martes, 27 de abril de 2010

EMISORA MUNICIPAL DE RADIO

O alcalde de Burela, Alfredo Llano, asegura que a radio municipal se autofinanciará para sufragar os gastos de persoal, de material e de enerxía.

O rexedor explicou que o proxecto estivo parado durante un tempo e que “agora estamos a darlle un impulso porque hai unha serie de oportunidades que queremos aproveitar, imos tratar de levar adiante este servizo público, o que é a memoria de creación e a regulamentación da futura emisora”. Llano manifesta que “o que tentamos é darlle un servizo importante a Burela, para que os veciños participen neste proxecto e na vida cultural, política e social do concello. Todo o mundo poderá colaborar e ademáis é algo demandado por moitos sectores e colectivos. Vai ser un servizo utilizado e xustificado”.

Alfredo Llano engadiu que “cando se pon en marcha un servizo municipal contamos cun aporte económico que o satisfaga, lóxicamente a radio pública o que fará é autofinanciarse a través da publicidade para sufragar os gastos de persoal, de material e de enerxía. Non faremos nada improvisado, non dará gastos ao Concello de Burela e esperamos que ben xestionado dea os seus beneficios tanto económicos como sociais que é o que interesa”.

No hay comentarios: