O alcalde, Alfredo Llano, agarda que as obras de arranxo do espigón da Marosa estean listas no mes de maio. Os traballos que comezaron esta semana suporán un investimento de 180.000 euros.
O rexedor dixo que “é o momento de pensar en ir arranxando ben as praias para telas en debidas condicións de cara á semana santa. Estamos preocupados polo areal da Marosa, hai que lembrar que o espigón resultou danado polos últimos temporais que sofrimos ao longo do ano pasado. Ese espigón perdeu moítimas pedras das que formaban esa parede e hai que voltar a colocalas”. Llano confirmou que “o luns comezaron as obras de arranxo do espigón e si o tempo acompaña en mes e medio ou dous meses estarán listas, eso quere decir que para o verán a praia estará en perfecto estado”.
Alfredo Llano subliña que “a obra do espigón é moi necesaria porque protexe o areal e garantiza que non cheguen olas que poidan danar aos bañistas. Tamén servirá para evitar que se poida perder unha cantidade considerable de area. Suporá unha mellora da praia no seu conxunto. As obras teñen un presuposto de 180.000 euros e vai levantarse dous metros máis da altura que tiña a día de hoxe. O proxecto levao Costas directamente e calculamos que estea lista a execución en dous meses, como tamén estarán listos para a época estival os accesos á praia, adaptados para todo tipo de persoas e de necesidades, incluso para que poida utilizalo algún vehículo que teña que baixar a facer traballos na area”
miércoles, 16 de marzo de 2011
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario