O alcalde de Burela, Alfredo Llano, anunciou que o Concello prepara un programa para concienciar á poboación e para tentar reducir o consumo de drogas entre os xóvenes de 17 a 20 anos. Unha preocupación que o rexedor levará á xunta local de seguridade que se reúne mañá.
Llano lembra que “eu solicitei a reunión da xunta local de seguridade. Verémonos ás 12 da mañá, virá o subdelegado do Goberno e virán as forzas de seguridade do Estado. Entre todos tentaremos falar da problemática que nos preocupa que é o consumo de drogas entre a xuventude”. O rexedor asegura que “vemos un aumento claro, ademáis de analizalo na xunta local de seguridade para minimizar a venta e consumo no noso concello e na nosa comarca. Desde o Concello impulsaremos un programa que abarcará a institutos, a familias e á Unidade Asistencial de Drododependencias para concienciar á poboación sobre este asunto. Penso que as sociedades teñen que ser máis maduras e máis responsables e que oferten á xuventude aspectos que sexan positivos para o seu propio desenvolvemento. Non podemos estar cos brazos cruzados mentras ocorren estas cousas”.
O alcalde insiste en que “a xuventude con idades comprendidas entre os 17 aos 20 anos está acudindo de xeito preocupante á UAD, hai que pensar que os rapaces de hoxe en día son moi intelexentes, pero tamén moi vulnerables e hai que procurar que iso non sexa así cos que pretenden arruinarlles a vida o antes posible. Imos procurar axustarnos a un bó guión e penso que entre todos o conseguiremos, cada un desde o seu ámbito, queremos que se note que se fan as cousas ben para acabar con esta lacra”.
Por outra banda, Alfredo Llano, tamén anunciou que “o subdelegado do Goberno, Xosé Vázquez Portomeñe, visitará a partires das 11 da mañá algunha das obras do plan E que xa están rematadas ou a piques, para que teñan constancia do feito que non é pouco”
miércoles, 17 de noviembre de 2010
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario