miércoles, 17 de noviembre de 2010

RESPOSTA A DECLARACIONS FALACES

O rexedor referíuse ás últimas declaracións realizadas polo voceiro do PP sobre a declaración de Espacio Natual de Interés Local para a zona xeolóxica de O Perdouro. Llano di que “demostra unha grande desesperación, buscando argumentos para ter algo que dicir do equipo de goberno de Burela. Nós hai uns días fixemos unha proposta para esa zona xeolóxica de O Perdouro e para iso mandamos información suficiente e clara coa súa petición a Costas. E desde Costas solicítanos que aclaremos un pouco máis o proxecto, o tipo de regulamento que queremos aplicar, a zona delimitada… onde nós expliquemos a protección que lle queremos dar. Unha vez sexa enviado a Costas despois mandaránnos un informe no que decidirán as axudas ou as responsabilidades das dúas administracións”.

O alcalde subliñou que “para nada nos denegaron a nosa petición. Dicir na prensa iso é unha auténtica barbaridade que o único que amosa é a desesperación do PP. Debemos ser serios nas nosas manifestacións, o único que fai esta xente son xogadas á desesperada sen ningún tipo de rigor e seriedade. Costas chamóume estranándose polo sucedido e isto significa que o PP non ten moitos argumentos e o único que quere é desastibilizar ao equipo de goberno”.

No hay comentarios: