viernes, 30 de abril de 2010

REUNION DO CONSORCIO DA AUGA BURELA-CERVO

O consorcio da auga de Cervo e Burela reunirase a finais de maio para valorar os custes definitivos de explotación do servizo e o persoal co que contará a ETAP. Os gastos estimados en consumo de enerxía e traballadores poderían rondar os 750.000 euros ao ano.

Nota de Prensa

Burela

A COMISIÓN EXECUTIVA DO CONSORCIO DA AUGA DECIDIRÁ A FINAIS DE MAIO O PERSOAL CO QUE CONTARÁ A ETAP. OS GASTOS ESTIMADOS EN CONSUMO DE ENERXÍA E TRABALLADORES PODERÍAN RONDAR OS 750.000 EUROS AO ANO.

Burela, 29 de abril de 2010. A presidenta de Augas de Galicia, Ethel Vázquez Mourelle, asistiu á xuntanza do Consorcio de xestión e explotación da rede básica do abastecemento de auga aos Concellos de Cervo e de Burela celebrada esta mañá. No encontro participaron tamén os dous alcaldes e un técnico encargado das obras.

Ao seu remate o rexedor de Burela, Alfredo Llano, dixo que “estivemos falando de cómo pechar prazos, de cómo considerar a xestión do Consorcio, etc. Quedamos para facer unha comisión executiva a finais do mes de maio, na que tentaremos aprobar as contas, pedir os créditos que lle fixeran falla ao Consorcio e imos valorar o consumo que teñen tanto Cervo como Burela para saber ata onde podemos chegar para equilibrar o prezo da auga.” O alcalde explicou que “fixemos unha valoración sobre o mantemento da ETAP, sobre a xente que fará falla para traballar alí, os técnicos consideran que serían necesarios un xefe de pranta, dous peóns técnicos, un administrativo e un xerente. Esto temos que analizalo para ver si os contratamos a través dunha empresa ou si é mellor que nós saquemos as prazas… tamén comentamos cuestións relativas ao consumo de enerxía tanto para a ETAP como para o bombeo do embalse de Ríocobo, xa que suporía un custe de 650.000 euros ao ano, que con todo o mantemento e o persoal podería chegar aos 750.000 euros”.
Alfredo Llano cre que “o servizo comenzará a funcionar en setembro, agora mesmo o que hai que facer é pasar unha canalización nunha das estradas de Fomento e unha vez que estea lista a obra estaría rematada. Temos que ver si a partires desa data o Consorcio pode facerse cargo do que é o abastecemento en xeral”.

Lodos no embalse de Rúa

O rexedor burelés amósase preocupado “pola cantidade de lodos que hai agora mesmo no embalse de Rúa e consideramos que neste proxecto xa non se pode levar adiante porque hai que facer un presuposto diferente, hai que condicionalos á nova normativa de Medio Ambiente. Esta cuestión agora hai que aplazala por que é cara, pero a medio prazo hai que sacalos de aí, son 20.000 metros cúbicos que estorban nese embalse. Hai que insistir neste asunto para que se proceda a limpar o antes posible o embalse e así ter garantías de contar con moita auga durante moito tempo”.

No hay comentarios: