viernes, 12 de febrero de 2010

CURSO DE CONDUCIÓN EFICIENTE


A Delegación de Medio Ambiente en colaboración coa Fundación Sotavento organiza un novo curso de condución eficiente en Burela. Váise celebrar os días 12 e 13 de marzo e o prazo de inscrición xa está aberto.

A concelleira Lucía Bouza asegura que “se trata dunha nova proposta formativa consistente na organización e posta en marcha dunha serie de cursos encamiñados a realizar un uso máis racional dos nosos vehículos. Esta acción pedagóxica tratará de fomentar un novo estilo de condución dos turismos, co que se obteñen diminucións medias no consumo de combustible de ata o 15% sobre a condución convencional, mellorando ademais, a seguridade vial e o confort”. A edil socialista apunta que “se todos os conductores e conductoras empregásemos as técnicas de condución eficiente poderíamos aforrar uns 136 euros ao ano no gasto de combustible”.
O curso ten unha duración de dúas horas e nel ofreceránse contidos teórico-prácticos. Levaranse a cabo nun percorrido de 5 a 7 kilómetros e contará con monitores expertos que explicarán as técnicas ao volante para aproveitar a eficiencia enerxética dos vehículos actuais. Lucía Bouza lembra que “os cursos son completamente gratuitos e están dirixidos ás persoas que empreguen o vehículo privado habitualmente. O único requisito é levar o orixinal e unha fotocopia do permiso de conducir os días de celebración do curso”.Os interesados en inscribirse poden facelo chamando ao seguinte número de teléfono: 982 58 08 67.

No hay comentarios: