SOBRE O PLAN LUGO EMPREGA
O Boletín Oficial da Provincia publica hoxe as bases do plan Lugo Emprega da Deputación. Segundo explicou o alcalde de Burela, Alfredo Llano, “ditas bases refírense a concellos con menos de 5.000 habitantes como Alfoz, Valadouro o Xove. No caso de municipios máis grandes como é o de Burela nós faremos a nosas propias bases de acordo coa lei e co que marca a Deputación. Farémolo xa a partires da semana que ven, para que a xente que queira acudir a participar nesta selección de persoal poida facelo. Aquí terán todos categoría de peón e tentaremos empregar a 22 persoas. Estamos rematando de definir as prazas máis convintes para o noso concello, queremos incluir albañís, xardiñeiros, pintores… será por un prazo duns seis meses e os soldos serán de 900 a 1.000 euros aproximadamente”.
O rexedor considera que “é unha boa solución para moitas familias agora mesmo, imos procurar que sexa totalmente transparente o proceso e o máis acorde posible coas necesidades do noso pobo. Quero denunciar que desde o PP se están a mandar mensaxes como si todo dependese deles e están a crear ansiedades e malas informacións dicindo que son eles os que van decidir estes postos de traballo. Este proceso será o máis transparente posible, eso quero garantizarllo a todo o mundo, todo o mundo terá a opción de acceder a eses postos de traballo”. Alfredo Llano insiste en que “é unha cuestión importantísima para a creación de emprego na provincia de Lugo, é unha iniciativa excelente da Deputación e ninguén pode manipular todo o que se está a facer con esto. A partires da semana que ven seguirá todo o proceso. Os interesados en obter información que se dirixan ao Concello non a ningunha sede de ningún partido tal e como se está vendendo de xeito totalmente irresponsable. Todos os que queiran participar xa saben onde estamos”.
SOBRE PUBLICACIONS GRATUITAS
O alcalde de Burela, Alfredo Llano, asegurou que a revista O Temón foi subvencionada e que non supuxo coste algún para a Fundación Expomar e para o Concello. Así resposta ás críticas verquidas nos últimos días desde a oposición.
Llano sinalou que “é unha revista impulsada por Expomar, saiu totalmente gratis dado que é subvencionada. Expomar non gastou un peso na publicación, a Fundación Expomar sí que ten interese en temas como o mar, a pesca e aquelo que forma parte da economía de Burela e iso é o que nos interesa promociónalo, difundilo e espallalo para que todo o mundo poida coñecelo e tratalo. É unha revista que se fai para promocionar os nosos productos do mar e aquelas cousas que son positivas para Burela”. O alcalde anunciou que “haberá máis edicións, na vindeira sairá casi un monográfico sobre a pesca, sobre a merluza, onde será protagonista a cofraría de pescadores… todos os temas que sairán nesta revista son unha ventá aberta para que todo o mundo se entere do que se fai en Burela, a través de Expomar e en xeral na actividade económica do municipio. Isto máis que preocupar debería animar á xente a ver a revista, as críticas o único que tentan é mermar a xestión do goberno e de Expomar, que iso sí que é grave. Só queren crear malestar dicindo que se deben cartos e que estamos aí derrochando cando é totalmente o contrario o que está a facer o equipo de goberno”
SOBRE A CABALGATA
O rexedor de Burela, Alfredo LLano, tilda de asombrosas as críticas verquidas desde o PP sobre a cabalgata de reis, “responsabilizaron directamente ao alcalde da non celebración desta cita. Nunca o Concello organizou a cabalgata, aquí hai unha asociación cultural que é a que se encargou sempre de facela, nós apoiámolos e procuramos que todo salga ben, poñemos medios persoais, materiais e económicos para que sexa unha realidade. Este ano por cuestións de renovación de material non se fixo unha cabalgata coma as de anos anteriores, pero iso non quere dicir que non se vaia volver facer”.
Alfredo Llano insistiu en que “este ano coincidiu cunha serie de detalles, incluso alleos á organización, pero o que non se pode dicir é que o alcalde e o Concello non fixeron a cabalgata adrede. Paréceme triste que se empregue esa asociación para criticar ao Concello e ao alcalde, é unha baixeza e unha falta de responsabilidade por parte da oposición, xa que aquí tratóuse de facer o máximo posible a pesares de todo. O Concello nin se escaqueou nin se esquivou desta cuestión. Esas acusacións poñen sobre a mesa a calidade da oposición"
viernes, 14 de enero de 2011
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario