
O Concello de Burela ven de solicitar unha axuda económica á Consellería de Traballo para un obradoiro de emprego. A contía ronda os 600.000 euros. A delegada de Emprego, Formación e Sanidade, Sonia Fraga, explicou esta mañá que “na convocatoria deste ano da Consellería de Traballo para a solicitude dos obradoiros de emprego, o Concello de Burela dende a súa delegación, solicitou novamente, como en anos anteriores, un obradoiro que constaría de dous módulos, un deles de xardinería e o outro de pavimentador con lastros. Cada un deles contará coa participación de 15 alumnos”.
A concelleira socialista engadiu que “normalmente reclamamos este obradoiro como maneira de fomentar e axudar un pouco na inserción laboral da xente de Burela pero tamén como medida de formación de cara a un posto de traballo”.
1 comentario:
Unha aperta dende o Valadouro animo a todos estades facendo unha labor historica no concello sodes do mellor da mariña non vos enrrededes en pequenas cousas sentidevos orgullosos do que estades a facer notase que lle queredes a Burela e Burela a vos querer tamen moita sorte compañeiros seguide currando saudos fraternais de un compañeiro que vos aprecia que o arbore non vos impida ver o monte
Publicar un comentario