viernes, 27 de agosto de 2010

BANCO DE TEMPO


A Concellaría de Emprego de Burela ven de presentar o novo cartel do banco de tempo. A edil Sonia Fraga lembra que “o servizo leva xa tres anos funcionando e a medida que pasa o tempo vai medrando en xente partícipe como socios-voluntarios e tamén en actividades. Agora neste mes de setembro iremos avanzando na presentación das actividades programadas para este novo período”.

A concelleira socialista agradece “a toda esta xente que de forma voluntaria fai que este servizo teña vida dentro do noso concello, xa que sin eles non sería posible. E tamén quero aproveitar para animar a que a xente se siga sumando a esta cadea humana que tan ben está a resultar á hora de conseguir o obxectivo primordial deste servizo, que é o intercambio de tempo e actividades de cada un de nós de forma totalmente gratuita”.

Os encargados de presentar o novo cartel do banco de tempo foron a concelleira de Emprego, Sonia Fraga, e o alcalde, Alfredo Llano.

lunes, 16 de agosto de 2010

XUNTANZA DO ALCALDE CO PRESIDENTE DE FEVE

O alcalde de Burela, Alfredo Llano, plantexóulle ao presidente de Feve, Angel Villaba, a posta en marcha dun tren de cercanías entre Viveiro e Navia (Asturias) para satisfacer as demandas da cidadanía da comarca da Mariña. Ambos visitaron a estación de Feve en Burela e as obras de acceso ao porto.

Llano contou que “recibín con grande gratitude a visita do presidente de Feve, Angel Villalba, e estivemos analizando varias cuestións. Realizamos unha visita á estación de Burela, queremos que se mellore a imaxe, o servizo e o rendemento desa instalación. Estivemos analizando as deficiencias que presenta nas cubertas, hai que melloralas, hai que pintar, hai que facer unha serie de arranxos para mellorar esa estación”.

O rexedor burelés sinalou que “outra cousa que lle plantexamos e que é moi necesaria para Burela, e váise facer un estudio, é ver unha alternativa de vía, a ver si se pode soterrar unha parte ou algunha modificación que poida ser viable para Burela. Eso váise encargar a unha empresa de enxeñería e será interesante facer un estudio para saber si poden mellorar ou non as vías. Tamén queremos beneficiar a través de Feve ao turismo de Burela, a nosa proposta pasa porque os trens Costa Verde e outros turísticos que chegan á zona paren dúas horas ou máis co fin de que os seus pasaxeiros poidan apreciar e visitar o porto de Burela, o barco museo, a cofraría, as praias… queremos darlle facilidades a Feve para que esta proposta poida ser unha realidade”.
Outro dos proxectos que Alfredo Llano lle fixo chegar a Angel Villalba foi “a posibilidade de contar cun tren de cercanías entre Viveiro e Ribadeo e que incluso podería chegar ata Navia, debido á grande cantidade de asturianos que viaxan a esta zona. Éste é un servizo moi demandado pola xente, habería que facer unhas probas e despois asinar un convenio entre Feve, os Concellos polos que discorrería e a Deputación Provincial de Lugo, a ver si entre todos o podemos poñer en marcha”.
Acceso ao porto

O alcalde engadiu que “tamén estivemos vendo a liña afectada polo acceso ao porto. Estivemos supervisando a obra, alí veránse afectados uns 900 metros de vía e tamén vimos os danos causados polas riadas de xuño na rede de Feve en Burela. En liñas xerais hai boa sintonía, traballaremos en conxunto procurando mellorar o servizo para a xente da nosa comarca. Estou agradecido de que viñera por aquí e estou convencido de que vai resultar moi positiva esta visita”.

Pola súa banda o presidente de Feve, Angel Villalba, manifestou que “ha sido una jornada de mucho trabajo porque el alcalde de Burela es un alcalde muy exigente, ya en los contactos previos había tenido esa percepción y hoy sobre tantos y tantos retos de Feve en el concejo lo he podido comprobar”.

Villalba anunciou que “vamos a mejorar en proyectos que tienen que ver con viajeros, con el turismo, con este centro logístico que Burela puede ser por su carácter de atracción administrativa, centro sanitario comarcal, etc… En un recorrido extenso Viveiro, Burela, Foz, Ribadeo y posiblemente Navia en Asturias, con una alternativa de tren de cercanías en que la colaboración institucional no sólo de los ayuntamientos implicados y de Feve si no también de la propia Diputación de Lugo puede ser fundamental. Tenemos ahí un proyecto y un reto importante”.

Trens turísticos

O presidente de Feve destacou “una oferta que vamos ya a convertir en certeza en el curso próximo, queremos que en Burela nuestros trenes turísticos se detengan y que sus pasajeros hagan un recorrido por tantos y tantos parajes atractivos e incluso de carácter formativo y museístico, como Burela ofrece, pero para ello tenemos que mejorar antes nuestra estación. Hemos estado viendo las necesidades que tiene, es verdad que es una estación intermodal, pero Feve también tiene mucho que decir, tenemos que presentar a nuestros clientes, a nuestros viajeros, un mayor grado de confort y de adecuación del entorno. Vamos a hacer las obras imprescindibles para que la estación de Burela sea de primera porque Burela lo es”.
Angel Villalba dixo que “los retos más importantes del Concello están en la modificación de las vías para que puedan dejar paso al nuevo acceso al puerto. Es una modificación importante, es una obra muy ambiciosa y cara en la que Feve tiene que contar con el Ministerio de Fomento, yo espero que muy pronto esté lista una exposición pública del proyecto como preámbulo para darle una salida definitiva”. E engadiu que “haremos en primer lugar un estudio de alternativas que nos digan cómo puede ser la Feve de Burela de los próximos años para no descartar ninguna opción, tampoco adelantar las que no se puedan realizar, sobre todo teniendo en cuenta que muy pronto tendremos que afrontar el cambio de nuestras vías. Una mañana de mucho trabajo, de visita extensa y me llevo la cartera llena de deberes”.
Burela F.S.

O presidente de Feve mantivo tamén un encontro cos responsables do Burela Fútbol Sala, unha xestión que foi coordinada polo alcalde, Alfredo Llano. O clube plantexóulle a Feve un proxecto de colaboración

lunes, 9 de agosto de 2010

CÉSPEDE NOVO NO CAMPO DA MAROSA


O Concello comezou a instalación de planchas de céspede natural no campo de fútbol de A Marosa. Esta actuación responde a unha petición da S.D. Burela para repoñer zonas do campo danadas polo seu uso continuo durante a tempada pasada.

O concelleiro de Obras, Pascual Doménech, explica que “despois de valorar que a rexeneración con semillas se ía dilatar moito no tempo, e coa dificultade de conseguir un resultado óptimo, decidíuse a colocación de tepes de céspede natural xa que o seu proceso de instalación é instantáneo e minimiza as molestias que se podería causar ao clube”.

O edil socialista sinala que “o proceso comeza cunha colocación de drenaxe de area e turba en zonas onde o necesita o terreo de xogo. Unha vez completada a instalación do céspede, será necesario un período de repouso de dez días, con rego diario e abono, para que alcance o seu estado óptimo”.

Doménech engade que “a empresa Entorno Ambiental é a encargada de acondicionar os máis de douscentos metros cadrados de superficie de xogo, mediante a colocación de planchas de céspede crecido, traídos dende Palencia en camión frigorífico a cero grados. Con esta actuación, mais a próxima conexión de auga e electricidade para o bombeo de rego do campo de fútbol de herba artificial, quedará un complexo deportivo de primeira liña, acorde coa calidade dos equipos que posúe o clube de fútbol da nosa vila”.

jueves, 5 de agosto de 2010

AFORRO DE ENERXÍA


O Concello de Burela está a instalar luminarias con tecnoloxía LED en varios puntos da vila. Algunhas xa se poden ver na praza do Concello e as seguintes serán colocadas nas vindeiras horas no parque Rosalía de Castro, segundo ven de anunciar o alcalde, Alfredo Llano.

O rexedor explicou que “estamos aproveitando o plan E do goberno estatal para proceder a cambiar algunhas das farolas do noso concello e as que estamos a colocar teñen tecnoloxía LED. Levan lámpadas de 60 watios, pero que teñen a mesma potencia de luz que as de 150. Pretendemos ir implantando este tipo de luminarias pouco a pouco pola vila, empezamos pola praza do Concello e seguiremos hoxe e mañá polo parque Rosalía de Castro. Deste xeito ganamos tanto en vistosidade coma en rendemento”.

Llano engadiu que “o aforro tanto enerxético coma económico irá notándose pouco a pouco. As farolas que sacamos imos reciclalas e levalas a outro lado aínda que lles instalaremos lámpadas LED para que o aforro sexa efectivo en todas as nosas actuacións”.

miércoles, 4 de agosto de 2010

PRODUART

O salón de plenos do Concello acolleu a presentación da oitava edición de Produart, a feira dos productos artesáns e ecolóxicos que se celebrará do 6 ao 8 de agosto, e da vixésimo sexta feira do bonito que terá lugar o 7 de agosto.

A Produart acudirán un total de 70 expositores, artesáns e de productos ecolóxicos entre os que estarán alimentación, saúde, cosmética ou tecnoloxías alternativas “e tamén acudirán o GDR da Mariña e o Grupo de Acción Costeira A Mariña-Ortegal, que estarán alí dando información do seu traballo”, segundo explicou o alcalde, Alfredo Llano. A feira Produart, que terá por escenario a nave de redes, acollerá durante eses tres días actividades paralelas como mesas redondas nas que se abordarán asuntos como finanzas éticas e consumo responsable, tamén haberá xogos ecolóxicos e obradoiros.

Este evento coincidirá o sábado 7 de agosto coa XXVI feira do bonito. O rexedor suliñou “a importancia deste evento gastronómico no que poderemos degustar un producto pesqueiro tan importante para o noso concello. Todos os que se acheguen a Burela poderán degustar a ración do príncipe azul, con pan e viño a un prezo de 6 euros”. Llano convidou “a veciños e visitantes a acudir a Burela do 6 ao 8 de agosto a disfrutar destas dúas citas que hoxe presentamos. Seguro que sairán contentos e soprendidos de todo o que aquí ofrecemos”.

SUBVENCION PARA FORMACION E EMPREGO

O Concello recibe unha subvención de máis de 16.000 euros para a realización de actividades de información, orientación e busca de emprego, segundo ven de informar a concelleira Sonia Fraga.

A edil de Emprego e Formación sinala que “esta subvención xa se veu concedendo con anterioridade e serviu para complementar dunha maneira total e eficaz o servizo de emprego do noso Concello á hora da atención prestada aos usuarios/as demandantes”.A contía concedida para o ano 2010 é de 13.760 euros e para o 2011 son 3.029 euros. Fraga explica que “a resolución de dita subvención ten carácter plurianual polo que se deben imputar á anualidade deste 2010 únicamente os gastos de persoal correspondentes ao 15% ata o 31 de decembro. Igualmente ocorrerá no 2011”. A concelleira socialista anuncia “a próxima contratación dunha persoa para ocupar o posto de orientadora laboral dentro do departamento de emprego do Concello de Burela. Será por un período de 6 meses”.

Esta subvención concedida ao Concello de Burela procede dos fondos finalistas transferidos: Programa Operativo de Adaptabilidades e Emprego 2007-2013 do Fondo Social Europeo

CHARLA SOBRE MEDUSAS

Remedios López, a concelleira de Mar en Burela, informa que dende a súa delegación se están a organizar unhas charlas sobre a campaña de observación de medusas que leva a cabo o Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Marino, colaborando estreitamente con organismos como SASEMAR e Cruz Vermella de Burela.

A edil socialista invita “a participar na charla informativa que terá lugar o próximo día 5 de agosto ás cinco da tarde no salón de conferencias do Concello de Burela a todos os concellos que dispoñen de areais e polo tanto de servizo de vixianza de praias. Esta charla é especifica para responsables de Protección Civil e do servizo de socorristas, aínda que estará aberta a todo o público en xeral”.

A conferencia correrá a cargo de Ernesto Estévez Castillo, coordinador da campaña de medusas 2010 na zona de actuación Galicia/Asturias. Remedios López sinala que “informará das medidas preventivas, da identificación e do procedemento de actuación ante calquera tipo de avistamento deste tipo de fauna mariña”.

SUBVENCION PARA A CONCELLERIA DO MAR

A concelleira do Mar, Remedios López, ven de anunciar que lle notificaron de forma oficial a concesión dunha subvención de 42.144,13€ para a súa Concellería, por tres proxectos presentados a principios de ano ao Grupo de Acción Costeira da Mariña-Ortegal (GAC). A edil socialista di que o proxecto gustou na Consellería do Mar e que levaraos a diante de forma inmediata.

A edil socialista explica que “o primeiro proxecto moi novidoso é o denominado Memoria do oficio do mar en Burela. Pretendemos facer un obradoiro da memoria recente de Burela, con testemuñas directas do inicio, desenrolo e crecemento da economía marítima e plasmar en material impreso e audiovisual a vinculación do Concello de Burela co mar, a través de entrevistas a personaxes relevantes da vida municipal, da súa visión da historia recente de Burela e recompilar vivencias marítimas cos xubilados do mar e as súas familias. O orzamento necesario para levar a diante este proxecto é de 40.120.38€ e concedéronnos unha subvención do 50%. (12.236,71€ do Fondo Europeo da Pesca, 3.911.73€ do Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño e 3.911.73€ da Consellería do Mar). En breve nos poñeremos a contratar un licenciado en Historia ou Periodismo para dar comezo ao proxecto”.

López Villar sinala que “o segundo proxecto quere darlle continuidade ás xornadas e guías gastronómicas que xa víñamos a realizar Os sabores do noso mar, coas que intenta o incremento do consumo de produtos pesqueiros e a promoción do sector da restauración cada vez máis implicado neste proxecto. Ata agora nestas guías gastronómicas temos presentado tres exemplares: o da merluza do pincho, o do bonito de Burela e o do ourizo. E para este ano intentaremos sacar a diante os do peixe espada e do polbo de roca. O orzamento necesario para levar a diante esta actividade será de 15.212,24€. O porcentaxe da subvención otorgada ao concello neste proxecto é dun 65% (6.031,64 dos Fondos Europeos da Pesca, 1.928,14€ do Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño e 1.928,14€ da Consellería do Mar)”.
Remedios López engade que “o terceiro proxecto para o que nos concederon a axuda é para as Xornadas técnicas de Expomar 2010 e o Encontro empresarial de organizacións pesqueiras Expomar 2010, xa realizados no mes de maio cuns orzamentos de 15.245,00€ . A porcentaxe de subvención conseguida polos GAC neste proxecto ascende ao 80%. (7.439,56€ FEP, 2.378,22€ Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño e 2.378,22€ Consellería do Mar)”.

A concelleira de Mar agradece publicamente esta axuda de 42.144,13€ para levar adiante os tres proxectos e recorda que “cando comezamos no goberno puxemos en marcha dende esta delegación as xornadas gastronómicas e os libros recetarios coa idea de publicitar os nosos produtos, colaborar e axudar á hostalería de Burela e sobre todo concienciar á poboación do saudable que é o consumo de peixe. Agora é cando se recoñece e se valora o traballo ben feito destes tres anos, concedéndonos unha subvención para darlle continuidade. Tamén quero lembrar que seguimos traballando e apoiando á Fundación Expomar dende o Concello e agradecer tamén que se dea oportunidade a desenvolver un novo proxecto de recopilación da nosa historia no que empezaremos a traballar en breve”.

REUNION CON TECNICOS DE FOMENTO

O alcalde, Alfredo Llano, mantivo un novo encontro con técnicos de Fomento para proceder á colocación de indicadores hacia Burela na saída da A-8 na Espiñeira e nas rotondas que hai entre ese treito e Foz. Eses carteis levarán tamén información sobre o Hospital da Costa, segundo anunciou o rexedor esta mañá.

Alfredo Llano contou que “nas últimas horas mantiven un encontro con técnicos de Fomento para estudiar a mellora da información na cartelería que parece nas estradas da zona, queremos que aparezcan datos suficientes e ven colocados indicando onde está o noso concello e tamén revisamos a variante de Burela e analizamos os danos causados polas riadas de xuño neste vial”.

O rexedor suliñou que “colocaremos á saída da autovía na Espiñeira un indicador hacia Burela e tamén nos parece moi importante que aí apareza información sobre o Hospital da Costa, para que a xente que poida vir con urxencias saiba ben cara onde se ten que dirixir. Inmediatamente despois nas rotondas hacia Foz tamén haberá cartelería sobre Burela e sobre o hospital. Queremos que todo o mundo saiba a cantos kilómetros nos atopamos ou onde están as nosas praias ou o patrimonio artístico e cultural que temos en Burela. Onte fixemos a ruta de Foz hacia Burela e a vindeira semana faremos o mesmo no tramo Viveiro-Burela”.

Cos técnicos de Fomento Alfredo Llano revisou tamén a variante de Burela, “xa se realizaron traballos de limpeza de canalizacións e estudio das posibles obras para mellorar as vertentes da auga. Vaise actuar de xeito inmediato, fixéronse cousas, pero ainda hai traballos pendentes para que non existan riscos en caso de que se produzan chuvias coma as do pasado mes de xuño”.

Feve

O presidente de Feve visitará Burela o vindeiro 11 de agosto. Con él o alcalde abordará “a mellora da estación do tren, os servizos de cercanías ou a posibilidade de que os tres turísticos de Feve fagan paradas de maior duración en Burela para coñecer mellor o noso pobo. Agardamos que as nosas propostas sexan atractivas tanto para o noso concello como para Feve”.