
O Concello de Burela reparte 4.000 trípticos pa fomentar o reciclaxe de envases e de papel cartón. A concelleira de Medio Ambiente, Lucía Bouza dixo que non están facendo ben o reciclaxe de envases de plástico, latas, bricks e papel cartón; posto que a taxa de recollida en Burela está por debaixo da media autonómica e estatal.
As Delegacións de Medio Ambiente e Obras e Servizos de Burela inician unha campaña para fomentar a reciclaxe de envases de plástico e do papel cartón entre os cidadáns, co reparto de máis de 4.000 trípticos polos domicilios. A edil de Medio Ambiente, Lucía Bouza, sinala que “en Burela non é que esteamos a facer moi ben a reciclaxe de envases de plástico, latas e bricks e do papel cartón, posto que a taxa de recollida no noso caso está por debaixo da media autonómica e estatal”. Burela recolle 8 kilos de envases por habitante e ano, mentras que a media de Galicia é de 22 kilos e a de España está nos 19 kilos, e no caso do papel en Burela recóllense 9 kilos por habitante e ano, mentras que en Galicia son 15 os kilos reciclados e 22 en España.
A concelleira socialista di que “nos chama a atención que no caso do vidro en Burela si que sexamos un concello destacado no que é o conxunto de Galicia. Dos municipios de 10.000 habitantes somos o que temos a maior taxa de reciclaxe de vidro de Galicia”. Esta taxa está en Burela nos 30,18 kilos por habitante e ano, en Galicia a cifra sitúase nos 14,76 e en España está nos 14,21 kilos.
Coa campaña que comenzou esta semana o Concello de Burela tamén fai fincapé na recollida de aceite usado de cociña. Bouza lembra que “cando comenzou esta recollida no mes de marzo do ano pasado e ata finais do verán tiñamos unha taxa moi alta, pero agora parece que fomos baixando a guardia e recollemos moitos menos kilos. Facemos polo tanto unha chamada para que os nosos veciños se conciencien da importancia que ten cuidar o noso medio ambiente”. En agosto o Concello de Burela recolleu 1.000 kilos de aceite usado e en decembro só se chegou ós 400 kilos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario