miércoles, 29 de diciembre de 2010

PRESENTACIÓN DO 5º LIBRO DE RECEITAS


O alcalde de Burela, Alfredo Llano, e a concelleira do Mar, Remedios López, presentaban esta mañá o quinto libro da colección Os sabores do noso mar, adicado nesta ocasión ao polbo da pedra.

López Villar lembrou que “Os sabores do noso mar é unha colección que puxo en marcha a Concellería do Mar co afán de promover e divulgar os produtos da costa burelense, recollendo diversas formas de elaborar e degustar o produto presentado, con receitas clásicas e innovadoras que os hostaleiros do concello converteron nun suculento manxar”. E explicou que “este quinto libro está composto por quince receitas, onde se pode degustar: polbo á cazola, barca de polbo, polbo á malagueña, polbo á vinagreta, polbo á prancha, polbo recheo de marisco, polbo encebolado, espetadas de polbo á bodeguilla, polbo mariñeiro, polbo ao allo, polbo con ameixas, polbo á feira, espetada de polbo e langostinos, ensalada morna de polbo con algas e capricho de polbo. Bríndanse ademais a ocasión de dar a coñecer aos hostaleiros os seus locais e as súa situación, xa que estes libros repártense nas distintas feiras nas que participa o Concello facendo publicidade de Burela e dos tesouros que o seu mar ofrece”.

A edil socialista asegura que “se fixeron 1.000 exemplares e que se contou coa axuda dunha subvención dos Grupos de Acción Costeira, GAC Eixo1 da Mariña-Ortegal subvencionando o 65% do importe total do proxecto, con Fondos Europeos da Pesca, con fondos do Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño e con fondos da Xunta de Galicia. O resto do orzamento 35% será a cargo do Concello de Burela”.

martes, 28 de diciembre de 2010

PROXECCIÓNS DE CINE

O vindeiro xoves 30 de decembro dará comezo na Casa da Cultura a proxección de nove películas do Festival Internacional de Cine de Medio Ambiente, segundo confirmou hoxe o alcalde.

Alfredo Llano dixo que “os filmes abordarán cuestións coma o cambio climático, a auga… o obxectivo é fomentar e incorporar o audiovisual como instrumento de sensibilización, educación e formación. Comezamos este xoves proxectando a película Aquí para permanecer, na que se abordan cuestións coma o quentamento global e do agotamento dos recursos naturais, é unha reflexión sobre todos estes asuntos. Será a partires das oito e media da tarde e a entrada é gratuita e agardamos que sexa do interés da poboación de Burela e dos concellos limítrofes. Todo o que queira está convidado a disfrutar deste ciclo de cine de medio ambiente”.

O rexedor engadiu que “o 4 de xaneiro poderáse ver o filme Un mar cambiante, o 8 de xaneiro será o momento de disfrutar con Solo un agua, xa en febreiro terán lugar as proxeccións de Los días de la tierra, Green e Viva la Amazonía, e despois virán La lucha alimentaria e Tesoros descartados. O ciclo rematará en abril. A duración das películas oscila entre unha hora e unha hora e cuarto, a temática é de grande interés xeral e o seu contido dará qué pensar aos que acudan a esta cita”.

Llano lembrou que “este ciclo chega a Burela grazas ao acordo acadado hai unhas semanas entre o Concello e a dirección do Festival Internacional de Cine de Medio Ambiente

EFECTIVOS DE GRUMIR NO 2011

O alcalde, Alfredo Llano, ven de confirmar que o Concello contará no 2011 con 15 efectivos para o Grupo Municipal de Intervención Rápida.

Llano aproveitou a súa visita hoxe a Santiago para preguntarlle ao conselleiro da Presidencia, Alfonso Rueda, por este asunto “e agora sabemos que contaremos co mesmo persoal que no 2010. O Grumir ten na actualidade tres efectivos estables e os outros 12 contrataránse unha vez que saia publicada a orde correspondente o vindeiro 15 de xaneiro. O que aínda non sabemos é si a subvención que nos concenderán será para que os contratos teñan unha duración de seis meses e medio ou de nove”.

O rexedor engadiu que “as contratacións dos membros do Grumir iránse facendo dependendo da conveniencia de cada Concello”.

Llano analizou o futuro do Grumir con Rueda no acto de entrega do novo vehículo que ven de recibir Burela para este departamento.

NOVO VEHICULO DE PROTECCIÓN CIVIL


O alcalde de Burela, Alfredo Llano recolleu en Compostela o novo coche para o servizo de Protección Civil. “Con este Nissan Qashqai 4 x 4 iremos renovando a flota de coches deste servizo e iremos dando de baixa os máis antigos cos que contamos”, explicou o alcalde.

ENTREGA DE DIPLOMAS



O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, e o Alcalde de Burela, Alfredo Llano, visitaron os 20 pequenos comercios burelenses que se sumaron á Burela co seu comercio, o primeiro programa personalizado e gratuíto posto en marcha na provincia en apoio a este sector. Besteiro e Llano quixeron entregar persoalmente os diplomas desta iniciativa ós seus participantes para coñecer as impresións sobre a programación mediante a cal recibiron 250 horas de asesoramento individual e práctico, que tiveron como resultado un Plan de mellora adaptado as súas necesidades co que facer fronte á crise económica. A Deputación fíxose cargo de todos os custes supoñendo un aforro de 80.000 euros ó sector, o prezo dos servizos prestados segundo o mercado.

O Presidente salientou que “o investimento que fixemos neste curso non só supón un aforro para o comercio senón que ademais, conleva a mellora da súa competitividade e polo tanto, o aumento da súa actividade e dos seus ingresos”. Pola súa banda, o Alcalde agradeceu a Besteiro a celebración en Burela “dunha iniciativa que, mediante a formación, logra conservar ducias de postos de traballo nun sector fundamental para a economía da nosa localidade”.

Burela co seu comercio é a segunda programación que a Deputación leva á Mariña en apoio ó tecido empresarial. O organismo provincial celebrou en Viveiro un curso sobre a sucesión na empresa familiar. Estas iniciativas engádense ademais, ás subvencións que reciben 250 autónomos da zona. Trátanse das pioneiras axudas en España mediante as cales a Deputación asume os gastos correntes destes profesionais tales como os recibos de luz e teléfono, seguros ou aluguer. A maiores, o organismo provincial mantén centos de postos de emprego nos sectores da hostelería e do comercio con Km0.Deputación de Lugo. O programa medioambiental logrou aumentar a clientela destes negocios logo da visita de miles de persoas.

Desenvolvemento da programación

Durante 6 semanas, expertos económicos avaliaron “in situ”, e de cada un dos establecementos, as vendas, a colocación, o etiquetado, o prezo, a distribución ou a calidade dos produtos; o trato, a información, e ata a recuperación ou a conserva dos clientes; así como as técnicas fronte á competencia, ou as medidas de promoción e publicidade. Deste xeito, os participantes puideron coñecer, e sempre de forma adaptada ós seus negocios, as oportunidades no mercado, as negociacións con provedores e institucións financeiras, o contorno xurídico laboral e fiscal, as actividades de merchandising, a xestión dos stocks, os posibles proxectos de expansión ou remodelación comercial, e ata as estratexias defensivas ou de cooperación.

CAMBIO DE NOME DA PRAZA DO CONCELLO


O equipo de goberno aprobará no pleno do vindeiro 30 de decembro poñerlle o nome de praza da Confraría de Pescadores á praza do Concello. Así o anunciaba esta mañá o alcalde, Alfredo Llano.

O rexedor explicou que “no pleno que teremos o día 30 de decembro un dos puntos que abordaremos será unha petición realizada pola confraría de pescadores de Burela para darlle ese nome á praza onde está o Concello. Imos aprobar esa petición en recoñecemento á labor realizada pola confraría en diversos ámbitos na vila, é de xustiza facelo e aprobarémolo nesa sesión prevista para ás 10 da mañá”.

DONACION DE LIBROS Á BIBLIOTECA

A editorial Ediciones Protocolo entregou o mércores 23 de decembro ao Concello de Burela un lote de libros coa colección completa da súa Área de Formación. O acto tivo lugar na Biblioteca Municipal de Burela. O alcalde de Burela, Alfredo Llano, recibirá as obras de mans de Mar Castro e Luis López, autores do último número da colección, “Técnicas para falar en público; Guía para unha comunicación eficaz”, que precisamente se presentou no Concello de Burela fai apenas dous meses.

Froito daquela colaboración entre a editorial e o concello burelense xorde agora esta achega de obras literarias que pasarán a engrosar o arquivo da biblioteca municipal.

A colección da área de Formación de Ediciones Protocolo está formada por vinte e tres títulos relacionados co mundo do protocolo nas súas máis amplas facetas, desde o máis antigo cerimonial ata as máis rabiosas técnicas protocolarias existentes na actualidade, especialmente, de cara á organización de todo tipo de eventos:

* Protocolo Oficial. Las instituciones españolas del Estado y su ceremonial (5ª edición). Carlos Fuente
* Técnicas de Organización de Actos. Manual de Protocolo actualizado. Carlos Fuente
* La empresa y su protocolo. El procedimiento de calidad en la organización de sus actos. Gerardo Correas
* Protocolo en las comidas. Pilar Muiños
* La comunicación en el protocolo. Julio César Herrero y Juan Luis Fuente
* Ceremonial y protocolo religioso. Sergio Escalera
* Manual práctico para la organización de eventos. Técnicas de Organización de Actos (II). Carlos Fuente
* Protocolo y ceremonial en las Fuerzas Armadas. Alfredo A. Rodríguez
* Organización y protocolo en las bodas. Julia Escamilla
* Protocolo en el deporte. José María López
* La organización de congresos y su protocolo. María Nurkanovik
* El protocolo en la administración local. Ignacio Martínez
* Derecho premial. Pedro-Vicente Rubio
* La diplomacia y su protocolo. Blanca López
* El protocolo en las universidades españolas. Manuela Suárez, Pascual Rivas y Concepción Aguilera
* Las organizaciones internacionales y su protocolo. Francisco Merino
* Protocolo para eventos. Técnicas de organización de actos (I). Carlos Fuente
* La comunicación en los eventos. Diego Zala
* Producción de eventos. La puesta en escena del Protocolo. Gloria Campos
* Protocolo social. Mar Castro
* Protocolo para empresas. La organización de eventos ante las nuevas necesidades en las entidades privadas. Gerardo Correas
* La creatividad en los eventos. Amparo Barriga Hidalgo
* Técnicas para hablar en público. Guía para una comunicación eficaz. Mar Castro y Luis López

martes, 21 de diciembre de 2010

AGASALLO DE CALENDARIOS DA CONCELLERIA DE MAR


No día de hoxe e dentro da campaña de No nadal consume os nosos produtos poñénse en circulación 1.000 calendarios cos que agasallarán as nove peixerías participantes aos seus clientes: peixería Pepa, peixería Carmiña, peixería Pepe, peixería Pastoriza, peixería Rubén, supermercados Cemar, Eroski, Gadis e cetárea de mariscos David.

Segundo explica a concelleira do Mar, Remedios López, “éste é un aliciente mais para que a xente se anime a encargar produtos que se comercializan no noso peirao. Cada peixería agasallará cun calendario a todas aquelas encargas que se fagan para a cea de noiteboa”.

A edil socialista di que “estes calendarios do 2011 son un recopilatorio de todos os traballos feitos durante o ano pola Concellería do Mar: charlas, exposicións, actividades de promoción dos produtos que captura a flota do porto de Burela, incluíndo degustacións gastronómicas, deportes náuticos, recuperación de imaxes antigas de Burela expostas en grandes paneis, edición de recetarios con pratos elaborados por hostaleiros de Burela coa denominación Os sabores do noso mar e cursos de formación como o PER, o titulín, primeiros auxilios e socorrismo acuático. Estes calendarios reflicten que se poden combinar con éxito a tradición, a cultura, o turismo e tamén a economía vinculados á actividade central do municipio. Sempre coa única idea de que sirva de plataforma divulgativa para proxectar a imaxe da localidade ao exterior incentivando a actividade de cada un dos seus sectores”.

Remedios López lembra que “o vindeiro 30 de decembro no salón de plenos do concello de Burela farase o sorteo dunha cesta doada por ABSA con produtos frescos de peixe e marisco valorada en 1.000 euros en lonxa. Este acto está aberto a todo o mundo que queira asistir”

viernes, 17 de diciembre de 2010

FIRMA DO CONVENIO COA DEPUTACION


O alcalde, Alfredo Llano, viaxou a Lugo para asinar un convenio de colaboración coa Deputación co fin de executar unha veintena de actuacións ao amparo do plan complementario do extraordinario de obra pública. O investimento a realizar, na súa maioría no primeiro trimestre do ano, será dun millón de euros.

O rexedor explicou que “se trata da execución das actuacións realizadas ao amparo do plan extraordinario de obra pública. A Burela correspóndelle un millón de euros, é un investimento que tentaremos realizar en beneficio de todo o mundo. Son obras moi diversas que se notarán en moitos puntos do noso concello”.


Llano considera que “son obras moi representativas para todo o pobo e agardamos que todo o mundo se beneficie destes traballos”.

Listado obras

* Mellora do alumeado público e dotación de mobiliario urbano na rúa Rosalía de Castro e Emilia Pardo Bazán: 130.000 euros
* Proxecto técnico de demolición do edificio na rúa Pascual Veiga que fai esquina coa rúa de Fontela: 40.000 euros
* Escarificado e renovación de pavimento-treitos parciais de varias rúas: zona ensanche, (área norte): 48.500 euros
* Escarificado e renovación de pavimento-treitos parciais de varias rúas: zona ensanche, (área sur): 38.000 euros
* Escarificado e renovación de pavimento-treitos parciais de varias rúas: zona centro, (Avda. Arcadio Pardiñas e área hospital): 34.834 euros
* Reposición de mobiliario urbano infantil en parque Tijola: 17.000 euros
* Pista Multideporte en Parque Rosalía de Castro: 33.000 euros
* Colocación de tapas de saneamento-abastecemento alumeado e sumidoiros na rede viaria municipal: 45.000 euros
* Axardinamento na Avenida Arcadio Pardiñas: 73.500 euros
* Reforma alumeado na Praza da Mariña e rúa Manuel Murguía: 64.400 euros
* Pista skate na rúa Marosa: 35.500 euros
* Mellora do alumeado público da Avenida Arcadio Pardiñas: 238.000 euros
* Canalización do treito río Burela: 37.500 euros
* Sinalización vertical na rede viaria municipal (zona centro e área hospital): 16.700 euros
* Sinalización horizontal na rede viaria municipal: zona ensanche (área norte): 45.000 euros
* Sinalización horizontal na rede viaria municipal: zona ensanche (área sur): 28.066 euros
* Canalización fonte de Vilar: 7.500 euros
* Acondicionamento Praza da Igrexa: 67.500 euros

miércoles, 15 de diciembre de 2010

CAMPAÑA DE CONSUMO DE PEIXE NO NADAL

http://www.youtube.com/watch?v=sDQHRtFcQKY
A campaña No nadal consume os nosos produtos, que organiza a Concellería do Mar, chega mañá á televisión.

A edil Remedios López explica que “se fixo un spot publicitario para promocionar os nosos produtos que se emitirá en V Televisión. Será de 15 pases e 7 días de duración, no horario de máxima audiencia, dende o día 16 ata o 23 de decembro, no informativo rexional de mediodía e pola noite entre as 22 e as 22:30 horas. Elixiuse esta cadea porque cubre unha poboación diaria, no ámbito de Galicia, de 200.000 persoas de luns a xoves, os venres de 250.000 persoas diarias e o fins de semana e festivos de 350.000, con picos que chegan ata 375.000 persoas diarias en toda Galicia”.

A concelleira do Mar sinala que “tamén dentro desta campaña o luns 20 de decembro poranse en circulación 1.000 calendarios, que se repartirán de forma gratuítas polas peixerías participantes na campaña. Cada vez que se faga unha encarga de peixe ou marisco para as festas do Nadal será agraciado cun destes exemplares. Estes calendarios do 2011 levan unha recopilación de todos os traballos que organiza a Concellería do Mar en Burela coma un exemplo claro de que se poden combinar con éxito a tradición, a cultura , o turismo e a economía vinculados a actividade central do municipio, o mar”.

Remedios López lembra que “ao longo de todo o ano, fixéronse charlas, exposicións , actividades de promoción dos produtos que captura a flota do porto de Burela incluíndo degustacións gastronómicas ou deportes náuticos entre a poboación infantil cun acercamento ao mundo do mar. Tamén a recuperación de imaxes antigas de Burela expostas en grandes paneis, edición de recetarios con pratos elaborados por hostaleiros de Burela baixo a denominación de Os Sabores do noso mar e cursos de formación como o PER, o titulín ou de primeiros auxilios e socorrismo acuático. Todo coa única idea de proxectar a imaxe da localidade ao exterior e incentivando a actividade de cada un dos seus sectores cara ao mar”.

A concelleira socialista subliña que “todo este proxecto levarase a diante grazas a unha subvención concedida ao 65%, a través dos GAC da Mariña- Ortegal Eixo 1, cos fondos europeos da Pesca, o Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño e a Consellería do Mar da Xunta de Galicia .O resto do orzamento (35%) será con cargo aos fondos propios do Concello de Burela”.

PLAN DE OBRAS E EDIFICIO DE CAPITANIA


O alcalde, Alfredo Llano, amósase moi satisfeito co millón de euros que recibirá Burela a través do plan complementario do extraordinario de obra pública da Deputación. O convenio será asinado o vindeiro venres.

Llano contou esta tarde que “o venres imos asinar este convenio que para Burela significa moito porque suporá un investimento total en obra pública dun millón de euros cos que dotaremos á nosa vila de todo aquelo que cremos que é necesario para facer de Burela un pobo preparado para o turismo, para o comercio e para vivir nel”.

O rexedor subliñou que “Burela medra e iso é debido a que aquí estáse a ofertar todo aquelo que é positivo para a vila, para o desenvolvemento e para a sociedade. Hai unha veintena de actuacións que se levarán adiante nos vindeiros meses en Burela. Unha das cousas importantes é o proxecto de demolición dun edificio entre Pascual Veiga e esquina rúa da Fontela, onde ampliaremos o acceso a esas rúas, váille dar unha nova visión a esa zona e quedará perfectamente tanto para vehículos como para peóns. Tamén procuraremos mellorar o asfaltado das rúas que se foron quedando máis obsoletas e procederemos á reposición de mobiliario urbano e infantil no parque Tíjola ademáis de realizar unha mellora na praza da iglesia para deixala máis atractiva”.

Llano engadiu que “son unhas 20 actuacións que faremos públicas en canto asinemos o convenio. Eso é importante xunto á boa noticia que recibín hoxe desde Fomento, confirmáronme que se asinou o contrato para a construcción da nova capitanía marítima. Penso que para a vindeira semana darán comezo os preparativos para iniciar esa obra tan importante para Burela que ten un presuposto de 2 millóns de euros e un prazo de execución dun ano”. O alcalde pensa que “con estas actuacións non só vamos mellorar os servizos e as dotacións do noso pobo, senón que tamén melloraremos as condicións laborais, o traballo e o emprego que se derivarán destas obras, o que é tremendamente positivo para todo o mundo

domingo, 12 de diciembre de 2010

CINE DE MEDIO AMBIENTE

A Casa da Cultura acollerá de decembro a marzo a proxección de nove películas do Festival Internacional de Cine de Medio Ambiente, segundo anunciou esta mañá o alcalde de Burela.

Alfredo Llano explicou que “hai uns días cheguei a un acordo co responsable da asociación que organiza o Festival Internacional de Cine de Medio Ambiente para proxectar en Burela nove películas sobre o medio ambiente. O que tratamos é de abordar temáticas como os conflictos sociais, ecolóxicos e naturais, o cambio climático, todo o que nos preocupa últimamente. Queremos incorporar o audiovisual como instrumento de sensibilización, educación e información aos diferentes sectores sociais e educativos. Agora tal e como están as circunstancias medioambientais e tal e como están repercutindo os fenómenos atmosféricos tanto a nivel mundial como comarcal é o momento de facer este tipo de actividades”.

O rexedor engadiu que “son películas moi boas no aspecto técnico e na temática que abordan. Un mar cambiante, Os días da terra, Adictos ao plástico, A loita alimentaria… Comenzaremos coas proxeccións a finais deste mes de decembro, pasaremos unha ou dúas cintas e despois o ciclo seguirá ata marzo. Trátase dunha alternativa ao ocio, cultural e educativa que repercutirá de xeito positivo nas persoas que as vaian ver”.

viernes, 10 de diciembre de 2010

PLAN DE OBRAS PARA BURELA

O Presidente da Deputación -José Ramón Gómez Besteiro-, acompañado do Deputado de Cooperación cos Concellos -Antonio Gato Soengas-, anunciou este venres que a institución que preside intensifica o apoio ós municipios cunha nova partida económica de carácter complementario e que foi hoxe aprobada pola Xunta de Goberno: 9.457.000 euros, sendo a partida económica máis cuantiosa en canto a transferencias directas ós Concellos que ratifica o organismo provincial. Deste xeito, a Deputación destinará, sen aumentar a débeda pública, estes preto de 10 millóns de euros á dotación de infraestruturas básicas e demandadas polos concellos, así como á mellora de equipamentos existentes nos principais municipios que superan os 5.000 habitantes ou exercen como motores comarcais na provincia.

A Deputación asume o custe total destas actuacións, aliviando deste investimento millonario ós Concellos, incluídas dentro do Plan Extraordinario de Obra Pública aprobado polo actual equipo de goberno no mes de abril. Neste senso, Gómez Besteiro subliñou que “imos cumprindo as nosas previsións de execución. Pensamos que era importante que, despois doutros Plans nos que se actuaba noutros Concellos pequenos, impulsar un plan complementario naqueles que tamén teñen as súas necesidades e volcan os seus servizos máis alá dos que presta o propio Concello”.

A este respecto, o titular provincial explicou que por iso se estableceu un reparto, priorizando a aqueles municipios que quedaron excluídos doutros plans impulsados polo organismo provincial como o de Pequenas Infraestruturas para Concellos de menos de 5.000 habitantes que beneficia a 41 municipios ou o Plan do Canon, a través do que investimos máis de 11 millóns de euros nas 16 entidades locais de todas as cores políticas que contaban con produción hidroeléctrica.

A Xunta de Goberno deu o visto e prace ós convenios de colaboración que o titular provincial asinará nos vindeiros días cos Alcaldes dos 9 Concellos ós que vai destinada esta macroprogramación que beneficia a 176.000 veciños, “case máis da metade da poboación da provincia” que corresponde ós municipios de Monforte de Lemos, Vilalba, Lugo, A Fonsagrada, Becerreá, Viveiro, Foz e Burela.

Gómez Besteiro destacou que “son obras queridas polos Concellos e imos en prazo perfecto de execución do Plan Extraordinario. É unha aposta máis por estar detrás do municipalismo, detrás dos Concellos sobre todo neste momento no que a cooperación ten que ser aínda máis importante. A Deputación demostra que isto é ó que sabe xogar, ó que quere xogar e onde quere xogar, que é no terreo dos Concellos con este novo Plan”.

Plan consensuado cos Alcaldes
Co acordo hoxe aprobado pola Xunta de Goberno, a Deputación completa o Plan Extraordinario de Obra Pública, dotado con preto de 22 millóns de euros e creado polo organismo provincial para manter os postos de traballo que dependían da licitación de obras. O Presidente xa mantivo contactos previos cos alcaldes para buscar o máximo consenso nas actuacións, co fin de asegurar de que o investimento sexa o máis rendible e beneficioso para os veciños. Neste senso, estanse a ultimar as actuacións destinadas á mellora do saneamento de núcleos poboacionais, á construción de instalacións deportivas como a piscina de Sarria, o único caso que, debido ó elevado investimento, tamén será cofinanciada polo Concello, ou á renovación do alumeado público e do abastecemento de augas en diferentes localidades dos 9 municipios.

Máxima cooperación cos Concellos
Antonio Gato subliñou que esta iniciativa “é un exemplo máis do máximo compromiso que esta Deputación ten con todos os Concellos da provincia, en contraposición co que vén facendo a Xunta de Feijóo ó longo destes dous anos de goberno autonómico, que o único que transmite é a ausencia total de investimentos nunha meirande parte dos Concellos”. O Deputado de Coooperación puntualizou: “non hai obras da Xunta e se non fóra pola Deputación non se faría nin unha soa obra. O goberno autonómico establece unha falsa cooperación. Proba diso é que tivemos noticia que agora a Xunta se ofrece a cobrar os impagos dos Concellos cando isto é o que estamos facendo dende o servizo de recadación e cobrando menos do que pretende Feijóo. Seguen aprendendo do que está facendo a Deputación”.

miércoles, 1 de diciembre de 2010

DIFERENTE VISION DO SERVIZO PUBLICO DO PP E DO PSDEG-PSOE

O alcalde lamentou o peche da delegación da TVG en Burela. Llano comentou que “estamos diante do desmantelamento dun servizo máis aquí na Mariña. Era un servizo público de información, era quen nos poñía un pouco no aire para dar a coñecer as novas da nosa comarca, somos preto de 90.000 habitantes e debemos ter ese servizo ou incluso amplialo”. O rexedor comentou que “os traballadores ou ben serán despedidos ou trasladados a outras delegacións na capital da provincia ou noutros puntos de Galicia. Temos que pelexar onde corresponda para que esta delegación volte a traballar porque é un servizo básico ao que temos dereito todos os habitantes da Mariña. Así dáselle pouco valor á nosa comarca, paréceme moi mal esta medida e temos que loitar onde corresponda para recuperar esta delegación”.

Pacto polo emprego

Por outra banda, Alfredo Llano, anunciou a celebración en Burela de tres cursos do Pacto Provincial polo Emprego da Deputación, “houbo unha serie de selección para participar nesta convocatoria e aquí vánse impartir tres cursos: atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais de 450 horas, operacións auxiliares de fabricación de 340 horas e auxiliar de enfermería en xeriatría de 300 horas. Os cursos daránse no noso centro de formación e contaremos cun mínimo de 15 alumnos por rama que chegarán desde Burela e desde outros puntos da comarca”. O alcalde engadiu que “son cursos becados que veñen indicar que estamos apostando directamente pola colocación, polo emprego e pola formación. O asistentes sairán cunha formación moi específica que lles abrirá o camiño no emprego. Esto complementa os cursos á pequena e media empresa que se están dando aquí en Burela o cual quere dicir que a nosa implicación e o compromiso é total neste sentido”.

GRANDE PARTICIPACION NA REUNION SOBRE PEONALIZAR PARDO BAZAN

O alcalde de Burela, Alfredo Llano, anunciou que analizará as opinións que onte lle deron veciños e comerciantes sobre a posible peatonalización da rúa Pardo Bazán e despois o equipo de goberno tomará unha decisión.

O rexedor destacou a grande participación de veciños e comerciantes no encontro celebrado onte no Concello e dixo que “o acto foi transparente e participativo o que remarca a nosa filosofía de abrirnos á sociedade e de ter en conta a opinión dos veciños de Burela á hora de tomar decisións”. Alfredo Llano recoñeceu que “non hai un consenso total, pero o que é determinante é coñecer a opinión dos veciños e os seus argumentos. Agora estudiarémolas e máis adiante decidiremos si seguimos adiante ou non con este proxecto”.

O alcalde de Burela sinalou que “os que están en contra, a maioría comerciantes, falaban de que lles podía afectar negativamente a posibilidade de que non existan aparcamentos si se peatonaliza a rúa, pensan que ao non haber fluidez de tráfico os seus negocios se poden resentir. E os que están a favor din que sería unha zona de expansión máis para Burela, que daría máis confianza, que se podería pasear con tranquilidade e que sería positivo para os negocios, ao igual que ocorreu noutras vilas ou cidades que peatonalizaron algunhas das súas rúas”.

Sobre os aparcamentos Llano subliñou que “estamos falando e xa está comprometido, fágase ou non peatonal a rúa Pardo Bazán, hai un solar fronte ao parque que se dotará en parte a prazas de aparcamento. E despois a nivel global en Burela contaremos tamén con máis zonas para deixar os coches porque en Torrentes van quedar as rúas listas en breve, de momento alí o ritmo de construcción será lento e teremos polo tanto rúas de aparcamento. Este asunto non sería o máis complicado para levar adiante a peatonalización da rúa Pardo Bazán, senón a fluidez de tráfico pola zona”.

CONSUME O PEIXE DE BURELA


Mañá da comezo a campaña No nadal consume os nosos produtos, que organiza un ano máis o Concello. As nove peixerías que participan nesta cita repartirán 8.000 papeletas entre os seus clientes que entrarán no sorteo dunha cesta valorada en 1.000 euros o vindeiro 30 de decembro.

No día de hoxe o alcalde, Alfredo Llano, o presidente de ABSA, Abelardo Basanta e a concelleira do Mar, Remedios López presentaban a campaña que se desenvolverá durante todo o mes de decembro “para promocionar e fomentar un ano mais o consumo dos produtos pesqueiros que se adquiran nas peixerías do municipio procedentes da lonxa de Burela”.

A edil socialista lembrou que “esta iniciativa comezou o ano 2008 por primeira vez, foi moi ben aceptada polas peixerías do municipio coas que nunca noutra ocasión se tiña traballado. Inténtase así fomentar o comercio que levará ao desenvolvemento e crecemento do pobo, apoiando a venda directa do peixe e marisco nas peixerías”. Nesta ocasión colaboran co concello: peixería PEPA, peixería CARMIÑA, peixería PEPE, peixería PASTORIZA, peixería RUBÉN, supermercados CEMAR, supermercados EROSKI, supermercados GADIS e a cetárea de mariscos David.

A edil de Mar explica que “nas nove peixerías nas que se merque un produto que se subastou na lonxa de Burela o consumidor recibirá unha papeleta para entrar no sorteo dunha magnífica cesta de peixe e marisco fresco. Esta cesta será doada por ABSA, empresa interesada sempre en apoiar as iniciativas que realiza o Concello para promocionar os seus produtos. A cesta está valorada en 1000 euros e levará os produtos mais representativos de todas as artes do noso peirao merluza do pincho, rape, rodaballo, lubina, centola, nécora…todo fresco”.

Remedios López engade que “o Concello encargarase da organización e da publicidade, repartindo entre as peixerías que participen 8000 papeletas que se poñerán a circular o día 1 de decembro, 300 carteis que os exportadores repartirán por toda Galicia e farase publicidade en prensa, radio e televisión coa única intención de fomentar o consumo e dar a coñecer os produtos pesqueiros de gran calidade que se comercializan en Burela. Tamén nesta ocasión e como novidade para este ano o Concello regalará un calendario para o 2011 a todas aquelas encargas que se fagan para a comida da noiteboa, calendario que repartirán as peixerías participantes a partir da semana entrante”.

O sorteo da cesta celebrarase o 30 de decembro ás 12 da mañá no salón de plenos do Concello de Burela, “será un acto aberto ao público e transparente, polo que invitamos a todo o mundo a participar”.

lunes, 29 de noviembre de 2010

VISITA DA SECRETARIA XERAL DO MAR

A Secretaria General del Mar, Alicia Villauriz, visitou o venres 26 Burela, onde mantivo varias xuntanzas.

Segundo relatou o alcalde, Alfredo Llano, “mantivo aquí no Concello primeiro un encontro coa viúva e co fillo de Ramiro González, o ex mariñeiro falecido o pasado 9 de novembro no porto e despois reuníuse con representantes da cofraría de pescadores de Burela e de ABSA”. O rexedor explicou que “con eles falou das propostas do sector sobre as cuotas da pescada para o vindeiro ano ou do diario de a bordo. Alicia Villauriz visitou despois ambas instalacións e dixo que repetirá visita para analizar máis polo miúdo as inquedanzas do sector pesqueiro e para ver o funcionamento da lonxa”.

Villauriz chegou a Burela procendente de Celeiro. Alí inaugurou a primeira hora da mañá as xornadas técnicas de difusión do sector pesqueiro

INVESTIMENTO DO GOBERNO CENTRAL

O Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural y Marino confirmóulle ao Concello a aprobación definitiva do proxecto de dotación de servizos ao Cabaliño e ao Portelo. Uns traballos que suporán un investimento de 224.000 euros e que o alcalde, Alfredo Llano, agarda “estean listos para o vindeiro verán”.

O rexedor contou que “recibín do Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural y Marino a confirmación da aprobación definitiva do proxecto de dotación de servizos á praia de O Cabaliño e O Portelo. Trátase da construcción duns baños que son moi demandados por todos os que acuden a ese areal e ao mesmo tempo tamén contaremos cun almacén e cun mirador para os socorristas”. O presuposto da obra ascende a 224.000 euros e Alfredo Llano agarda que “para o próximo ano estean xa funcionando. Agora estamos na tramitación económica e despois pasarase á licitación. É un dos proxectos polos que esperábamos desde hai tempo, será moi bó para as praias do centro do pobo e será un atractivo máis para que veñan máis turistas ao noso concello”.

Llano lembrou tamén “os grandes desperfectos que ocasionou o último temporal na praia da Marosa, o espigón fóise revolvendo e nós solicitamos o seu amaño para que que os efectos devastadores das olas no futuro sexan menores. É urxente a súa reparación e a vindeira semana xa poderían estar aquí os operarios que procederán a realizar eses traballos”.

Pardo Bazán

O alcalde referíuse hoxe á xuntanza que convocou para o vindeiro 30 de novembro ás 20:30 horas no Concello co fin de analizar a posible peatonalización da rúa Pardo Bazán. Llano sinalou que “foron convocados os que están entre a esquina do parque onde está a farmacia ata o remate con Eijo Garay. Ímolos informar da posibilidade de peatonalizar parte dese vial, todo isto ven motivado pola demanda existente por parte dos pais e nais que levan aos seus nenos ao parque, moitas veces os nenos saltan á rúa sen mirar e por seguridade sería bó levar adiante este medida. Tamén se lle daría singularidade á zona cara o futuro, serviría para pasear e para aproveitar para cuestións comerciais ou de recreo”. O rexedor burelés explicou que “imos escoitar as opinións de veciños e de comerciantes. A peatonalización non se vai facer de xeito inmediato, será algo cara o futuro, o que faremos é ir vendo ata onde se pode chegar. Espero que no encontro cheguemos a unha conclusión que sexa do agrado de todos”.

Pleno ordinario

No pleno ordinario celebrado o dia 24 no Concello aprobóuse por unanimidade a ordenanza reguladora da administración electrónica. Cos votos a favor do equipo de goberno (PSOE e BNG) e cos votos en contra do PP quedou aprobada a memoria da programación da radio municipal de Burela e tamén cos votos favorables do bipartito e a abstención dos populares foi aprobada a designación dos representantes dos consellos escolares nos centros educativos. Á sesión de onte o equipo de goberno presentaba unha moción sobre a violencia de xénero, o alcalde dixo que “os populares presentaron unha enmenda a dita moción e refundimos as dúas propostas nun texto que foi aprobado tamén por unanimidade”.

lunes, 22 de noviembre de 2010

CONVENCION MUNICIPAL SOCIALISTA

Os socialistas galegos pecharon o dia 20 a Convención Municipal cunha aposta firme e decidida pola igualdade, o emprego e as políticas sociais como eixo de acción dos alcaldes e candidatos a gobernar os concellos. O secretario Xeral do PSdeG, Pachi Vázquez, pechou a convención municipal destacando o traballo do “equipazo” socialista do que dixo sentirse “orgulloso” e facendo fincapé nos puntos “irrenunciables” dos socialistas: “sanidade, educación e dependencia, públicas, universais e gratuítas”.

Así o expresou na clausura da convención na que tamén interviron o secretario de Política Institucional do PSOE, Gaspar Zarrías, o ministro de Xustiza, Francisco Caamaño e a ministra de Sanidade, Servicios Sociais e Igualdade, Leire Pajín. Antes, os alcaldes e concelleiros participaron en dúas mesas de traballo cuxas conclusións presentou a responsable de Política Municipal, Mar Barcón, e nas que os socialistas galegos ratificaron os compromisos coas políticas activas de emprego, as políticas sociais e de benestar, a sostibilidade ambiental e a protección do territorio, a ética e transparencia e a mellora do financiamento local como eixos fundamentais da súa estratexia municipal.

Vázquez destacou que os socialistas “somos capaces de chegar a cada recuncho de Galicia, por iso Feijóo, o presidente dos platós, está tan preocupado. Porque sabe que temos moitas voces e que somos fortes”. Neste punto fixo un chamamento a todos os asistentes para estar “onde sexamos necesarios” e lembrou que “mañá o somos, para unir as nosas voces en defensa da sanidade pública na manifestación que terá lugar en Santiago”.

Avogou por “darlle forma ás gañas e a ilusión” traballando en cada concello “para crear un lugar común para toda a xente progresista”. Sinalou que no PSdeG “hai sitio para todos eles” porque este é un partido “próximo e aberto” que mantén a máxima de “un home ou unha muller, un cargo”.

A importancia das políticas sociais centrou tamén o discurso de Zarrías, Caamaño e Pajín que destacaron a responsabilidade do Goberno de España co Estado de Benestar a pesar da crise económica.

Gaspar Zarrías referiuse aos investimentos do Goberno de Zapatero para o financiamento dos concellos, a través dos fondos de cooperación local, e “sin importar su color político” e destacou tamén o “traballo ben feito” de Pachi Vázquez ao fronte do PSdeG.

Aludiu ao proceso de fusión das caixas galegas para lembrar que “el PP decía que los socialistas no queríamos fusión y el Gobierno de Zapatero ha puesto a cada uno en su sitio, demostrando que quería preservar la igualdad y la legalidad mientras otros querían caciquear con lo que es de todos”. “Gracias a esto, Galicia tendrá una gran caja y tendrá más poder financiero propio”.

A ministra de Sanidad, Servicios Sociales e Igualdad, Leire Pajín, incidiu na necesidade de “multiplicar esfuerzos” para axudar aos que o necesitan en cada concello, e lembrou que os socialistas “hemos puesto en los últimos años los cimientos de un Estado de Bienestar sólido, con la gran colaboración de los ayuntamientos gobernados por alcaldes socialistas”.

Afondou na aposta do Goberno central polas políticas sociais “a las que destina un 58% de los presupuestos” e apuntou que “sería más fácil hacer lo mismo que Rajoy y tumbarnos a esperar a que los problemas pasen, pero los socialistas somos responsables, y hacemos política con mayúsculas”, sentenciou. Nesta liña, avogou pola igualdade de dereitos nas prestacións dos cidadáns “vivan donde vivan” e “también en la sanidad” – en alusión á reforma do catálogo de medicamentos proposta pola Xunta.

Pola súa parte, Francisco Caamaño tamén fixo fincapé no proxecto “solidario, respectuoso e comprometido” dos socialistas. Contrapuxo esta acción coa do PP “que utiliza os momentos de crise, que ven dada precisamente pola cobiza dos especuladores, para coller un coitelo e mancar ás políticas sociais”.

Neste punto referiuse á proposta do Goberno de Feijóo dun catálogo de medicamentos propio, para preguntarse “cómo é posible que pretendan que os galegos teñamos que ir a Asturias ou León a buscar medicamentos que o sistema galego de seguridade social non nos vai dar?”. “Esta é a política de igualdade da Xunta?”, cuestionou.

Criticou as declaracións realizadas esta semana pola conselleira de Sanidade nas que apelaba á soberanía de Galicia nesta materia. “Menos soberanía nesta cuestión e máis soberanía real coa reforma do Estatuto de Autonomía”, proclamou. Un Estatuto “necesario para dignificar o papel dos concellos despois de 30 anos de democracia”, apuntou.

Ante a inacción do Goberno de Feijóo neste asunto apelou ao traballo dos socialistas nos concellos “nos que xente sabe que pode confiar” e advertiu que “se deixamos que o PP gañe nos concellos, imos vivir unha verdadeira crise social” .

TODO LISTO PARA AS XORNADAS DO PEIXE ESPADA


O alcalde, Alfredo Llano, e a concelleira de Mar, Remedios López, presentaron hoxe as segundas xornadas do peixe espada que se desenvolverán os días 26, 27 e 28 deste mes de novembro. Son 24 os hostaleiros que participan nesta nova cita gastronómica en Burela.

A edil socialista explicou que “coma sempre poñerase un tapeo polo pobo igual que en xornadas anteriores, intentando traballar con toda a hostalería, e promocionando algo da nosa terra como é o peixe espada, procedente dos barcos que teñen base en Burela”.

Remedios López subliñou que “o prezo da ración, como o ano anterior, será a 5 euros para o peixe espada á prancha e logo a maiores cada restaurante terá unha degustación propia onde o prezo variará segundo o custe da súa elaboración. Así nestes días poderemos saborear pratos elaborados por unha hostalaría moderna como peixe espada albardado sobre panadeira azul e culi de pemento, milfollas de peixe espada con crema de queixo de cabra, ensalada de peixe espada aliñada con escabeche e peixe espada ao saimoriglio. Tamén outros mais tradicionais como peixe espada con crema de langostinos, peixe espada á prancha con tomate, peixe espada ao estilo Miranda, á sidra, en dúas salsas, con gambas, en salsa verde e con salsa á viscaíña”.

A concelleira de Mar sinalou que “os hostaleiros e bares do concello cada vez son mais numerosos, e a nosa intención é que participen ao 100% aportando cada un a súa destreza culinaria. Nesta ocasión participan 24 hostaleiros, a vez de maior afluencia ata o de agora”. Son: bar O Raio, Mesón do Poeta, Restaurante Lucer, Palacio de Cristal, Mesón Carlos, Mesón Hamilton, Os Remos, Parrillada A Marquesa, Mesón Don Jamón, O Sargo, La sartén de Carmen, Cervexería A Bodeguilla, Parrillada de Jandro, A Facenda, Casa Miranda, Hotel Galatea, Hotel Nordés, O Portelo, Rompeolas, bar Da Costa, Churrasquería Abrente, A Lonxa, Mesón da Pedra e pizzería A Muralla.

López Villar engade que “o Concello, como organizador das xornadas, segue a promocionar Burela como pobo mariñeiro. Coma sempre encargase, sen costo algún para o hostaleiro, da publicidade en prensa, radio e cartelería. Tamén nesta ocasión repartiranse libros da colección Os sabores do noso mar, recen estreados do peixe espada, polo consumo dunha ración nun dos locais participantes. Quero lembrar que todo este proxecto levarase a diante grazas á subvención concedida ao 65%, a través dos GAC da Mariña- Ortegal cos Fondos Europeos da Pesca, do Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño e da Xunta de Galicia. O resto do orzamento, o 35%, será a cargo do Concello de Burela”.

REUNION O TRINTA DE NOVEMBRO SOBRE PEONALIZACION

O alcalde de Burela, Alfredo Llano, convoca a veciños e comerciantes da rúa Pardo Bazán para analizar a posible peatonalización dese vial. O encontro terá lugar o vindeiro 30 de novembro a partires das 20 horas no salón de plenos do Concello.

O rexedor sinalou que “o que queremos é escoitar a todo o mundo, que todos aporten e aportemos ideas. O que pretendemos é informar a veciños e comerciantes das nosas pretensións para esa rúa”.

Convenio colectivo

Por outra banda, Alfredo Llano contou que “hoxe reuníuse a mesa de negociación do Concello para seguir achegando posturas sobre o convenio colectivo de 2011. Penso que temos os traballadores municipais teñen un dos mellores convenios da zona e seguiremos nesa liña”. O vindeiro encontro da mesa de negociación será o 15 de decembro.

MESA SOBRE VIOLENCIA DE XENERO E CONSUMO DE DROGAS

En Burela na xunta local de seguridade constituíronse unha mesa sobre a violencia de xénero e outra de coordinación e traballo sobre o consumo de drogas, segundo ven de anunciar o alcalde.
Alfredo Llano contou que “se constituiu unha mesa sobre violencia de xénero, consideramos que se trata de algo moi importante que xa está a funcionar noutros lugares. Reunirase cada tres meses, a primeira xuntanza podería ser xa a vindeira semana”.
O rexedor explicou que “tamén estivemos a falar da seguridade, da delicuencia… na comarca da Mariña e en Burela. Estamos a ver que se están a incrementar os roubos profesionalizados e organizados, parece ser que son xente que actúa en diferentes lugares da comarca e noutros puntos de Galicia. Tamén se detectou que están a aumentar estes delictos nos polígonos industriais e que empregan algún método novo para cometer eses roubos”. Llano engadiu que “coincídese en que a provincia de Lugo non é das máis conflictivas, aínda que na nosa zona está a aumentar este tipo de delincuencia”.
O alcalde de Burela manifestou que “fixemos unha análise en profundidade sobre o consumo de drogas que aquí tanto nos preocupa e dedicimos crear unha mesa de coordinación e traballo, que tentará reunirse nos próximos días e na que estarán representadas as forzas de seguridade deo Estado, a Policía Local, os directores dos institutos, algunha educadora social e o Concello de Burela. O Concello será o encargado de coordinar esta actuación para que a incidencia das drogas se minimice. Entre todos hai unanimidade para facer o que poidamos desde os nosos postos de traballo para conseguilo, implicaremos á Garda Civil para incrementar a vixianza, e tamén aos Servizos Sociais e de Drogodependencias. A vindeira semana si é posible teremos a primeira xuntanza”.

miércoles, 17 de noviembre de 2010

RESPOSTA A DECLARACIONS FALACES

O rexedor referíuse ás últimas declaracións realizadas polo voceiro do PP sobre a declaración de Espacio Natual de Interés Local para a zona xeolóxica de O Perdouro. Llano di que “demostra unha grande desesperación, buscando argumentos para ter algo que dicir do equipo de goberno de Burela. Nós hai uns días fixemos unha proposta para esa zona xeolóxica de O Perdouro e para iso mandamos información suficiente e clara coa súa petición a Costas. E desde Costas solicítanos que aclaremos un pouco máis o proxecto, o tipo de regulamento que queremos aplicar, a zona delimitada… onde nós expliquemos a protección que lle queremos dar. Unha vez sexa enviado a Costas despois mandaránnos un informe no que decidirán as axudas ou as responsabilidades das dúas administracións”.

O alcalde subliñou que “para nada nos denegaron a nosa petición. Dicir na prensa iso é unha auténtica barbaridade que o único que amosa é a desesperación do PP. Debemos ser serios nas nosas manifestacións, o único que fai esta xente son xogadas á desesperada sen ningún tipo de rigor e seriedade. Costas chamóume estranándose polo sucedido e isto significa que o PP non ten moitos argumentos e o único que quere é desastibilizar ao equipo de goberno”.

XUNTA LOCAL DE SEGURIDADE

O alcalde de Burela, Alfredo Llano, anunciou que o Concello prepara un programa para concienciar á poboación e para tentar reducir o consumo de drogas entre os xóvenes de 17 a 20 anos. Unha preocupación que o rexedor levará á xunta local de seguridade que se reúne mañá.

Llano lembra que “eu solicitei a reunión da xunta local de seguridade. Verémonos ás 12 da mañá, virá o subdelegado do Goberno e virán as forzas de seguridade do Estado. Entre todos tentaremos falar da problemática que nos preocupa que é o consumo de drogas entre a xuventude”. O rexedor asegura que “vemos un aumento claro, ademáis de analizalo na xunta local de seguridade para minimizar a venta e consumo no noso concello e na nosa comarca. Desde o Concello impulsaremos un programa que abarcará a institutos, a familias e á Unidade Asistencial de Drododependencias para concienciar á poboación sobre este asunto. Penso que as sociedades teñen que ser máis maduras e máis responsables e que oferten á xuventude aspectos que sexan positivos para o seu propio desenvolvemento. Non podemos estar cos brazos cruzados mentras ocorren estas cousas”.

O alcalde insiste en que “a xuventude con idades comprendidas entre os 17 aos 20 anos está acudindo de xeito preocupante á UAD, hai que pensar que os rapaces de hoxe en día son moi intelexentes, pero tamén moi vulnerables e hai que procurar que iso non sexa así cos que pretenden arruinarlles a vida o antes posible. Imos procurar axustarnos a un bó guión e penso que entre todos o conseguiremos, cada un desde o seu ámbito, queremos que se note que se fan as cousas ben para acabar con esta lacra”.

Por outra banda, Alfredo Llano, tamén anunciou que “o subdelegado do Goberno, Xosé Vázquez Portomeñe, visitará a partires das 11 da mañá algunha das obras do plan E que xa están rematadas ou a piques, para que teñan constancia do feito que non é pouco”

INAUGURACION CURSO BURELA CO SEU COMERCIO

O alcalde, Alfredo Llano, e o presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro inauguraron este mediodía no Concello o programa Burela co seu comercio. Vinte empresas participan nesta iniciativa, pioneira na provincia. Os comerciantes recibirán ao longo das vindeiras semanas 250 horas de asesoramento individual e práctico.

Llano pensa que “é unha boa idea que o Concello e a Deputación se impliquen nas melloras das empresas, que se impliquen e se responsabilicen xunto con elas a manter a súa actividade, xa que dan traballo e alimento a moita poboación. É unha formación que será moi beneficiosa para todos eles, Burela co seu comercio impartirá 250 horas de curso abarcando temas como o escaparatismo, o márketing, finanzas, promoción, vendas, interiores… e eso sempre é moi bó para que todos teñan os seus negocios o mellor preparados posible”.

O rexedor considera que “a xente ten que prepararse e agora que estamos pasando por tempos difíciles queremos que esto sexa unha moi boa cousa cara o futuro. Eso significa que hai interés por manter as empresas, hai 20 persoas apuntadas neste curso e son quen de aguantar os seus negocios e os postos de traballo que derivan delas e eso é o que nos parece fundamental. Desde o Concello queremos agradecer esa colaboración e agardamos que ésta sexa indefinida e pensando sempre nas empresas e nos seus empregos”.

Alfredo Llano engade que “esta iniciativa é boa, vai dar resultados moi positivos, van ser de aplicación e eso se notará no futuro para ben de Burela e das súas empresas

II XORNADAS DO PEIXE ESPADA

A Concellaría do Mar está a organizar as II xornadas do peixe espada que se desenrolarán neste mes de novembro os días 26, 27 e 28. Segundo explica Remedios Lópezfacémolas coincidir coa fin de semana e coma sempre poñerase un tapeo polo pobo igual que en ocasións anteriores, intentando unha vez mais promocionar algo da nosa vila como é o peixe espada procedente dos barcos que teñen base na nosa cofradía de pescadores”.

A edil socialista lembra que “para organizar estas xornadas fixemos unha xuntanza cos bares e restaurantes do concello e nesta ocasión contaremos con 24. É a primeira vez que tenemos tanto afluencia a unha das nosas convocatorias gastronómica”.

Os participantes son: O RAIO, MESÓN DO POETA, LUCER, PALACIO DE CRISTAL, MESÓN CARLOS, MESÓN HAMILTON, OS REMOS, PARRILLADA A MARQUESA, MESÓN DON JAMÓN, O SARGO,LA SARTÉN DE CARMEN, CERVECERÍA A BODEGUILLA, PARRILLADA DE JANDRO, A FACENDA, CASA MIRANDA, HOTEL GALATEA, HOTEL NORDÉS, O PORTELO, ROMPEOLAS, BAR DA COSTA, CHURRASQUERÍA ABRENTE, A LONXA, MESÓN DA PEDRA E PIZZERÍA A MURALLA.

Remedios López engade que “o Concello como organizador das xornadas está interesado en unificar a toda a hostalería, a axudala e a promocionar Burela como pobo mariñeiro. Coma sempre encargase, sen coste algún para eles da publicidade en prensa, radio e cartelería”.

EXPOMAR 2011

A feira monográfica Expomar celebraráse os días 19, 20, 21 e 22 de maio de 2011, segundo informaba o rexedor e presidente da Fundación Expomar. Llano explicou que “pensamos que esas datas son as mellores dado que a seguinte semana coincide co inicio das festas patronais de Burela e así non influirían unha cousa coa outra, cremos polo tanto que eses días son os máis axeitados”.

O alcalde dixo que “temos 3.500 metros cadrados na nave de redes, que é onde facemos esta feira monográfica, e o noso propósito pasa por ocupar o 60% desa superficie. Tentaremos manter os expositores que xa viñan e outras novidades para facer máis amplia e máis atractiva a exposición para todos aqueles profesionais que se sintan atraídos pola náutica pesqueira. E tamén queremos facer eses días as xornadas técnicas e os encontros empresariais para darlle máis importancia e relevancia a Expomar”. A Fundación Expomar está a recabar nestes momentos apoios económicos institucionais para sufragar a organización do evento. Llano engadiu que “procuraremos motivar á xente para que acuda a esta cita e que a feira continúe a ser unha referencia no Cantábrico”.

VISITA FRANCESA

O xoves ás 20:30 horas tivo lugar no salón de plenos do Concello unha xuntanza coa expedición chegada desde Concarneau para analizar o posible irmanamento entre as dúas vilas pesqueiras.

O alcalde, Alfredo Llano, sinala que “acudiron a Burela un representante dese concello da Bretaña francesa, xunto a Philippe Le Goff e unha profesora de español que imparte clases nun dos institutos desa localidade. O que fixemos foi recibilos no Concello, con asociacións e outros colectivos para analizar a conveniencia ou non de facer este irmanamento con Corcaneau”.

A expedición chegada desde Francia pasou dous días en Burela, “amosamoslles a nosa vila e as cousas que poden ter similitudes nos dous concellos como a pesca do bonito ou actividades culturais e musicais, vimos os lazos comúns ou as cousas que sería interesante compartir entre ambos. E despois xa decidiremos si se fará ou non o irmanamento con esa poboación”.

miércoles, 10 de noviembre de 2010

RESPOSTA A CRITICAS SEN SENTIDO

A concelleira de Medio Ambiente, Lucía Bouza, asegura que o equipo de goberno traballa para ter o pobo o máis limpo posible e lémbralles aos populares que nestes anos se incrementaron as medidas para a reciclaxe de todo tipo de residuos e que o Concello conseguiu por primeira vez a bandeira verde con cinco estrelas en recoñecemento á limpeza, á sostenibilidade e ao respecto ao medio ambiente.

A edil socialista resposta ás críticas verquidas desde o PP sobre a limpeza na zona de O Campón e sinala que “desde este goberno municipal estamos a traballar, desde o primeiro día en manter todo o pobo en xeral o máis limpo que podemos, ao tempo que incrementamos e facilitamos medidas para reciclar todo tipo de residuos. Quero recordar aquí que, entre outras medidas neste sentido, puxemos contenedores para a reciclaxe de aceite vexetal usado, establecimos a gratuidade do punto limpo e uns días para a recollida a domicilio, tamén gratuíta, de todo tipo de residuos voluminosos que se poidan xenerar no fogar”.

Bouza amósase “de acordo, en que, en momentos puntuais, aparece algún tipo de residuo ou de suciedade nalgún punto do pobo e que adoitamos solucionar os problemas que poidan aparecer neste sentido coa maior celeridade posible. O PP debería saber xa, que por algo gobernou no noso pobo durante moitos anos, que ás veces non todo o mundo é o responsable e solidario que debera e que hai cousas que son imposibles de controlar”.

A concelleira de Medio Ambiente referíuse tamén ás queixas que hai sobre os excrementos dos cans, “é verdade que hai zonas nas que abundan especialmente, non o vou negar, mais nós estamos a traballar para que esta costume tan desagradable de non recoller os excrementos que moita xente ten adquirida desapareza, e facémolo con campañas (como por exemplo a charla realizada por veterinarios que tivo lugar en setembro, durante a Semana Europea da Mobilidade) ou entregando na oficina de Medio Ambiente a todo aquel que o queira, os mesmos utensilios para recoller excrementos que xa herdamos do goberno do PP. Debe ser que este problema non é unha novidade do goberno actual. Con respecto ao tema dos cans, dicir tamén que nas súas queixas falan dunha concelleira do PSOE que sae á rúa co seu can sen a correspondente bolsa. Esa concelleira son eu mesma e utilízanme neste caso como exemplo de mala práxis sen argumento algún e, por suposto, mentindo xa que ata o día de hoxe non deixei aínda ningún excremento da miña cadela sen recoller, nin teño pensado facelo”.

Lucía Bouza considera que “con isto vese que o PP está bastante nervioso e que xa non sabe nin qué dicir para desgastar a este goberno municipal, aínda que sexa mentira, como neste caso. O pobo de Burela non debe estar tan sucio como o PP afirma cando neste ano 2010 conseguimos por primeira vez unha condecoración que ningún outro concello de Galicia tén, que é a bandeira verde con todas as estrelas posibles, é dicir, cinco. Pois ben, este galardón téñeno moi poucos concellos de España e ningún outro de Galicia e agasalla ao noso pobo cun alto recoñecemento para a limpeza, a sostenibilidade e o respecto ao medio ambiente en xeral. Esto significa que non o debemos estar facendo tan mal como o PP afirma”.

CURSO DE PATRON DE EMBARCACIONS DE RECREO

O Concello de Burela, a través da Delegación de Mar, oferta un curso de patrón de embarcacións de recreo que se desenvolverá durante o mes de novembro.

A concelleira de Mar sinala que “nunca dende o Concello se tomara esta iniciativa e dada a demanda de solicitudes que temos despois de ter organizado con moito éxito durante tres anos consecutivos, o do denominado titulín, imos dar a oportunidade de formarse nesta nova faceta xa para barcos un anaco mais grandes”.

A edil socialista lembra que este “curso é necesario para patronear embarcacións de recreo a motor de ata 12 metros de eslora. Para a navegación que se efectúe na znoa comprendida entre a costa e a primeira liña de 12 millas, así como a navegación interinsular nos arquipélagos balear e canario. Así tamén como motos de auga sen límite de potencia”.

Remedios López Villar engade que “o curso dará comezo unha vez que estea formalizada a reserva, será dous días a semana a partires das 8 da tarde, a acordar polos participantes e terá dúas horas de duración cada día durante dous meses. Poderán participar todos aqueles interesados maiores de 18 anos ou maiores de 16 anos con permiso paterno. A formación teórica será de 40 horas e a formación práctica homologada nun iate, no peirao de Burela se o tempo o permite de 16 horas e haberá ademais 2 horas de prácticas reglamentarias de radiocomunicación. O número de alumnos do curso está limitado e o custe será de 400 euros (con taxas de exame incluídas) para os que estean empadroados no concello de Burela, o resto dos alumnos interesados deberán abonar 748 euros que é o custe real deste curso de patrón de embarcacións de recreo”.

A concelleira de Mar subliña que “será imprescindible para tramitar o título presentar 4 fotocopias do DNI que se compulsarán no Concello, un certificado médico de non ter enfermidade que impida esta actividade e 4 fotos tamaño carné. Toda a documentación deberá presentarse no rexistro do Concello xunto coa documentación de ter pagado as taxas para poder inscribirse no curso”.
López Villar manifesta que “con estes cursos dende a Concellaría do Mar de Burela preténdese dar a oportunidade de formarse e inculcar coñecementos náuticos na poboación para comezar a navegar con seguridade respectando as sinais náuticas, xa que para Burela o mar é un grande referente que temos que coñecer disfrutar e respectar”.

TEMPORAL EN BURELA

Un mariñeiro xubilado falecía a mañá do dia 9 no porto de Burela. Ésta é unha das consecuencias do forte temporal que lle está afectar a esta zona e que tamén deixou danos de consideración no paseo marítimo da Marosa, no Cantiño e no espigón do porto.

O alcalde, Alfredo Llano, lamentou “o ocorrido a un ex mariñeiro que se chama José Ramiro Fernández Fernández, máis coñecido como Supermán, así lle chamaban de xeito cariñoso os veciños de Burela. Este home era propietario dun bote pequeniño, estaba aquí no porto porque lle debeu parecer que no sitio no que se atopaba atracado podería ter perigo, tentou cambialo de lugar e non sabemos moi ben cómo acabou caendo ao mar e faleceu”. O rexedor sinalou que “a virulencia do mar esta noite foi impresionante, a oleaxe chegou a lugares aos que nunca antes se tiña aproximado, pero o peor foi esta desgracia. José Ramiro era unha home xubilado de constitución forte que traballou no mar toda a súa vida”.

O xuiz procedeu ao levantamento do cadáver entorno ás 13.20 horas do mediodía. O corpo de José Ramiro Fernández, segundo confirmou o alcalde, foi trasladado a Lugo, onde lle practicarán a autopsia nas vindeiras horas.

O temporal deixou cuantiosos danos materiais en Burela, “temos unha grande parte do paseo marítimo da Marosa destrozado, afectado… as pedras grandes que cubrían a parede do litoral levóunas por diante como si fosen papel. Na praia da Marosa estábase a facer unha rampa de baixada e levóulles dous tubos de grandes dimensións, incluso arrastrou as duchas e quedamos prácticamente sen area”. Llano seguiu a relatar que “no porto os barcos de pesca non sofriron desfeitas importantes, ninguén saiu ao mar e no espigón detectamos varias grietas. Agora teremos que analizar de qué xeito lles poden afectar e na zona do Cantiño nos accesos tirou a parede de protección, o pasamanos e todo”.

viernes, 5 de noviembre de 2010

ARRANXO DE O PERDOURO


Fóra da Orde do Día e pola vía de urxencia, deuse o visto e prace á contratación das obras de mellora dun treito da antiga N-642 ó seu paso por Burela. Trátase dunha vía municipal cortada na Ponte de Perdouro, concretamente no punto quilométrico 44,750, dende o mes de xaneiro. Nesta data, o desbordamento do río dos Matos provocou graves danos no vial. O Concello burelés púxose en contacto coa Xunta, responsable da canle, para arranxala e restablecer o tráfico, pero o goberno autonómico, a día de hoxe, segue sen dar unha resposta.

“Ante esta situación, o Presidente da Deputación decidiu asumir estes traballos, tal e como anunciou o venres pasado en Burela, que supoñen un aforro de 75.580 euros ás arcas municipais”.

NOVO ABASTECEMENTO DE AUGA

A comisión executiva e o consello rector do consorcio do abastemento de auga a Cervo e Burela tentarán aprobar hoxe as contas xerais de 2009 e o plan económico de 2011 a 2013, segundo anunciou esta mañá o alcalde.

Alfredo Llano explicou que “na comisión executiva que se reunirá a partires das catro da tarde analizaranse as contas xerais de 2009 e tentaremos aprobar o inicio dun expedente de concertación dunha operación de crédito con destino ao financiamento da achega á administración hidráulica de Galicia para executar obras no abastecemento de auga a Cervo e Burela”.

O rexedor engadiu que “no consello rector que dará comezo a eso das cinco da tarde aprobaremos, si procede, as contas xerais de 2009 e o plan económico financiero para os exercizos de 2011 a 2013 e acordar a súa remisión á Dirección Xeral de Política Financieira si chegamos a un acordo”.

Nas xuntanzas desta tarde “imos procurar falar de cuestións técnicas, do que lle falta a este abastecemento de auga para poñerse en funcionamento xa. É algo que nos apura dado os últimos acontecementos que vivimos aquí en Burela, onde vemos que cando chove un pouco xa se enturbia a auga. Temos que procurar poñer en marcha a nova depuradora de A Senra que abastecerá de auga tanto a Cervo como a Burela e consideramos que será dunha calidade óptima. Para iso se fixo toda esta grande obra”.

O SERGAS NON ASUME A UAD

A Unidade Asistencial de Drogodependencias non se integrará no Sergas. Así o ven de anunciar o alcalde, Alfredo Llano, despois do encontro mantido en Santiago con responsables da Consellería de Sanidade.

O rexedor contou que “o que máis nos preocupa neste momento é a Unidade Asistencial de Drogodependencias, o meu interés era que todo o persoal que traballa alí fose integrado no Sergas e esquecéronse un pouco de que é un servizo que depende do Concello de Burela, pero que ten carácter supramunicipal. A resposta que nos deron é que non se integrará no Sergas, esa posibilidade está totalmente descartada, e que o o vindeiro ano manteremos prácticamente a mesma subvención que tivemos neste 2010. O único que ocorrerá é que os concellos recibiremos unha cuantía que abarcará todo o que se refire a asistencia e prevención, todo estará integrado na mesma subvención que recibamos do Sergas e despois será o Concello o que reparta a cada servizo aquelo que lle corresponde”. A Unidade Asistencial de Drogodependencias recibirá este ano 217.000 euros. Alfredo Llano agarda que “eses cartos lle sexan ingresados ao longo deste mes ao Concello de Burela, que é o que está a adiantar e asumir o funcionamento da UAD mentras non chega esa subvención”.

O alcalde de Burela sinalou que “tamén lle comentamos á directora de Asistencia Sanitaria do Sergas, Nieves Domínguez, unha preocupación moi grande que estamos a ter na Unidade de Drogodepencias que é a cantidade de pacientes que recibimos cada vez de menor idade, hai rapaces de 17 a 20 anos. Imos elaborar un informe e enviarllo ao Sergas para que o teña en conta de cara a levar adiante actuacións específicas neste campo. Si isto aumenta haberá que tomar medidas en todos os estamentos da sociedade, hai que vixiar moito máis e hai que educar mellor para que isto sexa un problema global e non asistencial soamente”.

Hospital da Costa

Alfredo Llano tamén se referiu á situación do Hospital da Costa, “recoñecen que ten que mellorar a súa asistencias, pero dinnos que non haberá unha ampliación e moito menos o plan director que se pretendía. Queremos que sexa un hospital funcional e bó para toda a comarca e que se vai tentar mellorar todo o que se poida. Preocúpanos o recorte presupostario sofrido e tamén a falla dunha atención correcta en especialidades como cardioloxía, traumatoloxía ou uroloxía, din que seguirán a funcionar ben e que tratarán de aportar persoal e material. Estaremos un atentos para non perder ningún dos servizos cos que contamos na Mariña”. O alcalde engadiu que “tamén nos contaron que é posible que conte en breve este centro cun ecógrafo, e comentámoslles que preocupan moito nos concellos da Mariña as mamografías que viña facendo unha unidade móvil, eles queren centralizalo no Hospital da Costa, falaban de ter o servizo funcionando a pleno rendemento en dous anos, pero ata entón sería bó que seguise traballando ese equipo móvil pola comarca”.

O rexedor de Burela tamén lles expuxo aos responsables do Sergas que “hai médicos que atenden no PAC e noutros servizos de garda que están ata tres días seguidos facendo gardas, iso é preocupante, xa se produciron moitas queixas e así llo fixemos saber. Tamén analizamos os concellos saudables, e dixémoslles que as nosas pretensións pasaban por xerar programas de formación, educación e información e iso irá incluida na subvención global que recibirá o Concello de Burela. E falamos tamén dos centros de saúde que están dentro da área sanitaria do Hospital de Burela, había preocupación porque tivesen unha autonomía presupostaria independente e fomos informados de que terán unha economía independente. Iso parécenos positivo e debe manterse”.

Alfredo Llano viaxou a Santiago acompañado pola directora da UAD, Conchi Abad, e pola concelleira de Sanidade, Sonia Fraga.

martes, 2 de noviembre de 2010

BURELA CO SEU COMERCIO

O alcalde, Alfredo Llano, demandou esta mañá colaboración da CEL e da Cámara de Comercio para levar adiante o proxecto Burela co seu comercio.

O rexedor contou que “hoxe contactei coa CEL e coa Cámara de Comercio aquí en Burela co propósito de divulgar o proxecto Burela co seu comercio que levará a cabo a Deputación de Lugo. Do que se trata é de impulsar e de axudar o máximo posible á pequena e mediana empresa, ao pequeno comercio. Vánse tratar temas de moito interés para eles como ventas, divulgación e análise de oportunidade de negocio, negociación con proveedores e con institucións financieiras, entorno xurídico laboral e fiscal… todo aquelo que dalgún xeito ten moito que ver con este sector”.

Llano engadiu que “CEL e Cámara están en disposición de colaborar neste proxecto. O curso terá unha duración de 250 horas e todos aqueles que se queiran apuntar poden facelo ata o 10 de novembro, hai 20 prazas que agardamos cubrir. Os interesados en obter máis información poden dirixirse ao 982 22 78 12”.

DECLARACION SOBRE A MEMORIA COLECTIVA

Con motivo da conmemoración do Día de Defuntos, o Concello de Burela realizará o martes, día 2 de novembro, unha serie de actividades destinadas a lembrar a aqueles que xa non están con nós. Ditas actividades servirán tamén para dar a coñecer publicamente que o Concello subscribe a Declaración sobre Memoria Colectiva impulsada por diversas entidades locais galegas e que coincide substancialmente coa liña de traballo e os obxectivos do Modelo Burela de Planificación Lingüística. Polo momento fixérono: Santiago de Compostela, A Estrada, Vilagarcía de Arousa, Mondariz Balneario, Maceda, Calvos de Randín, Baltar, Castro Caldelas, Moaña, Poio, Outes, Boiro e A Fonsagrada.

Ás 6 da tarde, unha comitiva formada por representantes municipais e do grupo de Innovación Educativa do IES Perdouro visitará o cemiterio parroquial, onde será recibida por Néstor Valle Gómez (coidador dos cemiterios parroquial e municipal de Burela), quen realizará o labor de guía para explicar o patrimonio recollido en determinadas lápidas. Fillo do modesto contratista de obras –e enterrador no cemiterio parroquial- Nestor Valle Casas, Valle Gómez (Burela, 1959) leva xa desde os 13 anos atendendo os cemiterios da localidade, actividade da que se ocupa en exclusiva desde 1994 (a data na que se xubilou o pai).

Posteriormente, ás 7 da tarde, no Salón de Conferencias, será proxectado o audiovisual Palabra e Memoria, unha composición de Matías Nicieza centrada nunha exposición de fotografías de inscricións funerarias realizadas pola fotoxornalista Pepa Losada.

Durante a clausura da actividade, os representantes municipais entregaranlle a Néstor Valle Gómez un pequeno obsequio, en recoñecemento á súa constancia no labor de preservar a memoria colectiva.

Máis premios

Por outra banda, o Concello de Burela recibirá nos próximos días ao equipo de normalización do IES Perdouro para agradecerlles o traballo realizado no centro educativo ao acadar o Premio á innovación en normalización lingüística nos centros escolares.

O alcalde de Burela, Alfredo Llano, enviou unha carta aos equipos de normalización lingüística, á dirección e ao claustro de profesores/as, na que lles traslada “en nome propio e no da Corporación Municipal os parabéns polo voso magnífico traballo en prol da normalización do noso idioma que vén de ser recoñecido co Premio á innovación en normalización lingüística nos centros escolares. Somos conscientes de que o noso idioma avanzará grazas á vosa contribución, por iso, saudámosvos afectuosamente e agradecémosvos o traballo que vides realizando”.

INTERVENCION DE ISMAEL REGO NO PARLAMENTO

O deputado do Grupo Parlamentario do PSdeG-PSOE Ismael Rego interveu onte na Comisión 5º do Parlamento, para reclamar mediante unha iniciativa que, crear unha Área de Xestión Integrada Única, propia da Mariña luguesa. Manter a mellora e a ampliación dos servizos sanitarios da comarca da Mariña coa ampliación real do Hospital da Costa e o número de camas, implantación da Unidade de Oncoloxía, ampliación do servizo de Hemodiálise, pleno funcionamento da consulta maior ambulatoria, unha resonancia magnética fixa, a hospitalización a domicilio, a posta en funcionamento dos servizos de tarde, o aumento do cadro de persoal e o reforzo e mantemento de todos os servizos e unidades existentes tanto de Atención Primaria como de Atención Especializada. E tamén establecer o cargo de xerente da Área Integrada Única de Burela e non un xerente executivo que sería unha mera figura representativa. O PP rechazou esta iniciativa.

Alí Ismael Rego criticou o “gravísimo deterioro” que está a supoñer a xestión do PP na Xunta para a sanidade pública da Mariña de Lugo, coas esperas máis elevadas da sanidade galega.

Rego denunciou a “estratexia de deterioro do sistema sanitario público” por parte do PP co obxectivo de “favorecer á sanidade privada”, o que “explica o incremento dos desprazamentos de doentes a outros centros hospitalarios”. Así, criticou que a Xunta ven de reducir un millón de euros nos orzamentos do próximo ano para o funcionamento deste centro hospitalario.

Rego lembrou que no mes de xuño do 2009, a Consellería de Sanidade anunciou en Burela a creación dunha área sanitaria única para a provincia de Lugo, o que supoñería, a centralización da xestión tanto hospitalaria como dos centros de saúde en Lugo. Advirte que estas declaracións provocaron unha gran preocupación na Comarca, pois ao Hospital da Costa están asignadas aproximadamente 72.000 persoas, distribuídas en 14 concellos, que pasarían a ter como primeiro Hospital de referencia o Hospital de Lugo, a uns 100 km de Burela e a uns 90 minutos en tempo de desprazamento en coche.

O deputado dixo que o mais escandaloso é a reducción de orzamento para o funcionamento de perto de 1 millón de euros do Hospital Comarcal da Costa, que conta coas listas de espera mais longas do sistema sanitario galego. E denuncia que o Plan Director realizado para a súa ampliación polo anterior Goberno vai seguir nun caixón un ano mais. Lembrou ademais a preocupación dos veciños da Mariña que crearon unha plataforma en defensa da sanidade publica.

Aludiu tamén aos datos. Dixo que no 2008 a espera media do Hospital era de 79 días e os últimos datos sinalan que son 106 días. Mais polo miúdo explicou que de 50 días de espera en rehabilitación pasouse a 186 días, e reumatoloxía de 24 días a 107 días, en cardioloxía de 88 a 185 días segundo os datos da propia Consellería de Sanidade.

Ademais denunciou que as listas de espera non estructurais aumentaron un 200%. “Os cidadáns da Mariña de Lugo non merecen esto”, insistiu.

ACORDOS DO PLENO

Por unanimidade quedou aprobada no pleno ordinario celebrado hoxe no Concello de Burela a desestimación das alegacións presentadas por unha operadora de telefonía móvil contra a ordenanza reguladora da taxa pola utilización privativa ou aproveitamento especial do dominio público local. Na sesión tamén se debatiu a modificación de varias taxas de 2011, por unanimidade de todos os grupos quedou aprobado o IBI que suporá a aplicación dun gravame do 0’42; cos votos a favor do equipo de goberno e cos votos en contra do PP aprobóuse un incremento do 3% do imposto sobre vehículos de tracción mecánica e cos votos a favor de PSOE e BNG a abstención do PP aprobóuse tamén unha suba do 1’8% no recibo da auga.

O alcalde, Alfredo Llano, explicou que “prácticamente todas as taxas do Concello seguirán igual o ano que ven, agás o IBI, o imposto de vehículos de tracción mecánica e o recibo da auga. A suba do 3% no caso dos vehículos ven motivada porque levaba moitos anos sen moverse, é unha das máis baixas dos concellos da zona de poboación similar á nosa e aínda aplicando esta procentaxe segue a ser moi baixa dentro da mesma provincia de Lugo. Para os vehículos medios, os que temos a grande maioría dos habitantes de Burela, pasaremos de pagar 74 a 76 euros”. No caso do IBI, o rexedor sinalou que “se aplicará un gravame do 0’42 cando anteriormente se viña aplicando un 0’5. Tentamos rebaixar o gravame para danar o menos posible as economías de Burela neste tempo de crise”. E o recibo da auga subirá o 1’8% “por lei esta taxa tería que incrementarse na mesma porcentaxe que o IPC interanual que foi do 2’1% de setembro a setembro e nós só aplicamos o 1’8%. O resto das taxas e impostos municipais seguirán tal e como estaban”.

Mocións

Varias foron as mocións debatidas no pleno celebrado hoxe en Burela. O equipo de goberno presentou unha instando á Xunta a limpar os lodos do encoro de Rúa. Llano lembrou que “xa solicitei días atrás a limpeza dos lodos dese encoro, hai acumulados uns 21.000 metros cúbicos de lodos que é unha barbaridade. Para facer efectivo o abastecemento de auga a Cervo e Burela para min é imprescindible levar adiante dita limpeza porque substituimos eses lodos por capacidade de auga. É un proxecto que ten un presuposto aproximado de 1.700.000 euros e eu consideroo de vital importancia porque si temos meses de seca e non se limpa teríamos que bombear constantemente de Riocobo, iso encarece moito o servizo e ocasiona un grande consumo de enerxía e hai que pagala moi cara”. Esta moción foi aprobada por unanimidade.

O alcalde tamén falou dos orzamentos da Xunta para 2011 e da moción plantexada polo equipo de goberno “porque consideramos que son ridículos para Burela e non mellorarán para nada nin servizos, nin infraestructuras nin nada de nada. Plantexamos a moción instando aos grupos políticos a presentaren enmendas a eses presupostos autonómicos reclamando que se remate o acceso ao porto, que se leve adiante o plan director do hospital e que se produzan melloras noutras partidas. O PP presentou unha enmenda a esta moción que foi rexeitada e a moción en sí mesma quedou aprobada por unanimidade. Ademáis foron rexeitadas dúas mocións do PP, unha sobre o arranxo da pista de O Cancelo que o ten que facer Medio Rural porque así se comprometeu no seu día e outra sobre a necesidade de que o Concello apure á Deputación para realizar melloras na estrada de Burela a Rúa e nós dixémoslles que non é o momento de facer aceras, senón de preocuparse, por exemplo, pola creación de emprego en Burela”.

viernes, 22 de octubre de 2010

SEMANA NEGRA PARA RAJOY E A SÚA INANICIÓN

Como comentaba noutro artigo despois do debate sobre o Estado da Nación no pasado mes de xullo, o PP e Rajoy, estaban de noraboa, posto que sen facer ningún mérito, só adicándose a esperar, os ventos corrían ao seu favor. O actual goberno desgastase, e o PP sen dicir que medidas e de que tipo deberían tomarse, vía aumentar as súas expectativas electorais e situándose en claros gañadores dunhas posibles xerais. Os asesores do Sr. Rajoy chegaron a dicirlle que non tomara ningunha decisión e que non dixera nada novo, só aquelo de que “o goberno está esgotado e queremos eleccións xerais xa”. Xa tiñan a Moncloa ao alcance da man, só esperar, canto menos tempo mellor. Sería bo pensar que as lexislaturas duran ou deben durar catro anos que é o tempo que os electores lle dan a un goberno.

Neste senso, na actual semana, están ocorrendo cousas que empezan a preocupar a Rajoy, que deberá mudar a estratexia. En primeiro lugar o goberno chegou a un acordo cos grupos do PNV e de CC (Coalición Canaria), para aprobar os orzamentos e polo tanto poder chegar ata o 2012. Terán que estar outro ano e medio coa mesma cantinela, parece que é demasiado tempo sen dicir nada, ata o momento xa perderon 4 conselleiros e o vicepresidente da comunidade de Canarias, rompendo o goberno desa comunidade en desacordo polo apoio de C.C. aos presupostos do Estado.

Segundo golpe na mesma semana, Zapatero fai unha profunda renovación do goberno, dándolle un perfil máis político, e pensado que o novo goberno vai facer máis pedagoxía e transmitir mellor aos cidadáns o traballo. Formando un goberno cunha ideoloxía máis próxima aos sindicatos e máis de esquerdas. Esta segunda medida volve a deixar a Rajoy en fóra de xogo. A súa reaccións foi, máis do mesmo: pedir outra vez eleccións xerais; parece que non teñen nada máis que dicir.

A estas horas o equipo de Rajoy, aquel que lle propoñía que se adicara a deixar pasar o tempo, terá que estar esmagándose os miolos para mudar a estratexia, porque evidentemente outro ano dicindo o mesmo pódese facer moi repetitivo e podería conducilo a perder as terceiras eleccións xerais seguidas. Esto sería un grave traspés para a dereita. Os coríferos da dereita mediática non poderían soportar unha nova derrota electoral. Cando en algunha das próximas enquisas electorais comproben que a distancia volve a recortarse, poranse moi nerviosos e pedirán a cabeza de Rajoy e das medianias que o acompañan na dirección de PP. “Ano e medio en política” como dixo Zapatero é moito tempo, máxime cando a oposición non ten nada que dicir. Volve a haber partido e nos próximos dezasete meses, ata marzo do 2012, viviremos os españois unha etapa diferente.

Pedro Chao Polo

AS MENTIRAS DO PP CON BURELA

O alcalde referíuse aos orzamentos da Xunta para 2011 e á incidencia que terán en Burela. Alfredo Llano considera que amosan o pouco interés que o goberno galego ten polo municipio. O rexedor manifestou que “vistos en principio, pero sen analizalos en profundidade, non son moi alentadores. En tempos de crise hai que procurar establecer preferencias e ter en conta os servizos que se prestan e a utilidade dos mesmos. Para o noso Concello hai unha cuestión moi importante que é o acceso ao porto, porque unha vez rematado suporía interesantes beneficios para as empresas pesqueiras, para o transporte, etc. E nestes presupostos non se contempla absolutamente nada, había 200.000 euros previstos para este 2010 e non se fixo nada e agora voltan a colocarse de adorno para o 2011, o que significa que eso non se rematará. Só o cambio de vía tería un gasto moi superior a ese previsto pola Xunta”. Llano advirte que “hai un problema engadido que foron as riadas que sofrimos o pasado mes de xuño, alí houbo desprendementos de terra e tal e como está a obra senon se mellora a cousa pode ocasionar problemas no futuro que habería que evitar. Hai que apurar a obra o máximo posible, si somos rigurosos xa tería que estar lista este ano ou incluso o ano pasado”.

O rexedor referíuse tamén ao Hospital da Costa “é triste ver que segue sen aplicarse o plan director para amplialo e contar con máis servizos para atender perfectamente ao vecindario de toda a comarca, xa somos 80.000 habitantes e habería que tentar convertelo nun hospital xeral. É unha das miñas preferencias e preocupacións, non hai que desmantélalo senón que sería importante darlle categoría de hospital xeral e non comarcal. É un servizo básico da sociedade, que históricamente levou moito tempo conseguilo e hai que procurar melloralo, algo que non se fará con 600.000 euros”. Llano subliñou que no prazo de 10 ou 15 días poráse en marcha o abastecemento de auga a Cervo e Burela, “xa está rematado prácticamente e non preciso de investimentos a maiores, polo tanto o que é implicarse con Burela nos presupostos deixa bastante que desexar e é preocupante a falla de interés polo noso concello, estaremos atentos para reclamar aquelo que consideremos en xustiza e procuraremos non perder os servizos sociais e as oportunidades que poida ter o pobo de desenvolvemento social e económico”.

PLENO DO XOVES VINTEOITO DE OUTUBRO

O pleno ordinario que se celebrará o vindeiro xoves 28 de outubro no Concello de Burela aprobará a actualización das taxas para o 2011. O imposto de vehículos de tracción mecánica incrementarase nun 3% e o recibo da auga preto do 1’8%. Os bureleses pagarán o mesmo prácticamente polo IBI que neste 2010, segundo anunciaba hoxe o alcalde.

Alfredo Llano sinalou que nesa sesión “se desestimarán as alegacións presentadas polas empresas de telefonía móvil contra a ordenanza fiscal polo aproveitamento do dominio público local. Nós queremos cobrarlles un canon e moi hábilmente plantexaron unha serie de alegacións que non nos benefician en nada, de aí que vaiamos rexeitalas”. O rexedor manifestou que no pleno tamén “se aprobará inicialmente as modificacións das ordenanzas fiscais do IBI, do imposto sobre vehículos de tracción mecánica e da distribución da auga e sumidoiros. No caso do IBI, os veciños de Burela pagarán no 2011 prácticamente o mesmo que neste ano a pesares das actualizacións do valor catastral que comenzaron a efectuarse no ano 2006. O tipo de gravame aplicado ese ano foi do 0’55, no 2010 foi do 0’45 e para o 2011 será do 0’42”.

O imposto sobre vehículos de tracción mecánica subirá un 3% o vindeiro ano “porque a nosa taxa de aplicación é unha das máis baixas da Mariña, incluso despois deste incremento seguiremos co imposto máis reducido nos concellos de máis de 5.000 habitantes. Temos unha taxa baixísima, por iso a subiremos nesta pequena porcentaxe que prácticamente non significará nada para os cidadáns”.

Alfredo Llano tamén explicou que o recibo da auga subirá o 1’8% “por lei esta taxa tería que incrementarse na mesma porcentaxe que o IPC interanual que foi do 2’1% de setembro a setembro e nós só aplicamos o 1’8%. O resto das taxas e impostos municipais seguirán tal e como estaban”.

XUNTANZA COA CONSELLEIRA E PEONALIZACION DE RUAS

O alcalde, Alfredo Llano, viaxará o vindeiro 3 de novembro a Santiago para manter unha entrevista con responsables da Consellería de Sanidade. Será ás 11:30 da mañá.

Llano quere “intercambiar documentación e impresións sobre a unidade asistencial de drogodependencias, a miña intención é garantir a continuidade deste servizo aquí en Burela, pero coas subvencións ao día sen meter en complicacións económicas ao Concello. Tamén lles vou suxerir que sexa absorbido o antes posible todo o persoal adscrito a esta unidade, pensamos que a mellor fórmula para garantir este servizo no futuro é que pasen a depender do Sergas”.

O rexedor tamén analizará cos responsables de Sanidade “a situación do Hospital da Costa e o servizo de asistencia sanitaria aquí en Burela”.

Peatonalización de Pardo Bazán

Alfredo Llano convocará a veciños e comerciantes a unha xuntanza que se celebrará a mediados do vindeiro mes de novembro para falar do proxecto de peatonalización da rúa Pardo Bazán. O alcalde explicou que “continuando coas melloras que consideramos boas para Burela, para que sexa un concello con todas as garantías de habitabilidade perfectas e que todo o mundo se sinta integrado e contento aquí, vou citar a veciños e comerciantes para falar do noso proxecto para peatonalizar a rúa Pardo Bazán”.

Llano engadiu que “en principio se faría en dúas fases, unha delas a que está fronte ao parque, é moi demandada polos pais dos nenos que acuden alí por seguridade, e a segunda fase cara a Casa da Cultura e sería posterior. Nós queremos facerlles chegar as nosas intencións, queremos saber si están de acordo con esta iniciativa para facer peatonal o centro de Burela, penso que á larga favorecerá tanto aos peatóns coma os comerciantes da zona. Estamos preparando esa xuntanza para mediados de mes en Burela”.