lunes, 31 de enero de 2011

ALFREDO LLANO, ELEXIDO COMO CANDIDATO

A asamblea local de afiliados do PSOE de Burela acordou a última hora da tarde do venres elexir de novo a Alfredo Llano como candidato da formación para a alcaldía do municipio, a falta dunha semana para cumplirse a data máxima dictada polo partido a nivel galego para a designación dos cabezas de lista.

Participaron na asamblea más do 60% dos afiliados da formación, según comentou o propio Llano. «Por unanimidade elexiuse a miña candidatura, non se presentou ningunha outra», explicou. O cabeza de lista recibeu o apoio dos afiliados e relatou que «hai ganas de traballar e ilusión en seguir facendo cousas», mensaxe que repetirá no día da sua presentación oficial como candidato, o próximo venres, día 4, nun acto no que estará acompañado polo ministro de Fomento, José Blanco. Esta cita será previsiblemente a partir das oito da tarde no salón de actos de ABSA, e a ela están invitados «afiliados da comarca, simpatizantes e toda persoa que queira».

«Logo fixaremos un calendario de xuntanzas para mirar única e exclusivamente a cuestión das eleccións, organizarémonos en grupos de traballo e a partir de aí empezaremos a labor, xuntándonos con todo o mundo», apunta Llano, quen manten aberta a lista que o acompañará. «A candidatura final ata o mes de marzo non a farei pública, sempre hai moito que ver, aínda que teñas unha idea inicial pode variar sustancialmente, eso hai que traballalo moito», apostillou. Alfredo Llano avanzou que enfrenta o futuro «con respeto e seriedade», pois é distinto o momento que vive o Concello agora que fai cuatro anos.

viernes, 28 de enero de 2011

A TREMENDA BAIXEZA DO PP DE BURELA

O alcalde de Burela rexeitou nesta xornada as acusacións de supostas irregularidades no proceso de selección para cubrir con carácter temporal unha praza de administrativo no Concello. Alfredo Llano manifestou que “dito proceso se fixo cunha responsabilidade total, pero houbo alguén desde o primeiro día que tivo a intención de deslexitimalo. Empezaron tiraron octavillas preto do Concello argumentando que esa praza ía ser para unha persoa determinada, que o tribunal era corrupto e que o alcalde era un consentidor”. O rexedor de Burela considera que “todo foi programado, aproveitando o exame para molestar o máximo posible ao goberno que está agora no Concello. É tal a baixeza moral desta xente que é triste”.

Llano relatou que “unha vez tiradas as octavillas, xa sabíamos que ían acudir aos medios de comunicación para sembrar as dúbidas oportunas, tentaron deslexitimar ao propio tribunal, á persoa que eles dicían que ían aprobar e dicíndome a min que eu era un consentidor. O proceso selectivo conta cunhas bases onde se explica que é o que teñen que facer e se non están de acordo con él teñen os seus camiños para protestar e reclamar. Iso non se fixo de momento”.

Ao alcalde chamóulle a atención que “onte o PP chegase ao pleno celebrado no Concello pedíndome que explique as irregularidades que se levaron adiante nese proceso de selección de persoal. Din con certeza que houbo irregularidades cando, de momento, ninguén denunciou nin se demostrou tal cousa. Isto demostra que todo estaba preparado e que aproveitaron este proceso co propósito de atacar ao equipo de goberno. É unha baixeza e unha irresponsabilidade do PP entrar neste tipo de argumentación, o único que pretendían era minar ao bipartito con estes métodos. Fíxense na calidade dos políticos que pretenden ser equipo de goberno nas próximas eleccións”.

O Concello investigará “quen lanzou as octavillas e unha vez identificadas esas persoas terán que explicar porqué fixeron estas cousas. Todo foi feito con moi mala intención e cunha baixeza moral total. O que queira protestar e dicir algo ten os mecanismos necesarios para facelo. Non se pode chegar a caer nestes niveis tan baixos, a calidade moral destas persoas espanta e tira para atrás a calquera”.

OBRAS DE FEVE NA ESTACION

O alcalde, Alfredo Llano, anunciou que Feve comezará en breve a realizar obras de mellora no edificio que alberga as estacións do tren e de autobuses. Os primeiros traballos consistirán na colocación dunha escaleira de acceso a esas instalacións desde a rúa Nosa Señora do Carme.

Llano lembrou que “na última visita que cursou a Burela o presidente de Feve, Angel Villalba, estivemos charlando de varias cuestións que nos preocupan como foi, por exemplo, o cambio de vía para apurar o acceso ao porto. Él informou daquela que por parte de Feve non habería problema, que se ían arranxar as cousas o antes posible, pero que estaba agardando a que lle pasaran o proxecto para saber que era o que ían facer. Agora xa se sabe que ese proxecto está paralizado, un tema que trataremos no pleno previsto para esta tarde no Concello”.

O rexedor engadiu que “naquel encontro tamén lle plantexei unha serie de melloras substanciais na estación do tren e de autobuses porque levaba moitos anos sen facerse ningún tipo de arranxo nin de mantemento. Entón él comprometéuse en levar para adiante as miñas peticións e agora estánse a cumprir. Unha das cuestións máis demandadas, que era a colocación dunha escaleira de acceso á estación desde a rúa Nosa Señora do Carme, xa se vai facer agora. E tamén se acometerá unha mellora integral do edificio que agrupa a estación de tren e de autobuses, vaise pintar e vaise substituir a cuberta. Serán uns traballos que lle darán unha nova categoría á nosa estación”. Alfredo Llano subliñou que “todas aquelas peticións que lle fixemos ao presidente de Feve estánse a realizar e serán unha realidade dentro de pouco”.

Obras da Deputación

O alcalde de Burela manifestou tamén hoxe que “as obras proxectadas a través dos fondos da Deputación están moi apuradas, xa hai quince días levei 10 proxectos e mañá, venres, levarei os oito restantes e calculo que en marzo poderán comezar a maior parte deses traballos”. Llano dixo que “reforzarán o noso concello en todos aqueles aspectos que preocupan aos veciños, unhas obras que tocan todos os ámbitos como o deportivo, o social, a mellora da seguridade vial, a eliminación dun tapón urbanístico, etc”.

miércoles, 26 de enero de 2011

O PSDEG-PSOE ESIXE O REINICIO DO ACCESO AO POSTO

O deputado do Grupo Parlamentario do PSdeG-PSOE Ismael Rego anunciou hoxe que rexistrou unha proposición no Parlamento Galego para reclamar á Xunta, a que adopte tódalas medidas precisas para o reinicio das obras de acceso ao Porto de Burela, de xeito que se dea cumprimento aos prazos establecidos na programación aprobada nos orzamentos do ano 2010, nos que se contemplaba o remate das obras no ano 2012.

O deputado socialista unha vez rematados tódolos atrancos xudiciais e técnicos, incluído a modificación do trazado da vía de FEVE acordado con esta empresa, Rego entende que non hai xa ningunha razón para que as obras sigan paralizadas e non se de cumprimento aos prazos programados para a finalización dunha infraestructura que é imprescindible para o desenvolvementos da actividade do Porto como para a mellora das condicións de accesibilidade e a seguridade vial ao enclave urbano de Burela.

Lembra que o porto de Burela é un dos de maior volume de operacións dentro dos portos adscritos á Comunidade Autónoma de Galicia. Di que o devandito enclave estratéxico foi experimentando diferentes ampliacións nas súas liñas de atraque. Na actualidade atópase en pleno funcionamento e producción unha gran lonxa para o tratamento e comercialización da pesca, o que está a contribuír a un sensible aumento do tráfico e actividade no porto.

viernes, 21 de enero de 2011

BALANCE DE SENTENZA

O alcalde, Alfredo Llano, acompañado por membros do goberno municipal, fixeron hoxe un balance da setenza sobre contaminación acústica contra un pub da vila. Llano aseguran que sempre actuaron con dilixencia e conforme á legalidade vixente e consideran que todo isto se puido evitar si o anterior rexedor actuase como debera.

Con respecto á recente sentenza sobre contaminación acústica contra un pub de Burela, dende o Concello queremos facer as seguintes puntualizacións sobre as actuacións levadas a cabo neste tema dende xullo de 2007 cando asumimos o goberno municipal os abaixo asinantes:

PRIMEIRO

En abril de 2008 procedeuse á retirada temporal da licenza de actividade, con peche indefinido do establecemento, por deficiencias na seguridade do local e despois das denuncias recibidas e da inspección realizada pola Policía Local e o Aparellador Municipal.

Unha vez subsanadas as deficiencias, levantouse a sanción.

SEGUNDO

En xuño de 2008 ábrese expediente sancionador por presunta infracción medioambiental, despois de repetidas denuncias e acta de medición acústica da Policía Local.

Séguese todo o trámite administrativo de alegacións e proposta de sanción que conclúe coa clausura temporal polo prazo de 6 meses e multa de 3.000 €.

Ante novas denuncias por ruídos ao non acatar a sanción de clausura do local, dáse orde á Policía Local de precintado do local.

TERCEIRO

En agosto de 2009 cúmprese o período da sanción e levántase o precintado do local para proceder á insonorización.

Autorízase unha apertura provisional condicionando a definitiva ás medicións acústicas que se efectuarán e, feitas estas, dáse a apertura definitiva.

CUARTO

En abril de 2010 volven a facerse medicións acústicas ante novas denuncias por ruídos e ábrese un 2º expediente sancionador con paralización de actividade como medida provisional.

Neste momento tamén chega ao Concello unha sentenza do recurso contencioso administrativo presentado polos propietarios do local contra o peche do mesmo en 2008 e nela dáselle a razón ao Concello desestimando a demanda dos propietarios.

QUINTO

En xuño de 2010 solicítase ao Xulgado de Instrucción nº 2 de Viveiro a comunicación das actuacións adoptadas a fin de acordar, no seu caso, a suspensión do procedemento en vía administrativa até que recaia a correspondente resolución xudicial.

Remítese ao Xulgado de Instrución nº 2 de Viveiro copia de todo o expediente administrativo.

Polo tanto, dende o Concello de Burela:

-En todo momento, dende xullo de 2007, se actuou con dilixencia e conforme á legalidade vixente, iniciando e levando a cabo as actuacións precisas para dar cumprimento á lei, con este pub en cuestión e con outros tamén. Modificouse, igualmente, a Ordenanza Municipal de Ruídos para regulamentar ben todo este tema e para facilitar a conciliación destas actividades empresariais e o descanso da veciñanza.

-Lamentamos que se tivera que chegar aos extremos dun xuízo penal pero, no momento en que dende a parte denunciante se solicita a intervención do Xulgado, dende o Concello cumprimos as ordes deste.

-A esta situación final chegouse, entre outras causas, pola deixadez e irresponsabilidade política do anterior Alcalde de Burela que durante máis de un ano non deu curso ás reiteradas denuncias da veciña afectada e que motivaron unha situación insostible de convivencia.

VISITA DE JOSE BLANCO

O ministro de Fomento, José Blanco, realizará unha visita institucional a Burela o vindeiro 5 de febreiro, segundo ven de anunciar o alcalde, Alfredo Llano.

O rexedor asegurou que “Blanco se achegará ao lugar no que se construirá a nova capitanía marítima, entre outras cousas”.

Torrentes

Alfredo Llano tamén subliñou hoxe que “as obras da unidade de actuación de Torrentes darán comezo en breve, unha vez solventado o problema administrativo que se produciu cando gobernaba o PP en Burela. Xa se enviou notificación a todos os afectados da aprobación definitiva do documento base e do inicio dos traballos”.

EN DEFENSA DO HOSPITAL DA COSTA

O deputado do Grupo Parlamentario do PSdeG-PSOE Ismael Rego pide explicacións a Feijoo polas insoportables listas de espera no hospital da Costa. Afirma que os responsables do Sergas que valoran como positivas as evolución das listas de espera no hospital da Costa deben dimitir o ser fulminantemente cesados.

Coas cifras na man sinala que o tempo medio de espera quirurxica elevouse ata 89.7 días o que supón un incremento de 9 días con respecto o ano 2008 (ultimo ano presidido por Emilio Pérez Touriño). Cualifica estas cifras como “unha autentica tomadura de pelo aos cidadáns”, e denuncia que “non se están adoptando medidas para mellorar a grave situación que estran sufrindo os cidadáns da Mariña como consecuencia do deterioro na sanidade publica tanto en atención primaria como especializada”. Advirte tamén que núcleos urbanos e de referencia comarcal como Viveiro non teñen garantizado o servicio de pediatría, ou que o Hospital da Costa someta a poboación da Mariña as listas de espeta mais longas do sistema publico sanitario galego e volvan de novo os desprazamentos de doentes a outros centros sanitarios a mais de 100 km de distancia.

Lémbralle aos responsables do Sergas que a productividade do Hospital da Costa e os seus profesionais foi das mais altas de Galicia dende a súa apertura, e non tiveron que agardar pola chagada dos xenios en materia de xestión sanitaria do PP para expresar o seu compromiso coa sanidade publica da que forman parte en favor do conxunto dos cidadáns da Mariña. Rego replica que “so bastaría con que os actuais xestores do Sergas tomaran exemplo dese compromiso en vez de manipular datos catastróficos derivados da súa xestión”. Por iso reclama que se comprometan a adoptar as medidas precisas que permitan contar cun numero de medios e equipamentos para rematar co grave deterioro que sufre a sanidade publica na Mariña nos últimos dous anos.

Nese senso o deputado do PSdeG-PSOE Ismael Rego esixe a inmediata posta en marcha dun plan especifico para afrontar a situación do deterioro da sanidade publica na Mariña. Reclama que se poñan os medios e a organización axeitada para utilizar ao máximo as posibilidades actuais do Centro Hospitalario e do seu cadro de persoal, e tamén poñendo en marcha as actuacións programadas e presupostadas polo anterior Goberno, incluíndo a ampliación.

Di que a situación é moito mais grave polo que esixe ao responsables do Sergas a inmediata publicación da lista de espera non estructural do Hospital da Costa que esconde miles de pacientes agardando por unha intervención.

O deputado socialista lamenta que as listas de espera publicadas veñen a confirmar os peores augurios das denuncias realizadas polo PSdeG-PSOE e os colectivos sociais da zona, xunto cos propios profesionais do centro, sobre o grave deterioro ao que esta sometendo os actuais responsables do Sergas o Hospital da Costa. A maiores sinala que as políticas da Conselleira de Sanidade Pilar Farjas manteñen o Hospital da Costa no ranking das esperas de Galicia.

Así as cousas Rego afirma que esta situación deriva da estratexia da Conselleira de Sanidade de descapatizacion do Centro Hospitalario. Xa que asegura que recorta os orzamentos para o seu funcionamento, paralizando as inversións e actuacións polo anterior Goberno, entre as que se atopaban a reforma dalgúns servicios como o de xinecoloxía, e a propia ampliación do centro hospitalario para que xa había redactado o preceptivo Plan funcional.

jueves, 20 de enero de 2011

DEMANDA DE CELERIDADE Á XUNTA DE GALICIA

O Concello demandará da Xunta no vindeiro pleno ordinario a realización das obras de emerxencia en varios camiños, pendentes desde as riadas do pasado mes de xuño e a urxente reanudación das obras de acceso ao porto de Burela, segundo adiantou hoxe o alcalde.

Alfredo Llano contou que “entre os puntos que abordaremos nesa sesión figuran a solicitude á Xunta do inicio con carácter urxente das obras de emerxencia para a reparación dos danos causados polas chuvias de xuño de 2010, xa que aínda hai unha serie de traballos que é preciso realizar canto antes, a Xunta quedou en facelas hai tempo e seguimos esperando”. Trátase do camiño do Circuito, camiño da Pena da Guía, camiño Real-Cemiterio; camiño Escolleira-Pasadiñas-punto limpo, camiño do Monte Castelo, camiño do punto limpo e A Escolleira-Camiño da Figueiroa.

O rexedor explicou que “tamén solicitaremos a reanudación urxente das obras de acceso ao porto de Burela. A empresa que estaba aí foi retirada do proxecto e iso pode dar lugar a que se retrase no tempo esa obra tan necesaria para Burela e tan importante…sería unha vía de comunicación inmediata cara o porto tanto de entrada como de saída de camións e usuarios de todo tipo de vehículos. No seu conxunto beneficiría moitísimo ao tráfico de Burela e sería unha saída natural idónea”. Llano insistiu en que “se trata dunha obra moi demandada polos usuarios do porto e polos veciños de Burela, porque nos podería levar a unha remodelación do tráfico na nosa vila. Agora mesmo só temos unha saída e entrada ao porto, onde existe unha fluidez enorme de camións, trátase da Avenida do Berbés e si por algunha circunstancia queda cortada non hai unha saída natural para o tráfico rodado. É una obra prioritaria e haina que facer xa urxentemente, iso sería darlle importancia ao porto, ao pobo de Burela e á súa xente”.

Cine de medio ambiente

Mañá venres ás 20:30 horas na Casa da Cultura terá lugar a proxección da película Solo un agua, dentro do ciclo de cine de medio ambiente, que organizou o Concello co Fimac. O rexedor manifestou que “é un filme que abordará a xestión da auga a nivel mundial, trátase de algo esencial para a existencia e moi valioso, si a consumimos sen control teremos un problema no futuro, pero aínda pode ter solución si se atalla a tempo. É unha película que nos fará reflexionar”. Llano destacou “o interese que están a despertar estas proxeccións, a semana pasada houbo bastante xente e agardamos que a de mañá tamén suscite curiosidade e expectación entre os veciños aos que convido a disfrutar deste ciclo de cine”.

PARALIZACION DO ACCESO AO PORTO

O alcalde de Burela, Alfredo Llano, lamenta que non continúen as obras de acceso ao porto, xa que a Xunta decidiu rescindir o contrato coa empresa adxudicataria. Llano advirte que esta medida ocasionará un retraso de varios anos para esta importante obra para Burela. O rexedor fixo hoxe balance dos investimentos realizados polo goberno central e pola Deputación en Burela.

Llano destacou “as obras realizadas en Burela gracias ao plan E do goberno de España, fixemos moitas actuacións nos últimos meses relacionadas coa eliminación de barreiras arquitectónicas, co aforro enerxético e coa mellora da xestión electrónica nos concellos. E agora estamos a rematar os 18 proxectos que executaremos próximamente a través do plan complementario do extraordinario de obra pública da Deputación de Lugo. A semana pasada xa levei parte deses proxectos e outros irán estes días para que sexan licitados o antes posible e se poñan a andar. Hai un millón de euros para investir en Burela, estas obras ocasionarán unha mellora sustancial na nosa vila, en rúas, servizos e instalacións. En total entre o plan E do ano pasado e este investimento da Deputación son dous millóns de euros os que se están a investir en Burela e consideramos que tal e como están as cousas é unha boa noticia para o noso concello”.

O rexedor explicou que “nós tentamos conseguir o maior número de obras para Burela co obxectivo de que se asente coma un dos mellores concellos da comarca e da provincia de Lugo, e acabamos de enterarnos de que a Xunta rescindiu o contrato coa empresa que tiña que executar as obras de acceso ao porto, o que quere dicir que todo ese proxecto tardará en resolverse. Era unha obra moi importante para o desenvolvemento económico e social e esta medida provocará un retraso de varios anos, algo que indica o interés que ten a actual Xunta co noso concello. É moi preocupante e haberá que terllo en conta no futuro”.

Plan Lugo Emprega

O alcalde de Burela tamén se referiu ao plan Lugo Emprega, “estamos ultimando o número de empregos que imos crear gracias ao plan Lugo Emprega da Deputación de Lugo. Haberá prazas de xardineiría, albanelería, haberá pintores, soldadores, persoal para atención ao barco museo, turismo, mantemento das instalacións deportivas da Marosa e dos polideportivos, auxiliar administrativo e varias prazas polivalentes, tipo Grumir, ademáis de mantemento medio ambiental tanto nas praias como de apoio a Gaia”.

Llano sinalou que “temos aseguradas 22 prazas, pero queremos procurar naqueles casos como xardinería ou albanelería, por exemplo, facer algúns contratos a tempo parcial e en lugar de haber 4 poderíamos contar con 8 persoas, co que estas 22 prazas poderían chegar incluso a 30. As horas traballadas serían menos, pero debemos preocuparnos por empregar ao maior número de xente posible. Estarán traballando posiblemente a 1 de marzo, hai que facer a selección, abriremos o prazo de presentación de instancias a última semana deste mes, os exames serán na primeira quincena de febreiro e o proceso culminará hacia o 20 de febreiro”. O rexedor considera que “é unha boa noticia porque se trata de crear e fomentar o emprego e iso é o que estamos a promover desde o Concello de Burela para mellorar as condicións laborais dos nosos veciños”.

CURSO DE INFORMATICA NO BANCO DO TEMPO

O Banco de Tempo de Burela está a impartir un curso de informática desde o pasado 13 de xaneiro, segundo informa hoxe a Delegación de Traballo do Concello.

Segundo explica a edil socialista Sonia Fragatrátase dun intercambio entre os socios deste servizo. O curso prolongarase ata finais de marzo, as clases son os luns de 16 a 18 horas e os mércores de 10 a 12 da mañá. En total están a participar 11 persoas, polo que estamos moi satisfeitos”.

A concelleira de Traballo engade que “despois das reunións establecidas e realizadas anteriormente, decidimos entre todos facer este pequeno curso para darse a coñecer un poquiño máis entre todo o grupo de socios que forman parte do Banco de Tempo de Burela, ademáis de adquirir coñecementos de informática que moitos demandan, coñecementos básicos que moitas veces quedan nun caixón á hora de facer un curso de informática oficial. Así foi polo que decidiron botar man dun dos socios con gran experiencia como informático para adquirir esta formación e saber manexar o básico dun pc e achegarse un pouco mais ás tic”.

Sonia Fraga subliña que “no Banco de Tempo seguimos con novas altas dentro deste servizo, e cada vez son mais as persoas interesadas en formar parte do mesmo, polo que dende a Delegacion de Traballo animamos a que se una más xente”.

viernes, 14 de enero de 2011

RESPOSTA AO PP

SOBRE O PLAN LUGO EMPREGA

O Boletín Oficial da Provincia publica hoxe as bases do plan Lugo Emprega da Deputación. Segundo explicou o alcalde de Burela, Alfredo Llano, “ditas bases refírense a concellos con menos de 5.000 habitantes como Alfoz, Valadouro o Xove. No caso de municipios máis grandes como é o de Burela nós faremos a nosas propias bases de acordo coa lei e co que marca a Deputación. Farémolo xa a partires da semana que ven, para que a xente que queira acudir a participar nesta selección de persoal poida facelo. Aquí terán todos categoría de peón e tentaremos empregar a 22 persoas. Estamos rematando de definir as prazas máis convintes para o noso concello, queremos incluir albañís, xardiñeiros, pintores… será por un prazo duns seis meses e os soldos serán de 900 a 1.000 euros aproximadamente”.

O rexedor considera que “é unha boa solución para moitas familias agora mesmo, imos procurar que sexa totalmente transparente o proceso e o máis acorde posible coas necesidades do noso pobo. Quero denunciar que desde o PP se están a mandar mensaxes como si todo dependese deles e están a crear ansiedades e malas informacións dicindo que son eles os que van decidir estes postos de traballo. Este proceso será o máis transparente posible, eso quero garantizarllo a todo o mundo, todo o mundo terá a opción de acceder a eses postos de traballo”. Alfredo Llano insiste en que “é unha cuestión importantísima para a creación de emprego na provincia de Lugo, é unha iniciativa excelente da Deputación e ninguén pode manipular todo o que se está a facer con esto. A partires da semana que ven seguirá todo o proceso. Os interesados en obter información que se dirixan ao Concello non a ningunha sede de ningún partido tal e como se está vendendo de xeito totalmente irresponsable. Todos os que queiran participar xa saben onde estamos”.

SOBRE PUBLICACIONS GRATUITAS

O alcalde de Burela, Alfredo Llano, asegurou que a revista O Temón foi subvencionada e que non supuxo coste algún para a Fundación Expomar e para o Concello. Así resposta ás críticas verquidas nos últimos días desde a oposición.

Llano sinalou que “é unha revista impulsada por Expomar, saiu totalmente gratis dado que é subvencionada. Expomar non gastou un peso na publicación, a Fundación Expomar sí que ten interese en temas como o mar, a pesca e aquelo que forma parte da economía de Burela e iso é o que nos interesa promociónalo, difundilo e espallalo para que todo o mundo poida coñecelo e tratalo. É unha revista que se fai para promocionar os nosos productos do mar e aquelas cousas que son positivas para Burela”. O alcalde anunciou que “haberá máis edicións, na vindeira sairá casi un monográfico sobre a pesca, sobre a merluza, onde será protagonista a cofraría de pescadores… todos os temas que sairán nesta revista son unha ventá aberta para que todo o mundo se entere do que se fai en Burela, a través de Expomar e en xeral na actividade económica do municipio. Isto máis que preocupar debería animar á xente a ver a revista, as críticas o único que tentan é mermar a xestión do goberno e de Expomar, que iso sí que é grave. Só queren crear malestar dicindo que se deben cartos e que estamos aí derrochando cando é totalmente o contrario o que está a facer o equipo de goberno

SOBRE A CABALGATA

O rexedor de Burela, Alfredo LLano, tilda de asombrosas as críticas verquidas desde o PP sobre a cabalgata de reis, “responsabilizaron directamente ao alcalde da non celebración desta cita. Nunca o Concello organizou a cabalgata, aquí hai unha asociación cultural que é a que se encargou sempre de facela, nós apoiámolos e procuramos que todo salga ben, poñemos medios persoais, materiais e económicos para que sexa unha realidade. Este ano por cuestións de renovación de material non se fixo unha cabalgata coma as de anos anteriores, pero iso non quere dicir que non se vaia volver facer”.

Alfredo Llano insistiu en que “este ano coincidiu cunha serie de detalles, incluso alleos á organización, pero o que non se pode dicir é que o alcalde e o Concello non fixeron a cabalgata adrede. Paréceme triste que se empregue esa asociación para criticar ao Concello e ao alcalde, é unha baixeza e unha falta de responsabilidade por parte da oposición, xa que aquí tratóuse de facer o máximo posible a pesares de todo. O Concello nin se escaqueou nin se esquivou desta cuestión. Esas acusacións poñen sobre a mesa a calidade da oposición"

PLAN LUGO EMPREGA

O alcalde de Burela, Alfredo Llano, amósase satisfeito co plan Lugo Emprega da Deputación, que permitirá dar traballo a unha veintena de persoas durante seis meses na vila. O rexedor asegura que “tentaremos axilizar todos os trámites para que poidan comezar a traballar o vindeiro mes de febreiro”.

Llano sinalou que “o Concello de Burela adheríuse, como é normal, ao plan Lugo Emprega da Deputación, que favorecerá que 20 ou 22 persoas poidan traballar na nosa vila. É unha boa noticia porque tal e como está a situación a inversión en emprego é ben recibida e sinceramente eu a nivel persoal penso que é unha medida extraordinaria, canto máis poidamos investir en emprego mellor será para todos”. O rexedor engadiu que “os contratados en Burela serán repartidos en obras, xardinería ou servizos múltiples, entre outros. Tentaremos diversificar e aproveitar ao máximo este plan. A inversión que se realizará en Burela ascende a 217.000 euros, é unha boa cuantía para garantir durante 6 meses emprego a esa veintena de persoas e iso sempre é moi bó”.

Alfredo Llano engadiu que “o Concello de Burela está satisfeito con este plan e procuraremos, entre esta iniciativa e outras que poidan vir, beneficiar ao máximo posible aos nosos veciños, favorecendo a empregabilidade, o ánimo e o optimismo cara o futuro”