lunes, 9 de agosto de 2010

CÉSPEDE NOVO NO CAMPO DA MAROSA


O Concello comezou a instalación de planchas de céspede natural no campo de fútbol de A Marosa. Esta actuación responde a unha petición da S.D. Burela para repoñer zonas do campo danadas polo seu uso continuo durante a tempada pasada.

O concelleiro de Obras, Pascual Doménech, explica que “despois de valorar que a rexeneración con semillas se ía dilatar moito no tempo, e coa dificultade de conseguir un resultado óptimo, decidíuse a colocación de tepes de céspede natural xa que o seu proceso de instalación é instantáneo e minimiza as molestias que se podería causar ao clube”.

O edil socialista sinala que “o proceso comeza cunha colocación de drenaxe de area e turba en zonas onde o necesita o terreo de xogo. Unha vez completada a instalación do céspede, será necesario un período de repouso de dez días, con rego diario e abono, para que alcance o seu estado óptimo”.

Doménech engade que “a empresa Entorno Ambiental é a encargada de acondicionar os máis de douscentos metros cadrados de superficie de xogo, mediante a colocación de planchas de céspede crecido, traídos dende Palencia en camión frigorífico a cero grados. Con esta actuación, mais a próxima conexión de auga e electricidade para o bombeo de rego do campo de fútbol de herba artificial, quedará un complexo deportivo de primeira liña, acorde coa calidade dos equipos que posúe o clube de fútbol da nosa vila”.

No hay comentarios: