O alcalde de Burela rexeitou nesta xornada as acusacións de supostas irregularidades no proceso de selección para cubrir con carácter temporal unha praza de administrativo no Concello. Alfredo Llano manifestou que “dito proceso se fixo cunha responsabilidade total, pero houbo alguén desde o primeiro día que tivo a intención de deslexitimalo. Empezaron tiraron octavillas preto do Concello argumentando que esa praza ía ser para unha persoa determinada, que o tribunal era corrupto e que o alcalde era un consentidor”. O rexedor de Burela considera que “todo foi programado, aproveitando o exame para molestar o máximo posible ao goberno que está agora no Concello. É tal a baixeza moral desta xente que é triste”.
Llano relatou que “unha vez tiradas as octavillas, xa sabíamos que ían acudir aos medios de comunicación para sembrar as dúbidas oportunas, tentaron deslexitimar ao propio tribunal, á persoa que eles dicían que ían aprobar e dicíndome a min que eu era un consentidor. O proceso selectivo conta cunhas bases onde se explica que é o que teñen que facer e se non están de acordo con él teñen os seus camiños para protestar e reclamar. Iso non se fixo de momento”.
Ao alcalde chamóulle a atención que “onte o PP chegase ao pleno celebrado no Concello pedíndome que explique as irregularidades que se levaron adiante nese proceso de selección de persoal. Din con certeza que houbo irregularidades cando, de momento, ninguén denunciou nin se demostrou tal cousa. Isto demostra que todo estaba preparado e que aproveitaron este proceso co propósito de atacar ao equipo de goberno. É unha baixeza e unha irresponsabilidade do PP entrar neste tipo de argumentación, o único que pretendían era minar ao bipartito con estes métodos. Fíxense na calidade dos políticos que pretenden ser equipo de goberno nas próximas eleccións”.
O Concello investigará “quen lanzou as octavillas e unha vez identificadas esas persoas terán que explicar porqué fixeron estas cousas. Todo foi feito con moi mala intención e cunha baixeza moral total. O que queira protestar e dicir algo ten os mecanismos necesarios para facelo. Non se pode chegar a caer nestes niveis tan baixos, a calidade moral destas persoas espanta e tira para atrás a calquera”.
viernes, 28 de enero de 2011
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario