jueves, 24 de febrero de 2011

EDUCANDO EN SAÚDE

O departamento municipal que leva Sonia Fraga como edila do Concello de Burela puxo en marcha outro curso escolar unha iniciativa que trata de incidir na promoción de hábitos saudables entre as novas xeracións, educando en definitiva en saúde e dende idades tempranas. De novo, reparte iogures líquidos entre os escolares do municipio e obtén unha resposta moi positiva tanto por parte dos nenos como do resto da comunidade educativa, pais e profesores incluidos.
-Non é o primeiro ano que se fai este reparto de iogures...
-Nooo... xa levamos tres campañas. O que pretendíamos dende o primeiro ano era potenciar un consumo de alimentación o máis adecuada posible para a xente nova, e transmitilo a papás, potenciar o consumo de froitas, lácteos... O primeiro ano tamén traballamos o tema dos desaiunos e a media mañá repartiamos tamén bocadillos e zumes, pero iso veuse mermado por razóns económicas e o centramos nos lácteos bebibles primeiro e este ano nos de culler. Cada quince días se reparten a cada neno dos centros escolares dende infantil ata último curso, sobre as once da mañá, para potenciar o consumo e que saiban a importancia que ten, e transmitilo a papás. A campaña vai dende xaneiro ata que remata o curso. O ideal sería facela todas as semanas, non cada quince días, pero economicamente non se pode.

-¿Como respostan os nenos a esta iniciativa?
-Moi ben. Este ano dámoslles iogures de cuchariña, os de toda a vida. Pensei que iban a ter problemas pero non, a campaña é exitosa. Será porque ven os uns aos outros. Unha vez teñen iogures naturais e outros de sabores, para variar. Contamos co apoio dos centros educativos e dos papás. Penso que a maneira máis fácil de chegar a eles é unha información do concello utilizando a canle dos centros escolares.
-¿Cantos iogures teñen previsto repartir?
-Cerca de sete mil unidades en todo o curso. O primeiro día, 215 no Vista Alegre e 355 no Virxe do Carme. O primeiro ano fora unha gozada, cos bocadillos de xamón e cos zumes, era tamén cando tiñamos a subvención dos concellos saudables. Os papás dábanche ideas e os pequenos están involucrados, se fora continuo si que conseguiríamos reducir o indice de obesidade infantil.

No hay comentarios: