A Casa da Cultura acollerá de decembro a marzo a proxección de nove películas do Festival Internacional de Cine de Medio Ambiente, segundo anunciou esta mañá o alcalde de Burela.
Alfredo Llano explicou que “hai uns días cheguei a un acordo co responsable da asociación que organiza o Festival Internacional de Cine de Medio Ambiente para proxectar en Burela nove películas sobre o medio ambiente. O que tratamos é de abordar temáticas como os conflictos sociais, ecolóxicos e naturais, o cambio climático, todo o que nos preocupa últimamente. Queremos incorporar o audiovisual como instrumento de sensibilización, educación e información aos diferentes sectores sociais e educativos. Agora tal e como están as circunstancias medioambientais e tal e como están repercutindo os fenómenos atmosféricos tanto a nivel mundial como comarcal é o momento de facer este tipo de actividades”.
O rexedor engadiu que “son películas moi boas no aspecto técnico e na temática que abordan. Un mar cambiante, Os días da terra, Adictos ao plástico, A loita alimentaria… Comenzaremos coas proxeccións a finais deste mes de decembro, pasaremos unha ou dúas cintas e despois o ciclo seguirá ata marzo. Trátase dunha alternativa ao ocio, cultural e educativa que repercutirá de xeito positivo nas persoas que as vaian ver”.
domingo, 12 de diciembre de 2010
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario