miércoles, 9 de junio de 2010

BANDEIRAS AZUIS 2010


O alcalde, Alfredo Llano, está contento coas tres bandeiras azuis que reciben as praias de A Marosa, O Portelo e Ril e destaca o galardón que tamén teñen a aula medio ambiental Gaia e o barco museo Reina del Carmen.

O rexedor sinalou que “realmente foi unha ratificación do que ocorreu o ano pasado e estamos moi contentos coas tres bandeiras que reciben as praias A Marosa, O Portelo e Ril e tamén as da aula medio ambiental Gaia e do barco museo Reina del Carmen. Temos polo tanto cinco bandeiras azuis ao igual que no 2009. En Burela preocupámonos por ter as praias o mellor posible, limpas, ben arranxadas e con todos os servizos, o que da lugar a que se valore o noso traballo e que consigamos a bandeira azul como un elemento de garantía de que hai boa calidade”.Llano dixo que “este ano temos ademais o propósito de implantar onde sexa posible a normativa 14001, algo que da garantías absolutas para o baño e para empregar todos os servizos dos areais. Todo esto no seu conxunto posibilitará que chegue máis turismo a Burela, creo que é un atractivo grande a oferta das nosas praias. Si gaña Burela con esto, gañan os veciños e gaña toda a comarca da Mariña”.

CAMPIONATO GALEGO DE MOTOS ACUATICAS

A Concellaría do Mar de Burela está a preparar a primeira proba do campionato galego de motos acuáticas que se celebrará na praia do Portelo o vindeiro 12 de xuño.

Remedios López lembrou na presentación que “éste é o terceiro ano consecutivo que se organiza a proba en Burela e que ten grande expectación entre a poboación pola afición que hai a este deporte. Na edición anterior o clima non acompañou e desenvolveuse nun circuito duro, con moito mar de fondo solo apto para profesionais. Nesta ocasión espérase que as condicións metereolóxicas sexan actas para o desenrolo da proba e como nas anteriores, cerrarase a praia ao público por motivos de seguridade xa que durante todo o día haberá probas e exhibicións”.

O campionato comezará ás 16 horas onde se desenrolarán varias mangas na modalidade motos de auga maxi e motos de auga Jet Ski. En total daránse cita en Burela de 25 a 30 pilotos. Pero durante todo o día haberá probas de quecemento, adestramentos oficiais e mangas clasificatorias que farán disfrutar deste deporte ao longo de todo o día.

A concelleira socialista convida “a todo o mundo a que se acerque ata a praia do Portelo para disfrutar deste espectáculo gratuíto que é un importante evento deportivo no que o nome de Burela figurará ao longo das distintas probas que se desenvolven por toda Galicia”.

miércoles, 2 de junio de 2010

EXPOSICIÓN DE FOTOS NA PRAZA DO CONCELLO


O alcalde, Alfredo Llano e a concelleira do Mar, Remedios López, inauguraron a exposición fotográfica Lembranzas do mar II.

Remedios López lembra que “ésta é unha homenaxe que a Concellería do Mar dedica a todas aquelas xentes que axudaron e participaron de distintas formas a que Burela saíra adiante e fora coñecida, a través da historia, pola súa tradición mariñeira da pesca artesán de gran calidade”.

Esta exposición consta de 45 paneis de 1×1,5 m que relatan a través de fotos imaxes da pesca, dos barcos, das xentes, das redeiras… imaxes de actividades paralelas á pesca como a conserveira, o transporte de caolín, o transporte da madeira… imaxes de procesións, de afundimentos, de botaduras… A exposición ao aire libre pódese ver na praza do Concello onde estará castro meses. A edil socialista sinala que “se recollerá a finais de setembro para que as inclemencias metereolóxicas non deterioren os paneis”.

Esta exposición faise con fotos procedentes do arquivo fotográfico da Concellería do Mar e do arquivo fotográfico que cede de forma altruísta, a familia de Arcadio Pardiñas e a asociación Casas Baratas. Remedios López apunta que “o arquivo fotográfico permanece aberto e todas aquelas persoas que teñan fotos antigas relacionadas co mundo do mar e queiran velas expostas na próxima exposición. Os interesados poderán traelas ao Concello onde lle faremos unha copia e devolveremos intactos os orixinais”.

A concelleira do Mar engade que “Lembranzas do mar II dalle continuidade á exposición fotográfica anterior, ubicada na actualidade no peirao, e segue a plasmar o transcurso de cen anos de recordos da nosa forma de vivir. A pesca segue a ser un dos inxectores da economía da Mariña, o que antes era unha actividade estival agora convertese nun oficio próspero e competitivo, grazas a el conséguense importantes ingresos económicos e turísticos que fan que Burela se desenvolva e medre”.