jueves, 17 de febrero de 2011

COMEZO DE RADIO BURELA 107.7

Mañá venres ás nove da noite no salón de plenos do Concello terá lugar o acto de inauguración da radio municipal de Burela

Este proxecto, que naceu hai tempo, botou a andar oficialmente en abril do ano pasado cando aprobamos en pleno a creación desta radio e o seu regulamento de funcionamento. Despois creóuse o consello asesor da radio, que é órgano que propón o avance da programación que se vai emitir, aínda que o control da emisora e a aprobación definitiva corre por cargo do pleno da Corporación Municipal.

Este consello asesor constituíse en novembro do ano pasado despois de reunirnos coas asociacións e cos colectivos de Burela e decidíronse a participar neste proxecto ilusionante a asociación de veciños das Casas Baratas, o clube deportivo Burela FS, o clube Baloncesto Burela, o colectivo cultural Burela, a asociación Pasada das Cabras e a asociación Tabanka. De todos modos moitos outros colectivos e asociacións brindáronse para colaborar nas actividades da radio municipal. Xa constituido aprobou por unanimidade un avance de programación, que despois foi aprobada definitivamente polo pleno da Corporación e que consistirá nun adianto informativo con previsión da axenda diaria de 8:50 a 9:00 horas, un magazine de actualidade local e comarcal e un espazo informativo de 11 da mañá a 14 horas e unha programación variada e aberta á cultura, ás asociacións e colectivos, á xuventude, á música e ao debate, unha programación aberta á xente que se desenvolverá de 16 a 18 horas. O resto das horas do día será unha emisión en rede coa programación das emisoras municipais galegas, que estamos todas conectadas. E todo isto no punto da frecuencia 107,7 que xa está a emitir en probas.

Toda esta actividade da radio municipal desenvolveráse unhas instalacións acondicionadas na Casa da Xuventude. E este venres faremos o acto de inauguración oficial, convidamos a todos os veciños e veciñas de Burela para que acudan a esta cita.

No hay comentarios: