O alcalde, Alfredo Llano, e o presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro inauguraron este mediodía no Concello o programa Burela co seu comercio. Vinte empresas participan nesta iniciativa, pioneira na provincia. Os comerciantes recibirán ao longo das vindeiras semanas 250 horas de asesoramento individual e práctico.
Llano pensa que “é unha boa idea que o Concello e a Deputación se impliquen nas melloras das empresas, que se impliquen e se responsabilicen xunto con elas a manter a súa actividade, xa que dan traballo e alimento a moita poboación. É unha formación que será moi beneficiosa para todos eles, Burela co seu comercio impartirá 250 horas de curso abarcando temas como o escaparatismo, o márketing, finanzas, promoción, vendas, interiores… e eso sempre é moi bó para que todos teñan os seus negocios o mellor preparados posible”.
O rexedor considera que “a xente ten que prepararse e agora que estamos pasando por tempos difíciles queremos que esto sexa unha moi boa cousa cara o futuro. Eso significa que hai interés por manter as empresas, hai 20 persoas apuntadas neste curso e son quen de aguantar os seus negocios e os postos de traballo que derivan delas e eso é o que nos parece fundamental. Desde o Concello queremos agradecer esa colaboración e agardamos que ésta sexa indefinida e pensando sempre nas empresas e nos seus empregos”.
Alfredo Llano engade que “esta iniciativa é boa, vai dar resultados moi positivos, van ser de aplicación e eso se notará no futuro para ben de Burela e das súas empresas
miércoles, 17 de noviembre de 2010
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario