
O alcalde, Alfredo Llano, viaxou a Lugo para asinar un convenio de colaboración coa Deputación co fin de executar unha veintena de actuacións ao amparo do plan complementario do extraordinario de obra pública. O investimento a realizar, na súa maioría no primeiro trimestre do ano, será dun millón de euros.
O rexedor explicou que “se trata da execución das actuacións realizadas ao amparo do plan extraordinario de obra pública. A Burela correspóndelle un millón de euros, é un investimento que tentaremos realizar en beneficio de todo o mundo. Son obras moi diversas que se notarán en moitos puntos do noso concello”.
Llano considera que “son obras moi representativas para todo o pobo e agardamos que todo o mundo se beneficie destes traballos”.
Listado obras
* Mellora do alumeado público e dotación de mobiliario urbano na rúa Rosalía de Castro e Emilia Pardo Bazán: 130.000 euros
* Proxecto técnico de demolición do edificio na rúa Pascual Veiga que fai esquina coa rúa de Fontela: 40.000 euros
* Escarificado e renovación de pavimento-treitos parciais de varias rúas: zona ensanche, (área norte): 48.500 euros
* Escarificado e renovación de pavimento-treitos parciais de varias rúas: zona ensanche, (área sur): 38.000 euros
* Escarificado e renovación de pavimento-treitos parciais de varias rúas: zona centro, (Avda. Arcadio Pardiñas e área hospital): 34.834 euros
* Reposición de mobiliario urbano infantil en parque Tijola: 17.000 euros
* Pista Multideporte en Parque Rosalía de Castro: 33.000 euros
* Colocación de tapas de saneamento-abastecemento alumeado e sumidoiros na rede viaria municipal: 45.000 euros
* Axardinamento na Avenida Arcadio Pardiñas: 73.500 euros
* Reforma alumeado na Praza da Mariña e rúa Manuel Murguía: 64.400 euros
* Pista skate na rúa Marosa: 35.500 euros
* Mellora do alumeado público da Avenida Arcadio Pardiñas: 238.000 euros
* Canalización do treito río Burela: 37.500 euros
* Sinalización vertical na rede viaria municipal (zona centro e área hospital): 16.700 euros
* Sinalización horizontal na rede viaria municipal: zona ensanche (área norte): 45.000 euros
* Sinalización horizontal na rede viaria municipal: zona ensanche (área sur): 28.066 euros
* Canalización fonte de Vilar: 7.500 euros
* Acondicionamento Praza da Igrexa: 67.500 euros
No hay comentarios:
Publicar un comentario