miércoles, 1 de diciembre de 2010

GRANDE PARTICIPACION NA REUNION SOBRE PEONALIZAR PARDO BAZAN

O alcalde de Burela, Alfredo Llano, anunciou que analizará as opinións que onte lle deron veciños e comerciantes sobre a posible peatonalización da rúa Pardo Bazán e despois o equipo de goberno tomará unha decisión.

O rexedor destacou a grande participación de veciños e comerciantes no encontro celebrado onte no Concello e dixo que “o acto foi transparente e participativo o que remarca a nosa filosofía de abrirnos á sociedade e de ter en conta a opinión dos veciños de Burela á hora de tomar decisións”. Alfredo Llano recoñeceu que “non hai un consenso total, pero o que é determinante é coñecer a opinión dos veciños e os seus argumentos. Agora estudiarémolas e máis adiante decidiremos si seguimos adiante ou non con este proxecto”.

O alcalde de Burela sinalou que “os que están en contra, a maioría comerciantes, falaban de que lles podía afectar negativamente a posibilidade de que non existan aparcamentos si se peatonaliza a rúa, pensan que ao non haber fluidez de tráfico os seus negocios se poden resentir. E os que están a favor din que sería unha zona de expansión máis para Burela, que daría máis confianza, que se podería pasear con tranquilidade e que sería positivo para os negocios, ao igual que ocorreu noutras vilas ou cidades que peatonalizaron algunhas das súas rúas”.

Sobre os aparcamentos Llano subliñou que “estamos falando e xa está comprometido, fágase ou non peatonal a rúa Pardo Bazán, hai un solar fronte ao parque que se dotará en parte a prazas de aparcamento. E despois a nivel global en Burela contaremos tamén con máis zonas para deixar os coches porque en Torrentes van quedar as rúas listas en breve, de momento alí o ritmo de construcción será lento e teremos polo tanto rúas de aparcamento. Este asunto non sería o máis complicado para levar adiante a peatonalización da rúa Pardo Bazán, senón a fluidez de tráfico pola zona”.

No hay comentarios: