxecto levao Costas directamente e calculamos que estea lista a execución en dous meses, como tamén estarán listos para a época estival os accesos á praia, adaptados para todo tipo de persoas e de necesidades, incluso para que poida utilizalo algún vehículo que teña que baixar a facer traballos na area