lunes, 27 de septiembre de 2010

OBRAS DE ABASTECEMENTO

O Concello realizou obras de mellora na rede de abastecemento á zona norte de Burela para aumentar a presión da auga. O alcalde, Alfredo Llano, agarda contentar aos veciños con ditos traballos.

O rexedor explicou que “como era unha obra necesaria e urxente o Concello o que fixo a través da empresa Espina y Delfín foi acometer unha serie de melloras na rede de abastecemento á zona norte do municipio, engadíuse unha canalización para dar máis presión á zona alta de Burela como pode ser O Campón, o hospital, a gardería… xa hai moita xente vivindo neses lugares e era importante que contasen cun bó servizo, xa que o que había estaba a ser deficitario. É unha boa noticia que agardo que contente aos veciños de toda esa zona”.

Por outra banda, Alfredo Llano anunciou que “debido ás riadas de xuño había unha serie de obras que quedaron pendentes de realizar, unha delas que é moi importante resolver canto antes é a do camiño da Figueiroa, alí hai que facer unha escolleira nesa pista que comunica o cuartel da Garda Civil coa Vila do Medio. Xa falei con Medio Rural para que se axilice a obra e dixéronme que se ían poñer con ela antes de que outras chuvias poidan provocar máis danos dos que hai. Queremos calmar un pouco aos veciños que viven nesa zona”. O alcalde engadiu que “tamén no mesmo plano imos acometer outras obras pendentes en diferentes camiños na zona do Monte Castelo e adxacentes, queremos limpar as pistas e deixalas ben ao igual que nas Pasadiñas no punto limpo tentaremos mellorar esa zona, no Camiño Real e no cemiterio. Serán un total de 7 actuacións, pensamos que se teñen que realizar o antes posible todas estas obras, hai que apostar pola prevención e iso é o que estamos a facer desde o Concello, desde a Deputación de Lugo ou desde a Xunta. Todas estas actuación suporán un investimento de 48.000 euros”.

No hay comentarios: