
Fóra da Orde do Día e pola vía de urxencia, deuse o visto e prace á contratación das obras de mellora dun treito da antiga N-642 ó seu paso por Burela. Trátase dunha vía municipal cortada na Ponte de Perdouro, concretamente no punto quilométrico 44,750, dende o mes de xaneiro. Nesta data, o desbordamento do río dos Matos provocou graves danos no vial. O Concello burelés púxose en contacto coa Xunta, responsable da canle, para arranxala e restablecer o tráfico, pero o goberno autonómico, a día de hoxe, segue sen dar unha resposta.
“Ante esta situación, o Presidente da Deputación decidiu asumir estes traballos, tal e como anunciou o venres pasado en Burela, que supoñen un aforro de 75.580 euros ás arcas municipais”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario