viernes, 30 de abril de 2010

REUNION DO CONSORCIO DA AUGA BURELA-CERVO

O consorcio da auga de Cervo e Burela reunirase a finais de maio para valorar os custes definitivos de explotación do servizo e o persoal co que contará a ETAP. Os gastos estimados en consumo de enerxía e traballadores poderían rondar os 750.000 euros ao ano.

Nota de Prensa

Burela

A COMISIÓN EXECUTIVA DO CONSORCIO DA AUGA DECIDIRÁ A FINAIS DE MAIO O PERSOAL CO QUE CONTARÁ A ETAP. OS GASTOS ESTIMADOS EN CONSUMO DE ENERXÍA E TRABALLADORES PODERÍAN RONDAR OS 750.000 EUROS AO ANO.

Burela, 29 de abril de 2010. A presidenta de Augas de Galicia, Ethel Vázquez Mourelle, asistiu á xuntanza do Consorcio de xestión e explotación da rede básica do abastecemento de auga aos Concellos de Cervo e de Burela celebrada esta mañá. No encontro participaron tamén os dous alcaldes e un técnico encargado das obras.

Ao seu remate o rexedor de Burela, Alfredo Llano, dixo que “estivemos falando de cómo pechar prazos, de cómo considerar a xestión do Consorcio, etc. Quedamos para facer unha comisión executiva a finais do mes de maio, na que tentaremos aprobar as contas, pedir os créditos que lle fixeran falla ao Consorcio e imos valorar o consumo que teñen tanto Cervo como Burela para saber ata onde podemos chegar para equilibrar o prezo da auga.” O alcalde explicou que “fixemos unha valoración sobre o mantemento da ETAP, sobre a xente que fará falla para traballar alí, os técnicos consideran que serían necesarios un xefe de pranta, dous peóns técnicos, un administrativo e un xerente. Esto temos que analizalo para ver si os contratamos a través dunha empresa ou si é mellor que nós saquemos as prazas… tamén comentamos cuestións relativas ao consumo de enerxía tanto para a ETAP como para o bombeo do embalse de Ríocobo, xa que suporía un custe de 650.000 euros ao ano, que con todo o mantemento e o persoal podería chegar aos 750.000 euros”.
Alfredo Llano cre que “o servizo comenzará a funcionar en setembro, agora mesmo o que hai que facer é pasar unha canalización nunha das estradas de Fomento e unha vez que estea lista a obra estaría rematada. Temos que ver si a partires desa data o Consorcio pode facerse cargo do que é o abastecemento en xeral”.

Lodos no embalse de Rúa

O rexedor burelés amósase preocupado “pola cantidade de lodos que hai agora mesmo no embalse de Rúa e consideramos que neste proxecto xa non se pode levar adiante porque hai que facer un presuposto diferente, hai que condicionalos á nova normativa de Medio Ambiente. Esta cuestión agora hai que aplazala por que é cara, pero a medio prazo hai que sacalos de aí, son 20.000 metros cúbicos que estorban nese embalse. Hai que insistir neste asunto para que se proceda a limpar o antes posible o embalse e así ter garantías de contar con moita auga durante moito tempo”.

CURSOS DO PLAN FIP

O Concello ofertará tres cursos con cargo ao plan FIP, que financian o Fondo Social Europeo, o goberno do Estado e a Consellería de Traballo. Para levalos adiante contarán cunha subvención de 245.000 euros, segundo anunciou no día de hoxe a concelleira de Formación e Emprego.

Sonia Fraga sinalou que “acabamos de recibir a resolución desta acción formativa, en total da solicitude que plantexamos concedéronnos tres cursos que son: electricista de mantemento que consta de 760 horas, reparador e mantemento de instalacións de fontanería e calefacción de 385 horas e electricista industrial que terá 680 horas”.
A edil socialista engadiu que “as prazas de formación para os alumnos que queiran participar son de 15 como máximo. Agora imos comezar cos trámites previos como a elaboración das bases para a contratación do persoal que se encargará de impartir os cursos e despois farase tamén a selección. Animar á xente a que se informe tanto no INEM como no Centro de Formación Ocupacional de Burela”.

martes, 27 de abril de 2010

EMISORA MUNICIPAL DE RADIO

O alcalde de Burela, Alfredo Llano, asegura que a radio municipal se autofinanciará para sufragar os gastos de persoal, de material e de enerxía.

O rexedor explicou que o proxecto estivo parado durante un tempo e que “agora estamos a darlle un impulso porque hai unha serie de oportunidades que queremos aproveitar, imos tratar de levar adiante este servizo público, o que é a memoria de creación e a regulamentación da futura emisora”. Llano manifesta que “o que tentamos é darlle un servizo importante a Burela, para que os veciños participen neste proxecto e na vida cultural, política e social do concello. Todo o mundo poderá colaborar e ademáis é algo demandado por moitos sectores e colectivos. Vai ser un servizo utilizado e xustificado”.

Alfredo Llano engadiu que “cando se pon en marcha un servizo municipal contamos cun aporte económico que o satisfaga, lóxicamente a radio pública o que fará é autofinanciarse a través da publicidade para sufragar os gastos de persoal, de material e de enerxía. Non faremos nada improvisado, non dará gastos ao Concello de Burela e esperamos que ben xestionado dea os seus beneficios tanto económicos como sociais que é o que interesa”.

O PLAN INNOVA-TE CHEGA A BURELA

El Plan Innova-TE llega a Burela
Burela es uno de los seis ayuntamientos pilotos en la provincia de Lugo donde se implantará la administración electrónica. En las últimas horas técnicos de la Diputación estuvieron en Burela para poner en marcha la Administración Electrónica a través del Plan Innova-Te. El regidor municipal, Alfredo Llano, destacó que este nuevo servicio permitirá muchas mejoras en varios departamentos.



O rexidor contou que “recibimos a visita de dous técnicos da Deputación do programa Innova-TE para instaurar en todos os Concellos que o soliciten a administración electrónica. De contado será unha realidade no noso Concello e para eso estamos a dar os pasos necesarios, como a formación dos nosos funcionarios para que poidan levar adiante este programa, poñeremos servizos electrónicos que inclúen os equipos e tamén imos mellorar moito a nosa páxina web”.
Llano lembrou que “Burela forma parte dos Concellos piloto para implantar este proxecto, somos seis en toda a provicia. Estamos intentando colaborar con este programa Innova-TE coa única finalidade de que os veciños sexan os beneficiados coa súa posta en marcha. En breve esto estará en funcionamento e notarase na calidade, na rapidez e nas esixencias dos que o soliciten que son os veciños de Burela”.

VISITA DO SUBDELEGADO DO GOBERNO

El delegado explica que con estas actuaciones se persigue la recuperación para uso público de las zonas de playas y la puesta en valor medioambiental de la localidad. El objetivo final es situar a Burela en el mapa turístico de Galicia.

Dotación de servicios a la Playa de O Cabaliño y de O Portelo, T.M de Burela La obra consiste en la ejecución de los servicios, históricamente demandados, a las playas de Portelo y Cabaliño, consistentes en un almacén municipal, infraestructuras de la Cruz Roja, así como la ejecución de accesos para discapacitados, dándole un valor arquitectónico y social a ese punto del paseo. El presupuesto de la citada obra de dotación de servicios es de 224.890,60€ y en el momento actual se ha superado el período de Información Pública y Oficial, por lo que se prevé su próxima contratación. En la playa de O Portelo se sitúa una plaza que, como consecuencia del paso del tiempo y del uso público, se ha ido deteriorando, no cumpliendo con las necesidades sociales actuales. Por todo ello, se ha procedido a la sustitución de la actual plaza por otra de granito que cumple con las necesidades que actualmente se demandan, con accesos para discapacitados adecuándose además al entorno existente. Actualmente está en proyecto la remodelación de esta plaza municipal de O Portelo para evitar que durante el periodo de invierno entre arena al paseo marítimo.
Dotación de servicios a la playa de Ril, T.M Burela La citada obra consiste en la ejecución de una zona de aparcamientos, juegos deportivos, juegos infantiles y mejora del acceso para discapacitados a la playa como consecuencia de la obtención de la Bandera Azul. El presupuesto de la obra es de 128.743,74€ y actualmente está en tramitación económica en Madrid. Diversas actuaciones en el término municipal de Burela

Durante estos años se están ejecutando obras de conservación, mantenimiento, dotación y mejora de servicios en A Mariña. En el término municipal de Burela, como consecuencia de las solicitudes del ayuntamiento, se han ejecutado actuaciones tales como:



- Ejecución de una plaza pública en la playa de O Portelo.



- Mantenimiento y reperfilado de las playas.



- Reparación y conservación del espigón de A Marosa.



- Dotación de duchas, fuentes, cambiadores, papeleras, bancos y demás mobiliario a lo largo de la costa.



- Ejecución de la iluminación en distintos tramos de la costa.



- Desbroce y conservación de las distintas obras en general.



Estas actuaciones de conservación y mantenimiento suponen una inversión aproximada de unos 500.000€.



En las actuaciones que hasta el momento no están en ejecución, el subdelegado así como el alcalde de Burela y el Jefe de Costas, realizarán un análisis del proyecto.



Cabe destacar para finalizar, que con las obras de conservación y reposición en el litoral lucense lo que se pretende conseguir es la conservación y adecuación de infraestructuras y elementos ya existentes, incluyéndose para ello los trabajos necesarios para adecuar los mismos al entorno medioambiental en el que se encuentran, así como la adaptación de los mismos para su uso por personas de movilidad reducida.

Por otra parte, en el tema de reposición de infraestructuras, se pretende realizar los trabajos necesarios para la reposición de infraestructuras con materiales adecuados al entorno y con elementos adaptados para su uso por personas de movilidad reducida.

viernes, 23 de abril de 2010

ASFALTADOS EN BURELA


O Concello continúa realizando traballos de asfaltado en Burela, segundo informa no día de hoxe o concelleiro de Obras e Servizos. Pascual Doménech asegura que “dende principios do mes de abril atópase en Burela un equipo de asfaltado da Deputación de Lugo composto de rodillo compactador, camión semirremolque de transporte de áridos e camión con cuba de rego asfáltico. Os operarios están a traballar conxuntamente co persoal da brigada de obras do Concello de Burela, están a realizar a pavimentación de pistas no barrio de Vilar, na zona de Campo Capelo, no camiño da Limosa, que une Suafonte co paseo marítimo de O Cantiño, e a semana que ven actuarán en rúas do barrio de Vila do Medio”.

O edil socialista conta que “tamén estiveron esta semana e a anterior pavimentando o aparcamento interior do campo de fútbol de A Marosa, cumprindo unha vella reivindicación tanto da S.D. Burela, como dos afeccionados e practicantes que se acercan a facer uso das instalacións deportivas. E remataron tamén a explanada exterior que sirve de estacionamento para a praia de A Marosa, que se atopaba en moi mal estado, para dar servizo aos bañistas do areal e aos usuarios do paseo marítimo”. Doménech Gruñeiro considera que “agora que estamos ás portas da temporada estival, era unha reparación moi solicitada por todos os bureleses e visitantes que se acercan a disfrutar do seu ocio nunha das praias máis fermosas de A Mariña”.

IMPLANTACION DE NOVAS TECNOLOXIAS

Os veciños de Burela poderán consultar na páxina web de Espina y Delfín os seus consumos de auga ou cambiar de domiciliación os seus recibos, entre outras casas. Este novo servizo foi presentado este mediodía no Concello polo alcalde e polos responsables da firma.

Alfredo Llano subliñou que “estamos diante dun servizo que se dará aos Concellos e nós colaboraremos con eles porque leva unha información básica da oficina de Espina y Delfín, os cidadáns poderán acceder a taxas, regulamentos, ao canon da auga da Xunta ou a calquera outra lexislación aplicable no noso concello. Tamén poderán notificar os cambios de domiciliación do pagamento, facturación on-line e estar ao tanto dos consumos que van facendo de xeito mensual, bimensual ou anual. É un servizo que se inaugura agora para o noso concello, e agardo que os nosos veciños o poidan empregar con facilidade. Aquí no Concello poderán obter información sobre como acceder a esta páxina web, será dunha forma moi sinxela”.O xefe do servizos de augas de Espina y Delfín en Burela, Juan Moreno dixo que “la página está en funcionamiento desde ya. Lo que hay es un acceso a una información en tiempo real, a toda la legislación aplicable, además existen links con las páginas web tanto del Concello como de otros organismos oficiales donde poder cotejar dichos datos. Y luego mediante un sencillo sistema para darse de alta, se solicitan unos datos básicos para garantizar la autenticidad y la privacidad del servicio. Se podrá acceder a notificación de lectura de contadores, a cambios de domiciliación del recibo, a facturas on-line y lo que son todos los consumos de nuestros clientes”. Moreno engadiu que “los interesados pueden entrar en www.espinaydelfin.com. Para las cuestiones generales sobre legislación no hace falta darse de alta… en este caso encontrarán teléfonos de interés nuestros como los de urgencias o averías, la localización de nuestro oficina en Burela y luego dándose de alta en la oficina virtual de atención al consumidor acceder a todo lo que hemos contado antes”

OBRAS EN FOXO

En maio darán comezo as obras de dotación da rede de saneamento en Camiño de Foxo, que terán un prazo de execución de dous meses aproximadamente, segundo informa hoxe o concelleiro de Obras de Burela.

Pascual Doménech sinala que “logo da comunicación recibida dende a Consellería do Medio Rural, para a distribución dos recursos económicos, financiados nun 60% polos Fondos Feader a través do Goberno Central, que pon a disposición do Concello de Burela dentro do PEIM RURAL 2009, procedeuse á redacción dunha memoria valorada denominada rede de saneamento-Camiño de Foxo. Despois de presentar o anteproxecto, recibiuse notificación para a sinatura dun convenio no cal a Consellería tiña previsto adxudicar dita a obra así como a súa execución, que terá un custe aproximado de 42.069 euros”.
O edils socialista asegura que “por parte do Concello de Burela preténdese mellorar o núcleo rural do barrio de A Casilla, dotándoo de servizos urbanísticos e dando continuidade á rede xeral existente nesa zona ata conectar esta nova rede de saneamento co bombeo existente nesa parte da vila. A descripción da obra a realizar é a seguinte: excavación de zanxas en roca para canalización, suministro e colocación de pozos e colector de saneamento, conexión coa rede existente para bombeo e subministro e posta en obra de capa de rodadura tipo D-12 de 6 cm. de espesor (reposición de pavimento)”.
Pascual Doménech engade que “a cambio o Concello pon a disposición os terreos necesarios libres de cargas e gravames e unha vez recepcionadas as obras, comprometese á explotación, mantemento e conservación da mesma, despois do período de garantía e mantemento á cargo da empresa adxudicataria que se establece nun ano”.

PARABENS DO ALCALDE

O alcalde de Burela amósase satisfeito pola bandeira verde-municipio responsable que acaba de conseguir o Concello e dalles a noraboa aos que tiveron a idea de expoñer unha vara boniteira no Museo do Pobo Galego en Santiago.

Alfredo Llano dixo que “temos que estar satisfeitos polo galardón da bandeira verde-municipio responsable na súa onceava edición, xa o obtivemos máis veces pero este ano engadíuse un apartado máis co que xa temos o máximo número de estrelas da convocatoria. Esto quere decir que estamos funcionando o mellor que podemos na medida das nosas posibilidades. É un premio para todo o concello, para toda a cidadanía de Burela que debe sentirse orgullosa de estar colaborando con algo prioritario como é o medio ambiente”.
O rexedor tamén aludiu ao acto celebrado o sábado pasado no Museo do Pobo Galego en Santiago, “tamén recibimos un diploma acreditativo, onde se recoñece a donación da vara boniteira que fixo o pobo de Burela. É algo que formará parte do patrimonio xeral de toda Galicia, estará na sección de mar onde tamén se poden ver representacións magníficas do arte da pesca de todo Galicia. Nós imos estar nun lugar preferente e todo o mundo poderá apreciar o que se fai desde Burela para promocionar a pesca artesanal”. Llano lembrou que “se trata dunha modalidade que se van empregando desde hai moitos anos para a pesca do bonito, algo que nos debe orgullecer. Agardamos que sexa moi recoñecida esta tradición polos visitantes que se acheguen a Museo do Pobo Galego”.
O alcalde déulle “a noraboa a quen tivo a iniciativa de levar alí a vara bonitera e a todos os que participaron na súa elaboración e penso que é un galardón para toda a xente do mar”.

OBRAS EN PARQUE TIJOLA

BURELA (FNC) .- O Concello de Burela acometerá a mellora da iluminación e pavimentación do Parque Tíjola a través do POS 2010. O investimento ascende a 45.422 euros, dos que 22.711 serán aportados polo goberno central, 11.355 pola Deputación de Lugo e 11.355 euros máis por parte do Concello. Segundo explica o concelleiro de Obras e Servizos, Pascual Doménech, “despois de presentar o proxecto, nas últimas horas recibimos notificación do ente provincial sobre a súa aprobación e sobre o reparto do gasto”.
O edil socialista subliña que “o que pretendemos é mellorar a iluminación en toda a zona do Parque Tíjola, onde colocaremos luminarias de tecnoloxía LED, substituíndo ás actuais á vez que se aumenta un par de puntos para mellorar a iluminación. Así mesmo, dotarase de iluminación pública o seu acceso dende a rúa Celso Emilio Ferreiro, xa que actualmente carece de ela. Toda esta zona é moi usada como estacionamento e como lugar de comunicación, xa que da saída e solución ao aparcamento na Avenida de Arcadio Pardiñas, polo que é moi transitada tanto por vehículos como por viandantes”.
Pascual Doménech Gruñeiro engade que “o Concello, dentro da súa obriga de executar obras de mellora de infraestruturas e equipamentos públicos, considerou de necesidade esta obra, xa que neste parque tamén se atopa unha zona de xogos infantís e era unha petición moi demandada polos veciños debido á precariedade do alumeado existente actualmente”.

DIA DO LIBRO E CONCERTO ANIVERSARIO

BURELA (FNC). A concelleira de Educación, Lucía Bouza, convida a todos os veciños de Burela a acudir o vindeiro venres 23 de abril ás 21:30 horas ao auditorio da Casa da Cultura para disfrutar do concerto de jazz que ofrecerá a Burela Blues Band para celebrar o seu quinto aniversario.

A edil socialista explica que “leva como lema a historia do jazz nun concerto, o que pretenden é que entendidos e profanos disfruten da evolución que sufriu este xénero ao longo da historia. O concerto tamén contará con artistas convidados que son o saxofonista de jazz e profesor en Estudio Escola de Santiago, José Nine; o trompetista e profesor no Conservatorio Superior de Música da Coruña, Abraham Cupeiro e grupo de percusión da Escola de Música Municipal de Burela”.Bouza engade que “tal e como sinala o director da Burela Blues Band, Israel Arranz, con esta aposta musical a formación pon en escea o seu programa anual máis ambicioso ata o momento para por a guinda a máis de cinco anos de traballo. É unha homenaxe tamén ao jazz, aos que forman e formaron parte da Burela Blues Band e Israel quere agradecer a fidelidade do público que desde o seu inicio presenciou a madurez que a agrupación ía adquirindo”.

A concelleira de Educación destaca “o enorme esforzo realizado por Israel Arranz e por Roberto Bouza dende a fundación de dita a agrupación de jazz da Escola de Música, ten unha traxectoria imparable da que todos os bureleses nos debemos sentir orgullosos porque nos honra que aquel proxecto inicial que se chamaba Burela Blues que fora ideado por Israel e por Roberto no 2004 a día de hoxe está a ser obxecto de estudio e modelo noutros centros de música galegos”.Día do libro

Por outra banda, Lucía Bouza, concelleira de Medio Ambiente, anunciou que “o centro de educación medio ambiental Gaia organiza desde o 16 e ata este venres 23 de abril unha actividade para conmemorar o día do libro que se celebra nesa xornada. Está pensada para todos os alumnos de 1º, 2º e 3º de primaria dos colexios Virxe do Carme e Vista Alegre e as monitoras fan un xogo para eles no que cada día van dando unhas pistas para que atopen personaxes de contos populares infantís”. Como premio pola súa participación cada neno recibirá un libro como agasallo

martes, 20 de abril de 2010

PETICIÓN OBRADOIRO FARO DE BURELA IV

A Delegación de Mar de Burela quere poñer en marcha un novo proxecto que, segundo explica Remedios López, “será moi beneficioso para o noso pobo e único en toda Galicia, trátase dun obradoiro de redeiras”.A edil socialista lembra que “tiñamos un compromiso co anterior equipo do goberno da Xunta de Galicia de que cando saíse a titulación de redeiras se daría luz verde á posta en marcha deste obradoiro, e así fomentar o emprego en Burela e recuperar un oficio que se está a perder. No BOE 227 do 19 de setembro do 2009 crease a titulación de redeiras e dende ese momento o Concello de Burela está a traballar co fin de levar adiante ese proxecto, esperando que o novo goberno da Xunta estea tamén interesado en recuperar a nosa cultura e apoiar ao Concello de Burela”.Remedios López segue a explicar que “coa publicación da subvención dos talleres de emprego no DOG nº58 do 26 de Marzo do 2010 comeza a coller forma o proxecto. O obradoiro irá destinado a 15 persoas desempregadas sobre todo para grupos de difícil inserción como poden ser mulleres desempregadas, inmigrantes e maiores de 45 anos, e enfócase como un servizo de utilidade colectiva innovador, como rehabilitación do patrimonio natural e cultural da nosa zona pesqueira, que se está a perder por descoñecemento da xuventude e que é necesario para o desenvolvemento das artes pesqueiras. É un proxecto que ten perspectivas de emprego no noso concello e que serviría para sacar a titulación necesaria que ningunha das redeiras en activo ten”.
A concelleira de Mar engade que “neste obradoiro as clases teóricas desenvolveríanse no centro de formación ocupacional e as prácticas na nave de redes a través dun convenio que faríamos coa cofraría de pescadores San Juan Bautista.Tamén dentro deste módulo iría un curso para sacar a tarxeta profesional de mariñeiro pescador e outro de creación de empresas e sobre todo de cooperativas coa idea de que cando rematen poidan darse de alta e formar unha cooperativa para coser as redes dos armadores de Burela, que moitos deles as levan a Portugal”.Remedios López suliña que “o noso pacto abrangue seis cofradías Burela, Celeiro, Foz, Ribadeo, San Ciprian e O Vicedo contamos con: 34 arrastreiros, 57 palangreiros de fondo e 28 de superficie, 14 cerqueiros, 2 volanteiros, 93 lanchas de artes menores e 10 lanchas percebeiras, entre outras”.

A edil de Mar manifesta que “a pesca é un dos inxectores da economía da Mariña, grazas á pesca conséguense importantes ingresos económicos e turísticos que fan que A Mariña lucense se desenvolva e medre. Sen embargo notamos unha falta de titulacións de formación integral das tripulacións dos barcos pesqueiros de altura, de litoral e de cabotaxe tanto na sección de ponte, de máquinas ou de redeiras, todas elas necesarias para poder sacar o barco ao mar. Non existe ningunha escola oficial náutico pesqueira na Mariña para que suavice as trabas de formación existentes, co cal vemos necesaria a necesidade de obradoiros de emprego para ir recuperando esta formación e integración de grupos desfavorecidos e desempregados na inserción dun posto de traballo”.López Villar tamén apunta que “no Parlamento de Galicia aprobouse recentemente por unanimidade de todos os grupos políticos unha iniciativa do PP para a creación dun selo distintivo que implique o cumprimento da normativa de enmalle, a elaboración do aparello por unha redeira legal e a calidade dos materiais á hora de fabricar as redes. A proposta, solicitada polas redeiras, pretende ademáis detectar e denunciar as actividades ilegais e clandestinas, frenando o intrusismo na profesión mediante un programa específico de inspección laboral. Ademáis de tentar paliar a precariedade do sector e impulsando asociacións”.
Este obradoiro, que se denominaría FARO DE BURELA IV e que se aprobará na xunta de goberno do Concello de hoxe luns 12 de abril, “pasaría á seguinte fase que sería presentalo antes do 15 de abril para a súa aprobación por parte da Consellería de Traballo. O módulo de redeiras tería un custe de 322.000€ e ademáis deste haberá outro de xardinería e albanelería”.

CONCERTO DE BURELA BLUES BAND

A concelleira de Educación, Lucía Bouza, convida a todos os veciños de Burela a acudir o vindeiro venres 23 de abril ás 21:30 horas ao auditorio da Casa da Cultura para disfrutar do concerto de jazz que ofrecerá a Burela Blues Band para celebrar o seu quinto aniversario.

A edil socialista explica que “leva como lema a historia do jazz nun concerto, o que pretenden é que entendidos e profanos disfruten da evolución que sufriu este xénero ao longo da historia. O concerto tamén contará con artistas convidados que son o saxofonista de jazz e profesor en Estudio Escola de Santiago, José Nine; o trompetista e profesor no Conservatorio Superior de Música da Coruña, Abraham Cupeiro e grupo de percusión da Escola de Música Municipal de Burela”.

Bouza engade que “tal e como sinala o director da Burela Blues Band, Israel Arranz, con esta aposta musical a formación pon en escea o seu programa anual máis ambicioso ata o momento para por a guinda a máis de cinco anos de traballo. É unha homenaxe tamén ao jazz, aos que forman e formaron parte da Burela Blues Band e Israel quere agradecer a fidelidade do público que desde o seu inicio presenciou a madurez que a agrupación ía adquirindo”.A concelleira de Educación destaca “o enorme esforzo realizado por Israel Arranz e por Roberto Bouza dende a fundación de dita a agrupación de jazz da Escola de Música, ten unha traxectoria imparable da que todos os bureleses nos debemos sentir orgullosos porque nos honra que aquel proxecto inicial que se chamaba Burela Blues que fora ideado por Israel e por Roberto no 2004 a día de hoxe está a ser obxecto de estudio e modelo noutros centros de música galegos”.
Día do libro

Por outra banda, Lucía Bouza, concelleira de Medio Ambiente, anunciou que “o centro de educación medio ambiental Gaia organiza desde o 16 e ata este venres 23 de abril unha actividade para conmemorar o día do libro que se celebra nesa xornada. Está pensada para todos os alumnos de 1º, 2º e 3º de primaria dos colexios Virxe do Carme e Vista Alegre e as monitoras fan un xogo para eles no que cada día van dando unhas pistas para que atopen personaxes de contos populares infantís”. Como premio pola súa participación cada neno recibirá un libro como agasallo.

BANDEIRA VERDE CINCO ESTRELAS

O Concello obtén un ano máis a bandeira verde-municipio responsable que concede a Federación de Usuarios e Consumidores Independentes (FUCI).A concelleira de Medio Ambiente, Lucía Bouza, dixo que “con grande satisfacción podemos comunicar que unha vez máis o galardón bandeira verde-municipio responsable na onceava edición do premio. Recibimos a noticia con alegría porque acadamos unha estrela máis que no 2009. As estrelas que se poden obter son un total de cinco e nós témolas todas. Representan as seguintes modalidades: residuos, limpeza e xardinería; compromiso ambiental; xestión da auga; educación ambiental e participación cidadá; e consumo enerxético e participación”.
A edil socialista suliñou que “este premio nos anima a seguir traballando neste sentido porque vemos que o que estamos a facer se ve recoñecido”. Lucía Bouza recibirá a bandeira verde nun acto que se celebrará en Madrid o vindeiro 7 de maio.

sábado, 17 de abril de 2010

INFORMACION ABASTECEMENTO DE AUGA

O alcalde agarda que o novo abastecemento de auga a Cervo e a Burela entre xa definitivamente en funcionamento o vindeiro mes de setembro. Alfredo Llano destaca a importancia desta obra para o seu concello.

Os rexedores de Cervo e de Burela “estivemos a coñecer este mediodía a ETAP de A Senra da que se nutrirán os nosos concellos. Estou moi impresionado dos traballos realizados e do servizo que prestará aos dous municipios. Vese que é unha garantía dun bó abastecemento de auga que da lugar a pensar que a población podería incluso duplicarse nos dous concellos. Hai que pensar que estábamos nuns 35 litros de auga por segundo e esta ETAP ten unha capacidade de tratamento de auga duns 120 litros por segundo ampliables incluso a 180, co que vese que hai unha garantía do servizo para moitos anos e para asumir tamén un incremento importante da poboación”.Alfredo Llano pensa que “se porá en funcionamento o vindeiro verán, o Consorcio farase cargo deste abastecemento aló polo mes de agosto e nese momento realizarase unha proba xeral e pensamos que comenzará a prestar servizo definitivamente en setembro”. O alcalde considera que “Burela gaña moito con esta operación. Ademáis de Rúa a auga podería bombearse en caso de necesidade do encoro de Río Cobo. É unha obra moi boa para Cervo e para Burela. Nós necesitábamos este abastecemento porque a rede antiga está xa moi deteriorada, estaba con canalización de fibrocemento e hai que substituila por pvc inmediatamente. Agardemos que todos os prazos se cumpran e que en setembro poidamos xa abastecernos desta nova canalización e que todos os veciños sintan que contan cun servizo ben dotado e con garantías de futuro”.

PACTO TERRITORIAL DE EMPREGO: UN COMPROMISO

O presidente do Pacto Territorial de Emprego da Mariña Luguesa e alcalde de Burela, Alfredo Llano García, da conta dos fins, medios e métodos do ente territorial de emprego do que asegura que “dedicouse exclusivamente a cumprir as directrices marcadas pola Xunta de Galicia en cumprimento do previsto no Decreto 98/2008. Directrices, que fai máis dun ano, non están a ser desenvolvidas desde o executivo autonómico”. LLano asegura que en “marzo houbo unha asemblea xeral para tratar de redefinir o Pacto e faltaron a dita reunión a práctica totalidade dos representantes do PP. Como mostra do total desinterese da actual Xunta polos Pactos é que estiveron sen cobrar, os respectivos salarios, os técnicos da UPD de Foz as mensualidades de xaneiro, febreiro e marzo ata o 7 de abril. A opinión que deron sobre este asunto os membros do PP de Burela solo evidencia unha ignorancia preocupante e unha obsesión enfermiza de culpar de calquera cousa ó alcalde.
NOTA DE PRENSA

Aclaracións sobre o Pacto Territorial de Emprego da Mariña en resposta as manifestacións feitas nos medios por membros do PP

Os Pactos Territoriais de Emprego atópanse regulados polo Decreto 98/2008, do 15 de maio, polo que se crean e regulan os órganos consultivos denominados pactos territoriais de emprego. Este Decreto configura aos Pactos Territoriais de Emprego como un terceiro órgano colexiado de carácter administrativo adscrito ao departamento da Xunta de Galicia , xunto co citado departamento, están representados os axentes económicos e sociais así como tamén os concellos como Administración máis próxima as necesidades de emprego. O Decreto 98/2008, establece as liñas mestras relativas á organización, funcionamento e obxectivos a cumprir polos Pactos Territoriais de Emprego:

Entre os obxectivos básicos a cumprir polos Pactos Territoriais, tal e como sinala o devandito Decreto atópanse os seguintes:

a) A análise das fortalezas e debilidades, oportunidades e ameazas no ámbito do emprego do pacto territorial.

b) O Plan de emprego do territorio no que se asenta e qué como mínimo deberá incluír:

o Análise da situación, comprendendo:

1. Composición e características do seu tecido empresarial; determinación da súas necesidades de man de obra; sectores en progresión e sectores maduros.

2. Características sociais, económicas e ocupacionais dos traballadores ocupados e desempregados.

3. Determinación de recursos infrautilizados, posibles áreas emerxentes, posibilidades de desenvolvemento dos novos xacementos de emprego, no terceiro sector, etc. prestando especial atención ás posibilidades tanto de emprendemento como de xurdimento de empresas de economía social

4. Mapa de recursos actuais en materia de políticas activas de emprego e avaliación da súa eficacia e eficiencia.

5. Avaliación das infraestructuras, comunicacións, mobilidade dos traballadores e oferta de chan industrial.

o Plan de actuacións a levar a cabo no período 2008 – 2009 cara a acadar os obxectivos establecidos.

o Incardinación do Plan de Emprego noutros programas de desenvolvemento socioeconómico

o Proposta de avaliación e seguimento do Plan de Emprego.

c) A análise e avaliación da evolución dos diferentes indicadores de emprego do territorio do pacto.

d) O informe das diferentes propostas de actuación relativas a políticas activas de emprego que se desenvolvan no seu territorio.

Para o cumprimento destes obxectivos, existe un órgano concreto dentro dos Pactos Territoriais de Emprego encargado de elaborar a documentación técnica específica do Pacto: a comisión técnica/UPD.

Para a coordinación, desenvolvemento e seguimento periódico dos proxectos a desenrolar por todos os Pactos Territoriais de Emprego existentes na Comunidade Autónoma, a Xunta de Galicia estableceu un plan de etapas cuxa xestión se encargou a dúas consultoras privadas. A función principal das mesmas é a de trasladar ás diferentes comisións técnicas/ UPDs dos Pactos os pasos seguir para dar cumprimento os obxectivos marcados polo Decreto 98/2008, facilitarlles documentación e material de traballo para a realización dos seus estudos e informes procedente directamente da Xunta de Galicia, así como tamén organizar reunións periódicas entre as diferentes UPDs dos Pactos, de cara a facer un seguimento dos diferentes traballos que se estaban a realizar en cada Pacto. Todo elo có obxectivo final de que as diferentes UPDs dos Pactos cumprisen coas directrices establecidas no programa marcado pola Xunta de Galicia.

Antes de que se producise o cambio de goberno na Xunta de Galicia, en marzo de 2009, a comisión técnica/UPD do Pacto Territorial de Emprego da Mariña foi convocada a dúas reunións coas restantes UPDs dos Pactos, nas que se lles presentou o proxecto a desenvolver e se lles marcaron os primeiros pasos para comezar a traballar durante o primeiro semestre de 2009.

O traballo da UPD do Pacto Territorial de Emprego da Mariña durante este período consistiu en elaborar unha diagnose inicial do territorio do Pacto no período 2000-08 que se traduciu en 5 amplos estudos que se distribuíron entres os diferentes integrantes do Pacto e se presentaron ante a Delegación Territorial da Xunta de Galicia en Lugo no mes de Xullo de 2009.

Finalizada esta 1ª fase do proxecto, no segundo semestre de 2009, o seguinte paso foi a elaboración dunha análise DAFO a partir da diagnose inicial realizada, incorporando ademais outra serie de elementos de carácter cualitativo, froito da aportación particular de técnicos, ADLs e orientadores laborais do territorio así como tamén o resultado de diferentes enquisas sobre necesidades de formación e dificultades de contratación enviadas ás empresas máis representativas do territorio nos diferentes sectores de actividade. Así mesmo, e co obxectivo de incorporar ao DAFO, os datos máis actuais posibles, o equipo da UPD elaborou durante todo o 2009, máis dunha trintena de informes de carácter mensual, trimestral e semestral onde se ofrecía información sobre a evolución dos diferentes indicadores socioeconómicos e laborais do territorio. Análise DAFO que se concluíu no mes de Decembro de 2009 e que foi aprobado polo Comité de Dirección do Pacto o 11 de Febreiro de 2010. Análise que tamén se presentou na Delegación Territorial da Xunta de Galicia en Lugo unha vez que foi aprobado polo Comité de Dirección.

Xunto con esta tarefa a Comisión técnica/UPD do Pacto Territorial de Emprego da Mariña abordou a tarefa de elaborar una web/blog onde se foron publicando todos os estudos, traballos e informes realizados desde o inicio do seu proxecto e se ofrece información puntual sobre a evolución das políticas de emprego no territorio de cara a dar a coñecer o traballo realizado nestes meses. A elaboración dunha web/blog non era un obxectivo marcado para os Pactos Territoriais, pero considerouse que era un bo xeito de facer público e dar a coñecer os traballos que se estaban a realizar desde o Pacto.

Como se pode observar polo descrito, o Pacto Territorial de Emprego da Mariña ceñiuse escrupulosamente a cumprir, desde a súa creación, os distintos puntos marcados no Decreto regulador dos Pactos, todo elo de acordo cos pasos que se ían marcando desde a Xunta de Galicia a través das consultoras encargadas da xestión destes órganos consultivos. Todos os obxectivos antes citados nos apartados a, b c e d foron xeitosamente acadados por este Pacto Territorial, a excepción do apartado d). En relación a esta cuestión hai que sinalar que lle corresponde aos diferentes Pactos Territoriais emitir un informe, en base á diagnose inicial, a análise DAFO e os restantes informes e estudos realizados no senso de cada un deles, sobre a conveniencia ou non da posta en marcha das políticas activas de emprego que se pretendan implementar en cada territorio: Obradoiros de Emprego, Escolas Obradoiro, cursos AFD, etc. Desde o cambio de goberno na Xunta de Galicia non se solicitou por parte do executivo autonómico ningún tipo de informe previo á implementación de tales políticas nos distintos territorios. A programación de políticas de emprego de abaixo arriba, é dicir, desde as Administracións máis próximas ao cidadán, elemento este que constitúe un dos motivos fundamentais polo que se crearon os Pactos Territoriais de Emprego, non se produciu en ningún momento, de maneira que tales políticas se puxeron en marcha sen ter en conta as análises realizadas polos Pactos Territoriais.

Para a realización de todos estas tarefas e fundamentalmente a partir do cambio de goberno na Xunta de Galicia en marzo de 2009, á UPD do Pacto Territorial de Emprego da Mariña, non foi convocada por parte das consultoras encargadas da xestión dos Pactos a ningunha outra reunión de seguimento do proxecto a desenvolver, salvo unha realizada no mes de Xullo na que unicamente se expuxo á situación na que cada Pacto se atopaba en relación a elaboración da diagnose inicial.

En reiteradas ocasións a UPD do Pacto Territorial de Emprego da Mariña se puxo en contacto coas citadas consultoras para coñecer cal ía a ser o futuro dos Pactos unha vez se produzo o cambio de goberno na Xunta, debido a que moitas das cousas que se explicaran ao inicio do proxecto non se estaban a cumprir. Ante tales preguntas, a respostas sempre eran as mesmas, estaban pendentes de reunirse có director Xeral de Promoción do Emprego para que lles indicara que se ía a facer cos Pactos e se se ía ou non a seguir co proxecto que desde a Xunta se programou ao inicio. Unha vez se produzo tal reunión a directriz marcada desde a Xunta e que se nos trasladou desde as consultoras foi seguir co establecido. Sen embargo, desde Xullo de 2009 non se volveu a convocar á ningunha UPD dos Pactos, e polo tanto tampouco a UPD da Mariña para seguir afondando no proxecto, que como vimos reiterando, foi marcado estritamente pola Xunta e todos os Pactos se limitaron a cumprir.

Xa pasou máis dun ano enteiro desde que se produzo o cambio de goberno na Xunta e a situación segue sendo a mesma, seguir co que estaba programado. Pero a realidade é que nin desde a Xunta, nin desde as consultoras encargadas da xestión dos Pactos se retomou o proxecto, como o demostra o feito que as diferentes comisións técnicas/UPDs, non volveron ser convocadas desde o pasado mes de Xullo de 2009.

A fase de diagnose do territorio está completamente rematada coa elaboración dos estudos realizados durante o pasado 2009. A seguinte fase pasa pola programación de accións concretas que axuden realmente a mellorar a empregabilidade no territorio, unha vez se identificaron e son coñecidos os problemas dos que adoece. Pero para acadar este obxectivo é preciso destinar recursos para a posta en práctica de medidas concretas e aí é onde lle corresponde á Xunta de Galicia adoptar un papel activo. Non debemos esquecer que os Pactos Territorias de Emprego, son uns órganos eminentemente consultivos e prepositivos, posto que carecen dos recursos para posta en marcha de tales medidas. A entidade promotora dos Pactos, unicamente recibiu una subvención para custear os salarios das persoas que forman parte das UPDs así como tamén para cubrir os gastos de funcionamento necesarios para desenvolver o seu traballo (material de oficina, teléfono, internet, etc.). Non ten polo tanto, cartos para poñer en marcha medidas concretas a partir das análises realizadas. Non é un órgano para crear emprego de forma directa.

En resumo, o Pacto Territorial de Emprego da Mariña, ao igual que os restantes Pactos, dedicouse exclusivamente a cumprir as directrices marcadas pola Xunta de Galicia en cumprimento do previsto no Decreto 98/2008. Directrices, que fai más dun ano, non están a ser desenvolvidas desde o executivo autonómico.

Non se pode acusar por tanto a este pacto territorial de non crear emprego e de ceñirse exclusivamente a facer análises e estatísticas, porque como vimos insistindo, limitouse a cumprir coas instrucións que viñan establecidas desde a propia Xunta e cos obxectivos marcados no seu Decreto regulador.

Que o señor Andrés Hermida, Director Xeral de Promoción e Emprego diga, en resposta a unha pregunta do Sr. Balseiro, que o Pacto Territorial de Emprego da Mariña non serviu para nada e que o propio Sr. Balseiro vexa confirmadas as súas sospeitas de que a oficina de Foz non servira para xerar ningún posto de traballo so indica dúas cousas:

a/ Que estes dous señores descoñecen totalmente a existencia e os obxectivos dos Pactos Territoriais. O cal é moi grave.

b/ Que pretendan enganar a opinión publica, sacando a desculpa de que non xeraron postos de traballo, para ocultar a súa ineficacia e desprezo os asuntos dos Pactos Territoriais ( xa que saben que desde o 1 de marzo do 2009 era unicamente responsabilidade da actual Xunta, da que eles forman parte, a que debe marcar as pautas de traballo dos Pactos Territoriais). O cal é moito máis grave.
Hai que sinalar, tamén, que o 4 de marzo houbo unha asemblea xeral para tratar de redefinir o Pacto e faltaron a dita reunión a práctica totalidade dos representantes do PP.

Como mostra do total desinterés da actual Xunta polos Pactos é que estiveron sen cobrar, os respectivos salarios, os técnicos da UPD de Foz as mensualidades de xaneiro, febreiro e marzo ata o 7 de abril.

A opinión que deron sobre este asunto os membros do PP de Burela solo evidencia unha ignorancia preocupante e unha obsesión enfermiza de culpar de calquera cousa ó alcalde.

Alfredo Llano García.

Presidente do Pacto Territorial de Emprego da Mariña Luguesa


jueves, 8 de abril de 2010

III CURSO DE SOCORRISMO ACUÁTICO


Quince rapaces participarán desde o vindeiro luns 12 de abril no terceiro curso de socorrismo acuático que organiza o Concello de Burela. Segundo explica a edil de Mar, Remedios López, “por terceiro ano consecutivo organizamos un novo curso de socorrismo acuático na modalidade presencial e dirixido a poboación en xeral maior de 18 anos, dará comezo o vindeiro luns 12 de abril as 16:30 horas na sede da Cruz Vermella de Burela. Este novo curso comeza con 15 alumnos inscritos que se formarán en primeiros auxilios, salvamento e socorrismo en praias e tamén na utilización do desfibrilador”.

A concelleira socialista lembra que “o curso consta de tres módulos, o primeiro é de primeiros auxilios e ten unha duración de 20 horas. É imprescindible pasalo para facer o seguinte, os obxectivos desta parte pasan por coñecer os fundamentos básicos de primeiros auxilios, posuír nocións sobre técnicas de reanimación cardiopulmonar, hemorraxias, contusións e queimaduras. O segundo modulo denominado DESA é unha novidade, durará 8 horas e servirá para saber utilizar o desfibrilador, é obrigatorio. E a terceira parte do curso é a adicada ao socorrismo acuático e ten unha duración de 80 horas. Unha vez aprobados os outros dous, farase una proba de acceso para este módulo, esixindo uns coñecementos básicos de natación. O obxectivo é dotar ao alumno dos coñecementos e habilidades necesarias para as tarefas de socorrismo así como poñelos ao tanto da lexislación actual no medio acuático”.

O primeiro e terceiro módulo son realizados pola Concellería de Mar que dirixe Remedios López o segundo módulo (DESA) fáise a través da Concellería de Formación de Sonia Fraga. Neste último módulo poderán participar ademais dos inscritos no curso de socorrismo os que xa teñan o título doutros anos. O custe total deste curso será de 260 € por persoa, o Concello subvenciona con 200€ aos que estean empadroados en Burela, os que solo se presenten ao módulo DESA contarán cunha financiación do 100% por parte da Delegación de Formación xa que será obrigatorio para as probas de selección dos socorristas para as praias.

Remedios López manifesta que “un ano mais inténtase formar a poboación en mar e socorrismo acuático, creando un foco de emprego e dándolle a oportunidade de traballar durante os meses estivais á nova mocidade. O Concello de Burela ten solicitado nos plans de cooperación a contratación de 12 socorristas para salvamento e socorrismo en praias cunha duración de tres meses, con fecha de inicio 15/06/2010 e fin 14/09/2010. Nos plans de cooperación publicados no DOG nº40 de 1 de marzo, polos que se intenta subvencionar estes postos de traballo, esixe que sexan desempregados e non teñan mais de nove meses traballados acollidos a esta subvención, iso obríganos a estar renovando continuamente o persoal e fomentando o emprego”. A edil de Mar anima “á poboación a que se forme e teña a oportunidade de conseguir un posto de traballo e gañarse un salario no verán”.

miércoles, 7 de abril de 2010

OBRAS DE ASFALTADO E LIMPEZA DE CAMIÑOS


Esta semana deron comezo os traballos de reasfaltado do camiño de Campo Capelo por parte do persoal da brigada de obras do Concello, “que complementa á maquinaria desprazada pola Deputación de Lugo”, segundo explica o concelleiro de Obras e Servizos, Pascual Doménech.

O edil socialista manifesta que “o parque móbil achegado polo organismo provincial consta de rodillo compactador, camión semirremolque de transporte de áridos e camión con cuba de rego asfáltico. Os traballos consistirán en desenvolver as obras correspondentes a un asfaltado e limpeza de cunetas que deixe en debidas condicións de ser usado o citado camiño. Ademais se pretende dar un bó servizo tanto ás vivendas alí existentes, como aos donos dos terreos e propiedades que teñen a súa entrada por Campo Capelo”.

Pascual Doménech anuncia que “proximamente tamén se desprazará a Burela máis maquinaria da Deputación de Lugo, unha motoniveladora, unha retroexcavadora e un camión cargador para a limpeza e mellora dos camiños rurais, sobre todo os do entorno da área recreativa de Monte Castelo, o Camiño Real e os que desembocan nel e os camiños paralelos á variante. Todas estas actuacións lévanse a cabo para o adecentamento, limpeza de cunetas, corte de taludes e nivelación dos camiños que quedaron deteriorados ben polo duro inverno padecido, ou ben, polo seu uso continuo ao dar moito servizo a todos os bureleses que teñen as súas propiedades ao redor destas pistas”.

O concelleiro de Obras e Servixos engade que “sendo deber do Concello o mantemento e conservación destes camiños, agradecemos a aposta feita pola Deputación de Lugo pola súa máxima cooperación cos Concellos, xa que estes traballos acarrearían un importante gasto ás arcas municipais si tivésemos que asumilos en solitario”.

REUNIÓN POLA SANIDADE


O alcalde, Alfredo Llano, e a concelleira de Sanidade, Sonia Fraga, mantiveron esta mañá en Lugo un encontro coa xefa territorial de Sanidade, Purificación Rivas, coa que analizaron as iniciativas para a poboación que está a realizar o Concello e falaron tamén do futuro da unidade asistencial de drogas.

Sonia Fraga explicou que “lle presentamos as iniciativas para a poboación que se están a facer desde a Delegación de Sanidade de Burela e sobre todo pedímoslle apoio e a axuda que precisamos os Concellos neste momento para desenvolver todas as actividades que organizamos”. A edil socialista manifestou que “tamén falamos das subvencións dos Concellos Saudables, démoslle a coñecer o proxecto que presentamos o ano pasado e a iniciativa que temos para solicitar de novo neste 2010 unha partida económica si se voltan a conceder esas subvencións”.

Outro asunto abordado na xuntanza desta mañá en Lugo foi “a unidade asistencial de drogas, xa sabíamos que anteriormente estaban traballando pola integración deste servizo no Sergas e queremos saber si eso segue para adiante, a continuidade do servizo, as subvencións ás que pode acceder… Foi unha primeira toma de contacto para coñecernos e para informar á xefa territorial de Sanidade daqueles asuntos que máis nos preocupan neste momento”, seguiu a contar a concelleira de Sanidade.

Sonia Fraga segurou que “Purificación Rivas amosóuse moi receptiva e dixo que ía solicitar información sobre a unidade asistencial de drogas e sobre as subvencións, nun momento no que hai que analizar todas as posibilidades”.