viernes, 23 de abril de 2010

OBRAS EN FOXO

En maio darán comezo as obras de dotación da rede de saneamento en Camiño de Foxo, que terán un prazo de execución de dous meses aproximadamente, segundo informa hoxe o concelleiro de Obras de Burela.

Pascual Doménech sinala que “logo da comunicación recibida dende a Consellería do Medio Rural, para a distribución dos recursos económicos, financiados nun 60% polos Fondos Feader a través do Goberno Central, que pon a disposición do Concello de Burela dentro do PEIM RURAL 2009, procedeuse á redacción dunha memoria valorada denominada rede de saneamento-Camiño de Foxo. Despois de presentar o anteproxecto, recibiuse notificación para a sinatura dun convenio no cal a Consellería tiña previsto adxudicar dita a obra así como a súa execución, que terá un custe aproximado de 42.069 euros”.
O edils socialista asegura que “por parte do Concello de Burela preténdese mellorar o núcleo rural do barrio de A Casilla, dotándoo de servizos urbanísticos e dando continuidade á rede xeral existente nesa zona ata conectar esta nova rede de saneamento co bombeo existente nesa parte da vila. A descripción da obra a realizar é a seguinte: excavación de zanxas en roca para canalización, suministro e colocación de pozos e colector de saneamento, conexión coa rede existente para bombeo e subministro e posta en obra de capa de rodadura tipo D-12 de 6 cm. de espesor (reposición de pavimento)”.
Pascual Doménech engade que “a cambio o Concello pon a disposición os terreos necesarios libres de cargas e gravames e unha vez recepcionadas as obras, comprometese á explotación, mantemento e conservación da mesma, despois do período de garantía e mantemento á cargo da empresa adxudicataria que se establece nun ano”.

No hay comentarios: