A Concellaría do Mar está a organizar as II xornadas do peixe espada que se desenrolarán neste mes de novembro os días 26, 27 e 28. Segundo explica Remedios López “facémolas coincidir coa fin de semana e coma sempre poñerase un tapeo polo pobo igual que en ocasións anteriores, intentando unha vez mais promocionar algo da nosa vila como é o peixe espada procedente dos barcos que teñen base na nosa cofradía de pescadores”.
A edil socialista lembra que “para organizar estas xornadas fixemos unha xuntanza cos bares e restaurantes do concello e nesta ocasión contaremos con 24. É a primeira vez que tenemos tanto afluencia a unha das nosas convocatorias gastronómica”.
Os participantes son: O RAIO, MESÓN DO POETA, LUCER, PALACIO DE CRISTAL, MESÓN CARLOS, MESÓN HAMILTON, OS REMOS, PARRILLADA A MARQUESA, MESÓN DON JAMÓN, O SARGO,LA SARTÉN DE CARMEN, CERVECERÍA A BODEGUILLA, PARRILLADA DE JANDRO, A FACENDA, CASA MIRANDA, HOTEL GALATEA, HOTEL NORDÉS, O PORTELO, ROMPEOLAS, BAR DA COSTA, CHURRASQUERÍA ABRENTE, A LONXA, MESÓN DA PEDRA E PIZZERÍA A MURALLA.
Remedios López engade que “o Concello como organizador das xornadas está interesado en unificar a toda a hostalería, a axudala e a promocionar Burela como pobo mariñeiro. Coma sempre encargase, sen coste algún para eles da publicidade en prensa, radio e cartelería”.
miércoles, 17 de noviembre de 2010
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario