O Concello construirá uns canís para acoller temporalmente ás dúas cadelas que foron abandoadas hai días no cemiterio municipal, segundo ven de anunciar a concelleira de Medio Ambiente.
Lucía Bouza di que “a presenza dos animais nesa zona está a causar preocupación a algúns veciños e veciñas de Burela e nós estamos a facer xestións para sacalas dese lugar o antes posible. O que pretendemos é construir uns canís para que nos poidamos ocupar da súa atención ata o momento no que consigamos atopar persoas dispostas a adoptalas. Estes canís estarán feitos a finais desta semana polo que, segundo as nosas previsións, o sábado recolleremolas do cemiterio”.
A edil socialista referíuse ao estado das cadelas que “é bastante bó grazas á colaboración dalgunhas persoas que, de xeito desinteresado, ocupáronse de facilitarlles alimento e tamén de desparasitalas. Aproveito a ocasión para agradecer a estas persoas a súa axuda. E pido tamén un pouco de paciencia ás persoas que estes días acuden ao cemiterio, xa que o asunto quedará solucionado, como máximo esta fin de semana e ademáis as cadelas non representan, a día de hoxe, perigo algún para a poboación, posto que, ademáis de ser moi mansiñas, están desparasitadas”.
viernes, 22 de octubre de 2010
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario