miércoles, 29 de diciembre de 2010

PRESENTACIÓN DO 5º LIBRO DE RECEITAS


O alcalde de Burela, Alfredo Llano, e a concelleira do Mar, Remedios López, presentaban esta mañá o quinto libro da colección Os sabores do noso mar, adicado nesta ocasión ao polbo da pedra.

López Villar lembrou que “Os sabores do noso mar é unha colección que puxo en marcha a Concellería do Mar co afán de promover e divulgar os produtos da costa burelense, recollendo diversas formas de elaborar e degustar o produto presentado, con receitas clásicas e innovadoras que os hostaleiros do concello converteron nun suculento manxar”. E explicou que “este quinto libro está composto por quince receitas, onde se pode degustar: polbo á cazola, barca de polbo, polbo á malagueña, polbo á vinagreta, polbo á prancha, polbo recheo de marisco, polbo encebolado, espetadas de polbo á bodeguilla, polbo mariñeiro, polbo ao allo, polbo con ameixas, polbo á feira, espetada de polbo e langostinos, ensalada morna de polbo con algas e capricho de polbo. Bríndanse ademais a ocasión de dar a coñecer aos hostaleiros os seus locais e as súa situación, xa que estes libros repártense nas distintas feiras nas que participa o Concello facendo publicidade de Burela e dos tesouros que o seu mar ofrece”.

A edil socialista asegura que “se fixeron 1.000 exemplares e que se contou coa axuda dunha subvención dos Grupos de Acción Costeira, GAC Eixo1 da Mariña-Ortegal subvencionando o 65% do importe total do proxecto, con Fondos Europeos da Pesca, con fondos do Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño e con fondos da Xunta de Galicia. O resto do orzamento 35% será a cargo do Concello de Burela”.

martes, 28 de diciembre de 2010

PROXECCIÓNS DE CINE

O vindeiro xoves 30 de decembro dará comezo na Casa da Cultura a proxección de nove películas do Festival Internacional de Cine de Medio Ambiente, segundo confirmou hoxe o alcalde.

Alfredo Llano dixo que “os filmes abordarán cuestións coma o cambio climático, a auga… o obxectivo é fomentar e incorporar o audiovisual como instrumento de sensibilización, educación e formación. Comezamos este xoves proxectando a película Aquí para permanecer, na que se abordan cuestións coma o quentamento global e do agotamento dos recursos naturais, é unha reflexión sobre todos estes asuntos. Será a partires das oito e media da tarde e a entrada é gratuita e agardamos que sexa do interés da poboación de Burela e dos concellos limítrofes. Todo o que queira está convidado a disfrutar deste ciclo de cine de medio ambiente”.

O rexedor engadiu que “o 4 de xaneiro poderáse ver o filme Un mar cambiante, o 8 de xaneiro será o momento de disfrutar con Solo un agua, xa en febreiro terán lugar as proxeccións de Los días de la tierra, Green e Viva la Amazonía, e despois virán La lucha alimentaria e Tesoros descartados. O ciclo rematará en abril. A duración das películas oscila entre unha hora e unha hora e cuarto, a temática é de grande interés xeral e o seu contido dará qué pensar aos que acudan a esta cita”.

Llano lembrou que “este ciclo chega a Burela grazas ao acordo acadado hai unhas semanas entre o Concello e a dirección do Festival Internacional de Cine de Medio Ambiente

EFECTIVOS DE GRUMIR NO 2011

O alcalde, Alfredo Llano, ven de confirmar que o Concello contará no 2011 con 15 efectivos para o Grupo Municipal de Intervención Rápida.

Llano aproveitou a súa visita hoxe a Santiago para preguntarlle ao conselleiro da Presidencia, Alfonso Rueda, por este asunto “e agora sabemos que contaremos co mesmo persoal que no 2010. O Grumir ten na actualidade tres efectivos estables e os outros 12 contrataránse unha vez que saia publicada a orde correspondente o vindeiro 15 de xaneiro. O que aínda non sabemos é si a subvención que nos concenderán será para que os contratos teñan unha duración de seis meses e medio ou de nove”.

O rexedor engadiu que “as contratacións dos membros do Grumir iránse facendo dependendo da conveniencia de cada Concello”.

Llano analizou o futuro do Grumir con Rueda no acto de entrega do novo vehículo que ven de recibir Burela para este departamento.

NOVO VEHICULO DE PROTECCIÓN CIVIL


O alcalde de Burela, Alfredo Llano recolleu en Compostela o novo coche para o servizo de Protección Civil. “Con este Nissan Qashqai 4 x 4 iremos renovando a flota de coches deste servizo e iremos dando de baixa os máis antigos cos que contamos”, explicou o alcalde.

ENTREGA DE DIPLOMAS



O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, e o Alcalde de Burela, Alfredo Llano, visitaron os 20 pequenos comercios burelenses que se sumaron á Burela co seu comercio, o primeiro programa personalizado e gratuíto posto en marcha na provincia en apoio a este sector. Besteiro e Llano quixeron entregar persoalmente os diplomas desta iniciativa ós seus participantes para coñecer as impresións sobre a programación mediante a cal recibiron 250 horas de asesoramento individual e práctico, que tiveron como resultado un Plan de mellora adaptado as súas necesidades co que facer fronte á crise económica. A Deputación fíxose cargo de todos os custes supoñendo un aforro de 80.000 euros ó sector, o prezo dos servizos prestados segundo o mercado.

O Presidente salientou que “o investimento que fixemos neste curso non só supón un aforro para o comercio senón que ademais, conleva a mellora da súa competitividade e polo tanto, o aumento da súa actividade e dos seus ingresos”. Pola súa banda, o Alcalde agradeceu a Besteiro a celebración en Burela “dunha iniciativa que, mediante a formación, logra conservar ducias de postos de traballo nun sector fundamental para a economía da nosa localidade”.

Burela co seu comercio é a segunda programación que a Deputación leva á Mariña en apoio ó tecido empresarial. O organismo provincial celebrou en Viveiro un curso sobre a sucesión na empresa familiar. Estas iniciativas engádense ademais, ás subvencións que reciben 250 autónomos da zona. Trátanse das pioneiras axudas en España mediante as cales a Deputación asume os gastos correntes destes profesionais tales como os recibos de luz e teléfono, seguros ou aluguer. A maiores, o organismo provincial mantén centos de postos de emprego nos sectores da hostelería e do comercio con Km0.Deputación de Lugo. O programa medioambiental logrou aumentar a clientela destes negocios logo da visita de miles de persoas.

Desenvolvemento da programación

Durante 6 semanas, expertos económicos avaliaron “in situ”, e de cada un dos establecementos, as vendas, a colocación, o etiquetado, o prezo, a distribución ou a calidade dos produtos; o trato, a información, e ata a recuperación ou a conserva dos clientes; así como as técnicas fronte á competencia, ou as medidas de promoción e publicidade. Deste xeito, os participantes puideron coñecer, e sempre de forma adaptada ós seus negocios, as oportunidades no mercado, as negociacións con provedores e institucións financeiras, o contorno xurídico laboral e fiscal, as actividades de merchandising, a xestión dos stocks, os posibles proxectos de expansión ou remodelación comercial, e ata as estratexias defensivas ou de cooperación.

CAMBIO DE NOME DA PRAZA DO CONCELLO


O equipo de goberno aprobará no pleno do vindeiro 30 de decembro poñerlle o nome de praza da Confraría de Pescadores á praza do Concello. Así o anunciaba esta mañá o alcalde, Alfredo Llano.

O rexedor explicou que “no pleno que teremos o día 30 de decembro un dos puntos que abordaremos será unha petición realizada pola confraría de pescadores de Burela para darlle ese nome á praza onde está o Concello. Imos aprobar esa petición en recoñecemento á labor realizada pola confraría en diversos ámbitos na vila, é de xustiza facelo e aprobarémolo nesa sesión prevista para ás 10 da mañá”.

DONACION DE LIBROS Á BIBLIOTECA

A editorial Ediciones Protocolo entregou o mércores 23 de decembro ao Concello de Burela un lote de libros coa colección completa da súa Área de Formación. O acto tivo lugar na Biblioteca Municipal de Burela. O alcalde de Burela, Alfredo Llano, recibirá as obras de mans de Mar Castro e Luis López, autores do último número da colección, “Técnicas para falar en público; Guía para unha comunicación eficaz”, que precisamente se presentou no Concello de Burela fai apenas dous meses.

Froito daquela colaboración entre a editorial e o concello burelense xorde agora esta achega de obras literarias que pasarán a engrosar o arquivo da biblioteca municipal.

A colección da área de Formación de Ediciones Protocolo está formada por vinte e tres títulos relacionados co mundo do protocolo nas súas máis amplas facetas, desde o máis antigo cerimonial ata as máis rabiosas técnicas protocolarias existentes na actualidade, especialmente, de cara á organización de todo tipo de eventos:

* Protocolo Oficial. Las instituciones españolas del Estado y su ceremonial (5ª edición). Carlos Fuente
* Técnicas de Organización de Actos. Manual de Protocolo actualizado. Carlos Fuente
* La empresa y su protocolo. El procedimiento de calidad en la organización de sus actos. Gerardo Correas
* Protocolo en las comidas. Pilar Muiños
* La comunicación en el protocolo. Julio César Herrero y Juan Luis Fuente
* Ceremonial y protocolo religioso. Sergio Escalera
* Manual práctico para la organización de eventos. Técnicas de Organización de Actos (II). Carlos Fuente
* Protocolo y ceremonial en las Fuerzas Armadas. Alfredo A. Rodríguez
* Organización y protocolo en las bodas. Julia Escamilla
* Protocolo en el deporte. José María López
* La organización de congresos y su protocolo. María Nurkanovik
* El protocolo en la administración local. Ignacio Martínez
* Derecho premial. Pedro-Vicente Rubio
* La diplomacia y su protocolo. Blanca López
* El protocolo en las universidades españolas. Manuela Suárez, Pascual Rivas y Concepción Aguilera
* Las organizaciones internacionales y su protocolo. Francisco Merino
* Protocolo para eventos. Técnicas de organización de actos (I). Carlos Fuente
* La comunicación en los eventos. Diego Zala
* Producción de eventos. La puesta en escena del Protocolo. Gloria Campos
* Protocolo social. Mar Castro
* Protocolo para empresas. La organización de eventos ante las nuevas necesidades en las entidades privadas. Gerardo Correas
* La creatividad en los eventos. Amparo Barriga Hidalgo
* Técnicas para hablar en público. Guía para una comunicación eficaz. Mar Castro y Luis López

martes, 21 de diciembre de 2010

AGASALLO DE CALENDARIOS DA CONCELLERIA DE MAR


No día de hoxe e dentro da campaña de No nadal consume os nosos produtos poñénse en circulación 1.000 calendarios cos que agasallarán as nove peixerías participantes aos seus clientes: peixería Pepa, peixería Carmiña, peixería Pepe, peixería Pastoriza, peixería Rubén, supermercados Cemar, Eroski, Gadis e cetárea de mariscos David.

Segundo explica a concelleira do Mar, Remedios López, “éste é un aliciente mais para que a xente se anime a encargar produtos que se comercializan no noso peirao. Cada peixería agasallará cun calendario a todas aquelas encargas que se fagan para a cea de noiteboa”.

A edil socialista di que “estes calendarios do 2011 son un recopilatorio de todos os traballos feitos durante o ano pola Concellería do Mar: charlas, exposicións, actividades de promoción dos produtos que captura a flota do porto de Burela, incluíndo degustacións gastronómicas, deportes náuticos, recuperación de imaxes antigas de Burela expostas en grandes paneis, edición de recetarios con pratos elaborados por hostaleiros de Burela coa denominación Os sabores do noso mar e cursos de formación como o PER, o titulín, primeiros auxilios e socorrismo acuático. Estes calendarios reflicten que se poden combinar con éxito a tradición, a cultura, o turismo e tamén a economía vinculados á actividade central do municipio. Sempre coa única idea de que sirva de plataforma divulgativa para proxectar a imaxe da localidade ao exterior incentivando a actividade de cada un dos seus sectores”.

Remedios López lembra que “o vindeiro 30 de decembro no salón de plenos do concello de Burela farase o sorteo dunha cesta doada por ABSA con produtos frescos de peixe e marisco valorada en 1.000 euros en lonxa. Este acto está aberto a todo o mundo que queira asistir”

viernes, 17 de diciembre de 2010

FIRMA DO CONVENIO COA DEPUTACION


O alcalde, Alfredo Llano, viaxou a Lugo para asinar un convenio de colaboración coa Deputación co fin de executar unha veintena de actuacións ao amparo do plan complementario do extraordinario de obra pública. O investimento a realizar, na súa maioría no primeiro trimestre do ano, será dun millón de euros.

O rexedor explicou que “se trata da execución das actuacións realizadas ao amparo do plan extraordinario de obra pública. A Burela correspóndelle un millón de euros, é un investimento que tentaremos realizar en beneficio de todo o mundo. Son obras moi diversas que se notarán en moitos puntos do noso concello”.


Llano considera que “son obras moi representativas para todo o pobo e agardamos que todo o mundo se beneficie destes traballos”.

Listado obras

* Mellora do alumeado público e dotación de mobiliario urbano na rúa Rosalía de Castro e Emilia Pardo Bazán: 130.000 euros
* Proxecto técnico de demolición do edificio na rúa Pascual Veiga que fai esquina coa rúa de Fontela: 40.000 euros
* Escarificado e renovación de pavimento-treitos parciais de varias rúas: zona ensanche, (área norte): 48.500 euros
* Escarificado e renovación de pavimento-treitos parciais de varias rúas: zona ensanche, (área sur): 38.000 euros
* Escarificado e renovación de pavimento-treitos parciais de varias rúas: zona centro, (Avda. Arcadio Pardiñas e área hospital): 34.834 euros
* Reposición de mobiliario urbano infantil en parque Tijola: 17.000 euros
* Pista Multideporte en Parque Rosalía de Castro: 33.000 euros
* Colocación de tapas de saneamento-abastecemento alumeado e sumidoiros na rede viaria municipal: 45.000 euros
* Axardinamento na Avenida Arcadio Pardiñas: 73.500 euros
* Reforma alumeado na Praza da Mariña e rúa Manuel Murguía: 64.400 euros
* Pista skate na rúa Marosa: 35.500 euros
* Mellora do alumeado público da Avenida Arcadio Pardiñas: 238.000 euros
* Canalización do treito río Burela: 37.500 euros
* Sinalización vertical na rede viaria municipal (zona centro e área hospital): 16.700 euros
* Sinalización horizontal na rede viaria municipal: zona ensanche (área norte): 45.000 euros
* Sinalización horizontal na rede viaria municipal: zona ensanche (área sur): 28.066 euros
* Canalización fonte de Vilar: 7.500 euros
* Acondicionamento Praza da Igrexa: 67.500 euros

miércoles, 15 de diciembre de 2010

CAMPAÑA DE CONSUMO DE PEIXE NO NADAL

http://www.youtube.com/watch?v=sDQHRtFcQKY
A campaña No nadal consume os nosos produtos, que organiza a Concellería do Mar, chega mañá á televisión.

A edil Remedios López explica que “se fixo un spot publicitario para promocionar os nosos produtos que se emitirá en V Televisión. Será de 15 pases e 7 días de duración, no horario de máxima audiencia, dende o día 16 ata o 23 de decembro, no informativo rexional de mediodía e pola noite entre as 22 e as 22:30 horas. Elixiuse esta cadea porque cubre unha poboación diaria, no ámbito de Galicia, de 200.000 persoas de luns a xoves, os venres de 250.000 persoas diarias e o fins de semana e festivos de 350.000, con picos que chegan ata 375.000 persoas diarias en toda Galicia”.

A concelleira do Mar sinala que “tamén dentro desta campaña o luns 20 de decembro poranse en circulación 1.000 calendarios, que se repartirán de forma gratuítas polas peixerías participantes na campaña. Cada vez que se faga unha encarga de peixe ou marisco para as festas do Nadal será agraciado cun destes exemplares. Estes calendarios do 2011 levan unha recopilación de todos os traballos que organiza a Concellería do Mar en Burela coma un exemplo claro de que se poden combinar con éxito a tradición, a cultura , o turismo e a economía vinculados a actividade central do municipio, o mar”.

Remedios López lembra que “ao longo de todo o ano, fixéronse charlas, exposicións , actividades de promoción dos produtos que captura a flota do porto de Burela incluíndo degustacións gastronómicas ou deportes náuticos entre a poboación infantil cun acercamento ao mundo do mar. Tamén a recuperación de imaxes antigas de Burela expostas en grandes paneis, edición de recetarios con pratos elaborados por hostaleiros de Burela baixo a denominación de Os Sabores do noso mar e cursos de formación como o PER, o titulín ou de primeiros auxilios e socorrismo acuático. Todo coa única idea de proxectar a imaxe da localidade ao exterior e incentivando a actividade de cada un dos seus sectores cara ao mar”.

A concelleira socialista subliña que “todo este proxecto levarase a diante grazas a unha subvención concedida ao 65%, a través dos GAC da Mariña- Ortegal Eixo 1, cos fondos europeos da Pesca, o Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño e a Consellería do Mar da Xunta de Galicia .O resto do orzamento (35%) será con cargo aos fondos propios do Concello de Burela”.

PLAN DE OBRAS E EDIFICIO DE CAPITANIA


O alcalde, Alfredo Llano, amósase moi satisfeito co millón de euros que recibirá Burela a través do plan complementario do extraordinario de obra pública da Deputación. O convenio será asinado o vindeiro venres.

Llano contou esta tarde que “o venres imos asinar este convenio que para Burela significa moito porque suporá un investimento total en obra pública dun millón de euros cos que dotaremos á nosa vila de todo aquelo que cremos que é necesario para facer de Burela un pobo preparado para o turismo, para o comercio e para vivir nel”.

O rexedor subliñou que “Burela medra e iso é debido a que aquí estáse a ofertar todo aquelo que é positivo para a vila, para o desenvolvemento e para a sociedade. Hai unha veintena de actuacións que se levarán adiante nos vindeiros meses en Burela. Unha das cousas importantes é o proxecto de demolición dun edificio entre Pascual Veiga e esquina rúa da Fontela, onde ampliaremos o acceso a esas rúas, váille dar unha nova visión a esa zona e quedará perfectamente tanto para vehículos como para peóns. Tamén procuraremos mellorar o asfaltado das rúas que se foron quedando máis obsoletas e procederemos á reposición de mobiliario urbano e infantil no parque Tíjola ademáis de realizar unha mellora na praza da iglesia para deixala máis atractiva”.

Llano engadiu que “son unhas 20 actuacións que faremos públicas en canto asinemos o convenio. Eso é importante xunto á boa noticia que recibín hoxe desde Fomento, confirmáronme que se asinou o contrato para a construcción da nova capitanía marítima. Penso que para a vindeira semana darán comezo os preparativos para iniciar esa obra tan importante para Burela que ten un presuposto de 2 millóns de euros e un prazo de execución dun ano”. O alcalde pensa que “con estas actuacións non só vamos mellorar os servizos e as dotacións do noso pobo, senón que tamén melloraremos as condicións laborais, o traballo e o emprego que se derivarán destas obras, o que é tremendamente positivo para todo o mundo

domingo, 12 de diciembre de 2010

CINE DE MEDIO AMBIENTE

A Casa da Cultura acollerá de decembro a marzo a proxección de nove películas do Festival Internacional de Cine de Medio Ambiente, segundo anunciou esta mañá o alcalde de Burela.

Alfredo Llano explicou que “hai uns días cheguei a un acordo co responsable da asociación que organiza o Festival Internacional de Cine de Medio Ambiente para proxectar en Burela nove películas sobre o medio ambiente. O que tratamos é de abordar temáticas como os conflictos sociais, ecolóxicos e naturais, o cambio climático, todo o que nos preocupa últimamente. Queremos incorporar o audiovisual como instrumento de sensibilización, educación e información aos diferentes sectores sociais e educativos. Agora tal e como están as circunstancias medioambientais e tal e como están repercutindo os fenómenos atmosféricos tanto a nivel mundial como comarcal é o momento de facer este tipo de actividades”.

O rexedor engadiu que “son películas moi boas no aspecto técnico e na temática que abordan. Un mar cambiante, Os días da terra, Adictos ao plástico, A loita alimentaria… Comenzaremos coas proxeccións a finais deste mes de decembro, pasaremos unha ou dúas cintas e despois o ciclo seguirá ata marzo. Trátase dunha alternativa ao ocio, cultural e educativa que repercutirá de xeito positivo nas persoas que as vaian ver”.

viernes, 10 de diciembre de 2010

PLAN DE OBRAS PARA BURELA

O Presidente da Deputación -José Ramón Gómez Besteiro-, acompañado do Deputado de Cooperación cos Concellos -Antonio Gato Soengas-, anunciou este venres que a institución que preside intensifica o apoio ós municipios cunha nova partida económica de carácter complementario e que foi hoxe aprobada pola Xunta de Goberno: 9.457.000 euros, sendo a partida económica máis cuantiosa en canto a transferencias directas ós Concellos que ratifica o organismo provincial. Deste xeito, a Deputación destinará, sen aumentar a débeda pública, estes preto de 10 millóns de euros á dotación de infraestruturas básicas e demandadas polos concellos, así como á mellora de equipamentos existentes nos principais municipios que superan os 5.000 habitantes ou exercen como motores comarcais na provincia.

A Deputación asume o custe total destas actuacións, aliviando deste investimento millonario ós Concellos, incluídas dentro do Plan Extraordinario de Obra Pública aprobado polo actual equipo de goberno no mes de abril. Neste senso, Gómez Besteiro subliñou que “imos cumprindo as nosas previsións de execución. Pensamos que era importante que, despois doutros Plans nos que se actuaba noutros Concellos pequenos, impulsar un plan complementario naqueles que tamén teñen as súas necesidades e volcan os seus servizos máis alá dos que presta o propio Concello”.

A este respecto, o titular provincial explicou que por iso se estableceu un reparto, priorizando a aqueles municipios que quedaron excluídos doutros plans impulsados polo organismo provincial como o de Pequenas Infraestruturas para Concellos de menos de 5.000 habitantes que beneficia a 41 municipios ou o Plan do Canon, a través do que investimos máis de 11 millóns de euros nas 16 entidades locais de todas as cores políticas que contaban con produción hidroeléctrica.

A Xunta de Goberno deu o visto e prace ós convenios de colaboración que o titular provincial asinará nos vindeiros días cos Alcaldes dos 9 Concellos ós que vai destinada esta macroprogramación que beneficia a 176.000 veciños, “case máis da metade da poboación da provincia” que corresponde ós municipios de Monforte de Lemos, Vilalba, Lugo, A Fonsagrada, Becerreá, Viveiro, Foz e Burela.

Gómez Besteiro destacou que “son obras queridas polos Concellos e imos en prazo perfecto de execución do Plan Extraordinario. É unha aposta máis por estar detrás do municipalismo, detrás dos Concellos sobre todo neste momento no que a cooperación ten que ser aínda máis importante. A Deputación demostra que isto é ó que sabe xogar, ó que quere xogar e onde quere xogar, que é no terreo dos Concellos con este novo Plan”.

Plan consensuado cos Alcaldes
Co acordo hoxe aprobado pola Xunta de Goberno, a Deputación completa o Plan Extraordinario de Obra Pública, dotado con preto de 22 millóns de euros e creado polo organismo provincial para manter os postos de traballo que dependían da licitación de obras. O Presidente xa mantivo contactos previos cos alcaldes para buscar o máximo consenso nas actuacións, co fin de asegurar de que o investimento sexa o máis rendible e beneficioso para os veciños. Neste senso, estanse a ultimar as actuacións destinadas á mellora do saneamento de núcleos poboacionais, á construción de instalacións deportivas como a piscina de Sarria, o único caso que, debido ó elevado investimento, tamén será cofinanciada polo Concello, ou á renovación do alumeado público e do abastecemento de augas en diferentes localidades dos 9 municipios.

Máxima cooperación cos Concellos
Antonio Gato subliñou que esta iniciativa “é un exemplo máis do máximo compromiso que esta Deputación ten con todos os Concellos da provincia, en contraposición co que vén facendo a Xunta de Feijóo ó longo destes dous anos de goberno autonómico, que o único que transmite é a ausencia total de investimentos nunha meirande parte dos Concellos”. O Deputado de Coooperación puntualizou: “non hai obras da Xunta e se non fóra pola Deputación non se faría nin unha soa obra. O goberno autonómico establece unha falsa cooperación. Proba diso é que tivemos noticia que agora a Xunta se ofrece a cobrar os impagos dos Concellos cando isto é o que estamos facendo dende o servizo de recadación e cobrando menos do que pretende Feijóo. Seguen aprendendo do que está facendo a Deputación”.

miércoles, 1 de diciembre de 2010

DIFERENTE VISION DO SERVIZO PUBLICO DO PP E DO PSDEG-PSOE

O alcalde lamentou o peche da delegación da TVG en Burela. Llano comentou que “estamos diante do desmantelamento dun servizo máis aquí na Mariña. Era un servizo público de información, era quen nos poñía un pouco no aire para dar a coñecer as novas da nosa comarca, somos preto de 90.000 habitantes e debemos ter ese servizo ou incluso amplialo”. O rexedor comentou que “os traballadores ou ben serán despedidos ou trasladados a outras delegacións na capital da provincia ou noutros puntos de Galicia. Temos que pelexar onde corresponda para que esta delegación volte a traballar porque é un servizo básico ao que temos dereito todos os habitantes da Mariña. Así dáselle pouco valor á nosa comarca, paréceme moi mal esta medida e temos que loitar onde corresponda para recuperar esta delegación”.

Pacto polo emprego

Por outra banda, Alfredo Llano, anunciou a celebración en Burela de tres cursos do Pacto Provincial polo Emprego da Deputación, “houbo unha serie de selección para participar nesta convocatoria e aquí vánse impartir tres cursos: atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais de 450 horas, operacións auxiliares de fabricación de 340 horas e auxiliar de enfermería en xeriatría de 300 horas. Os cursos daránse no noso centro de formación e contaremos cun mínimo de 15 alumnos por rama que chegarán desde Burela e desde outros puntos da comarca”. O alcalde engadiu que “son cursos becados que veñen indicar que estamos apostando directamente pola colocación, polo emprego e pola formación. O asistentes sairán cunha formación moi específica que lles abrirá o camiño no emprego. Esto complementa os cursos á pequena e media empresa que se están dando aquí en Burela o cual quere dicir que a nosa implicación e o compromiso é total neste sentido”.

GRANDE PARTICIPACION NA REUNION SOBRE PEONALIZAR PARDO BAZAN

O alcalde de Burela, Alfredo Llano, anunciou que analizará as opinións que onte lle deron veciños e comerciantes sobre a posible peatonalización da rúa Pardo Bazán e despois o equipo de goberno tomará unha decisión.

O rexedor destacou a grande participación de veciños e comerciantes no encontro celebrado onte no Concello e dixo que “o acto foi transparente e participativo o que remarca a nosa filosofía de abrirnos á sociedade e de ter en conta a opinión dos veciños de Burela á hora de tomar decisións”. Alfredo Llano recoñeceu que “non hai un consenso total, pero o que é determinante é coñecer a opinión dos veciños e os seus argumentos. Agora estudiarémolas e máis adiante decidiremos si seguimos adiante ou non con este proxecto”.

O alcalde de Burela sinalou que “os que están en contra, a maioría comerciantes, falaban de que lles podía afectar negativamente a posibilidade de que non existan aparcamentos si se peatonaliza a rúa, pensan que ao non haber fluidez de tráfico os seus negocios se poden resentir. E os que están a favor din que sería unha zona de expansión máis para Burela, que daría máis confianza, que se podería pasear con tranquilidade e que sería positivo para os negocios, ao igual que ocorreu noutras vilas ou cidades que peatonalizaron algunhas das súas rúas”.

Sobre os aparcamentos Llano subliñou que “estamos falando e xa está comprometido, fágase ou non peatonal a rúa Pardo Bazán, hai un solar fronte ao parque que se dotará en parte a prazas de aparcamento. E despois a nivel global en Burela contaremos tamén con máis zonas para deixar os coches porque en Torrentes van quedar as rúas listas en breve, de momento alí o ritmo de construcción será lento e teremos polo tanto rúas de aparcamento. Este asunto non sería o máis complicado para levar adiante a peatonalización da rúa Pardo Bazán, senón a fluidez de tráfico pola zona”.

CONSUME O PEIXE DE BURELA


Mañá da comezo a campaña No nadal consume os nosos produtos, que organiza un ano máis o Concello. As nove peixerías que participan nesta cita repartirán 8.000 papeletas entre os seus clientes que entrarán no sorteo dunha cesta valorada en 1.000 euros o vindeiro 30 de decembro.

No día de hoxe o alcalde, Alfredo Llano, o presidente de ABSA, Abelardo Basanta e a concelleira do Mar, Remedios López presentaban a campaña que se desenvolverá durante todo o mes de decembro “para promocionar e fomentar un ano mais o consumo dos produtos pesqueiros que se adquiran nas peixerías do municipio procedentes da lonxa de Burela”.

A edil socialista lembrou que “esta iniciativa comezou o ano 2008 por primeira vez, foi moi ben aceptada polas peixerías do municipio coas que nunca noutra ocasión se tiña traballado. Inténtase así fomentar o comercio que levará ao desenvolvemento e crecemento do pobo, apoiando a venda directa do peixe e marisco nas peixerías”. Nesta ocasión colaboran co concello: peixería PEPA, peixería CARMIÑA, peixería PEPE, peixería PASTORIZA, peixería RUBÉN, supermercados CEMAR, supermercados EROSKI, supermercados GADIS e a cetárea de mariscos David.

A edil de Mar explica que “nas nove peixerías nas que se merque un produto que se subastou na lonxa de Burela o consumidor recibirá unha papeleta para entrar no sorteo dunha magnífica cesta de peixe e marisco fresco. Esta cesta será doada por ABSA, empresa interesada sempre en apoiar as iniciativas que realiza o Concello para promocionar os seus produtos. A cesta está valorada en 1000 euros e levará os produtos mais representativos de todas as artes do noso peirao merluza do pincho, rape, rodaballo, lubina, centola, nécora…todo fresco”.

Remedios López engade que “o Concello encargarase da organización e da publicidade, repartindo entre as peixerías que participen 8000 papeletas que se poñerán a circular o día 1 de decembro, 300 carteis que os exportadores repartirán por toda Galicia e farase publicidade en prensa, radio e televisión coa única intención de fomentar o consumo e dar a coñecer os produtos pesqueiros de gran calidade que se comercializan en Burela. Tamén nesta ocasión e como novidade para este ano o Concello regalará un calendario para o 2011 a todas aquelas encargas que se fagan para a comida da noiteboa, calendario que repartirán as peixerías participantes a partir da semana entrante”.

O sorteo da cesta celebrarase o 30 de decembro ás 12 da mañá no salón de plenos do Concello de Burela, “será un acto aberto ao público e transparente, polo que invitamos a todo o mundo a participar”.