O alcalde lamentou o peche da delegación da TVG en Burela. Llano comentou que “estamos diante do desmantelamento dun servizo máis aquí na Mariña. Era un servizo público de información, era quen nos poñía un pouco no aire para dar a coñecer as novas da nosa comarca, somos preto de 90.000 habitantes e debemos ter ese servizo ou incluso amplialo”. O rexedor comentou que “os traballadores ou ben serán despedidos ou trasladados a outras delegacións na capital da provincia ou noutros puntos de Galicia. Temos que pelexar onde corresponda para que esta delegación volte a traballar porque é un servizo básico ao que temos dereito todos os habitantes da Mariña. Así dáselle pouco valor á nosa comarca, paréceme moi mal esta medida e temos que loitar onde corresponda para recuperar esta delegación”.
Pacto polo emprego
Por outra banda, Alfredo Llano, anunciou a celebración en Burela de tres cursos do Pacto Provincial polo Emprego da Deputación, “houbo unha serie de selección para participar nesta convocatoria e aquí vánse impartir tres cursos: atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais de 450 horas, operacións auxiliares de fabricación de 340 horas e auxiliar de enfermería en xeriatría de 300 horas. Os cursos daránse no noso centro de formación e contaremos cun mínimo de 15 alumnos por rama que chegarán desde Burela e desde outros puntos da comarca”. O alcalde engadiu que “son cursos becados que veñen indicar que estamos apostando directamente pola colocación, polo emprego e pola formación. O asistentes sairán cunha formación moi específica que lles abrirá o camiño no emprego. Esto complementa os cursos á pequena e media empresa que se están dando aquí en Burela o cual quere dicir que a nosa implicación e o compromiso é total neste sentido”.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario